Cabo Silleiro

O cabo Silleiro[1], é un cabo situado no suroeste de Galicia, na parroquia de Baredo (Baiona), que pecha a ría de Vigo polo sur, marcando o inicio das Rías Baixas cara ao norte. É o punto máis ó norte da costa de Baredo a Camposancos.

Coordenadas: 42°06′34″N 08°53′36″O / 42.10944, -8.89333

Cabo Silleiro en Pontevedra
Cabo Silleiro
Vista do cabo Silleiro.

Faro

O faro Silleiro, construído en 1866, ten unha altura de 9 metros sobre o chan e 85 sobre o nivel do mar, cun alcance de 30 millas.[2]

Instalacións militares

Na década de 1940 construíuse na zona, a batería de artillería costeira J4,[3] co obxectivo de protexer o porto de Vigo e a entrada á vila de Baiona. A base foi abandonada durante os anos oitenta, e en 1998 retirouse o perímetro de seguridade, aínda que a zona pertence ao Ministerio de Defensa de España.[4]

Costa

Na súa costa hai moitos relevos:

  • Illas: A Carral, A Negra e As Polbeiras.
  • Enseadas: Fornos, O Baleal, A Cova de Baredo (Os Loureiros), Pedra Alta e Tío Andrés.
  • Puntas: O Peso, Niño do Corvo, Os Mouróns (Petóns de Fornos), Serreira e O Monete.
  • Marcas e demais: O Lobo, O Lobiño, A Aguieira e O Cunchido.
Pontevedra por el Coronel, Teniente Coronel de Ingenieros D. Francisco Coello ; auxiliado por D. Pascual Madoz, autor de las notas Estadísticas e Históricas
Mapa de 1856. No recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona" figura Cabo Silleiro ó de Cela.

Naufraxios

Nas augas de cabo Silleiro afundiron dous barcos: o ABC e o Collingham (chamado polos baioneses O Cunichán).[cando?][5]

Galería de imaxes

Base cabo Silleiro
 
Batería cabo Silleiro
 
Batería cabo Silleiro2
 
Canón cabo Silleiro
 

Notas

  1. Segundo o mapa provincial de Francisco Coello e Pascual Madoz de 1856: Cabo Silleiro ó de Cela. Véxase o recadro "Castillo, puerto y villa de Bayona".
  2. Autoridade Portuaria de Vigo.
  3. 42°06′33″N 08°53′35″O / 42.10917, -8.89306
  4. "Los secretos subterráneos de la batería militar de Cabo Silleiro", El Mundo, 31 de xaneiro de 2011 (en castelán).
  5. Xosé Lois Vilar Pedreira: Os nomes do mar de Baiona e Panxón; a toponimia marítima para xente miúda, Instituto de Estudos Miñoranos (2008).

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Baiona

Baiona é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2015 tiña 12.072 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é baionés. Limita cos concellos de Oia, Nigrán, Gondomar e Tomiño, e mais co océano Atlántico.

Baredo, Baiona

Santa María de Baredo, ás veces tamén Nosa Señora da Cela de Baredo ou Santa María da Cela de Baredo, é unha parroquia do concello de Baiona. Segundo o IGE, no ano 2017, tiña 1 087 habitantes (569 homes e 518 mulleres) , o que supón un aumento respecto de 1999 cando tiña 989 habitantes; ou respecto do século XIX cando tiña 86 habitantes. O seu xentilicio é baredano/ana. A parroquia eclesial pertence ó arciprestado de Miñor, na diocese de Tui-Vigo.

Baía de Baiona

A baía de Baiona, tamén denominada ría de Baiona, é unha enseada pequena situada na marxe sur e exterior da ría de Vigo.

Cabo (xeografía)

En xeografía, un cabo é un accidente xeográfico formado por unha masa de terra que se proxecta deica o interior do mar; recibe este nome cando a súa influencia sobre o fluxo das correntes costeiras é grande, provocando dificultades para a navegación. Algúns cabos débenlle a súa sona por ser a característica a máis salientable, como o cabo de Fornos. Tamén se poden denominar como "puntas" aqueles cabos de pequenas dimensións ou con extremos moi agudos.

