Cacho

O cacho,[1] voz derivada do latín vulgar cacculu, e esta do latín caccabu, "ola", é unha cuberta dura e ríxida, constituída por unha única peza de forma máis o menos arredondada, ovalada ou cuadrangular, do exoesqueleto ou caparazón dos crustáceos decápodos braquiúros (centolas, bois, nécoras etc.) que recobre o seu cefalotórax pola parte dorsal, servíndolle de coiraza protectora.[2]

Atendendo á semellanza dos cefalotórax dos crustáceos decápodos braquiúros co dos macruros,[3] antiga subdivisión dos decápodos, en oposición a braquiúros, hoxe sen validez taxonómica, pódese estender a voz cancho, na linguaxe de divulgación científica, para designar a cuberta do cefalotórax dos macruros (lagostas, lumbrigantes, cigalas, lagostinos e camaróns).

Hai outro grupo dos decápodos, o dos anomuros (Anomura),[4] esta si con validez taxonómica, xa que constitúen unha infraorde dos decápodos, caracterizados por teren abdomes de diferentes tipos,[5][6][7] cuxos representantes máis coñecidos son os cangrexos ermitáns, aos que non se lle pode aplicar o termo cacho, xa que, ao teren o abdome moi brando, agóchanse en cunchas de gasterópodos, das que só sobresaen os ollos e as patas. (A outros membros da infraorde, menos coñecidos, como os cangrexos porcelana ou os galateidos, si)

Cando o cacho se proxecta cara a adiante, máis alá dos ollos, esta proxección do exoesqueleto denomínase rostro (en latín científico, rostrum).

Spidercrab
Vista ventral do cacho dunha centola.
Penaeus diagram carapace
Debuxo dun lagostiño, co seu caparazón ou exoesqueleto (en rosa), destacando o cacho (en vermello).

Notas

  1. cacho no dicionario da RAG, 3ª acepción
  2. En realidade, o termo é unha ampliación do campo semántico da primeira acepción das que figuran no dicionario da RAG.
  3. Macruro, do grego μακρός makrós, "longo", "grande" e ουρά ourá, "cola".
  4. Do grego άνomos ánomos "sen lei" e ουρά ourá, "cola", é dicir "con colas de diferentes tipos".
  5. Gary Poore (2004): "Anomura – hermit crabs, porcelain crabs and squat lobsters". Marine Decapod Crustacea of Southern Australia: a Guide to Identification. CSIRO Publishing. pp. 215–287. ISBN 978-0-643-09925-8. [1]
  6. Anomura[Ligazón morta] en SIIT (en castelán).
  7. Anomura en NCBI. (en inglés).

Véxase tamén

Outros artigos

1500 metros

Os 1500 metros lisos é a proba estrela do medio fondo do actual atletismo.

Ata os anos oitenta do século XX foi dominada por corredores europeos e dende entón é practicamente un "couto privado" dos atletas africanos na modalidade masculina e das chinesas na modalidade feminina.

Na modalidade masculina forma parte do programa oficial dos Xogos Olímpicos modernos dende a súa primeira edición celebrada en Atenas en 1896. A modalidade feminina non debutou ata os Xogos celebrados en Múnic en 1972.

Acio

O acio (do termo latino acinus) é un tipo de inflorescencia indefinida, caracterizado por presentar un eixo ou raque que medra indefinidamente mentres que aos costados prodúcense as xemas florais pediceladas que se abren a medida que aquel se desenvolve. A floración prodúcese en sentido acrópeto, é dicir, ábrense antes as flores inferiores do eixo e a maduración progresa cara ao ápice da inflorescencia.

O resto dos tipos de inflorescencias de tipo acio simples (espiga, amento, umbela etc.) pódense derivar facilmente desta estrutura. A inflorescencia composta formada por un acio de acios (acio composto) recibe o nome de panícula, como na vide. Popularmente a inflorescencia e a infrutescencia da vide coñécese como acio ou cacho.

Amarillo, Texas

Amarillo (æməˈrɪlɵ) é unha cidade do oeste de Texas, Estados Unidos. No ano 2000 tiña unha poboación de 173.627, sendo a 14ª cidade máis habitada do estado. É a capital do condado de Potter. Un cacho da cidade esténdese polo condado de Randall. Toda a área metropolitana de Amarillo ten unha poboación estimada de 236.113 habitantes esparexidos por catro condados.

Amarillo, orixinalmente chamado Oneida, está situado na rexión do Llano Estacado. O ferrocarril provisto por Fort Worth and Denver Railway contribuíu ao crecemento da cidade como mercado de gando a finais do século XIX. Amarillo é o centro económico da panhandle de Texas, e é economicamente importante para Novo México Oriental e a panhandle de Oklahoma.

Boi (crustáceo)

O boi de mar ou simplemente boi (Cancer pagurus, Linné 1758 ) é un crustáceo comestible da orde dos decápodos, de grande interese comercial en Galicia. En galego recibe tamén os nomes de noca, isqueiro ou esqueiro.

