Cabo Fisterra

O cabo Fisterra é un promontorio de granito dunha altura de 600 m situado no concello coruñés de Fisterra en plena Costa da Morte, constituído por unha península que penetra no mar 3 km.

Cabo Fisterra desde o Monte Pindo
Cabo Fisterra desde o monte Pindo.

Hai autores[quen?] que identifican o cabo Fisterra co antigo Promontorio Nerio dos xeógrafos romanos, outros sitúan neste lugar a Ara Solis, na cal se practicaba o culto celta ao Sol. Os romanos pensaron que este era o punto máis occidental do mundo coñecido. Porén, o cabo Touriñán sitúase máis cara o oeste.

Fisterra.Cabo.Galicia
Vista lateral do cabo Fisterra.

O faro foi construído en 1853. A torre do faro, feita de cantaría, é de base octogonal, e acaba nunha cornixa sobre a que se apoia a balconada. Encima está a bóveda, cunha lanterna poligonal. A torre mide 17 metros e a súa luz, situada a 143 metros sobre o nivel do mar, acada máis das 30 millas náuticas. A constante néboa do inverno provocou que se lle engadise unha sirena en 1888, a Vaca de Fisterre, para avisar aos navegantes do perigo existente. Aínda así, foi escenario de naufraxios, como en 1870, cando o Monitor Captain se afundiu levando 482 persoas da súa tripulación no suceso máis lutuoso desta costa.

Hai tamén, preto do lugar unha serie de pedras vencelladas a lendas relixiosas: As Pedras Santas, As Pedras Manchadas de Viño, A Cadeira de Pedra, A Tumba de Orcabella.

Coordenadas: 42°55′28″N 09°17′29″O / 42.92444, -9.29139

Cabo Fisterra Galiza
Cabo Fisterra.

Batallas do cabo Fisterra

Tres batallas de combates navais entre o Reino Unido e Francia coñécense como a batalla do cabo Fisterra, tiveron como escenario principal esta costa do noroeste de España.

Última etapa do Camiño de Santiago

O cabo Fisterra é hoxe día o destino final para moitos peregrinos do Camiño de Santiago, tras percorrer unha distancia de 89 km desde Santiago de Compostela, se ben algúns peregrinos continúan ata Muxía, a un día de marcha máis lonxe.

Na área hai restos de crenzas e lugares santos precristiáns. Disque o cabo fora o "Ara Solis", onde fenicios ou celtas adoraban o sol entre outros rituais. O Monte Facho era o lugar onde se levaban a cabo as ofrendas e rituais en honra de san Guillerme de Gellone que morou nunha casopa no lugar. A carón da casa de San Guillerme as parellas estériles terían relacións sexuais sobre un penedo, a cama do santo, para tratar de concibir, seguindo vellos ritos de fecundidade.

Lendas

No veciño Monte do Facho, había un menhir fincado de pé contra o cal os namorados, seguindo ritos celtas, debían copular para mellorar a fertilidade. O menhir sería demolido no século XVIII por clérigos locais.[1]

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Fisterra.
Ocaso en Finisterre

Solpor en Fisterra.

Fisterra.Cabo.03.Galicia

undefined

Fisterra.Cabo.09.Galicia

undefined

Cruceirocabo6

Cruceiro.

Fisterra.Cabo.08.Galicia

undefined

Fisterra

Faro do cabo Fisterra.

Notas

  1. Cf. p. 191, DAVIES, Bethan e COLE, Ben (2003). Walking the Camino de Santiago. Pili Pala Press. ISBN 0-9731698-0-X.

Véxase tamén

Outros artigos

14 de maio

O 14 de maio é o 134º día do ano do calendario gregoriano e o 135º nos anos bisestos. Quedan 231 días para finalizar o ano.

16 de novembro

O 16 de novembro é o 320º día do ano no Calendario Gregoriano e o 321º nos anos bisestos. Quedan 45 días para rematar o ano.

22 de xullo

O 22 de xullo é o 203º día do ano do calendario gregoriano e o 204º nos anos bisestos. Quedan 162 días para finalizar o ano.

Artai

Artai, segundo a mitoloxía galega, é o fillo maior de Brigo, o primeiro poboador de Galicia. As lendas din que el foi o fundador do pobo dos ártabros, que se espallaron polas mariñas betanceiras cara ao Cabo Fisterra, e que lle deu nome á vila de Arteixo. Tivo unha filla chamada Celt, proxenitora da raza celta.

Batalla do cabo Fisterra de 1509

A Batalla do cabo Fisterra de 1509 foi un enfrontamento naval producido o 18 de xaneiro de 1509 en augas próximas a Fisterra, entre unha frota portuguesa comandada polo cosmógrafo e navegante Duarte Pacheco Pereira, (bautizado como o "Aquiles Lusitano" por Camões), e unha frota francesa dirixida por Pierre de Mondragón, un corsario francés que operaba entre as illas Azores e a costa portuguesa, onde atacaba ós barcos procedentes da India.

