Caducifolio

Aplícase o adxectivo caducifolio (do latín decidere, caer) ás árbores ou arbustos que perden a súa follaxe durante unha parte do ano, a cal coincide na maioría dos casos coa chegada da época desfavorable, a estación máis fría nos climas temperados ou polares; algunhas árbores perden a follaxe durante a época seca do año nos climas áridos. Estas árbores coñécense, tamén, como árbores de folla caduca ou deciduas.

Moitas árbores e arbustos caducifolios florecen durante este período, xa que isto aumenta a efectividade da polinización. A ausencia de follas beneficia a dispersión do pole polo vento ou, no caso das plantas polinizadas por insectos, consegue que as flores sexan máis visibles por estes. Así e todo, esta estratexia non carece de riscos, xa que as flores poden resultar danadas pola xeada.

Cando as follas das árbores e arbustos caducifolios finalizan o período vexetativo e co cambio de cor da follaxe fican na árbore de nomínanse marcescentes. Dáse case sempre durante toda a estación fría (outono e inverno) até practicamente a saída das follas novas na seguinte primavera. É común en moitas especies de carballos, especialmente no cerquiño(Quercus pyrenaica), o (Quercus faginea), numerosos pés de faia (Fagus sylvatica) e mailos carpes (Carpinus ssp.). No sur de Galicia ás veces tamén se dá no carballo común.

Folla Figueira 009eue
Folla de figueira.

Véxase tamén

Outros artigos

A Abelaira

O topónimo galego A Abelaira é un fitónimo relacionado coa abeleira, un arbusto caducifolio. Pode referirse a:

A Abelaira, lugar da parroquia de Seixón no concello de Friol.

A Abelaira, lugar da parroquia de Muras no concello de Muras.

A Abelaira, lugar da parroquia do Castro de Beiro no concello de Ourense.

A Abelaira, lugar da parroquia de Acedre no concello de Pantón.

A Abelaira, lugar da parroquia de Paradela no concello de Paradela.

A Abelaira, lugar da parroquia de Lagoa no concello da Pastoriza.

A Abelaira, lugar da parroquia de Vilachá no concello da Pobra do Brollón.

A Abelaira, lugar da parroquia de Corvelle no concello de Vilalba.

A Abelaira, lugar da parroquia de Román no concello de Vilalba.

A Abeleda

O topónimo galego A Abeleda é un fitónimo relacionado coa abeleira, un arbusto caducifolio. Pode referirse a:

A Abeleda, parroquia do concello de Xunqueira de Ambía, na comarca de Allariz - Maceda.

A Abeleda, lugar da parroquia de Vilanova, no concello de Lalín.

A Abeleda, lugar da parroquia do Castro de Beiro, no concello de Ourense.

A Abeleda, lugar da parroquia da Abeleda, no concello de Xunqueira de Ambía.

Pazos da Abeleda, lugar da parroquia da Abeleda, no concello de Xunqueira de Ambía.

A Abeleira

O topónimo galego A Abeleira é un fitónimo relacionado coa abeleira, un arbusto caducifolio. Pode referirse a:

A Abeleira, lugar da parroquia de Xirazga no concello de Beariz;

A Abeleira, lugar da parroquia de Sendelle no concello de Boimorto;

A Abeleira, lugar da parroquia da Cañiza no concello da Cañiza;

A Abeleira, lugar da parroquia de Rodís no concello de Cerceda;

A Abeleira, lugar da parroquia de Trasanquelos no concello de Oza-Cesuras;

A Abeleira, lugar da parroquia de O Buriz no concello de Guitiriz;

A Abeleira, lugar da parroquia de Soutullo no concello da Laracha;

A Abeleira, lugar da parroquia do Val de Xestoso no concello de Monfero;

A Abeleira, lugar da parroquia de Lourido no concello de Salvaterra de Miño;

A Abeleira, lugar da parroquia de Bardaos no concello de Tordoia;

A Abeleira, lugar da parroquia de Arca no concello da Estrada;

A Abeleira, lugar da parroquia de Losón no concello de Lalín;

A Abeleira de Bocixa, lugar da parroquia de Soandres no concello da Laracha;

A Abeleira de Boimir, lugar da parroquia de Soandres no concello da Laracha;

O Cal da Abeleira, lugar da parroquia do Val de Xestoso no concello de Monfero.

