Cabana de Bergantiños

Cabana de Bergantiños é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Bergantiños no Partido xudicial de Carballo. Segundo o INE a súa poboación no ano 2018 era de 4.337 habitantes dos cales 2.091 eran homes e 2.246 eran mulleres[6] (4.347 no ano 2017, 4.446 no ano 2016, 4.552 no 2015, 4.623 no 2014, 4.716 no 2013, 4.759 no 2012, 4.865 no 2011, 4.909 no 2010). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cabanés[1] ou bergantiñán[1] .

Coordenadas: 43°13′09″N 8°55′48″O / 43.21917, -8.93000

Cabana de Bergantiños
Escudo de Cabana de Bergantiños
Casa consistorial de Cabana de Bergantiños
Casa do concello
Situacion Cabana de Bergantiños
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Bergantiños
Poboación4.337 hab. (2018)
Área99,8 km²
Densidade43,46 hab./km²
Entidades de poboación144 repartidas en 10 parroquias
Capital do concelloA Carballa (Cesullas)
Política (2019[3])
AlcaldeJosé Muíño Domínguez (PPdeG[4])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 8
PSdeG-PSOE: 1
Outros: Unidos por Cabana: 1
Eleccións municipais en Cabana de Bergantiños
Uso do galego[5] (2011)
Galegofalantes88,66%
Na rede
www.cabana.gal
cabana@concello-cabana.es

Xeografía

Situación

Cabana de Bergantiños localízase no extremo occidental da comarca de Bergantiños na provincia da Coruña, en plena Costa da Morte. Limita ao norte co río Anllóns que o separa do concello de Ponteceso, ao leste co concello de Coristanco, ao sur co concello de Zas, e ao oeste co concello de Laxe e co estuario do río Anllóns que forma a fronte máis meridional da ría de Corme e Laxe.

Noroeste: Ría de Corme e Laxe Norte: Ponteceso Nordeste: Ponteceso
Oeste: Laxe Rosa de los vientos Leste: Coristanco
Suroeste: Laxe Sur: Zas Sueste: Coristanco
Casa das asociacións
Casa das asociacións, edificio no que se atopaba anteriormente a casa consistorial.

Aínda que hoxe en día a capital do concello esta situada no lugar da Carballa, parroquia de Cesullas, nun principio estivo no lugar de Cabana (de aí ben o nome do concello), máis tarde chegou a estar nun edificio, hoxe en día en ruínas, situado no lugar do Bosque e ata hai poucos anos estivo situada no lugar da Áspera en cuxo edificio está agora a Casa das asociacións.

Superficie

Cabana ten unha superficie de 99,8 km²[7] repartidos en 10 parroquias.

Orografía

No concello destacan os seguintes montes:

  • Borneiro (371 metros de altitude).
  • Lourido (312 metros de altitude).
  • O Castelo (318 metros de altitude).
  • O Gontón.
  • Perrol (de 438 metros de altitude).
  • Vilariño.

Hidrografía

O río principal é o Anllóns, que baña o norte do concello e fai de fronteira co concello de Ponteceso. A ladeira oriental do concello encontrase percorrida por varios regatos que teñen os seus correspondentes nacementos nas ladeiras montañosas do concello. A rede fluvial da zona está formada por ríos que dirixíndose cara o norte, verten o seu caudal no río Anllóns.

Ríos

Esteiro do Anllóns
Vista desde a parroquia de Canduas da desembocadura do río Anllons.

O río Anllóns que atravesa e limita polo norte no seu curso co concello de Ponteceso ata desembocar formando a enseada da Insua que o separa da ría de Corme e Laxe por unha lingua de area, que sae desde O Couto (Ponteceso) chamada A Barra e polo illote de A Tiñosa que de marea baleira forma unha península coa Barra.

Dentro de Cabana os ríos máis importantes són o río Cundíns e o río da Balsa que verten as súas augas no Anllóns.

Regatos

  • Río do Reguenco.
  • Rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que había e que aínda se conservan, pero nun estado lamentable de conservación. Hoxe en día dispón dunha senda fluvial que permite o paseo a carón do río.
  • Río da Balsa.

Clima

O clima neste concello é suave cunha media de 14 °C e unhas precipitacións de arredor dos 1.350 mm.

Flora

A vexetación cobre aproximadamente o 55% da superficie do concello destacando as repoboacións de piñeiros e eucaliptos que cambiaron a vexetación autóctona.

Demografía

Censo total 2014 4.623 habitantes
Menores de 15 anos 386 (8.35 %)
Entre 15 e 64 anos 2.828 (61.17 %)
Maiores de 65 anos 1.409 (30.48 %)
Evolución da poboación de Cabana de Bergantiños   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
4.727 5.232 6.772 6.991 5.354 4.985 4.865 4.759 4.716 4.623 4.552 4.623 4.347 {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Historia

Prehistoria e Idade Antiga

Dombate frontal 2013
Vista da entrada ao dolmen de Dombate custodiada por ídolos de pedra.