A orixe da batalla foi a misión que en 1508 o rei Manuel I de Portugal lle encargou a Pacheco para que atopase a Mondragón e rematase con el.

A frota francesa estaba composta por catro navíos, e como resultado da loita, un deles foi afundido, e os outros tres foron capturados. Pierre de Mondragón, que anos atrás se distinguira analizando a Canle de Mozambique e as costas de África, morreu no enfrontamento.

Cabo (xeografía)

En xeografía, un cabo é un accidente xeográfico formado por unha masa de terra que se proxecta deica o interior do mar; recibe este nome cando a súa influencia sobre o fluxo das correntes costeiras é grande, provocando dificultades para a navegación. Algúns cabos débenlle a súa sona por ser a característica a máis salientable, como o cabo de Fornos. Tamén se poden denominar como "puntas" aqueles cabos de pequenas dimensións ou con extremos moi agudos.

En España destacan o Cabo Fisterra, a Punta de Tarifa e o de Estaca de Bares, entre outros.

A navegación realizada entre cabos sen a perda do contacto visual coa costa denominase cabotaxe.

Costa da Morte

A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.Os actuais proxectos gobernamentais,das agrupacións locais e europeos adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas ,Muros e A Coruña ; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo,Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais LIC e ZEC por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.

Década de 1740

A década de 1740 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 1740 e remata o 31 de decembro de 1749.

Faro de Fisterra

O faro de Fisterra é un faro situado no cabo Fisterra construído en 1853.

Fisterra

Fisterra (do latín finis terrae 'fin da terra') é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Fisterra. Segundo o IGE en 2017 tiña 4734 habitantes (5.005 no 2009, 5009 no 2006, 5042 no 2005, 5093 no 2004, 5141 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fisterrán».

Fisterra (homónimos)

Fisterra pode referirse a:

Fisterra, concello da provincia da Coruña;

Fisterra, parroquia de dito concello;

Comarca de Fisterra, ao oeste da provincia da Coruña;

Cabo Fisterra, na costa da Morte;

Faro de Fisterra, situado en dito cabo.

Fisterra, unha película de Xavier Villaverde (1998).

Galería de imaxes de cabos de Galicia

Galería de imaxes de cabos de Galicia.

Hiar

Hiar, segundo a mitoloxía galega, é un dos fillos de Brigo, o primeiro poboador de Galicia.

Primeira batalla do cabo Fisterra

A primeira batalla do cabo Fisterra foi un enfrontamento naval entre británicos e franceses producido o 14 de maio de 1747, no marco da Guerra de Sucesión Austríaca. Nela batéronse 14 buques de liña británicos dirixidos polo almirante George Anson contra unha frota de 30 navíos franceses comandados polo almirante de la Jonquière.

Rías Baixas

As Rías Baixas son as rías galegas situadas entre a fronteira portuguesa e o cabo Fisterra.

De sur a norte son:

Ría de Vigo

Ría de Pontevedra

Ría de Arousa

Ría de Muros e Noia

Ría de CorcubiónEntre elas atópanse as seguintes baías e enseadas:

Ría de Baiona

Ría de AldánCaracterízanse polo seu tamaño, grandes en relación ó resto das rías de Galiza, e pola súa orientación transversal á costa. A súa colmatación é relativamente baixa.

Segunda batalla do cabo Fisterra

A Segunda batalla do cabo Fisterra foi un enfrontamento naval entre británicos e franceses producido o 25 de outubro de 1747, no marco da Guerra de Sucesión Austríaca. Esta batalla aconteceu apenas 5 meses despois da chamada primeira batalla do cabo Fisterra, na que a frota británica detivo e eliminou un convoi francés de mercadorías que ía escoltado por varios buques de guerra.

Nesta ocasión Francia decidiu mandar un novo convoi de barcos mercantes aínda maior, escoltado por 8 buques de liña comandados polo almirante Desherbiers de l'Etenduère. A frota británica encargada de interceptar o convoi estaba composta por 14 buques de liña, e estaba comandada polo vicealmirante Edward Hawke.

Terceira batalla do cabo Fisterra

Modelo:Campaña militar Terceira Coalición

A batalla do cabo Fisterra de 1805, ou terceira batalla do cabo Fisterra, foi un enfrontamento naval producido o 22 de xullo de 1805 preto do cabo Fisterra no marco das guerras napoleónicas. Nesta batalla enfrontáronse a Armada Real Británica comandada polo vicealmirante Robert Calder e unha frota franco-española dirixida polo almirante francés Pierre Charles Silvestre de Villeneuve.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.