Cafetaría

Unha cafetaría[1][2] é un lugar onde se despacha café e outras bebidas, e mesmo ás veces tapas e comidas. Comparte certas características con outros establecementos de restauración, como o bar ou o restaurante.

Llurie2
Cafetería do Instituto do Teatro, en Barcelona.

Orixe

A primeira cafetaría data do ano 1652 na cidade francesa de París, onde se daban cita grandes filósofos e intelectuais como Rousseau ou Voltaire.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cafetaría.
  2. VV. AA. (2012) Dicionario de alimentación e restauración, Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Aeroporto de Murcia-San Javier

O Aeroporto de Murcia-San Javier (IATA: MJV, OACI: LELC) é unha base aérea militar do Exército do Aire situada xunto ao mar Menor, na pedanía de Santiago de la Ribera, no concello de San Javier (Rexión de Murcia), a 50 quilómetros da cidade de Murcia.

Estivo aberta ao tráfico civil como aeroporto público xestionado por Aena ata o 15 de xaneiro de 2019, cando se inaugurou o Aeroporto Internacional da Rexión de Murcia.

Avant

Avant é un servizo de trens de Media Distancia e alta velocidade parcialmente subvencionados, realizado por Renfe Operadora en España, que circulan a unha velocidade máxima de 250 km/h.

Realízase con trens das series 104, 114 e 121, en configuración de clase única sen cafetería.

Baloncesto Fuenlabrada

O Baloncesto Fuenlabrada S.A.D., tamén chamado Montakit Fuenlabrada por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), que xoga actualmente na Liga ACB. O club foi fundado en 1983, chegando á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 1996. Xoga os seus encontros como local no Polideportivo Fernando Martín, un pavillón con capacidade para 5 000 espectadores.

Batallón Literario da Costa da Morte

O Batallón Literario da Costa da Morte foi un grupo poético xurdido nunha cafetaría de Cee o 1 de maio de 1996 cuxo nome está inspirado no Batallón Literario de Santiago, emerxido na Universidade de Santiago de Compostela no século XIX. Considérase ao grupo literario “Arre Sentelha!” como xerme do batallón así como tamén “Blas Espín” ou o colectivo “Un medio”, desenvolvidos tamén na Costa da Morte, xa que algúns dos seus membros participaron neses grupos. Nesta primeira xuntanza reuníronse os fundadores que eran Miro Villar, Federico L. Santalla (secretario), Rafa Villar, Xandra Tedín, Modesto Fraga, Xabier Rodrígues Fidalgo e Estevo Creus.

O Batallón inclúe un amplo número de integrantes procedentes na súa maioría da Costa da Morte e de diversas idades. Podemos destacar algúns nomes a parte dos anteriores como Alexandre Nerium, Mónica Góñez ou Concha Blanco. Entre os seus participantes non só se atopan poetas, se non tamén importantes narradores e narradoras como por exemplo María Canosa.

É salientábel a súa organización e participación en certames e recitais poéticos. Tamén publicaron algúns volumes colectivos e un boletín poético.

Café

Este artigo trata sobre a bebida, para a planta véxase o artigo: Cafeeira; para o establecemento onde se serve café véxase o artigo: Cafetaría.

Denominase café a unha bebida (infusión) que se elabora co gran torrado e posteriormente moído da cafeeira (Coffea) ou planta do café. A bebida é altamente estimulante, pois contén cafeína. Por extensión tamén se coñece como café o establecemento público no que se serven estas bebidas.

É orixinario do Medio Oriente, pero espallouse por outras rexións, como Suramérica (Brasil, Colombia) e algúns países de África. O café de maior recoñecemento é o café de Colombia[Cómpre referencia].

O cultivo do café atópase amplamente difundido nos países tropicais e subtropicais. Chama particularmente a atención o caso de Brasil, porque concentra pouco máis dun terzo da produción mundial (véxase máis adiante). Os grans do café son un dos principais produtos de orixe agrícola que se comercializan nos mercados internacionais e a miúdo supón unha gran contribución aos títulos de exportación das rexións produtoras. O cultivo do café está culturalmente ligado á historia e ao progreso de moitos países que o produciron por máis dun século.