O Dolmen de Dombate, símbolo da cultura megalítica galega, e o castro de Borneiro, ambos na parroquia de Borneiro dan fe da poboación na antigüidade no municipio. Ademais existen uns oito recintos castrexos.

A Vía Per Loca Marítima que cruzaría o río Anllóns por Ponteceso camiño de Corme e as minas de Corcoesto[8] dan fe da presenza dos romanos. Tamén aparecen vestixios romanos nas igrexas de Cundíns, Cesullas e Riobo.

Idade Moderna

Os pazos de Canduas, Corcoesto, Nantón, O Bosque (Cesullas) e a Torre da Penela son vestixios da Idade Moderna, estes últimos atopanse bastante abandonados.

Ao século XVIII corresponden os retablos das igrexas de Nantón e Riobó. Nesta última atópanse os cadaleitos dos Condes da Penela. Nesta mesma parroquia está a torre da Penela.

Cultura

Patrimonio

Patrimonio arqueolóxico

Torre da Penela
Torre da Penela

Patrimonio cultural

Etnografía

Festas e celebracións

Nas festas hai que distinguir entre as oficiais do municipio e as das parroquias.

A Romaría de San Fins do Castro é a festa oficial do concello e celébrase o 1 de agosto na honra de San Fins do Castro.

Festas das parroquias.
  • Anos:
Santo Estevo, día 26 de decembro.
  • Borneiro:
San Xoán, día 24 de xullo.
Romaría do Carme do Briño, día 18 de xullo no lugar do Briño.
  • Canduas:
San Bras, día 3 de febreiro.
Virxe do Carme, o 28 de agosto.
San Antonio, o 29 de agosto.
San Martiño, día 11 de novembro.
San Lucía, día 13 de decembro.
  • Cesullas:
Virxe do Carme, o 1º domingo do mes de xullo no lugar de Neaño.
Virxe do Carme, o 10 de agosto no lugar de San Fins.
Santo Estevo, día 29 de decembro.
  • Corcoesto:
Romaría de Santa Mariña do Remuiño, día 22 de xullo
  • O Esto:
San Ramón, o 31 de agosto.

Gastronomía

Podemos gozar da rica gastronomía da zona onde teñen especial interese os produtos da horta o caldo galego xunto co cocido e os produtos derivados do cocho, así como os lácteos en xeral.

Economía

A agricultura e a gandería en Cabana teñen un peso de certa importancia na economía municipal sendo os cultivos como o millo e a pataca os que máis destacan neste eido.

En Canduas a carpintería de ribeira tamén ten a súa importancia as beiras do río Anllóns, aínda que a crise que está pasando o sector da pesca esta poñendo en perigo esta actividade.

Como chegar

Desde A Coruña, chégase pola estrada C-552 que vai ata Fisterra, pasando por Arteixo, Paiosaco e A Laracha e ó chegar a Carballo (capital da comarca de Bergantiños) hai que desviarse cara a Malpica de Bergantiños ata chegar a Buño. Aí cómpre desviarse cara a Ponteceso e despois cara Cabana.

Ao pasar Carballo tamén se pode continuar pola C-552 sen desviarse ata Baio (concello de Zas) pasando por Coristanco, Agualada e Natón (xa en Cabana de Bergantiños).

Desde Santiago de Compostela chégase pola estrada C-545 ata Portomouro, e alí cómpre desviarse cara a Santa Comba, Zas e Baio, e aí coller o desvío cara a Borneiro.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Cabana de Bergantiños.
Camara dolmen dombate

Cámara do dolmen

Vista xeral pinturas dolme dombate

Vista xeral das pinturas do dolmen

Macrofotografia pinturas dolme dombate

Macrofotografia das pinturas

Castro de borneiro 01

Castro de Borneiro

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  2. Véxase no Galizionario.
  3. Resultados eleccións 2019
  4. Concello de Cabana de Bergantiños na FEGAMP
  5. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  6. Páxina do Instituto Nacional de Estadística
  7. Fernández Carrera, Xan (2001). "Concello de Cabana de Bergantiños". Descubre a Comarca de Bergantiños. p. 193.
  8. hoxe en día están outra vez en estudo para unha posible reapertura Una empresa canadiense compra la mina de Corcoesto para extraer oro
  9. A Xunta dá luz verde ao proxecto sectorial do Parque do Megalitismo da Costa da Morte[Ligazón morta]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

A Carballa, Cesullas, Cabana de Bergantiños

A Carballa é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística en 2018 tiña 80 habitantes (42 homes e 38 mulleres).

Neste lugar atópase o a casa consistorial, o centro de saúde, o CPI As Revoltas, a piscina municipal climatizada, o pavillón de deportes con ximnasio e unha sucursal de Abanca.

