Cabriña

A cabriña[1][2] (Davallia canariensis) é unha especie de fento isospóreo vivaz pertencente á familia Davalliaceae. Ten unha distribución moi reducida, porén aparece en Galiza.

Cabriña
Davallia canariensis cult0

Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pterophyta
Clase: Pteropsida
Familia: Davalliaceae
Xénero: Davallia
Especie: D. canariensis
Nome binomial
Davallia canariensis
(L.) Sm.

Descrición

É un fento perenne, con soros arredondados no envés das frondes, esporanxios esferoidais con anel lonxitudinal. Rizoma de até 15 centímetros, páleas lanceoladas de cor acastañada. Frondes con pecíolo de igual lonxitude que a lámina e de cor castaña, lámina tri ou tetrapinnada.

Este fento adoita vivir de xeito epífito mais ás veces, en condicións de humidade moi altas pode ser atopado sobre as pedras ("hábito saxícola") ou sobre o chan ("hábito terrestre").

Distribución e hábitat

A súa distribución comprende as Illas Canarias, Galiza (por exemplo no Monte Pindo[3]), Asturias, sur de Andalucía, oeste de Portugal e a illa de Madeira e partes de Marrocos.

Davallia canariensis cult1
Cabriña (Davallia canariensis) Detalle do hábito. Exemplar cultivado.

Etimoloxía

Davallia:xénero dedicado a Edmund Davall (1826-1900), botánico suízo.

canariensis: do arquipélago canario, no seu sentido máis amplo, aínda que a especie non é exclusiva das illas, sendo por exemplo propia de Galiza igualmente.

Sinonimia

  • Polypodium lusitanicum L.
  • Trichomanes canariense
  • Trichomanes canariensis L.

Notas

  1. Nome común galego preferido en Termos Esenciais de Botánica, entrada 94 da Comisión de Normalización Lingüística da Escola Politécnica Superior de Lugo - Universidade de Santiago de Compostela, 2002
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
  3. http://www.montepindo.org/

Véxase tamén

Abadexo

O abadexo, badexo badeixo, Pollachius pollachius, é un peixe osteíctio da orde dos gadiformes e familia dos gádidos.A primeira descrición da especie foi feita por Carl von Linné en 1758 na 10ª edición do seu Systema Naturae: Linnaeus, C. (1758): Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, 824 pp., data e obra que marcan o inicio da taxonomía e nomenclatura zoolóxica modernas, baixo o nome de Gadus pollachius en 1758.

Os exemplares novos (é dicir, os de tamaño pequeno ou mediano) denomínanse cerretas corbelos, corobinas[Cómpre referencia], curubelos, paleotas, sarretas, serretas, sarretos ou zarretas.

Fento

Os fentos, fieito/as, felgos ou folgueiras son un grupo de plantas vasculares (con xilema e floema) que se reproducen a través de esporas e que carecen de sementes e flores. Diferéncianse dos musgos en seren vasculares, isto é, en ter tecidos especializados no transporte da auga e dos nutrientes e en ter ciclos de vida no que os esporófitos son a fase dominante. Teñen talos, follas e raíces como as outras plantas vasculares.

Os fentos están formados por un rizoma carnoso e teñen follas complexas denominadas megafilos, e que son máis complexas que os microfilos das Lycopodiopsidas. A meirande parte dos fentos, os verdadeiros fentos, son leptosporanxiados. Neste grupo aparecen follas grandes ás veces moi divididas, que son as frondes. Estas vanse desenroscando desde a súa cabeceira segundo o fento vai medrando.

Sóense agrupar dentro da división parafilética de Pteridophyta. Aquí considéranse os fentos con ese sentido amplo, no que se consideran a toda a clase Polypodiopsida, que abrangue aos leptosporanxiados (Polypodiidae), e aos fentos con esporanxios, e que son aqueles que non se denominan verdadeiros fentos (como son os Psilotopsida, xestelas ou Equisetopsida, maratiáceas ou ofioglosáceas). Cando se emprega o termo pteridófitas estanse a incluír outras plantas vasculares que non son estritamente "fentos". Do mesmo xeito, o termo “monilofites” refírese aos fentos sensu stricto.Os fentos arestora fórmano un grupo de 11 a 12 mil especies, que se agrupan en arredor de 340 familias. Os fentos son o segundo grupo de plantas vasculares máis diverso do planeta.Os primeiros fentos aparecen no rexistro fósil a comezos do devoniano, inda que a meirande parte xorden hai 145 millóns de anos no inicio do cretáceo. A súa gran radiación deuse neste período, xurdindo a meirande parte das familias modernas dos fentos.Os fentos non teñen importancia económica, aínda que algúns son comestíbeis, poden ser usados como ornamentais, para restauración de solos contaminados ou incluso para limpar o ar pola súa capacidade de retirar contaminantes químicos do ar. Algúns considéranse herbas daniñas. Xogan tamén un papel importante na mitoloxía, na medicina e na arte.

O máis estendido dos fentos en Galicia é o fento común (Pteridium aquilinum), abondoso, por exemplo nas carballeiras onde forman extensas superficies. Emprégase como estrume. Segundo a área xeográfica recibe diferentes nomes: feito, fieito, felgo, felga, fenta, fieita, folgueiro, folgueira, fulgueiro, fulgueira, folgueirón, cento, fiento, ciento, faínto, feínto, fuento, fenta, afeto, foleto, foleito, fuleto, fuleiro e felecho.

Lista de episodios de Heidi

Lista de episodios de Heidi, anime xaponés inspirado no libro homónimo da escritora Johanna Spyri. Heidi estreouse en galego na segunda canle autonómica da Televisión de Galicia dentro do seu contedor xuvenil Xabarín Club

Monte Pindo

O monte Pindo é un macizo granítico de 627 metros de altura que se atopa no concello coruñés de Carnota.O monte Pindo xunto con outros ecosistemas como as praias de Carnota, forma parte da zona especial de conservación (ZEC) de Carnota - Monte Pindo dentro da Rede Natura 2000. Ese ZEC de Carnota - Monte Pindo ten unha superficie de 4 629 ha e abrangue os concellos de Carnota, Mazaricos, Cee e Dumbría, entre as rías de Corcubión e a de Muros e Noia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.