CG-1.5

O corredor CG-1.5 é unha vía de altas prestacións e variante de poboacións que une a autovía AG-56 en Brión coa nova ponte sobre a ría de Noia (estrada AC-549), con saída á estrada AC-550 na parroquia de Barro (Noia), ao carón da desembocadura do río Tambre, sendo unha alternativa á estrada AC-543. Ten unha lonxitude de 16,85 km.[1] É propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Coordenadas: 42°50′53″N 8°41′39″O / 42.84806, -8.69417

CG-1.5
TipoloxíaVía de altas prestacións
RedeRede de estradas de Galicia
Dimensións
Lonxitude16,85 km
Localización
Inicio  AG-56  Os Ánxeles (Brión)
Fin  AC-549  Barro (Noia)
 AC-550  Barro (Noia)

Historia

A obra iniciouse en 2003 como parte do Plan Galicia, para dar unha alternativa á estrada AC-543 e unir Santiago de Compostela coa ría de Muros e Noia. En primeiro lugar construíuse a autovía AG-56, que une a zona do Rial (Conxo) enlazando coa autoestrada AP-9 no km 75 con Gontade (Os Ánxeles), logo de 12 km.

En xuño de 2009, co PP acabado de chegar á Xunta de Galicia tan só tres meses antes, retomouse o proxecto do corredor cun novo trazado, estimando que estaría rematado a finais de 2011.[2] Este viario e unha nova ponte sobre a ría, que fora promesa electoral durante a campaña, xa se prometera nos últimos tempos de goberno de Manuel Fraga.[3]

O 5 de outubro de 2010 abriuse un primeiro tramo do corredor de 9,3 km (que une as localidades de Brión e Martelo), sendo inaugurado polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que auguraba que cando rematase a obra (estimada en 2012), se desdobraría en autovía.[4]

O 16 de febreiro de 2011 inaugurouse o segundo tramo, facendo un custo total de 86,9 millóns de euros toda a obra do corredor, sumados aos 100 millóns que custou a autovía AG-56.[5] Neste tempo, augurouse o desdobramento en autovía para 2015.[6] Neste momento o final do corredor atópase na estrada AC-550, na parroquia de Barro (Noia), a falta de que se remate a ponte sobre a ría e o seu empalme (AC-549).

Finalmente, o 4 de xullo de 2014 inaugurouse a nova ponte sobre a ría de Noia e a súa conexión co corredor (AC-549), cun percorrido de case 5 km e un custo de 50 millóns de euros, quedando así rematada a variante.[7]

Accidentes

O 3 de decembro de 2012 chocaron frontolateralmente dous vehículos á altura da parroquia de Urdilde (Rois), tendo que ser excarceradas tres persoas. Non houbo vítimas mortais.[8]

O 15 de novembro de 2014 produciuse un aparatoso accidente con 4 vítimas mortais, logo de que dous vehículos colisionaran frontalmente nunha xornada de chuvia intensa.[9] A raíz deste accidente, a Xunta incrementou as medidas de seguridade coa instalación de balizas e paneis informativos.[10]

Desdobramento en autovía

Logo do accidente de 2014, abriuse o debate entre asociacións de empresarios de axilizar o desdobramento do viario en autovía. Porén, a Xunta alegaba, mediante declaracións do vicepresidente Alfonso Rueda, que isto faríase "sempre e cando se dean unhas condicións obxectivas de falta de seguridade ou se o volume de tráfico se incrementa ata os dez mil vehículos diarios", cousa que non se producía.[11] Con todo, datos oficiais da Consellaría sinalan que os 10.000 vehículos diarios supéranse nas datas estivais, e algunhas autovías nin sequera os alcanzan.[12]

En abril de 2015 deuse a coñecer o Plan de Medias de Circulación do ano 2014 (un documento da Administración autonómica que dá a coñecer o tráfico nos seus viarios), no que sinalan unha circulación media diaria de 9.017 vehículos polo corredor, o que supón medio millar máis ca o ano anterior. Sinala, igualmente, que no verán as cifras poden alcanzar os 13.000 vehículos ao día, con picos de até 19.000 algunha fin de semana.[13]

En outubro de 2015, co gallo da publicación do listado de vías perigosas pola DGT (na que se inclúe o corredor), reavivouse a vella demanda, esta vez polo concello noiés, de que se faga o desdobramento en autovía.[14]

En outubro de 2017 nos Orzamentos da comunidade autónoma inclúese unha partida de 250.000 euros para a redacción do proxecto de desdobramento do corredor en autovía, o que permitiría iniciar as obras en 2019.[15]