A Cruz, Cesullas, Cabana de Bergantiños

A Cruz é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños.

A Silvarredonda, Cabana de Bergantiños

San Pedro da Silvarredonda é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 86 habitantes (45 mulleres e 41 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 117 habitantes.

Anos, Cabana de Bergantiños

Santo Estevo de Anos é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 301 habitantes dos cales 138 eran homes e 163 eran mulleres segun datos do Instituto Nacional de Estadística o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 435 habitantes.

Borneiro, Cabana de Bergantiños

San Xoán de Borneiro é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Instituto Nacional de Estadística no 2018 tiña 332 habitantes (163 homes e 169 mulleres), 138 menos que no padrón municipal de 2004 cando tiña 470 habitantes (242 homes e 228 mulleres), distribuídos en 8 entidades de poboación. En 1999 tiña 514 habitantes.

Cabana, Cesullas, Cabana de Bergantiños

Cabana é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 30 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 11 eran homes e 19 mulleres.

Canduas, Cabana de Bergantiños

San Martiño de Canduas é unha parroquia situada ao oeste do concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o Nacional de Estadística no ano 2018 tiña 917 habitantes (443 homes e 474 mulleres), 111 menos que no 2009, 173 menos que no 2004 e 291 menos que no 2000. Están distribuídos en 21 entidades de poboación.

Castro de Borneiro

O castro de Borneiro ou da Cibdá é un castro galaico datado a finais da Idade de Bronce, pertencente á coñecida como Cultura castrexa, tamén coñecido como. Sitúase na parroquia de Borneiro (Cabana de Bergantiños), a 500 metros da estrada LC-430 de Ponteceso a Baio. A poucos quilómetros está o famoso dolmen de Dombate. O poboado castrexo ten sido obxecto de escavacións arqueolóxicas e traballos de consolidación que permiten a súa visita. Foi catalogado como Ben de Interese Cultural en 2011

Cesullas, Cabana de Bergantiños

Santo Estevo de Cesullas é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 1 325 habitantes (687 mulleres e 638 homes), distribuídos en 31 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1.566 habitantes.

Comarca de Bergantiños

A comarca de Bergantiños é unha das 53 comarcas galegas e esta situada na provincia da Coruña e a súa capital é Carballo. Pertencen a esta comarca os concellos de Cabana de Bergantiños, Carballo, Coristanco, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños e Ponteceso. Ten unha superficie de 742 km² e tiña 68.928 habitantes no ano 2014.

Corcoesto, Cabana de Bergantiños

San Pedro de Corcoesto é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 288 habitantes dos cales 136 eran homes e 152 eran mulleres segundo datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 390 habitantes e ao 1999 cando tiña 438 habitantes.

Cundíns, Cabana de Bergantiños

San Paio de Cundíns é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 318 habitantes dos cales 160 eran homes e 158 eran mulleres segun datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 395 habitantes, e ao 1999 cando tiña 418 habitantes.

Nantón, Cabana de Bergantiños

San Pedro de Nantón é unha parroquia que se localiza no sueste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 301 habitantes (159 mulleres e 142 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 470 habitantes.

O Esto, Cabana de Bergantiños

San Xoán Bautista do Esto é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o padrón municipal de 2018 tiña 218 habitantes (115 mulleres e 103 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 306 habitantes.

O Valado, Cesullas, Cabana de Bergantiños

O Valado é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 170 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 74 eran homes e 86 mulleres.

Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte

O Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte é un dos catro centros de interpretación que constitúen a Rede Galega do Patrimonio Arqueolóxico.

Terá a súa sede central no contorno do Dolmen de Dombate pero comprenderá actuacións sobre outros 14 enclaves megalíticos distribuídos en 8 concellos da Costa da Morte.

O Dolmen de Dombate, ficou parcialmente excluído do ámbito deste proxecto supramunicipal por contar xa co seu propio plan director. Dun xeito similar, hai outros monumentos non incluídos en toda a Costa da Morte (v. Costa da Morte#Arqueoloxía de Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña)

Riobó, Cabana de Bergantiños

San Martiño de Riobó é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. No ano 2018 tiña 251 habitantes dos cales 127 eran homes e 124 eran mulleres segun datos do IGE, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 351 habitantes e ao 1999 cando tiña 374 habitantes.

San Fins, Cesullas, Cabana de Bergantiños

San Fins é un lugar da parroquia de Cesullas no concello coruñés de Cabana de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Tiña 23 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales 10 eran homes e 13 mulleres.

Neste lugar celebrase todos os 1 de agosto a romaría de San Fins do Castro e o día 2 a festa en honor a Virxe dos Remedios.

Torre da Penela

O Castelo da Penela, ou Torre da Penela sitúase no lugar da Penela na parroquia de Silvarredonda, no concello coruñés de Cabana de Bergantiños, en Galicia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.