Cabo Vilán

O cabo Vilán é un cabo situado na Costa da Morte, concretamente no concello de Camariñas. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento Natural. Con todo, a escasa distancia do cabo hai instalado un parque eólico e unha piscifactoría de cría de rodaballo.

O faro de cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. É o faro eléctrico máis antigo de España.

En 1890, o navío inglés Serpent, que navegaba cara a Serra Leoa, afundiu preto do cabo por mor dun temporal, perecendo 173 homes que están soterrados no cemiterio dos Ingleses, a escasa distancia do cabo Vilán.

Para acceder ao cabo hai que ir dende A Coruña a Vimianzo pola C-552 e desviarse pola AC-432 ata Camariñas. Hai unha estrada desde o porto de Camariñas ao faro. Outra ruta costeira, desde Arou e Camelle, percorre por pista de terra por unha das paraxes máis agrestes e fermosas da costa galega.

Coordenadas: 43°09′35″N 9°12′39″O / 43.15972, -9.21083

Cabo Vilán. Camariñas. Galiza
Cabo Vilán. Camariñas.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Camariñas.
Otro paisaje del fin de semana

Cabo Vilán e Illote Vilán de Fóra.

Cabo Vilán.Camarinhas

Cabo Vilán.

Faro de cabo Vilán, Camariñas, Galiza

Véxase tamén

Outros artigos

10 de novembro

O 10 de novembro é o 314º día do ano do calendario gregoriano e 315º nos anos bisestos. Quedan 51 días para rematar o ano.

Arao dos cons

O arao (do francés antigo hairon) dos cons ou aro (Uria aalge) é unha ave costeira da familia Alcidae. Xunto co garrucho, domina as colonias mariñas dos cantís na tempada do verán. O arao nada fronte a costa en grandes masas baixo os cantís. Fronte aos farallóns adoita verse voando baixo e rápido.

No inverno, aparecen en terra só durante ou despois dos vendavais.

Cabo (xeografía)

En xeografía, un cabo é un accidente xeográfico formado por unha masa de terra que se proxecta deica o interior do mar; recibe este nome cando a súa influencia sobre o fluxo das correntes costeiras é grande, provocando dificultades para a navegación. Algúns cabos débenlle a súa sona por ser a característica a máis salientable, como o cabo de Fornos. Tamén se poden denominar como "puntas" aqueles cabos de pequenas dimensións ou con extremos moi agudos.

En España destacan o Cabo Fisterra, a Punta de Tarifa e o de Estaca de Bares, entre outros.

A navegación realizada entre cabos sen a perda do contacto visual coa costa denominase cabotaxe.

Camariñas

Camariñas é un concello da provincia da Coruña, encravado na Costa da Morte e pertencente á comarca da Terra de Soneira. Segundo o IGE en 2014 tiña 5774 habitantes (6226 no 2010, 6323 no 2006, 6467 no 2005, 6502 no 2004, 6597 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é camariñán ou camariñés.

Camariñas, Camariñas

San Xurxo de Camariñas é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Camariñas. Segundo o IGE en 2013 tiña 2.760 habitantes (1.367 homes e 1.393 mulleres), distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.058 habitantes.

Comarca da Terra de Soneira

A comarca da Terra de Soneira é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Vimianzo. A esta comarca pertencen os concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas. Limita coa comarca de Bergantiños polo nordés e coa de Fisterra polo suroeste. Historicamente a comarca incluía ademais dos concellos actuais o de Laxe e varias parroquias de Cabana.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Faro de cabo Vilán

O faro do cabo Vilán sinala un dos tramos máis perigosos da Costa da Morte, pero tamén un dos máis fermosos. Erguido a 125 metros de altitude e unido ao antigo edificio dos fareiros, posúe un potente canón de luz capaz de acadar os 55 km. É o faro eléctrico máis antigo de España. O enclave foi declarado de Interese Nacional no ano 1933 por ser un lugar rochoso e escarpado e hoxe en día é Monumento natural.

Galería de imaxes de Cabo Vilán

Imaxes do Cabo Vilán na Costa da Morte, no concello de Camariñas.

Galería de imaxes de Camariñas

Galería de imaxes do concello de Camariñas na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de cabos de Galicia

Galería de imaxes de cabos de Galicia.

Galería de imaxes de faros de Galicia

Galería de imaxes de faros de Galicia.

Manuel Ferrol

Manuel Ferrol Fernández, nado no Cabo Vilán (Camariñas) o 28 de decembro de 1923 e finado na Coruña o 27 de febreiro de 2003, foi un fotógrafo e reporteiro galego.

O Cabo Vilán, Camariñas, Camariñas

O Cabo Vilán é un lugar da parroquia de Camariñas no concello coruñés de Camariñas na Comarca da Terra de Soneira. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 2 homes e 2 mulleres.

O Cotariño, Camariñas, Camariñas

O Cabo Vilán é un lugar da parroquia de Camariñas no concello coruñés de Vimianzo na Comarca da Terra de Soneira. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2009 tiña un habitante (un home).

Piscifactoría

Unha piscifactoría é un lugar onde se fan actividades económicas de produción (cría e engorde) de especies acuáticas, principalmente peixes, crustáceos e moluscos. Nestas granxas, cultívanse varias especies mariñas, tanto de peixes, como dalgúns invertebrados, como o polbo. A actividade das piscifactorías ten unha grande importancia económica. No caso de moitas especies, a produción de cultivo case substituíu por completo as capturas pesqueiras.

Algunhas das especies máis importantes criadas en piscifactoría son o rodaballo, a dourada, a robaliza ou o bacallau. Os cultivos doutras especies aínda están en desenvolvemento, como o polbo, o ollomol, ou o linguado, entre outras.

Portocelo, Camariñas, Camariñas

Portocelo é un lugar da parroquia de Camariñas no concello coruñés de Camariñas na Comarca da Terra de Soneira. Tiña 4 habitantes no ano 2009 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 2 homes e 2 mulleres.

Ría de Camariñas

A ría de Camariñas é unha ría galega da provincia da Coruña, pertencente á Costa da Morte.

Serra da Pena Forcada

A serra da Pena Forcada é unha pequena cordilleira localizada ao norte da ría de Camariñas, entre Traba e o cabo Vilán. O punto de maior altura é a Torre da Moa con 241 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.