Cabanas

Cabanas é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE, en 2014 tiña 3.294 habitantes (3.346 en 2011). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés[5].

Coordenadas: 43°25′10″N 08°09′41″O / 43.41944, -8.16139

Cabanas
Escudo de Cabanas
Cabanas.Galiza.07
Vista xeral de Cabanas
Situacion Cabanas
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca do Eume
Poboación3.318 hab. (2018)
Área30,3 km²
Densidade109,5 hab./km²
Entidades de poboación7 parroquias
Capital do concelloCabanas
Política (2019[2])
AlcaldeCarlos Ladra Brage (PSdeG[3])
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 4
PSdeG-PSOE: 3
Outros: AEC 1, En Marea 1
Eleccións municipais en Cabanas
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes30,22%
Na rede
www.cabanas.es
cabanas@fegamp.es

Xeografía

Situación

O concello de Cabanas está situado na faixa costeira de Galiza, ao nordeste da provincia da Coruña. É o único concello incluído integramente na denominada ría de Ares. Enmarcado na comarca do Eume, limita ao norte e o oeste co concello de Fene, ao leste co concello da Capela, e ao sur coa ria de Ares e cos concellos de Pontedeume e Monfero, dos que o separa o río Eume. A capital do concello está a 82 quilómetros de Santiago de Compostela, a 37 da Coruña e a 15 de Ferrol.

Orografía

A xeomorfoloxía defínese pola transición entre a faixa costeira e as superficies de achanzamento inferior, producindo unha superficie moi accidentada.

Na parte sur do concello a paisaxe, de oeste a leste, distínguese polas praias, acantilados e marisma nas parroquias de San Martiño de Porto e Cabanas, e o val do río Eume, amplo na parroquia de Irís, e angosto na de Soaserra, onde xa forma parte do canón do Eume.

Ao leste érguense as elevacións da Serra, que serven de límite co concello da Capela, e onde se achan as maiores elevacións do concello, sendo o pico da Aguia con 474 metros a maior altura.

O centro do concello está salpicado doutras estribacións, entre as que destacan Punxeiro con 389 metros e o coto do Castro de 343 metros. A zona norte está formada por terras que descenden das estribacións centrais cara á ría de Ferrol. No oeste do concello elévanse pequenos outeiros que forman o límite natural coa parroquia fenesa de Limodre.

Hidrografía

O río principal é o Eume, que baña o sur do concello e fai de fronteira cos concellos de Monfero e Pontedeume. Ao leste, na parroquia de Soaserra encóntrase no canón do Eume, abríndose o val na parroquia de Irís, e formando pouco antes da súa desembocadura un amplo esteiro na parroquia de Cabanas. Agás algún curso rápido de agua que baixa polo canón, non posúe afluentes nas terras do concello.

Na parroquia de Santa Cruz do Salto nace o río Castro que baña esta parroquia e as de Laraxe e San Martiño de Porto, desembocando na ría de Ares no límite co concello de Fene.

As terras da parroquia de Regoela, no nordeste do concello, forman parte da conca do río Belelle, que nesta parte fai de límite co concello de Fene.

Demografía

Durante o século XX, a poboación de Cabanas sufriu todo tipo de tendencias. Logo dun período de estancamento ou crecemento feble durante o primeiro terzo, aumenta considerabelmente no terzo seguinte chegando a superar os 5.000 habitantes nos anos sesenta. Nas dúas décadas seguintes sofre un baixón espectacular, situándose en pouco máis de 3.000 habitantes en 1991. A partir deste ano experimenta un notábel aumento, aínda que non suficiente para recuperar a perda das décadas anteriores, situándose en 2012 en 3.299 habitantes.