Estados Unidos é o maior mercado mundial importador de café, seguido por Alemaña, segundo estatísticas de 2016. Finlandia é o país que consome máis café por número de habitantes[Cómpre referencia].

En España, Portugal e Río da Prata é frecuente o consumo de café torrado ou torrefacto (torrado en presenza de azucre). Adoita tomarse como almorzo ou na sobremesa logo das comidas, e é unha das bebidas sen alcohol máis socializadoras en moitos países. Existen case tantas formas de preparar esta bebida como consumidores pero a máis popular, separadamente de tomalo só, é a que leva leite, aínda que tamén se lle adoita engadir crema ou nata, leite condensado, chocolate ou algún licor. Sérvese habitualmente quente, pero tamén se pode tomar frío ou con xeo.

A industria do café move hoxe en día 70.000 millóns de dólares ao ano, cifra superada unicamente polo petróleo no que se refire a exportacións a escala mundial, segundo a revista Investigación e Ciencia.Hoxe en día, máis de vinte e cinco millóns de leiras familiares nuns oitenta países cultivan ao redor de quince mil millóns de cafeeiras, cuxa produción termina nos 2 250 millóns de cuncas de café que se consomen a diario.Historicamente son lugares de encontro social, de conversas literarias e intercambios culturais como os coñecidos Café Gijón, en Madrid ou o Café Tortoni de Buenos Aires.

Café Majestic

O Majestic é unha cafetaría histórica, que se atopa na rúa de Santa Catarina, na cidade do Porto, en Portugal.

A súa relevancia provén tanto do ambiente cultural que o envolve, especialmente a tradición do café tertulia, onde se xuntaban varias personalidades da vida cultural e artística da cidade, como tamén da súa arquitectura de identidade Art Nouveau. No 2011, foi considerado a sexta cafetaría máis fermosa do mundo.

Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales

O Campo de Fútbol Municipal Baltasar Pujales é un estadio de fútbol de propiedade municipal, situado en Bouzas, Vigo. Serve de localía ao Club Rápido de Bouzas. O estadio inaugurouse en marzo de 2001.

O seu terreo de xogo é de céspede artificial. A súa capacidade total rolda os 1.500 espectadores, aínda que só posúe unha bancada con capacidade para 600 persoas. O complexo deportivo conta con catro vestiarios, un local para oficinas, dous aseos para uso público e un equipo de calefacción que garante unha permanente subministración de auga quente, ademais dun peche perimetral de todo o campo. Tamén incorpora un local para servizo de cafetaría.

Leva o nome de Baltasar Pujales, quen foi presidente do Rápido de Bouzas durante máis de 30 anos, e que foi o presidente na data de inauguración do estadio. Anteriormente á construción deste campo de fútbol, o Rápido de Bouzas xogaba no campo de fútbol das Gaivotas, un campo de terra que ocupou a área onde agora se ergue o pavillón polideportivo, anexo ao campo actual.

Campus de Esteiro

O Campus de Esteiro é un recinto da Universidade da Coruña situado no barrio de Esteiro de Ferrol.

Este Campus, canda o de Serantes, constiúen o chamado 'Campus de Ferrol' da UDC.

Centro Galego de Arte Contemporánea

O Centro Galego de Arte Contemporánea, CGAC é un centro con sede en Santiago que ten como fin fomentar a cultura en Galiza mediante a exhibición, deleite e coñecemento das tendencias e correntes da creación artística contemporánea.

Comedor

O comedor designa un espazo ou lugar no cal as persoas se reúnen para inxerir alimentos, xa sexa almorzo, comida, cea ou refrixerio. Pode haber un ou varios comedores nunha casa, edificio, empresa, hotel, oficina ou escola. Dependendo do lugar, do servizo e dos produtos que ofreza o comedor pode cambiar de nome: restaurante ou cafetaría, pero cumpre a mesma finalidade.

O comedor é unha ampliación da cociña e polo xeral atópase preto desta, coa finalidade de atender ben aos comensais, e de levar e traer sen dificultade os aveños necesarios para a inxesta de alimentos: pratos, cubertos, manteis, potas con comida, xerras, panos de mesa etc. En ocasións, para aproveitar o espazo, a cociña e o comedor atópanse nun mesmo sitio.

