Caciquismo

O caciquismo foi unha práctica política que tivo o seu maior auxe durante a época da Restauración Borbónica, empregando o sistema de encadramento, pucheirazo, "resurrección de mortos" etcétera.

Laflaca caciquismo
Caricatura satírica do semanario La Flaca que ironiza sobre a farsa electoral. Con Sagasta no frente, aparece unha comitiva de caciques, sicarios, forzas da orde pública, labregos e obreiros prisioneiros e a manipulación das papeletas facendo votar aos mortos

Características

Mapa del caciquismo en España, de Moya.jpeg
«Mapa del caciquismo en España».[nota 1]

Este sistema caracterízase por un peculiar sistema de elección de candidatos denominado sistema de quendas, no que o cacique formaba parte da oligarquía local encargada de someter ó pobo con restricións económicas e sociais, co último fin de afianzar as súas redes de compromiso co goberno central.

Cita de Castelao sobre o caciquismo:

En Galiza, o caciquismo ten unha longa historia[1], a tal punto que "as discusións acerca da pervivencia ou non do caciquismo en Galiza e baixo que formas parece ser un dos tópicos permanentes dos debates". Hoxe, algunhas das prácticas mantéñense e son obxecto de polémica, especialmente o reconto de votos de persoas falecidas[2]. Por outra banda, tamén é habitual recoñecer os designamentos a dedo como unha das máis estendidas prácticas caciquís[3].

Literatura

A figura do cacique como máximo expoñente do caciquismo ten sido tratada en numerosas ocasións tanto na literatura galega, como é o caso por exemplo da novela A Besta! de Patricio Delgado Luaces ou máis recentemente o de Casa Skylab de Santiago Jaureguízar, como na literatura en castelán escrita por galegos, como sucede coa novela O anarquista, da autoría de Leandro Pita Romero.

Notas

  1. «…Áraba: Urquijo, Albacete: Ochando, Alacant: Capdepón, Almería: Navarro Rodrigo, Ávila: Silvela. Badaxoz: Gálvez Holguín. Baleares: Maura. Barcelona: Comillas. Burgos: Liniers. Cáceres: Camisón. Cádiz: Auñón. Canarias: León y Castillo. Castellón: Tetuán. Ciudad Real: Nieto. Córdoba: Vega Armijo. A Coruña: Aureliano Linares Rivas. Cuenca: Romero Girón. Xirona: Llorens. Granada: Aguilera. Guadalajara: Romanones. Guipúscoa: Sánchez Toca. Huelva: Monleón. Huesca: Castelar. Lleida: Duque de Denia. Logroño: Salvador. Lugo: Benigno Quiroga Ballesteros. Madrid: La bola de Gobernación. Málaga: Romero Robledo. Murcia: García Alix. Navarra: Mella. Ourense: Gabino Bugallal. Oviedo: Pidal. Palencia: Barrio y Mier. Pontevedra: José Elduayen. Salamanca: Tamames. Santander: Eguillor. Segovia: Oñate. Sevilla: Ramos Calderón. Soria: Vizconde de los Asilos. Tarragona: Bosch y Fustegueras. Teruel: Castel. Toledo: Cordovés. Valencia: Jimeno. Valladolid: Gamazo. Viscaia: Martínez Rivas. Xaén: Almenas. León: Gullón. Zamora: Requejo. Zaragoza: Castellano.»
Referencias
  1. Caciquismo[Ligazón morta], artigo de José Luis Pintos, da USC
  2. Xornal de Galicia proba que os motos votan en Galiza Arquivado 04 de marzo de 2011 en Wayback Machine. Nova aparecida en Xornal de Galicia o 15 de xaneiro de 2009 (en castelán)
  3. Practicas caciquis nos nomeamentos Nova aparecida en Vieiros o 30 de xullo de 2009

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Activismo

O activismo e a actividade a favor dunha doutrina ou organización que implique un cambio social ou político.

O termo apareceu pola primeira vez na prensa belga en 1916 para facer referencia ó movemento nacionalista flamengo.

O activismo pode consistir en realizar múltiples tarefas como escribir cartas ós xornais, poñer mensaxes en foros de internet, participar en campañas políticas, boicots, manifestacións ou folgas e mesmo nalgúns casos tode asumir tácticas de guerrilla, o que pode levar a que sexa considerado terrorista por uns e liberador por outros.