No seguinte gráfico asociado á táboa que lle segue, apréciase a evolución comentada:[6][7]

Evolución da poboación desde

1900 ata 2011

1900

1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2011

3.322

3.447 3.443 3.584 4.100 4.380 5.014 5.001 3.500 3.074 3.292 3.346


En 2014 a distribución da poboación por tramos de idade era:

Censo total 2014 3.294 habitantes
Menores de 15 anos 363 (11.02 %)
Entre 15 e 64 anos 2.057 (62.45 %)
Maiores de 65 anos 874 (26.53 %)

Historia

Polo que respecta á Prehistoria, en Santa Cruz do Salto descubriuse un conxunto de petróglifos[8] ao carón do conxunto tumular neolítico do coto dos Golpes[9]. No castro das Modias achouse un torque que foi adquirido pola Deputación da Coruña en 1868, consérvase actualmente no Museo Arqueolóxico e Histórico Castelo de Santo Antón[10]. Na Antigüidade Tardía o territorio preséntase adscrito á diocese de Bretoña no parroquial suevo do século VI e Laraxe rexístrase na doazón de Odoario a Santa María de Lugo no século VIII[11].

No remate da Alta Idade Media, a terra ao norte do río Eume denomínase por primeira vez como Bezoucos[12] e en 936 Santa Cruz do Salto e Soaserra forman parte da doazón de San Rosendo ao mosteiro de Caaveiro. Por volta do século XI, a documentación notarial acredita posesións de Pedro Froilaz, conde de Traba, en Porto, Laraxe e Irís[13]. Desde 1117, Regoela constitúe un couto redondo dependente do mosteiro de San Martiño de Xubia, a través dunha doazón de Afonso VII. Este cenobio afórallo posteriormente a Alonso de Parga, que transmite o foro aos seus descendentes[14]. Asemade, o Couto de Porto pertence en 1156 ao bispado de Mondoñedo, probablemente por doazón da casa de Traba, e no século XV é arrendado aos condes de Andrade[15], que antes se chamaron a Laraxe.

A vila de Cabanas documéntase no Tombo de Caaveiro no ano 1175[16], como vila no Couto de Irís. Mediante doazón, Fernando III incorpora Irís ao Couto de Caaveiro no 1238[17] e , en substitución da Capela, a vila de Cabanas convértese na sede prioral e administrativa de Caaveiro no século XV.

Na Idade Moderna, o territorio municipal divídese entre o priorato de Caaveiro, por unha banda, e pola outra os condes de Lemos logo demarcación de Pontedeume[18]. Antes de extinguirse a sede administrativa do antigo couto en 1835, constitúese o concello constitucional de Porto entre 1821 e 1822. En 1846 o Concello de Cabanas aglutina as sete parroquias actuais e a parroquia de Caaveiro[19], que acabará por pasar á Capela en 1925.

No ámbito xudicial, o territorio repártese entre as xurisdicións priorais e a nobiliaria ata que en 1820 as parroquias actuais máis Caaveiro aparecen incluídas dentro do partido de Pontedeume, en que permanecen ata 1867. Tras un breve período de tempo na xurisdición de Ferrol, volven pertencer a Pontedeume ata que, en 1965, definitivamente o Concello de Cabanas pasa á xurisdición de Ferrol.

Cultura

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

A cultura megalítica está representada por 29 túmulos distribuídos na zona centro-oriental de Cabanas, destaca a necrópole do coto dos Golpes e coto de Punxeiro, con 21 monumentos funerarios. Tamén hai manifestacións da cultura castrexa reflectidas en tres castros: o castro de Piñeiros, en Regoela; o coto do Castro, en Irís, e o castro das Modias, en San Martiño de Porto.

Patrimonio arquitéctonico

Cruceiro do día Oito, Cabanas
Cruceiro do Areal, situado actualmente no Campo do Oito.

En canto á arquitectura relixiosa, destaca a igrexa parroquial de San Martiño de Porto, que aparece citada en distintos documentos dende o século XV e a capela de Riobó, que é de estilo renacentista. Nela hai restos dun altar barroco en madeira policromada. No adro da igrexa de San Mamede de Laraxe localízase a Pía de San Mamede, á que se lle atribúe un carácter máxico porque sempre ten auga e nunca esgota o seu manancial nin en épocas de seca. A capela do Bo Xesús, no Pudrical, en San Martiño de Porto, é unha pequena igrexa de estilo barroco fundada no ano 1771. Tamén hai constancia documental sobre a existencia de varias capelas desaparecidas. Os cruceiros adoitan situarse en cruzamentos de camiños, en adros de igrexas ou en lugares aos que se lles supón certo carácter máxico. En Cabanas hai catro cruceiros, entre os que destaca o do Areal que presenta como elemento decorativo unha flor con catro puntas.

