Cabo Ortegal

Ortegal é un cabo situado na comunidade autónoma de Galicia, no concello de Cariño (A Coruña). Dende este cabo e ata a fronteira portuguesa atópase unha das costas máis recurtadas do continente europeo, só comparable ás costas bretoas.

Coordenadas: 43°46′20″N 07°52′05″O / 43.77222, -7.86806

Cabo Ortegal
Cabo Ortegal.

Situación

Côtes d'Espagne partie de la Galice depuis le Cap Ortegal jusqu'au Cap Silleiro d'après les Plans levés en 1787 par Don Vicente Tofiño officier de la Marine d'Espagne
CÔTES
D ' E S P A G N E
PARTIE DE LA GALICE
depuis le CAP ORTEGAL jusqu'au CAP SILLEIRO, 1793.

Cabo Ortegal é un dos punto máis setentrionais da Península Ibérica, só superado polo cabo da Estaca de Bares.

Paisaxe

A localidade máis próxima é Cariño, porto pesqueiro de importancia e lugar dende o que se chega ao cabo Ortegal e ao seu faro. Á dereita esténdese a ría de Ortigueira cos seus cantís e os seus areais. Preto do cabo, as ladeiras gañan en verticalidade e altura para configurar un lugar maxestoso.

O cabo Ortegal é, en realidade, unha ampla arcada que se abre ao océano franqueada por dous saíntes rochosos: a punta do Limo, ao oeste, e a punta dos Aguillóns ao leste. É nesta onde se empraza o faro do cabo Ortegal, unha torre cilíndrica pintada de branco e vermello, dende a cal pode divisarse:

  • De fronte ao faro, os tres aguillóns, tres farallóns afiados constantemente erosionados, onde os percebeiros arriscan a súa vida para conseguir percebes. Este impresionante conxunto xa foi citado hai 19 séculos polo grego Tolomeo co nome de Trileuco, que podería traducirse por os tres brancos, posiblemente referíndose á escuma branca que golpea os farallóns, ou quizais ao guano xerado pola gran colonia de araos que alí había, a máis importante de España, extinguida nos anos 70 do século XX.
  • Ao leste asómase o cabo de Estaca de Bares, o punto máis ao norte de España.
  • Ao oeste, os cantís van gañando en altura sobre o Atlántico. Divísase en primeiro termo a Punta do Limo. Tras ela, a cota máxima de 613 m sobre o mar, Vixía de Herbeira. Este enclave cariñés é o cantil mariño máis alto non só de España, senón do centro e sur de Europa, tan só superado por algúns fiordes noruegueses.
Kap Ortegal1
Vista do cabo Ortegal dende o seu camiño de acceso.

Xeoloxía

Ortegal é ademais un complexo xeolóxico de interese internacional. Algúns dos seus materiais xurdiron da colisión de anacos continentais do Atlántico norte e Báltico. Rochas básicas, ultrabásicas, gneis ou ecloxitas (pedras de gran dureza e moi resistentes á erosión) abundan na contorna do cabo. Mais é o granito negro a rocha máis espectacular desta paraxe, xa que as que aquí se atopan, son as máis antigas da Península Ibérica e as 4ª do planeta, de antigüidade semellante a algunhas en Australia, Canadá ou Polonia. Este granito negro formouse baixo a superficie terrestre, a partir do magma, hai aproximadamente 1.160 millóns de anos[1][2], o que, á súa vez, implica que a Península Ibérica é anterior á chamada explosión da biodiversidade na Terra.

Naquela época a terra tiña unha aparencia "bastante inhóspita". Só existían seres vivos unicelulares, a atmosfera era pobre en osíxeno e o sol era un 10% menos brillante, segundo os investigadores. Estas rochas permaneceron a gran profundidade ata que afloraron cando os continentes, que estaban agrupados nun só, Panxea, dividíronse, o que produciu un cantil de máis de 600 metros de altura.

Flora e fauna

Durante a primavera, as repisas e fendas dos cantís son ocupadas por centos de gaivotas patiamarelas, e en moito menor número por outras especies como a choia biquivermella, o paíño común, o merlo azul o corvo mariño cristado ou o falcón peregrino.

Coa chegada do outono, numerosas aves mariñas de decenas de especies diferentes migran cara ao sur fronte a este cabo, convertido así (xunto coa Estaca de Bares) nun dos mellores lugares de Europa para estudar as súas viaxes dun mar a outro. Tamén é habitual contemplar cetáceos como delfíns, caldeiróns e, en ocasións, baleas.

Interese ambiental e xeolóxico

Cabo Ortegal (Spain)
Cabo Ortegal.

Polo seu interese de conservación ambiental, desde ornitolóxico a paisaxístico, está incluído na zona especial de conservación (ZEC) Costa Ártabra e na zona de especial protección para as aves (ZEPA) Costa de Ferrolterra-Valdoviño. O esteiro que ampara este cabo está catalogado tamén como zona húmida da convención de Ramsar.