Abelairas

O topónimo galego Abelairas é un fitónimo relacionado coa abeleira, un arbusto caducifolio. Pode referirse a:

Abelairas, lugar da parroquia de Furco no concello de Carballedo;

Abelairas, lugar da parroquia de San Xoán do Alto no concello de Lugo;

Abelairas, lugar da parroquia de Campo no concello de Taboada;

Abelairas, lugar da parroquia de Cerdeda no concello de Taboada.

As Abelairas, lugar da parroquia de Lagoa no concello de Alfoz;

As Abelairas, lugar da parroquia de Cangas no concello de Foz;

As Abelairas, lugar da parroquia de Millán no concello de Sober;

Abeleda

O topónimo galego Abeleda é un fitónimo relacionado coa abeleira, un arbusto caducifolio. Pode referirse a:

Abeleda, parroquia do concello da Teixeira;

Abeleda, lugar da parroquia da Grade, no concello de Chantada;

Abeleda, lugar da parroquia de Sanguñedo, no concello de Verea;

Paradela de Abeleda, parroquia do concello de Porqueira;

Paradela de Abeleda, lugar de dita parroquia;

San Lourenzo de Abeleda, parroquia do concello de Porqueira;

San Paio de Abeleda, parroquia do concello de Castro Caldelas;

Santa Tegra de Abeleda, parroquia do concello de Castro Caldelas;

Abeleira

A abeleira ou abraira (Corylus avellana) é un arbusto caducifolio das betuláceas, de pólas abundantes e madeira dura e cuxo froito é a abelá.

Ecoloxicamente é moi importante na formación de sebes que choen as leiras na Europa atlántica, especialmente en Galiza, Asturias e sur de Inglaterra. As varas empregábanse tradicionalmente para a construción de valados, cestaría, feche de canastros e na construción, mesturando as pólas con barro para a fabricación de tabiques.

A abeleira común cultívase polos seus froitos comestíbeis. É unha especie común dos bosques galegos, especialmente dos de ribeira.

Abeleiras

O topónimo galego Abeleiras é un fitónimo relacionado coa abeleira, un arbusto caducifolio. Pode referirse a:

Abeleiras, lugar da parroquia de Présaras, no concello de Vilasantar;

As Abeleiras, lugar da parroquia dos Vaos, no concello de Mazaricos;

As Abeleiras, lugar da parroquia de Freixeiro, no concello de Santa Comba;

As Abeleiras, lugar da parroquia de Codesoso, no concello de Sobrado;

Abeleiras, lugar da parroquia de Castenda da Torre, no concello de Tordoia;

Abeleiras de Abaixo, lugar da parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros;

Abeleiras de Arriba, lugar da parroquia de Dorneda, no concello de Oleiros;

Monte da parroquia de Veigue, no concello de Sada.

Abelenda

O topónimo galego Abelenda é un fitónimo relacionado coa abeleira, un arbusto caducifolio. Pode referirse a:

Abelenda, parroquia do concello de Avión;

Abelenda, lugar de dita parroquia;

Abelenda, lugar da parroquia de Valongo no concello de Cortegada;

Abelenda, lugar da parroquia de Leiro no concello de Ribadumia;

Abelenda, lugar da parroquia de San Fiz de Quión no concello de Touro;

Abelenda, lugar da parroquia de Erviñou no concello de Val do Dubra;

A Abelenda, lugar da parroquia de Petán no concello da Cañiza;

A Abelenda, lugar da parroquia de Erbecedo no concello de Coristanco;

A Abelenda, lugar da parroquia de Pontellas no concello do Porriño;

A Abelenda, lugar da parroquia de Soutolobre no concello de Salvaterra de Miño;

Abelenda das Penas, parroquia do concello de Carballeda de Avia;

Abelenda, lugar de dita parroquia;

A Abelenda do Cuarto, lugar da parroquia de Mourentán no concello de Arbo;

O Outeiro de Abelenda, lugar da parroquia de Mourentán no concello de Arbo;Amais, como apelido, pode referirse a:

Manuel Abelenda Zapata, pintor coruñés (1889-1957);

Alfonso Pedro Abelenda Escudero, pintor coruñés;

Víctor Javier Abelenda Rodríguez, futbolista uruguaio.