No municipio tamén hai numerosos pazos, coma o de Fraián, en San Martiño de Porto; o pazo de Riobó, na vila de Cabanas ou o de Caaveiro que conserva o escudo do Real Padroado de Caaveiro cunha inscrición que di que foi reedificado entre os anos 1742 e 1748. En relación coa ponte dos Andrade, a lenda conta que foi construída nunha soa noite por unha aposta co demo, quen, por non colocar a derradeira pedra antes de romper o día, non puido cobrar o prezo da aposta. Esta obra, levantada a expensas de Fernán Pérez de Andrade, foi considerada como a máis grande de Europa na súa clase.

As construcións populares están representadas polos numerosos hórreos, cabazos, muíños, lagares e fontes. Destacan entre os máis de 200 hórreos que se localizan no municipio: o do Pazo de Riobó, o de Fraián e o de Xavariz. Os cabazos constrúense nas parroquias de Regoela e Soaserra, para almacenar gran en épocas de boas colleitas cando os hórreos son insuficientes. O concello de Cabanas conserva restos de preto de medio centenar de muíños, dos que aínda funcionan polo menos unha ducia. Todos son hidráulicos e só un é mixto, de mareas e río, está situado na desembocadura do río Castro. A tradición do viño conservouse neste territorio fundamentalmente nas parroquias de Irís e Cabanas.

Patrimonio natural

Localizados nun fondo da ría están o piñeiral e a praia da Madalena, que, cun proceso de regulación urbanística, son un exemplo único na nosa xeografía litoral. As súas características naturais, as súas augas tranquilas, a calidade da area e o seu extenso e frondoso piñeiral vense complementados cuns servizos excelentes (fontes, mesas e asentos rústicos, grelladas etc), ademais da ampla oferta en restauración e aloxamento hoteleiro que se brinda no propio concello.

A praia de Chamoso está nunha costa acantilada á que se accede por unha pista situada fronte á igrexa de San Martiño de Porto e ofrece outra alternativa ao bulicio da primeira.

Xa cara ao interior, as fragas do Eume constitúen un espazo natural destacable, considerado como "o bosque atlántico costeiro máis importante e mellor conservado de Europa". Existen máis de 20 especies de árbores e máis de 100 especies de fungos e 250 de liques.

Festas e celebracións

Hai constancia dalgunhas festas de carácter ecoloxista celebradas antano, como a Festa da Árbore o día 19 de marzo de 1914 e que hoxe continúa no Día do Ambiente cando se plantan árbores tanto de doazóns oficiais coma de particulares. A popular romaría de santa Marta ten lugar, dende a súa recuperación en 1990, no piñeiral da Madalena, o domingo posterior ao 29 de xullo. As sete parroquias de Cabanas festexan anualmente os seus patróns con comidas familiares, gaitas, bailes e verbenas nocturnas:

Infraestruturas

Infraestruturas de transporte

A principal vía de comunicación que atravesa o concello é a autoestrada do Atlántico AP-9 que ten dúas saídas en Cabanas, unha a carón do río Eume e outra no polígono industrial de Vilar do Colo.

Séguelle en importancia a estrada nacional 651 (antigo ramal Betanzos-Ferrol da nacional VI). Do cruzamento de Cardeita parten a estrada AC-122 en dirección a Limodre, que comunica con Redes, Ares e Mugardos; e a AG-564 ata Goente, comunicando coas Pontes de García Rodríguez.

A liña ferroviaria Betanzos-Ferrol pasa polo concello, posuíndo unha estación no lugar do Areal. Está proxectada unha estación da futura liña do AVE A Coruña-Ferrol.

Infraestruturas portuarias

Existe un pequeno punto de atraque preto da desembocadura do río Eume, no lugar do Campo do Oito. A praia da Madalena, na súa punta norte, fai de atracadoiro natural.