Ademais, o cabo está dentro do Complexo de Cabo Ortegal que é un lugar de interese xeolóxico, Geosite. Representa unha zona de cantís e macizos montañosos, que son unha floración alóctona que ten a súa orixe no arco volcánico que bordeou ao supercontinente Godwana.[3]

Ruta

O cabo Ortegal é a orixe da Gran Ruta de Sendeirismo do Medievo (GR 50). Única deste tipo nas rías altas, une este lugar co casco histórico de Betanzos. A súa duración é de aproximadamente 23 horas de camiñada continua.

Galería de imaxes

Cabo Ortegal e Faro. Cariño, Galiza
 
Cariño, Ortegal, ría de Ortigueira, Galiza
 

Notas

  1. Un estudio de las rocas del cabo Ortegal duplica la antigüedad de la Península Ibérica | elmundo.es
  2. mc2 | Prensa: Datan cabo Ortegal en 1.160 millones de años, lo que duplica en edad a las rocas más antiguas de la Península Ibérica conocidas hasta ahora[Ligazón morta]
  3. Instituto Geológico y Minero Español. "GM001e: Complejo de Cabo Ortegal entre Figueiroa y Espasante". Inventario Español de Lugares de Interés Geológico (IELIG), IGME.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Arao dos cons

O arao (do francés antigo hairon) dos cons ou aro (Uria aalge) é unha ave costeira da familia Alcidae. Xunto co garrucho, domina as colonias mariñas dos cantís na tempada do verán. O arao nada fronte a costa en grandes masas baixo os cantís. Fronte aos farallóns adoita verse voando baixo e rápido.

No inverno, aparecen en terra só durante ou despois dos vendavais.

Barbos, Ortigueira

San Xulián de Barbos é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 108 habitantes (62 mulleres e 46 homes) distribuídos en 27 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 124 habitantes.

Cabo (xeografía)

En xeografía, un cabo é un accidente xeográfico formado por unha masa de terra que se proxecta deica o interior do mar; recibe este nome cando a súa influencia sobre o fluxo das correntes costeiras é grande, provocando dificultades para a navegación. Algúns cabos débenlle a súa sona por ser a característica a máis salientable, como o cabo de Fornos. Tamén se poden denominar como "puntas" aqueles cabos de pequenas dimensións ou con extremos moi agudos.

En España destacan o Cabo Fisterra, a Punta de Tarifa e o de Estaca de Bares, entre outros.

A navegación realizada entre cabos sen a perda do contacto visual coa costa denominase cabotaxe.

Cariño

Cariño é un concello da provincia da Coruña, pertence á comarca do Ortegal. Segundo o IGE en 2014 tiña 4.241 habitantes (4.590 no 2009, 4.700 no 2006, 4.788 no 2005, 4.798 no 2004, 4.812 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cariñés.

Cariño, Cariño

San Bartolomeu de Cariño é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 3.127 habitantes (1.593 mulleres e 1.534 homes), distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3.514 habitantes.

Comarca de Ortegal

A comarca de Ortegal é unha comarca galega situada no norte da provincia da Coruña. Abrangue os concellos de Cariño, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A comarca non conta con capital oficial, se ben é Ortigueira onde se sitúan determinadas estruturas administrativas (Xulgado de Instrución, Delegación de Facenda, Oficina do INSS, Notaría, Rexistro da Propiedade...), que sumado á súa posición xeográfica central e a de ser o concello máis poboado e máis extenso, lle confiren esa condición oficiosa de capital.

Limita ao norte co océano Atlántico, ao sur co concello das Pontes de García Rodríguez (comarca do Eume), ao leste coa comarca da Mariña Occidental -xa na provincia de Lugo- e ao oeste coa comarca de Ferrol, onde se integra o concello de Cedeira, tradicionalmente integrado na comarca do Ortegal por razóns históricas e xeográficas, condición que abandonou nos anos 90 ao producirse a división comarcal de Galicia, por consideralo mellor para os seus intereses.

Complexo de Ordes

O complexo de Ordes é unha megaestrutura alóctona, ou un klippe ou illa tectónica, característica de Ordes, no noroeste do macizo ibérico e na zona xeolóxica de Galicia e Trás-os-Montes. Ten unha forma semi-elíptica, cuns 135 km de longo e 75 km de ancho, e segue unha dirección de norte a sur nese sector central galego do macizo. Este complexo limita polo leste co dominio do ollo de sapo. Outros complexos alóctonos como este son os de Cabo Ortegal, Braganza, Morais e a banda que recorre o litoral de Malpica a Tui.O característico do complexo de Ordes é o seu conxunto de metasedimentos con orixes en condicións intermedias de presión, de carácter flyschoide e coñecidas como serie de Ordes. Esta serie é en esencia detrítica, e foi resultado dunha erosión e deposición nos arredores de facies flysch cunha posterior intrusión granítica (gabros e granitoides).Fórmana unha sucesión monótona de xistos verdes na súa parte máis alta e facies de granulitas na parte basal. Os seus cuarzos son angulosos e as plagioclasas non mostran alteración. Son froito dunha metamorfose de sedimentos cunha orixe detrítica e de arxilas e que aconteceu no hercínico, desde aproximadamente o precámbrico alto ou silúrico ata o cámbrico inferior.

