Cachotaría

A cachotaría[1] ou cachotería é unha fábrica de pedra sen labrar ou con labra ruda, que se aparella de modo irregular. Cada unha das pedras que a forman recibe o nome de cachote; para que asenten ben, colócanse a miúdo unhas pedras máis pequenas como calzos chamadas ripios.

Se non ten ripios, a cachotería denomínase concertada; se o enripiado non é visíbel, careada, e, se cada fileira ten a mesma altura en todo o seu percorrido (aínda que as fileiras non sexan iguais entre si), aparellada.

O uso da cachotería non se restrinxe soamente a finalidades construtivas: en xardinería utilízase tamén para crear muretes ou muros vexetais, debido á tendencia das plantas vivaces a botar raíces nas fendas e nos ripios máis pequenos.

Cachotaría
Aínda que irregular, a disposición das pedras na cachotaría non é completamente arbitraria: véxase senón a impresión de estabilidade que causa a imaxe dun muro rotada 90º
Escada acceso a muralla Castro de Las
Escada e muralla feitas con cachotería no castro de San Cibrao de Las.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachotaría. Consultado o 29-08-2017.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

A Braña, Baleira

San Miguel da Braña é unha parroquia do concello lugués de Baleira. No ano 2013 tiña 61 habitantes, agrupados en 3 entidades de poboación (Abrairas, con 13 habitantes, A Braña con 16 e Millares con 32), cunha densidade media de 11 hab/km².

Albanelaría

A albanelaría é a técnica de colocación de pedras para a construción. Pode subdividirse en:

cantaría: técnica de tratamento e golpeo da pedra para darlle forma, tanto na súa extracción coma para darlle formas xeométricas ou figurativas;

cachotaría: sistema que consiste en xuntar pedras de formas irregulares;

perpiaño: sistema que consiste en xuntar pedras de formas regulares, normalmente paralelepípedos;Noutras linguas distintas do galego, a clasificación da albanelaría (masonry, en inglés) faise en función de se as pedras que se xuntan levan morteiro (brickwork) ou non (dry stone), aínda que manteñen un expresión para o traballo que se fai nunha soa peza (stone masonry).

Os distintos sistemas de cantaría teñen unha longa tradición na arquitectura popular galega. Dende os cruceiros ou a catedral de Santiago ata as murallas dos castros ou os simples muros de pedra, a arquitectura tradicional leva séculos construíndo obras rechamantes pola súa funcionalidade, importancia ou beleza.

Cubilledo, Baleira

Santiago de Cubilledo é unha parroquia do concello lugués de Baleira. Limita coas parroquias da Braña, Fonteo, Librán, A Fontaneira e A Lastra, xunto co concello da Fonsagrada. Pertence ó arciprestado de Valdepedroso, e tiña 101 habitantes en 2013 agrupados en 16 entidades de poboación, cunha densidade media de 4 hab/km². A súa altitude media é de 530 m.

As entidades de poboación son as seguintes: A Andoriña (2), Cabreira (9), Castrelo (1), O Castro (13), Cubilledo (1), Esgrade (7), A Espiña (abandonada), Ladride (2), Padornelo (4), O Real de San Paio (3), San Paio (10), Suagranda (1), Trembedo (6), Os Vilares (3), Vilarín de Cubilledo (30) e Vilauriz (9).

Eixón, A Pobra do Brollón

San Xurxo de Eixón é unha parroquia do concello da Pobra do Brollón na provincia de Lugo na comarca da Terra de Lemos. Pertence ao arciprestado de Santalla de Rei. En 2011 tiña 68 habitantes (31 homes e 37 mulleres) cunha densidade de 12,14 hab./km². A poboación diminuíu notablemente desde 1991, cando tiña 132 habitantes.

Gneis

O gneis é unha rocha de gran groso que provén do metamorfismo dos granitos, e polo tanto, ten os mesmo minerais que este (cuarzo, feldespato e mica), mais cunha estrutura diferente, presentándose os minerais nos gneises en bandas, alternándose en fitas claras e escuras. É unha rocha que se atopa próxima a depósitos de lousa.

Tamén pode proceder doutras rochas ígneas, á parte do granito, que se coñecen como ortogneis; ou sedimentarias, chamándose paragneis. Tamén se poden adxectivar segundo a súa textura, como o gneis ocelado; ou segundo os seus compoñentes, gneis biotítico, moscovítico...

O gneis emprégase na construción para realizar chanzos, lastros, cachotaría, pavimentación, fabricación de brita ou uso ornamental, tendo en conta a súa peculiaridade xistosa que o converte nun material anisótropo, é dicir, que a forma de colocación na obra é fundamental (un gneis que reciba forzas externas paralelas ás súas bandas crebará máis rapidamente que se estas forzas fosen perpendiculares).

Granito

O granito é unha rocha ígnea holocristalina , composta esencialmente por seixo, micas e feldespato potásico, tendo como minerais accesorios frecuentes circón, apatita ou anfíbolos. O granito é unha rocha empregada coma pedra ornamental e na construción. A súa densidade é de 2700 kg/m³

Lagar (construción)

O lagar é o lugar preparado para prensar certos froitos, como as uvas, as mazás ou as olivas, co fin de que solten o líquido que conteñen. O termo deriva do nome do recipiente ou aparello mecánico onde se prensa o froito, chamado hoxe normalmente prensa, reservando o termo lagar para a construción.

O máis común en Galiza é o edificio para esmagar o bago de viño, mais tamén se chama lagar o lugar para esmagar a mazá da sidra (llagar en Asturias) e incluso a oliva para fabricar aceite.