É a especie do xénero Cancer que alcanza maiores tamaños, cun cacho de ata 20 cm de longo e 30 cm de ancho, e pesos de ata 4–6 kg, se ben son absolutamente inusuais estes tamaños.

Cachelo

Cachelo é a denominación que en Galicia se dá a un anaco ou cacho de pataca. Non se trata de ningunha variedade de pataca específica con esta denominación.

Xeralmente o produto vén cortado en toradas e acompaña moitos pratos da gastronomía galega, cobrando especial relevancia no coñecido como polbo á feira, ou tamén as sardiñas.

Nalgunhas zonas denomínanse cachelos ás patacas cocidas con monda, sen engadir máis nada que auga e sal . Noutros casos é tamén o nome dos cachos de pataca con ollos que se emprega para semente.

Camaleño

Camaleño é un municipio situado no linde occidental da comunidade Autónoma de Cantabria (España), na comarca de Liébana. Limita polo sur con Vega de Liébana, polo leste con Potes, polo norte e leste con Cillórigo de Liébana, polo noroeste co concello asturiano de Cabrales e polo oeste cos municipios leoneses de Posada de Valdeón e Boca de Huérgano. Atópase no val homónimo, coñecido tamén como Valdebaró.

As actividades económicas principais de Camaleño son a gandaría, a agricultura e tamén o sector servizos, grazas aos visitantes que recibe esta pequena poboación pola súa situación no Parque nacional dos Picos de Europa, ademais da súa gastronomía e a seu patrimonio artístico.

Da actividade gandeira obtéñense os Quesucos de Liébana con Denominación de Orixe, e para a fabricación do oruxo lebaniego recóllese o té do porto, nos portos de Áliva (Picos de Europa) a onde se sobe no popular teleférico de Fuente Dé.

Cabe destacar que Camaleño alberga o Mosteiro de Santo Toribio de Liébana, un dos cinco lugares santos da cristiandade; sendo unha Cidade Santa, por ter o que a tradición católica considera o maior cacho da cruz de Xesucristo.

O patrimonio natural, como xa se comentou, ten como gran protagonista os Picos de Europa, pero o concello tamén é atravesado polo río Deva, que nace no dito macizo montañoso e recolle as augas de varios afluentes ao seu paso por Camaleño.

Cangrexo

Para a constelación do cangrexo, véxase Cáncer (constelación)

Para a Supernova do Cangrexo, véxase SN 1054.

Chámanse cangrexos ou caranguexos a diversos crustáceos malacostráceos da orde dos decápodos, especialmente aos da suborde dos braquiúros.

Os membros da orde dos decápodos, caracterizados por teren cinco pares de patas, comprenden, entre outros, os crustáceos máis apreciados gastronomicamente, como lagostas, lumbrigantes, centolas ou nécoras. Ademais existen diversas especies que tamén se denominan cangrexos como, por exemplo, o cangrexo violinista, o cangrexo dos coqueiros ou os cangrexos de río.

Caparazón

O caparazón, casca ou carapa é unha cuberta dura e ríxida (casca) que posúen numerosos animais que, entre outras funcións, serve para protexer as partes brandas dos mesmos. Neste sentido, sería sinónimo de exoesqueleto.

É o caso da maioría dos crustáceos e moluscos, nos que é de natureza calcaria, de todos os artrópodos, nos que está constituído por queratina (nos crustáceos reforzada por sales cálcicos) e dos quelonios (tartarugas), nos que é de natureza ósea e córnea.

Centola

A centola, (Maja squinado, ás veces grafado Maia squinado), é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos braquiúros e familia dos máxidos.É un cangrexo migratorio de gran tamaño que habita nas costas do Atlántico oriental e no mar Mediterráneo.

O seu cacho está cuberto de espiñas e protuberancias e pode chegar a medir até 20 cm de diámetro.

Trátase dun dos mariscos máis apreciados gastronomicamente. A dicir de Cunqueiro, a centola é o máis exquisito dos froitos do mar, e dá varios sabores diferentes.

Crustáceos

Os crustáceos (Crustacea) son un extenso subfilo de artrópodos, con máis de 67 000 especies (e sen dúbida aínda faltan por descubrir até cinco ou dez veces este número).O subfilo inclúe varios grupos de animais tan coñecidos como as lagostas, as centolas, os camaróns, os cangrexos, as nécoras e os percebes.

Os crustáceos son fundamentalmente acuáticos e habitan en todas as profundidades, tanto no medio mariño, como nas augas salobres e doces; uns poucos colonizaron o medio terrestre, como as cochinillas da humidade (isópodos) e certos cangrexos.

Constitúen un dos grupos zoolóxicos con maior éxito biolóxico, tanto polo número de especies viventes como pola diversidade de hábitats que colonizan; dominan os mares, como os insectos dominan a terra.