En especial, o activismo de carácter relixioso, feminista ou ecoloxista pode tratar de convencer á xente para cambiar os seus hábitos no canto de dirixirse ós gobernos.

Agrarismo

O movemento agrario ou agrarismo foi un movemento reivindicativo de masas no cal o campesiñado participou activamente a través das sociedades agrarias e de sindicatos agrícolas no primeiro terzo do século XX. O agrarismo é o termo co que se denomina a organización dos labregos en sociedades agrarias ou en sindicatos agrícolas en Galiza a fins do século XIX e sobre todo a partir de 1907 cando apareceu Solidaridad Gallega que axudou a dinamizar o movemento. Os obxectivos do agrarismo era a loita contra o sistema foral, o cal obrigaba ao campesiñado a pagar rendas abusivas, e contra o caciquismo ademais de promover a renovación técnica do sector agrario galego. A súa pretensión era convertérense en propietarios plenos das terras que traballaban.

O agrarismo constituíu o primeiro movemento de masas da idade contemporánea, da súa implantación por toda Galicia resulta revelador que nos anos vinte existisen máis de mil sociedades agrarias, e durante a República diversificouse ideoloxicamente desaparecendo ao estalar a guerra civil española.

Anarquía

A anarquía é unha doutrina política que se opón a calquera clase de xerarquía ou poder político que goberne á sociedade, tanto como se se consolidou de forma democrática ou se se estableceu de forma ditatorial.

Os anarquistas cren que o maior logro da humanidade é a liberdade do individuo para poder expresarse e actuar sen que llo impida ningunha forma de poder, sexa terreal ou sobrenatural, polo que o seu principal principio é o de abolir calquera tipo de goberno e loitar contra todo tipo de relixións ou seitas xa que isto representa un desprezo pola autonomía dos homes (e mulleres) e a escravitude económica.

Cacique

O termo cacique, palabra de etimoloxía taína (parte da etnia arauaca) pasou a ser un concepto aplicado polos españois a certas personalidades das culturas orixinarias centroamericanas e suramericanas; con isto referíase ás persoas que tiñan poder. Os españois, ao coñecela neses pobos, empregárona equivocamente aplicándoa aos homes que tiñan maior poder económico (animais, áreas de cultivo etc) e máis esposas.

O equívoco persiste entre os non especialistas, xa que moitos chaman "cacique" aos soberanos (absolutos) de imperios (aztecas, kechuas etc) do mesmo xeito que aos xefes ou líderes de pequenas poboacións consideradas 'sen Estado', por exemplo os nambikuara.

É así que se chama vulgarmente "cacique" aos kuraka dos Andes centrais, aos toki, longko e ülmen dos mapuches, os tuvichá dos avá ou guaraníé etc. Existe unha obvia razón pragmática para tal tipo de xeralización e reduccionismo apelando á palabra "cacique". Con todo o que desexe entender máis o real de cada etnia (nin que dicir ten que máis aínda o sociólogo e o antropólogo) debe ter cautela con tal uso indiscriminado da palabra "cacique".

Por outra banda a palabra "cacique" e "caciquismo" foi usada na España decimonónica (en particular, en Galiza) para aludir despectivamente a "caudillos" e líderes sociais deses tempos. A súa existencia resultou un dos factores causantes da literatura da xeración do 98. Dun xeito semellante, noutros países (por exemplo Arxentina) úsase moitas veces figurativa e peyorativamente a palabra "cacique" para aludir a quen detenta o poder de "redes clientelares" aínda que nada teñan que ver cos pobos orixinarios de América.

Noutra orde de cousas, particularmente, apódaselle cacique ó Club Deportivo de fútbol chileno Colo-Colo, xa que ese nome provén dun dos grandes xefes mapuches.

Coronelismo

O Coronelismo era o sistema político de Brasil baixo a Vella República, de 1889-1930. O poder local era confiado aos "coroneis", os terratenentes fideis ao goberno.

Hexemonía

Hexemonía é a supremacía que unha poboación, unha nación ou bloque de nacións pode ter, grazas ó seu maior potencial económico, militar ou político, e que exerce sobre outras poboacións, aínda que estas non a desexen. Por hexemonía mundial enténdese o dominio do mundo por parte dunha soa nación ou un grupo de nacións.