Dende o punto de vista construtivo, non deixa de ser un pequeno alboio, fechado ou non, de cachotaría onde se atopan unha tallas e a propia prensa, que adoitaba consistir nun recipiente sobre o que acouga unha gran trabe de carballo ou castiñeiro. Os lagares remóntanse á época romana, e son moi común en Galiza, formando parte da arquitectura vernácula. Nalgunhas partes de Galiza, onde a adega se atopa no piso terreo da vivenda (casa do viño), o lagar tamén se acha aquí.

Lamaigrexa, A Pobra do Brollón

San Pedro de Lamaigrexa é unha parroquia da Pobra do Brollón na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. En 2008 tiña 120 habitantes (57 homes e 63 mulleres) repartidos en 7 entidades de poboación, cunha densidade de 10,7 hab./km². En 1991 tiña 193 habitantes.

Limita ó norte coa parroquia de Saa, ó sur con Castroncelos e Salcedo, ó leste con Parada dos Montes e Salcedo, e ó oeste coa Pobra do Brollón.

Librán, Baleira

Santa Mariña de Librán é unha parroquia do concello lugués de Baleira que pertence a comarca da Fonsagrada e ó arciprestado de Valdepedroso. No ano 2013 tiña 132 habitantes, distribuídos en 14 entidades de poboación.

Los Corrales de Buelna

Los Corrales de Buelna é un municipio cántabro, asentado xunto na conca do río Besaya a 12 km da cidade de Torrelavega e a 32 da capital cántabra, Santander. Limita cos municipios de San Felices de Buelna, Cartes, Mazcuerras, Anievas, Areas de Iguña e co Val de Cieza. Pertence á comarca do Besaya.

Son importantes para a economía local as industrias metalúrxica e química, a avicultura, a gandería e agricultura.

Lousada, Samos

San Martiño de Lousada é unha parroquia do concello de Samos na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 59 habitantes, deles 28 eran homes e 31 eran mulleres, o que supón unha diminución de 5 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Moncelos, Abadín

Santiago de Moncelos é unha parroquia do concello lugués de Abadín. Segundo o IGE en 2014 tiña 185 habitantes (87 homes e 98 mulleres), 61 menos ca en 2004.

Montouto, Abegondo

Santa Cristina de Montouto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Linda ao norte coas parroquias de Figueroa e Sarandós, Cabanas, ao sur con Folgoso e con Beira, Carral ao leste. Segundo o IGE en 2016 tiña 312 habitantes (156 homes e 156 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

Olveira, Ribeira

Santa María de Olveira é unha parroquia situada no oeste do concello de Ribeira. Segundo IGE no 2018 tiña 1.181 habitantes (583 mulleres e 598 homes), distribuídos en 19 entidades de poboación dos que nove están habitados. Isto supón unha diminucióno en relación ao ano anterior cando tiña 1.218 habitantes.

Parga, Guitiriz

Santo Estevo de Parga é unha parroquia do municipio lucense de Guitiriz, situada a 6 quilómetros da capital do concello. Segundo o IGE en 2012 tiña 465 habitantes (225 homes e 240 mulleres) distribuídos en 13 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 609 habitantes.

Perpiaño

Un perpiaño é unha pedra regular para a construción xeralmente en forma de paralelepípedo (máis longa que ancha e de forma rectangular), coas caras sen tallar, e que forma parte das obras de cantaría.

A diferenza dos cachotes (cachotaría), o perpiaño está labrado por varias das súas caras para darlle a forma rectangular. Por extensión coñécese por perpiaño a parede feita cos bloques regulares ou perpiaños (técnica que se coñece coma cantaría).

Os perpiaños adoitan ter un tamaño e peso que obriga a manipulalos mediante máquinas, a diferenza dos cachotes, que se poñen a man.

Son usados principalmente na construción de edificios como alternativa ao ladrillo. Xeralmente a cara externa é lisa ou pulida, ocasionalmente poden presentar pequenos sucos gravados. Estas marcas coñécense como marcas de canteiro.

É frecuente atopar perpiaños nas construcións da arquitectura clásica grega, romana e nas arquitecturas románica e gótica.

En Galicia atopamos perpiaños en moitas das construcións coidadas e/ou cultas coma pontes, pazos, casas grandes e urbanas, igrexas... Moitas veces estas construcións levan muros de fábrica de cachotaría reservando o perpiaño para esquinais e vans.

Os perpiaños teñen un significado simbólico para os masóns. En francmasonaría, o perpiaño aparece con dous significados: o perpiaño sen traballar é unha alegoría do masón non iniciado antes da súa iluminación; o perpiaño liso representa a pedra vestida como a utilizada polo construtor experimentado, e é unha alegoría do masón que, a través de educación e dilixencia, alcanzou a iluminación e que vive unha vida correcta.

Cómpre non confundir o significado de perpiaño en castelán, que sería en galego forra ou tizón, pedra que atravesa toda a parede dun edificio, e que serve para trabala e reforzala.

Pousada, Baleira

San Lourenzo de Pousada é unha parroquia do concello de Baleira, pertencente ó arciprestado de Valdepedroso. En 2013 tiña seus 126 habitantes distribuídos en oito núcleos de poboación: Airexe (15), O Lago (1), Pousada (16), O Queirogal (25), A Quintá (7), Rego de Pereira (9), Teilalle (3) e Vilar (50).

Ver, Bóveda

San Vicenzo de Ver é unha parroquia que se localiza no concello de Bóveda, na provincia de Lugo. Pertence ó arciprestado de Santalla de Rei. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 87 habitantes (52 mulleres e 35 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 105 habitantes.

Limita coas parroquias de Bóveda e Guntín ó norte, Vilalpape e Ribas Pequenas ó sur, Mosteiro ó leste, e Martín polo oeste.

Vilanova, Lalín

San Xoán de Vilanova é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo o INE en 2009 tiña 223 habitantes, distribuídos en 12 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 275 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.