Bosque

Un bosque (da palabra xermánica busch: arbusto e por extensión monte de árbores), ou foresta (do latín foresta) se é de grande extensión, é unha superficie con gran densidade de árbores pero con presenza de estratos arbustivos, herbáceos e musgos máis ou menos importantes. Estas comunidades de plantas cobren grandes áreas do globo terráqueo e funcionan como hábitats dos animais, moduladores de fluxos hidrolóxicos e conservadores do solo, constituíndo un dos aspectos máis importantes da biosfera da Terra. Aínda que a miúdo consideráronse como consumidores de dióxido de carbono, os bosques maduros son practicamente neutros en canto ao carbono, e son soamente os alterados e os novos os que actúan como devanditos consumidores. De calquera xeito, os bosques maduros xogan un importante papel no ciclo global do carbono, como reservas estables de carbono e a súa eliminación comporta un incremento dos niveis de dióxido de carbono atmosférico.

Os bosques encóntranse en tódalas rexións en que é posible o seu crecemento, ata a altitude chamada "a liña das árbores" (liña tope imaxinara a partir da cal non se dá o crecemento, debido ó frío ou a escaseza de osíxeno) e excepto en zonas de baixa pluviosidade ou risco frecuente de incendios forestais. En xeral, os bosques conteñen un gran número de árbores de diferentes especies e alturas combinadas con capas de vexetación baixa, o que proporciona unha eficiente distribución da luz solar. Os bosques ás veces conteñen moitas especies de árbores dentro dunha pequena área (como a selva chuviosa tropical e o bosque temperado caducifolio), ou relativamente poucas especies en áreas grandes (por exemplo, a taiga e bosques áridos montañosos de coníferas). Un bosque, na súa forma natural, é o fogar de moitas especies animais e vexetais, e o peso da súa biomasa nun quilómetro cadrado dado é alto, comparado con outros ecosistemas. A maior parte desta biomasa áchase no subsolo nos sistemas de raíces e como detritos de plantas parcialmente descompostos. O compoñente leñoso dun bosque contén lignina, cuxa descomposición é relativamente lenta comparado con outros materiais orgánicos como a celulosa e outros carbohidratos.

A ciencia que estuda os bosques como explotación comercial denomínase silvicultura.

Bosque temperado caducifolio

Un bosque caducifolio ou foresta caducifolia é un tipo de bosque tépedo que pode atoparse en gran parte de Europa, na zona leste e oeste dos Estados Unidos, así coma no Canadá, en Chile, na China, no Xapón, na Corea e na Rusia europea. Este tipo de bosque componse de árbores caducifolias que perden as follas todos os anos pola tempada invernal fría e seca e renóvanse para a tempada cálida e chuviosa propia do clima continental húmido, como é o caso dos bosques de carballos, pradairos, faias e ulmeiros. Forma parte do bioma denominado bosque temperado de frondosas.

Pola contra, na Europa Occidental o bosque caducifolio é a biocenose propia do clima marítimo, onde se encadraría a vexetación propia de Galiza. Predominan as especies que perden a folla polo outono e o inverno. Atópase entre os 35° e os 55° de latitude nas fachadas occidentais, e nas fachadas orientais atópase entre 35° e os 45°. Ten un réxime térmico moderado, con temperaturas medias mensuais sempre por riba dos 0 °C, e un réxime pluviométrico abundante e ben distribuído ao longo do ano, no que non adoita haber aridez en ningún mes (agás a seca estival propia do sur de Galiza), co que a humidade para as plantas está garantida. De feito, as plantas teñen que facer fronte ao fenómeno contrario: un exceso de auga que chega ao chan e o solo non é quen de absorber e chega a alagar as zonas baixas. Presenta catro estacións ben definidas: primavera, verán, outono e inverno, cunha actividade biolóxica diferenciada en cada unha delas. O claro exemplo destas formación é a fraga. Tamén estarían neste grupo as carballeiras,soutos, faiais, formacións de pradairos, ulmeiros e bosques de ribeira (amieirais).