En España destacan o Cabo Fisterra, a Punta de Tarifa e o de Estaca de Bares, entre outros.

A navegación realizada entre cabos sen a perda do contacto visual coa costa denominase cabotaxe.

Faro de cabo Silleiro

O faro de cabo Silleiro atópase no cabo do mesmo nome, na parroquia de Baredo, concello de Baiona.

Galería de imaxes de Baiona

Galería de imaxes do concello de Baiona na provincia de Pontevedra.

Galería de imaxes de cabos de Galicia

Galería de imaxes de cabos de Galicia.

Galería de imaxes de faros de Galicia

Galería de imaxes de faros de Galicia.

Galería de imaxes de illas de Galicia

Galería de imaxes de illas de Galicia.

Illa Aguieira

A illa Aguieira, comunmente A Aguieira, é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Illa Carral

A illa da Carral[Cómpre referencia], comunmente A Carral[Cómpre referencia], é unha illa situada en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Illas Negras

As illas Negras, son un conxunto de illas situadas en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo no concello pontevedrés de Baiona xa no límite coa parroquia oiense de Mougás. Atópanse no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

O arquipélago está formado pola illa Negra, A Negra do Medio e A Negra de Fóra, xunto co Barco da Negra.

Illas de Silleiro

As illas de Silleiro son un conxunto de illas e illotes que se atopan a carón de Cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona.

O arquipélago está formado pola illa Carral, illa Aguieira, illas Negras, illas Polbeiras e os illotes da Gaiada, A Negriña, A Atravesada, As Parexas, A do Rego e A dos Choscos.

As illas foron empregadas durante moito tempo para o marisqueo, sendo estas un lugar de grande importancia para os baredanos.

Lista de faros de Galicia

Esta é unha lista de faros de Galicia.

Nigrán

Nigrán é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Vigo. Segundo o IGE no ano 2014 tiña 17.715 habitantes (8.684 homes e 9.031 mulleres). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é nigranés.

PO-552

A PO-552 é unha estrada autonómica galega, unha das principais vías de comunicación dos concellos do sur da provincia de Pontevedra. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

Polveiras

Non confundir coas homónimas Polveiras, arquipélago de illotes rochosos na costa de Corrubedo, en 42°34′27.58″N 9°5′30.72″O.

Polveiras é un arquipélago de illotes situado en cabo Silleiro, na parroquia de Baredo, no concello pontevedrés de Baiona. Atópase no espazo da Costa de Baiona-A Guarda.

Ría de Vigo

A ría de Vigo é a ría galega máis ao sur das Rías Baixas e unha das maiores en extensión. Ábrese ao Atlántico desde cabo Home, ao norte, ata ao cabo Silleiro, ao sur, e queda pechada na metade da boca polas Illas Cíes. A ría estreita na enseada de San Simón. Alí forma un estuario interior no que verten na boca da ría os principais afluentes: Oitavén-Vergudo e o Ulló.

A ría baña os concellos de Cangas do Morrazo, Moaña, Vilaboa, Pontevedra, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán e Baiona. A riqueza en recursos mariños da ría, os caladoiros e a presenza dun dos principais portos pesqueiros na costa da ría fan posible e explican a alta urbanización do litoral e a alta densidade demográfica.

Os principais espazos naturais que alberga a ría son a enseada de San Simón, as mariñas da Ramallosa e as Illas Cíes.

Xeografía de Galicia

A xeografía de Galicia caracterízase polo contraste entre os relevos costeiro, de baixa altitude, e o do interior, dunha maior altitude. Tamén contrasta a morfoloxía entre as chairas elevadas setentrionais e as serras e depresións meridionais. A superficie do territorio galego é de 29 574,4 km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.