Infraestruturas industriais

Os concellos de Cabanas e Fene comparten o polígono industrial de Vilar do Colo, en terras de Laraxe e Barallobre.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cabanas.
Véxase tamén: Galería de imaxes da praia da Madalena.
Pontedeume.Desembocadura do río Eume

Desembocadura do río Eume. A ponte que se observa na imaxe comunica o concello de Cabanas co de Pontedeume

Cabanas.Ponte sobre o Eume.Galiza

Ponte sobre o Río Eume. Ó fondo, Cabanas

Cabanas.Galiza.12

Praia da Madalena

Cabanas.Galiza.13

Piñeiral á beira da praia da Madalena

Lugares de Cabanas

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cabanas vexa: Lugares de Cabanas.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións municipais de 2019
  3. Concello de Cabanas na FEGAMP
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. INE (ed.). "Series históricas de poboación de España" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2013. Consultado o 15 de abril de 2013.
  7. IGE (ed.). "Series históricas de poboación de Galicia". Consultado o 15 de abril de 2013.
  8. Grupo de Arqueoloxía da Terra de Trasancos (2006). "Gravados rupestres no Couto dos Golpes (Santa Cruz do Salto, concello de Cabanas)" (PDF). Anuario Brigantino (29).
  9. Carneiro Rey e Serrano Otero (2000). "Arqueoloxía e paisaxe. O arco ártabro desde a prehistoria recente ata o medievo" (PDF). Cátedra. Revista Eumesa de Estudios (7): 133–135.
  10. Martínez López, Mª Carmen (2014). "Catálogo de torques ártabros" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (21): 105.
  11. García Conde, A. (1951). "Documentos Odoarianos". Boletín de la Comisión provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Lugo 4 (35): 85–88. ... in Besancos sancto Mamete de Larido, et sancto Georgio de Castrobomir ab integro stipatas de familia mea
  12. Fernández de Viana y Vieites, J.I., González Balasch, M.T., Pablos Ramírez, J.C. de (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3): 267–437. [Ano 890, doc. 2151, páx. 323] ... sicuti et donamus nostram villam propriam que est in territorio Bisaquis, villa que vocant Calavario, que fuit patris mei Begicarii...
  13. Barón Faraldo, Andrés (2006). "O grupo aristocrático dos Fróilaz nas terras do Eume. Implantación territorial e estrutura do dominio durante os séculos XI e XII" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (13): 355–433. ... manifestan que esa presencia dos antepasados do conde no termo de Porto foi unha realidade innegábel... páx. 360
  14. González López, Dolores (2007). "Algúns datos do Couto de Regoela no século XVI" (PDF). Cátedra. Revista eumesa de estudios (14): 221–250.
  15. "Historia de Cabanas". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2018. Consultado o 14 de xullo de 2018.. Documento de doazón do 1407 "[...] arrendamos et demos en çensso a uos Nunno Freyre d -Andrade fillo de Pedro Fernandes d -Andrade que foy para en todo tenpo de uossa bide conuen a saber que uos arrendamos os nossos coutos de San Martinno do Porto que he açerca da Pontedeume en terra de Besancos [...]" consultado en http://sli.uvigo.es/xelmirez/
  16. Fernández de Viana y Vieites et allii (1996). "El Tumbo de Caaveiro". Cátedra. Revista eumesa de estudios (3): 267–437. [Ano 1153, doc. 2181, páx. 351] ... illo quinione de Gundisalvo Menendiz; et de ipso casale de Cabanas, quod tenebat Muninus Monacus, mea directura... [Ano 1175, doc. 2184, páx. 354] ... est ipsa hereditate in terra Bisaquis, in villa que vocitant Cabanas, discurrente ad aulam Sancti Stephani de Herenes...
  17. Op. cit. Ano de 1238, doc. 2143, páx. 317-318 "dono itaque vobis et concedo ecclesiam Sancti Stephani de Herenes cum sua filigresia et cum suo cauto..." http://corpus.cirp.gal/codolga/
  18. "Catastro de Ensenada". 2015-03-20.
  19. "Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar". 2018-05-30.

Véxase tamén

A Capela

A Capela é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca do Eume. Segundo o IGE en 2015 tiña 1.334 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «capelao».