Faia

A faia (Fagus sylvatica) é unha árbore caducifolia da familia das fagáceas de porte robusto e gran talle, que alcanza os 35 ou 40 m, cun tronco recto que o fai moi valioso, e unha copa ovalada no seu terzo superior. Se a árbore crece illada (non en espesura) cambia radicalmente, ábrese moi pronto, sendo algo irregular, ramificándose desde abaixo e variando moito a copa.

Conserva a cortiza practicamente lisa durante toda a súa vida, dun gris cincento ou esbrancuxado. As follas son simples, alternas nos talos novos, nos adultos saen en fascículos sobre pequenos braquiblastos, e caedizas. Son de pecíolo curto, e o limbo é de forma ovalada, co bordo ondulado, en principio algo festonado e prolongándose nunha lanuxe sedosa moi característica. Teñen os nervios laterais ben marcados e paralelos (penninervia), son dunha cor verde moi viva polo feixe volvéndose máis escuras na madurez, e dispóñense sempre en posición moi horizontal, captando a maior cantidade de luz posible. Iso fai que os seus bosques teñan un aspecto un tanto sombrío, case propio de conto de fadas, non permitindo crecer no chan a apenas ningunha outra planta. Frecuentemente, con todo, crece en bosques mixtos co abeto e outras especies do bosque caducifolio. Ó bosque de faias chámaselle faial.

Folla

En botánica, as follas son órganos das plantas especializados na captación de luz e nos intercambios gasosos coa atmosfera para realizar a fotosíntese e a respiración. Con raras excepcións, en xeral asociadas a plantas de climas áridos, as follas tenden a maximizar a superficie en relación ó volume, para así aumentar a área da planta exposta á luz ou a área da planta onde os intercambios gasosos son posibles por estar exposta á atmosfera.

Especies diferentes de plantas teñen follas diferentes e incluso unha mesma especie pode presentar follas de formas diferentes en idades distintas (como é o caso do eucalipto ou da acacia negra). Tamén existen varios tipos especializados de follas, con fins diferentes dos das follas comúns, como por exemplo os pétalos das flores.

Este artigo concéntrase nas follas das plantas vasculares, as únicas que posúen "verdadeiras" follas. As restantes plantas verdes, coma os musgos, posúen órganos equivalentes, pero con estrutura e, ás veces, denominacións diferentes.

Fraga (botánica)

Unha fraga é unha extensión de monte, polo xeral illado e de difícil acceso, poboado de distintas especies caducifolias, de herbas, mofos, fentos e liques e na que convive así mesmo unha gran diversidade de fauna. Sería polo tanto, un bosque ou unha foresta virxe ou primaria. Adoita referirse ao bosque atlántico, do que hoxe só quedan pequenas manchas por mor da acción do home.

Ás veces o termo fraga refírese simplemente a un bosque mixto ou simplemente unha arboreda brava.

Maceira

A maceira (Malus domestica) cultívase desde hai máis de 15.000 anos. A súa orixe parece estar no Cáucaso e as ribeiras do mar Caspio. Foi traída a Europa polos romanos e na actualidade existen unhas 1.000 especies, como resultado de diferentes hibridacións entre especies silvestres. Tamén recibe en Galiza os nomes dialectais de macira, maciñeira e mazaira.

Un dos seus antepasados silvestres é Malus sieversii (non ten nome común), árbore aínda existente nas montañas da Asia central, no sur de Casaquistán, Kirguizistán, Taxiquistán e Xinjiang (provincia da China).

Os investigadores están traballando con esta especie, xa que é resistente a moitas enfermidades e pestes, para crear maceiras domésticas máis vigorosas.

Crese que houbo outras que contribuíron ao xenoma das maceiras domésticas, como Malus baccata e Malus sylvestris, pero non existen evidencias disto en antigas maceiras cultivadas. Estas e outras especies de Malus estanse utilizando en programas de cultivo para desenvolver árbores susceptíbeis de crecer en climas desfavorábeis para Malus domestica, principalmente para incrementar a tolerancia ao frío.

É unha árbore de mediano tamaño (12 m de altura), caducifolio, de copa redondeada, aberta e numerosas ramas que se dispoñen case en horizontal. Posúe follas ovaladas, suavemente dentadas nos bordos e de forte cor verde con pubescencia no envés. Ao esmagalas despiden un agradábel recendo.