Fálase de hexemonía política ou de grupo hexemónico para referirse a aquel grupo as propostas do cal gozan dun nivel de aceptación preeminente entre as clases dirixentes, o tema da hexemonía política e cultural é a base do pensamento de Antonio Gramsci un dos pais do Partido Comunista de Italia (PCI).

Independencia

A independencia, termos políticos, é a situación dun país que detenta e goza, ademais do dereito de autodeterminación, o de soberanía.

País

Para coñecer sobre a historia do desenvolvemento dos estados nacionais modernos, ver estado. Ver estado, para unha definición segundo o dereito internacional.

Un país (do francés pays, procedente do latín pagus, -i, ‘aldea, distrito’), ou estado nacional, é unha área xeográfica e unha entidade politicamente independente, co seu propio goberno, administración, leis, a maior parte das veces unha constitución, policía, forzas armadas, leis tributarias, e un grupo humano. Tamén é un país un territorio que constitúe unha nación, ou incluso unha rexión ou bisbarra (País do Loira). Un exemplo de país é Galicia.

Moitas veces, partes dun estado nacional cunha historia ou cultura diferentes son chamados países: Gales e Escocia son ás veces chamados países, inda cando non son estados nacionais, senón máis ben nacións.

Os termos país, nación, estado e terra acostuman ser utilizados coma sinónimos, mais nun uso máis estrito deben ser distinguidos:

país é unha área xeográfica.

nación designa á xente, porén nacional e internacional refírense tamén ao que son estritamente estados, como en capital nacional e lei internacional.

estado é acerca do goberno, unha entidade na lei internacional.

terra pode ser usado como "un país e a súa xente" pero tamén como un país pertencente a unha nación ou a un monarca.

Poder executivo

Seguindo o esquema de Montesquieu, o poder executivo é un dos tres poderes do Estado moderno, cuxa función é executar as leis aprobadas polo poder lexislativo.

O poder executivo é desenvolvido polo goberno do Estado. Este está sometido ao control parlamentario e ao control xudicial, nun sistema de pesos e contrapesos no que cada poder controla aos demais a través de distintos mecanismos, que se estudan na teoría da separación de poderes.

Presidencia

A presidencia é un cargo que ostentan as/os líderes de organizacións, empresas e entidades políticas. Etimoloxicamente, presidencia vén do latín prae- 'antes' e sedere 'sentarse'. Orixinalmente o termo referíase a quen presidía unha cerimonia ou asemblea, mais hoxe en día o termo refírese a unha persoa que ten poderes executivos.

Nunha república, a xefatura de Estado recibe o nome de presidenta/e desa república. Nalgúns países con goberno presidencialista a presidencia é tamén da xefatura de goberno (ex: Arxentina, Estados Unidos), namentres, noutros con réxime parlamentario (ex: Italia) o xefatura de goberno é do Primeiro Ministro.

Presidencialismo

O presidencialismo é un sistema de goberno no que o líder do poder executivo é escollido polo pobo para mandatos regulares acumulando a función de xefe de Estado e xefe de goberno. Este sistema de goberno foi creado polos norte-americanos no século XVIII. A monarquía inglesa actuava como xefe de Estado sobre as trece colonias. O descontento coa actuación do monarca e as influencias de autores que se opoñían ó sistema absolutista, principalmente Locke e Montesquieu, foron determinantes para que os americanos adoptasen un sistema onde houbesen mecanismos que impedisen a concentración de poder.

Xuridicamente o presidencialismo caracterízase pola separación de poderes. O presidente é o xefe de Estado, e é el quen escolle os xefes dos grandes departamentos (ministerios). O lexislativo, o xudicial e o executivo son independentes entre si.

Primeiro ministro

O primeiro ministro é un político que serve como xefe da póla executiva. É xeralmente o xefe do goberno no sistema parlamentario. Para o feminino úsase "a primeira ministra".

A míudo, un primeiro ministro traballa cun presidente ou un monarca que é o xefe do estado. O primeiro ministro é normalmente o líder do partido político que ten a maioría no parlamento. As súas principais responsabilidades inclúen coordina-lo goberno , designar ós oficiais do goberno, e á representación do goberno do seu país no mundo.

Os primeiros ministros poden recibir diferentes nomes dependendo do país no que gobernen: así o primeiro ministro de España recibe o nome de Presidente do Goberno, o de Italia, Presidente do Consello, o de Irlanda Taoiseach, e o do Perú, Premier.

