Cabo Udra

Cabo Udra é un cabo e un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a costa leste da ría de Aldán, e que está na ría de Pontevedra. O cabo Udra é o cabo de que limita a ría de Aldán coa de Pontevedra e ademais o que limita o espazo natural protexido polo norte. A punta do Niño do Corvo está ao sur deste cabo e pecha o espazo natural. A área de conservación, que maioritariamente é mariña, ocupa 623,03 ha. do concellos de Bueu e de Cangas, ambos na comarca do Morrazo. Cangas conta cunha reducida proporción do espazo protexido.[1][2][3][4][5]

Coordenadas: 42°19′26″N 8°49′42″O / 42.324000, -8.828400

Cabo Udra
Praia Mourisca e cabo Udra vistos desde a ría de Pontevedra.
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 623,03 ha. (71% de área mariña)
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3]
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: Bueu, Cangas
Ríos: rego Nosendo
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Xeografía

O cabo Udra atópase en Beluso, Bueu, na parte exterior da ría de Pontevedra, e limita xunto coa punta do Couso a ría de Aldán. Desde o cabo Udra pódese observar a costa norte da ría (lugares como a punta de Cabicastro en dirección norte) e a punta Couso, cara o suroeste, e que pecha a ría de Aldán. As illas Ons obsérvanse desde o cabo mirando cara o oeste, xa que as illas se atopan no exterior da ría.

O espazo natural de cabo Udra está case na súa totalidade en Bueu. Comenza polo norte coa praia de Mourisca, en Beluso, Bueu, mirando ao esteiro de Beluso, e acolle ao cabo Udra e todo o seu litoral, como as enseadas de Centuleira, Barcelo e a cala do Ancoradoiro. Avanza cara ao interior da ría de Aldán chegando ata a punta do Niño do Corvo, en Aldán, Cangas. Nesta sección están as enseadas de Pouso e a de Cano da Cunca. A praia de Pedrón, de Encoradoira, de Lago, de Area de Bon, do Reventón e a de Laguelas están dentro do espazo natural. Do mesmo xeito, hai varios regos menores, que case nacen e chegan á costa dentro del. O rego Nosendo ten un percorrido algo maior pero tamén nace xa preto da costa.

O litoral da costa do espazo protexido é de morfoloxía suave e o solo está formado por rochas graníticas (granitoides biotíticos e outras rochas básicas similares).[6]

Fauna e flora

Flora

Este litoral destaca por ser unha zona de rochedo exposta ao mar e con cantís cubertos con queirogais. A maior extensión é a do sublitoral: bancos de areas cubertos continuamente e calas e baías pouco fondas. Alí están presentes os arrecifes. En terra, os queirogais son tanto os propios de zonas atlánticas temperás, que se compoñen de Erica ciliaris e Erica tetralix, como algúns propios de zonas secas europeas. Nos rochedos dominan as especies pioneiras e especies casmofíticas. Nalgúns puntos están presentes praderías de gramíneas e formacións de Nardus. Ten zonas con augas estancadas e turbeiras. En menor extensión, hai presenza de bosques de ribeira con abeneiros (Alnus glutinosa) e freixos (Fraxinus excelsior).

Fauna

Da fauna deste espazo destacan Euphydryas aurinia, un lepidóptero, e os mamíferos mariños toniñas (Phocoena phocoena) e arroaces (Tursiops truncatus). Ademais, alberga a 14 aves de interese de conservación.[4]

As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[4]

Grupo Especie
Invertebrados Coenagrion mercuriale
Invertebrados Lucanus cervus
Peixes Chondrostoma polylepis
Anfíbios Discoglossus galganoi
Mamíferos Lutra lutra
Mamíferos Myotis myotis
Mamíferos Rhinolophus ferrumequinum
Mamíferos Rhinolophus hipposideros

Patrimonio

No cabo Udra atópase o castro de Udra, un castro da idade de bronce.

Na praia de Ancoradouro e na de Mourisca hai fábricas de salgadura. Ademais, en Chan de Esqueiro hai refuxios dos últimos dous séculos e que empregaban os pastores, os chouzos, para resgardarse.[7]

No cabo está a "Batería J-2", un batería militar do século XX agora abandonada.[7]

Lexislación

O Cabo Udra foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014.[4]

Galería de imaxes

Praia do Ancoradoiro 25X2015 01

Praia do Ancoradoiro.

Illa de Ons Canexol a Pereiró 8

As illas Ons vistas desde Cabo Udra.

Batería J-2 de Cabo Udra (4824777447)

Batería J-2.

Notas

  1. 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
  2. 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
  3. 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1140009 Cabo Udra". Consultado o 10/9/2019.
  5. Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "NATURA 2000 - ES1140009 Cabo Udra". Consultado o 10/9/2019.
  6. Instituto Geológico y Minero Español - IGME (eds.). "Visor InfoIGME". Consultado o 10/9/2019.
  7. 7,0 7,1 Concello de Bueu (eds.). "Turismo: Cabo Udra". Consultado o 10/9/2019.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Bueu

Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016), unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade poboacional de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués.

Costa da Vela

A Costa da Vela é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe o extremo oeste da península do Morrazo e que dá caras as rías de Pontevedra e Vigo. Esta área de conservación ocupa 1.419 ha. do concello Cangas do Morrazo, dos cales unha terza é espazo mariño. Destaca por ser unha costa aberta con cantís e queirogais e polo sistema dunar das súas praias.

Illa de Ons

A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. A illa de Ons, cos seus 5,5 km de lonxitude e 800 metros de anchura, é a illa máis extensa do Atlántico peninsular. A zona occidental é a máis escarpada, con abruptos cantís, en cambio a oriental é máis suave e conta con numerosas praias.

Ons conforma, xunto coas Cíes, Sálvora e Cortegada, o primeiro Parque Nacional de Galiza. Cabe destacar a súa arquitectura popular mariñeira e a súa gastronomía.[Cómpre referencia]

Os fillos do mar

Os fillos do mar é unha novela negra e de aventuras en galego escrita por Pedro Feijoo, finalista do Premio Xerais 2011, e publicada en 2012 pola Edicións Xerais de Galicia. Trátase da primeira novela escrita polo autor.

Parque Nacional das Illas Atlánticas

As chamadas Illas Atlánticas convertéronse o 1 de xullo do 2002 no primeiro Parque Nacional de Galiza, e no décimo terceiro a nivel estatal, cunha extensión de 1.200 hectáreas terrestres e 7.200 marítimas. Recibe a denominación de Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas de Galiza. No ano 2007 o parque recibiu 238.939 visitas.

As illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada, que están situadas nas Rías Baixas, están declaradas zonas de interese xeral pola singularidade da súa flora, fauna, xeomorfoloxía e paisaxe que as converten en Patrimonio Natural e Cultural de indubidable valor científico, recreativo e educativo.

A delimitación territorial deste parque nacional realizouse en función da singularidade e riqueza faunística que alberga, a variedade das súas formacións vexetais e a súa espectacularidade paisaxística. Deste xeito protéxese unha mostra representativa dos sistemas costeiros atlánticos.

Quedaron fóra do Parque Nacional das Illas Atlánticas as de Lobeiras, Sisargas, San Simón e Tambo e as franxas terrestres da Costa da Morte, Cabo Udra, San Adrián, Costa da Vela e o complexo dunar de Corrubedo, entre outras, aínda que non se descarta unha posible ampliación.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.