Amador Barcia

Amador Barcia Fernández, coñecido como Xicos, nado en Regoela (Cabanas) en 1917 e finado o 23 de febreiro de 2007 na cidade da Coruña, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Apeadoiro de Cabanas-Areal

Cabanas-Areal é un apeadoiro ferroviario de Adif situado no concello de Cabanas, na provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Cabanas, A Baña

San Miguel de Cabanas é unha parroquia que se localiza no norte do concello da Baña na comarca da Barcala. Segundo o IGE en 2015 tiña 185 habitantes (104 mulleres e 81 homes) distribuídos en 4 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 274 habitantes.

Cabanas é o lugar de nacemento do escritor Manuel Iglesias Turnes. Os seus libros As rapazas de Xan e Que non te aten teñen esta parroquia como epicentro das súas historias, aínda que no primeiro libro lle chame Cabanelas.

Cabanas, Abegondo

San Xián de Cabanas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2016) ten 116 habitantes (59 homes e 57 mulleres) distribuídos en 10 entidades de poboación das cales están efectivamente poboadas 2, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 134 habitantes e ao ano 1999 cando tiña 128 habitantes.

Cabanas, Cabanas

Santo André de Cabanas é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Cabanas na comarca do Eume. Segundo o IGE en 2013 tiña 960 habitantes (493 mulleres e 467 homes), distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 804 habitantes.

Cabanas, O Vicedo

Santa María de Cabanas é unha parroquia do concello do Vicedo, na comarca da Mariña Occidental, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 100 habitantes (56 homes e 44 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2006 cando tiña 132.

Comarca de Eume

A comarca de Eume é unha comarca galega situada na provincia da Coruña. Pertencen a esta comarca os concellos da Capela, As Pontes de García Rodríguez, Cabanas, Pontedeume e Monfero. Limita ao norte coas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, ao sur coa de Betanzos e ao este coa da Terra Chá pertencente á provincia de Lugo.

Irís, Cabanas

Santo Estevo de Irís é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2013 tiña 210 habitantes (104 mulleres e 106 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 235 habitantes.

Laraxe, Cabanas

San Mamede de Laraxe é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2013 tiña 696 habitantes (360 mulleres e 336 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 651 habitantes.

Montouto, Abegondo

Santa Cristina de Montouto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Abegondo na comarca da Coruña. Linda ao norte coas parroquias de Figueroa e Sarandós, Cabanas, ao sur con Folgoso e con Beira, Carral ao leste. Segundo o IGE en 2016 tiña 312 habitantes (156 homes e 156 mulleres) distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 391 habitantes.

O Vicedo

O Vicedo é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.882 habitantes (2.011 no 2009, 2.146 no 2005, 2.181 no 2004, 2.228 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é vicedao ou vicedense.

Ourol

Ourol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Mariña Occidental. Segundo o IGE, en 2014 tiña 1.090 habitantes (1.301 no 2006, 1.324 no 2005, 1.365 no 2004, 1.407 no 2003).

Regoela, Cabanas

San Vicente de Regoela é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2013 tiña 130 habitantes (67 mulleres e 63 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 156 habitantes.

San Martiño de Porto, Cabanas

San Martiño de Porto é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2010 tiña 1.034 habitantes (518 homes e 516 mulleres), distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.062 habitantes. É a parroquia máis poboada do concello.

Santa Cruz do Salto, Cabanas

Santa Cruz do Salto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2013 tiña 126 habitantes (64 homes e 62 mulleres), distribuídos en 11 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 149 habitantes.

Serra das Cabanas

A serra das Cabanas é unha serra galega localizada entre os concellos de Ribas de Sil, Castro Caldelas e mais San Xoán de Río. Está circunvalada ao norte e ao leste polo río Sil. Na vertente sur nacen varios afluentes do río Edo.

O cumio de maior altitude é o Cerengo, con 1.235 metros sobre o nivel do mar.

Soaserra, Cabanas

Santa Olaia de Soaserra é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabanas. Segundo o IGE en 2013 tiña 170 habitantes (91 mulleres e 79 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 214 habitantes.

Verís, Irixoa

Santa María de Verís é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Irixoa. Segundo o IGE en 2017 tiña 232 habitantes (125 homes e 107 mulleres) distribuídos en 28 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 351 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.