Protectorado

Denomínase protectorado á soberanía parcial que un Estado exerce, especialmente no referido ás relacións exteriores, nun territorio que non foi incorporado plenamente ao da súa nación e no cal existen autoridades autóctonas propias.

Como exemplo, podemos citar o protectorado que no seu día exerceron España e Francia sobre Marrocos, onde a autoridade sobre a poboación nativa era exercida polo Sultán, existindo forzas militares e policiais autóctonas, pero tuteladas polos exércitos dos países protectores.

Os gobernos destes países estaban representados, no caso da zona controlada por España, polo Alto Comisario, normalmente un xeneral, e no da zona francesa polo Residente Xeral.

Provincia

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Represión

Represión política é a acción de conter, deter ou castigar actuacións políticas ou sociais dende o poder por parte das autoridades públicas, negando ou impedindo o exercicio dos dereitos e liberdades (expresión, reunión, manifestación, asociación, sindicación) que adoitan considerarse propias dos sistemas democráticos.

Decotea vai acompañada de violencia, tanto legal como informal. A forza do exemplo de quen sofre esa violencia fai que, por temor, o resto da sociedade se reprima a si mesma no exercicio da liberdade, que queda así anulada para todos, agás para o poder e para aqueles no beneficio dos cales se realiza a represión.

Rexencia

A rexencia (do latín regentia) é un período transitorio durante o cal unha personalidade (xeralmente da familia real) exerce o poder en nome do monarca titular xa sexa porque este é demasiado novo ou vello, por ausencia do mesmo, ou pola súa incapacidade para gobernar por si mesmo.

A rexencia cesa cando desaparece a causa que a motivou. A rexencia pode ser individual ou colectiva. Xeralmente exercen a rexencia persoas achegadas á Coroa como o pai ou a nai do rei, tamén o príncipe herdeiro no suposto caso de ausencia ou incapacidade do rei.

Senado

O Senado é a cámara alta do corpo lexislativo (Congreso, Asemblea Nacional, Parlamento, entre outros) daqueles países nos que o Parlamento está formado por dúas asembleas de representantes. Existe principalmente en países cunha forma de goberno federal, nos que a Cámara Alta da lexislatura representa ás divisións territoriais (Estados, cantóns ou provincias).

Na maioría dos países democráticos, os senadores -nome que reciben os membros dun senado- son elixidos polos cidadáns. Porén, nalgúns países, como Alemaña, os membros do senado (Bundesrat) non son elixidos directamente polos cidadáns, senón polos gobernos dos respectivos Estados (Länder).

Socialdemocracia

A socialdemocracia é unha ideoloxía política que xurdíu a finais do século XIX e principios do XX do seo do marxismo, crían que a transición a unha sociedade socialista podería lograrse mellor mediante unha evolución dentro da democracia representativa que mitigara os efectos do capitalismo antes que por algún outro método. Os socialdemócratas pretenden reformar o capitalismo democráticamente mediante a regulación estatal e a creación de programas e organizacións patrocinados polo Estado para aliviar ou quitar as inxustizas que eles pensan son inflixidas polo sistema capitalista de mercado.

Con anterioridade, describirase aos socialdemócratas como socialistas reformistas (dado que avogaban polo desenvolvemento do socialismo a través de reformas parlamentarias graduais) en contraste cos socialistas revolucionarios, que pretendían acadar o socialismo mediante unha revolución obreira ou caso contrario por medio dunha evolución extraparlamentaria non estatal. A socialdemocracia tamén aborda os temas valóricos desde un prisma progresista. É o sector da esquerda partidista máis importante do mundo contemporáneo.

Con frecuencia, utilízanse os termos "socialismo" ou "socialista" en referencia á socialdemocracia e aos socialdemócratas, aínda que o concepto "socialismo" é máis amplo, xa que en diferentes países poden incluír a socialistas democráticos, marxistas, comunistas e anarquistas. Mentres algúns consideran á socialdemocracia unha forma moderada do socialismo, outros, definindo o socialismo no significado tradicional ou marxista, rexeitan esta designación

Sociocracia

Sociocracia, é, en suma, o goberno social. Forma de goberno teórica onde a sociedade como un todo sería detentora do poder.

Poderes
Formas de goberno
Réximes e sistemas
Tipos de poder
Clases de estado
Conceptos
Procesos
Divisións administrativas
Cargos
Disciplinas
Ideoloxías
Actitudes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.