Complexo Hospitalario Universitario A Coruña

O Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC), antes coñecido coma Complexo Hospitalario Universitario Juan Canalejo, é un conxunto de centros de asistencia sanitaria especializada, docencia e investigación en Ciencias da Saúde pertencente ao Servizo Galego de Saúde (Sergas), localizado na cidade da Coruña. Inaugurouse en 1972 e ten unha zona de docencia dependente da Universidade da Coruña.

Dunkin'

Dunkin' (coñecido como Dunkin' Coffee en España), chamada anteriormente Dunkin' Donuts, é unha cadea multinacional de franquías de tipo cafetaría especializadas en dónuts, fundada por William Rosenberg en 1950 en Quincy, Massachusetts, nos Estados Unidos.

A oferta principal das cafetarías da marca baséase no café e nos dónuts, as cales se ofrecen en multitude de sabores e con coberturas de cores chamativas. Co tempo, a marca foi ampliando a súa gama de produtos, chegando a ter a día de hoxe granizados, xeados, refrescos, té, sándwiches, zumes ou aperitivos.

A competencia directa de Dunkin' na maioría dos países xeralmente é Starbucks Coffee.

Estación de Ferrol

A estación de Ferrol é unha estación de ferrocarril terminal situada na cidade coruñesa de Ferrol, final das liñas que a unen con Betanzos e Xixón. Está situada no centro da cidade, na Avenida de Compostela, ao lado da Estación de Autobuses. Conta con servizos de longa distancia, rexionais e proximidades, tanto de ancho ibérico como de vía estreita. Ten tamén funcións loxísticas.

IFEVI

O Instituto Feiral de Vigo (IFEVI) é un complexo multifuncional utilizado para todo tipo de celebracións; concertos, eventos deportivos, feiras internacionais, nacionais ou locais, competicións, conferencias, convencións etc.

Dispón de 3 pavillóns, 5 salas de reunións, dous recibidores, unha sala de xuntas cunha capacidade máxima de 30 persoas, un auditorio con 506 butacas, unha cafetaría, un autoservizo, un restaurante e un aparcadoiro con capacidade para 2200 vehículos.

Está situado en Coto Grande (Cabral), nos arrabaldes de Vigo, a 300 metros do Aeroporto de Peinador. Dispón dunha saída directa dende a Autoestrada do Atlántico AP-9.

Parque provincial Monte Robson

O Parque Provincial Monte Robson é un gran parque provincial nas Montañas Rochosas de Canadá cunha área de 2249 km². O parque está localizado completamente dentro da Columbia Británica, lindeira co Parque Nacional Jasper na provincia de Alberta. Foi creado de forma legal en 1913, o mesmo ano que foi ascendido por primeira vez o monte Robson por un grupo liderado por Conrad Kain.

A primeira pista turística foi construída en 1913 polo provedor do Parque Nacional Jasper, Donald "Curly" Phillips, paralelo ao río Robson até o lago Berg.

De maio a setembro, o centro de visitantes está aberto, ao sur do miradoiro do Monte Robson na estrada Yellowhead. Os únicos servizos dentro do parque son unha combinación de gasolineira e cafetaría no citado miradoiro.

Para chegar ao parque, hai que coller a estrada Yellowhead durante 390 km ó oeste de Edmonton ou 290 km ó leste de Prince George.

Teatro Cine Fraga

O Fraga é unha construción senlleira concibida como teatro e principalmente cinema, construída en 1942 na rúa do Uruguai, no centro da cidade de Vigo.

Terraza

A terraza, azotea, eirado ou airado é a parte chá situada no alto dun edificio, cubríndoo total ou parcialmente. Adoita permitirse o acceso a ela para se asomar, tender a roupa ou colocar antenas. En edificios especialmente altos e grandes pode atoparse incluso un heliporto ou repetidores da televisión.Moitas terrazas foron transformadas en xardíns, chamados teitos ou cubertas verdes (roof gardens).

Por extensión, tamén se denomina terraza á parte dunha cafetaría ou dun bar situada na beirarrúa ou nunha praza.

Villanubla

Villanubla é un municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, próximo á capital provincial. No seu termo municipal encóntrase o Aeroporto de Valladolid.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.