El Cabo Ortegal

El Cabo Ortegal foi un semanario editado en Ortigueira entre 1890 e 1894.

Faro do cabo Ortegal

O faro do cabo Ortegal é un faro galego proxectado no Cabo Ortegal en 1982, data de aprobación da súa construción por orde ministerial; acabou a obra en 1984.

Galería de imaxes de Cariño

Galería de imaxes do concello de Cariño na provincia da Coruña.

Galería de imaxes de Galicia

Galería de imaxes de Galicia.

Galería de imaxes de cabos de Galicia

Galería de imaxes de cabos de Galicia.

Galería de imaxes de faros de Galicia

Galería de imaxes de faros de Galicia.

Lista de U-Boot afundidos fronte a Galicia entre 1942 e 1944

Esta é unha listaxe dos 37 submarinos U-Boot afundidos fronte á costa galega durante a grande ofensiva aliada no Atlántico norte (1942-1944).

Lugar de interese xeolóxico

Un lugar de interese xeolóxico (LIX) é unha zona xeolóxica única ou de interese científico ou divulgativo catalogada para a súa promoción e protección no estado español. Estes lugares xeolóxicos decláranse pola presenza de estruturas xeolóxicas, de formas do terreo e elementos do seu modelado, de tipos de solo, de rochas ou dunha composición mineral, de fósiles ou meteoritos presentes, entre outros, e que son de interese para entender as orixes e evolución das formación xeolóxicas, da vida e do planeta.A declaración destas zonas está amparada pola lei 42/2007 española e actualízase no catálogo de lugares de interese xeolóxico, que é un traballo de colaboración entre o estado, as comunidades autónomas e entidades científicas. En 2017 só Andalucía, Aragón, Cataluña, e Euskadi contaban con inventarios propios e oficiais. Nas demais comunidades é o Instituto Xeolóxico e Mineiro de España (IXME) quen mantén o rexistro de lugares de interese xeolóxico actualizado, en colaboración con organismos científicos. O IXME cataloga estes lugares indicando se é un proxecto cartográfico propio, das autonomías ou para o proxecto internacional Geosites.O número de LIX en España en 2015 foi de 2787, entre os cales estaban 276 unidades declaradas como Global Geosites. Galicia conta con 62 LIX, dos cales 16 son geosites.

Ortegal

O topónimo Ortegal pode referirse a:

Cabo Ortegal, un cabo situado no concello coruñés de Cariño. Dá nome á comarca do Ortegal.

Faro do cabo Ortegal, faro situado en dito cabo.

Rías Altas

As Rías Altas é a denominación coa que se coñece a parte setentrional do litoral de Galiza. Caracterízanse en xeral polo seu pequeno tamaño e mais pola súa elevada colmatación. Incluíndo as denominadas Rías Medias (Costa da Morte e Arco Ártabro) neste grupo, as Rías Altas abranguerían a parte norte e noroeste da provincia da Coruña e toda a costa da provincia de Lugo, limitando con Asturias ao leste e co cabo de Fisterra ao suroeste.

Con todo, en hidrografía considérase que o cabo Ortegal marca o punto de separación entre as Rías Altas propiamente ditas e as Rías Medias. En rigor, as Rías Altas son cinco:

Ría de Ortigueira

Ría do Barqueiro

Ría de Viveiro

Ría de Foz

Ría de Ribadeo

Santuario de Santo André de Teixido

O santuario de Santo André de Teixido é unha capela situada na parroquia de Teixido, no leste do concello de Cedeira, e cerca de cabo Ortegal. É un famoso lugar de peregrinación, ao que, segundo o dito popular "vai de morto quen non foi de vivo". A romaría principal ten lugar o 8 de setembro, aínda que ao longo do ano se celebran outras menos concorridas, como a do 30 de novembro, máis litúrxica. Cargado de forte significación antropolóxica; dende o punto de vista artístico, o máis notable é o retablo barroco.Considérase que a peregrinación a este lugar vén xa dende a Idade de Ferro, porén o primeiro rexistro do que hai constancia é do ano 1391. Tamén foi citada polo Padre Sarmiento no seu libro Viaje a Galicia (1754-1755), despois de telo visitado. Ó longo de todos estes séculos varias tradicións forxáronse ó redor deste culto, e forman parte xa da súa lenda.

Serra da Capelada

A serra da Capelada é unha serra galega localizada na provincia da Coruña, concretamente nos concellos de Cedeira e Ortigueira e sobre todo na parte occidental do concello de Cariño, a rentes do océano Atlántico con elevados cantís, un dos cales é considerado o acantilado máis alto da Europa continental, con máis de 600 metros de caída. A serra remata no cabo Ortegal. Tres son os montes principais desta serra: o monte Herbeira (613 m), o monte Limo (558 m) e mais o monte Miranda.

Está considerada unha serra de enorme importancia para o estudo xeolóxico.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.