A ciencia que estuda os crustáceos coñécese como carcinoloxía.

Daniel Giménez Cacho

Daniel Giménez Cacho é un actor mexicano nado en Madrid, España o 15 de maio de 1961. Xa dende pícaro reside en México. Ten traballado para directores do talle de Pedro Almodóvar, Guillermo del Toro, Arturo Ripstein ou Alfonso Cuarón, entre outros.

Escada

Este artigo trata sobre o trebello, para o grupo de uvas en que se divide un cacho, véxase: Acio.

Unha escada, escala, esqueiro ou esqueira é unha escaleira normalmente de madeira ou metálica formada por dúas hastas (pezas longas verticais) ligadas por barras ou paus horizontais, que pode ser portátil ou mecánica adaptábel a un vehículo. Serven para que as persoas poidan ascender e descender de lugares inaccesíbeis por se atoparen a distinta altura ou nivel. Empréganse principalmente en actividades de bricolaxe, xardinaxe, fruticultura.

Por extensión chámase escada ao guión detallado que reflicte os contidos e a súa duración dentro dun programa, así como a súa forma de presentación.

Fermín Cacho

Fermin Cacho, nado en Ágreda (provincia de Soria) o 16 de febreiro de 1969, é un atleta castelán, xa retirado.

Goma

A palabra galega goma, do latín vulgar gŭmma, a súa vez do latín cummi e este do grego κόμμι, pode referirse a:

Goma: Substancia mucilaxinosa ou viscosa procedente de certas árbores, insolúbel en alcol e solúbel en auga. Empréganse en farmacia e tamén na industria para fabricar colas e vernices. Caucho. Por extensión, un cacho desta substancia.

Goma: fita elástica que pode ter forma circular e que serve para suxeitar cousas. Goma elástica.

Goma: en medicina nome que reciben certos tumores.

Goma arábiga: Substancia polisacárida amarelenta obtida de certas acacias orixinarias de Arabia, empregada como produto medicinal e con múltiples aplicacións industriais.

Goma de mascar: Resina aromatizada para mascar, que se obtén dunha árbore suramericana ou mediante procedementos artificiais.

Goma de borrar: cacho de goma para borrar o risco do lapis.

Goma xantana: E-410

Goma-2: Explosivo plástico.

Goma 2: banda galega de rock da década de 1970.

Goma: coloquialmente, pneumático.

Goma: coloquialmente, condón.

Luisa Larraga Cacho

María Luisa Larraga Cacho, nada en Zaragoza o 10 de decembro de 1970, é unha atleta aragonesa especializada en carreiras de fondo e medio fondo.

O porco na cultura popular galega

A seguir recóllese a pegada que deixou o porco na cultura popular galega, na fraseoloxía e na literatura de transmisión oral. Inclúense tamén as referencias á mata do porco, á súa carne e ós produtos que del se obteñen.

Ourizo cacho

O ourizo cacho ou ourizo cacheiro (Erinaceus europaeus) é un mamífero insectívoro que abunda nas fragas galegas e nas pradarías que teñen arbustos, sebes e valados onde agocharse. O adxectivo cacho aplícase a calquera animal ou planta que se envolve sobre si mesmo.

Porbaixa

Unha porbaixa ou un mergullo é un tipo de multiplicación vexetativa que consiste en dobrar a póla dunha planta nai até enterrala no solo. A parte enterrada irá gañando raíces e cando estea enraizada poderá separarse da planta nai, obténdose, así, unha planta independente.

Especificando, o mergullo consiste en facer un corte parcial nunha póla,dobrala, prendela no chan cunha grampa de metal e cubrila de terra.

O contacto da rexión do corte co solo estimula o enraizamento e, cando este xa é suficiente para manter a nova planta, a póla é cortada da planta nai. Unha variación da porbaixa éconsiste en facer un corte parcial na póla e envolver a rexión cortada con terra húmida, que é mantida no lugar cun cacho de tecido ou plastico amarrado na póla.

Nese caso, igualmente, o corte e o contacto coa terra húmida inducen o enraizamento, mentres a póla continúa a recibir nutrientes minerais da planta nai a través da parte intacta do caule.

Porco espiño

Porco espiño é o nome común que se aplica de forma xenérica a varias especies de mamíferos roedores da suborde dos histricomorfos. O termo provén das características pugas que cobren a súa pel e non ten ningún significado taxonómico, xa que inclúe xéneros pertencentes a dúas familias distintas, Erethizontidae e Hystricidae, que non están especialmente relacionadas. Malia o seu nome común, non teñen ningún parentesco cos porcos (orde Artiodactyla).

Cómpre ter en conta que en galego tamén se emprega o termo porco espiño para nos referir ao ourizo cacho, tamén dotados de espiñas, mais que pertence á orde erinaceomorpha.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.