Cachelo

Cachelo é a denominación que en Galicia se dá a un anaco ou cacho de pataca.[1] Non se trata de ningunha variedade de pataca específica con esta denominación.

Xeralmente o produto vén cortado en toradas e acompaña moitos pratos da gastronomía galega, cobrando especial relevancia no coñecido como polbo á feira, ou tamén as sardiñas.

Nalgunhas zonas denomínanse cachelos ás patacas cocidas con monda, sen engadir máis nada que auga e sal [2]. Noutros casos é tamén o nome dos cachos de pataca con ollos que se emprega para semente.

Polbo con cachelos. Galiza
Polbo con cachelos
Lacón con patatas y grelos
Lacón con cachelos e grelos

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cachelo.
  2. En Sada, Cabalar, Toba, Dumbría, Compostela, Novefontes, O Grove, O Valadouro ou Ramirás, segundo Constantino García Glosario de voces galegas de hoxe.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.