As bonitas flores (tamén aromáticas) teñen unha corola con 5 pétalos brancos, arredondados, frecuentemente veteados de vermello ou rosa e son penduculadas. Xorden agrupadas en acios de entre tres e seis unidades das pólas novas laterais formando corimbos. Son hermafroditas, con cáliz de cinco sépalos e numerosos estames amarelos. A maciñeira florece na primavera antes da aparición anual das súas follas. O froito que se desenvolve a partir deste pedúnculo floral que se volve carnoso é a mazá. De pel verde amarela ou vermella, é suave e brillante. A súa polpa é auguenta e doce e contén sementes. A mazá acostuma madurar contra o outono. A mazá da maceira brava diferénciase por unha cor verde amarelada na súa pel e de sabor agre.

Megalitismo en Galicia

Para comprender mellor os caracteres xerais deste fenómeno tan estendido, consulte o artigo megalitismo.O megalitismo na Galiza considérase que forma parte dunha mesma zona megalítica na que entra, ademais de Galiza, o norte de Portugal até o río Douro, Asturias e o occidente das provincias de León e Zamora. Esta zona ten arquitecturas, enxovais, unha organización social e un sistema de crenzas que, desde a análise de inicios do século XXI, se estima que son relativamente homoxéneos. O megalitismo atlántico peninsular caracterízase pola abundancia de sitios arqueolóxicos, máis de cinco mil só en Galiza, e revela a existencia dunha poboación numerosa e moi espallada. O fenómeno tumulario galego dátase entre o VI milenio antes de Cristo e o 2000 a. C.

O megalitismo corresponde ás primeiras sociedades campesiñas, que habitaban un territorio dominado polo bosque caducifolio (carballos, piñeiros e bidueiros). O período climático é o que se coñece coma período atlántico e parte do subboreal, isto é, un clima cálido cunha temperatura media superior á actual, mais bastante chuvioso. Abundaban tamén os prados. Detéctase unha menor porcentaxe de arboredo no contorno dos sitios arqueolóxicos, probabelmente debido á deforestación co obxecto de aproveitar a leña.

Suponse que os lugares habitados non estarían lonxe de onde se atopan os túmulos, mais son poucos os que se teñen atopado. De aí a famosa frase de Alonso del Real: "Os habitantes do mundo megalítico morrían, pero non vivían".

Murgás, Turces, Touro

Murgás é unha pequena aldea da parroquia de Turces, no concello de Touro. É veciña de Murgás de Beseño.

A poucos quilómetros do encoro de Portodemouros, Murgás destaca pola súa tradición queixeira, con empresas integradas na denominación de orixe Arzúa-Ulloa. Tamén ten un museo sobre a historia do queixo.

Na contorna da aldea atópanse numerosas carballeiras onde se atopan corzos, xabaríns, coellos, porcoteixos, miñatos, raposos e demais especies da flora e da fauna típica do bosque caducifolio atlántico.

Perenne

Permanente. De duración indefinida.

Dise daquelas plantas que viven como mínimo tres anos, entre elas as árbores.

Dise das follas das árbores que non se renovan cos cambios estacionais e que durando máis dun ano se renovan pouco e pouco.

Perennifolio

Os termos perennifolio e perennnifolia, derivados do latín perennis, duradeiro, perenne, e folium, folla, emprégase en botánica para cualificar as árbores e aos arbustos que posúen follas vivas ao longo de todo o ano, en contraposición aos termos caducifolio e caducifolia.

Nas árbores caducifolias e nos arbustos caducifolios, todas as follas morren cada ano durante a estación fría e volven a brotar follas novas á chegada da estación cálida.

Nas árbores e arbustos de folla perenne, en cambio, só morren unha parte das follas cada inverno e outras, as máis novas, permanecen na planta e únense ás novas que brotan cada primavera, de maneira que o período vital de cada folla pode durar varios anos, polo que tamén se denominan sempreverdes.

Serra do Faro

A serra do Faro é un accidente xeográfico montañoso galego. Separa a comarca do Deza da comarca de Chantada e máis tamén as concas fluviais do Miño e do Ulla, e está unida polo sur á serra do Farelo.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.