Saídas CG-1.5

Concello Localidade Km Saída 1 Saída 2 Notas
Brión Cabanas, Os Ánxeles Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 12
 AG-56 
AB-grün.svg Inicio/Final
Brión Pedreira, Luaña Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 15
 AC-543 
Urdilde
 CP-1302 
Negreira
Rois O Codeso, Ermedelo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 19
 CP-7402 
 AC-301  Rois
 N-550  Padrón
Noia San Paio, Roo Sinnbild Autobahnausfahrt.svg 27
Lousame
Noia (leste)
RWB Industriegebiet.svg Augalevada
 AC-543 
Noia Orro, Barro AB-Vzw.svg 29,4
 AC-549 
RWB Fähre(L).svg Testal
 AC-550  Porto do Son
Ribeira
 AC-550 
Outes
Muros
Noia (norte)
AB-ende-grün.svg Inicio/Final

Notas

  1. "Relación estradas autonómicas 2016 - A CORUÑA"
  2. "El PP asegura que la variante con el puente costará casi la mitad que la opción interior". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de xuño de 2009.
  3. "El PP ratifica que retomará el puente sobre la ría de Noia". La Voz de Galicia (en castelán). 20 de maio de 2009.
  4. "Feijoo compromete la autovía a Noia cuando finalice el corredor en el 2012". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de outubro de 2010.
  5. "Abierto el corredor Brión-Noia que une Santiago y la costa en 20 minutos". La Opinión de A Coruña (en castelán). 17 de febreiro de 2011.
  6. "Hernández asegura que su conversión en autovía será una realidad en el 2015". La Voz de Galicia (en castelán). 17 de febreiro de 2011.
  7. "Noia estrena hoy el puente atirantado más grande de Galicia". ABC (en castelán). 4 de xullo de 2014.
  8. "Excarcelan a tres personas heridas en un accidente en el corredor Brión-Noia, en Rois (A Coruña)". Europa Press. 3 de decembro de 2012. (en castelán)
  9. "Cuatro muertos en un accidente de tráfico en el corredor de Noia en Rois". La Voz de Galicia. 15 de novembro de 2014. (en castelán)
  10. "La Xunta refuerza la seguridad vial en el corredor entre Brión y Noia". La Voz de Galicia. 5 de decembro de 2014. (en castelán)
  11. "Excarcelan a tres personas heridas en un accidente en el corredor Brión-Noia, en Rois (A Coruña)". La Voz de Galicia. 19 de novembro de 2014. (en castelán)
  12. "El corredor de Noia sí supera los diez mil vehículos diarios en verano". La Voz de Galicia. 20 de novembro de 2014. (en castelán)
  13. "El tráfico en el corredor se acerca al tope para convertirlo en autovía". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de abril de 2015.
  14. "El informe de la DGT sobre vías peligrosas reaviva la demanda de desdoblar el corredor noiés". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de outubro de 2015.
  15. "El proyecto para desdoblar el vial Brión-Noia estará listo en el 2018". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de novembro de 2017.
AC-100

A AC-100 é unha estrada da rede secundaria, de 7 km de distancia. Une as localidades coruñesas do Porto do Barqueiro e O Porto de Bares, ambas as dúas no concello de Mañón.

AC-400

A AC-400 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de Sigrás (Cambre) e Muros, ao longo de 41 quilómetros.

Atravesa os concellos de Cambre, Arteixo, A Laracha, Culleredo, Cerceda, Tordoia, Santa Comba, Mazaricos e Muros.

Un dos seus atractivos é a panorámica sobre a ría de Muros e Noia que se pode ver no lugar do Pino de Val (Mazaricos).

AC-542

A AC-542 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Betanzos e O Mesón do Vento (Ardemil, Ordes), logo de 22 quilómetros.

AC-550

A AC-550 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas de Cee e Ribeira, logo de 107 quilómetros. Foi creada en 1986 logo da fragmentación da C-550, que percorría a costa galega das Rías Baixas.

AC-552

A AC-552 é unha estrada pertencente á rede primaria básica da Xunta de Galicia. Une as localidades coruñesas da Coruña e Cee, logo de 91 quilómetros.

AG-41

A AG-41 é unha autovía autonómica galega que percorre a zona centro-sur do Salnés. Pasa polos concellos de Barro, Meis, Ribadumia, Meaño e Sanxenxo.

Ten saídas en Curro (á AP-9 e á PO-531), O Mosteiro (Meis), San Martiño de Meis, Ribadumia (cara a Cambados, Ribadumia e Barrantes), Xil (Meaño-Dena), o Parque Empresarial de Nantes e Sanxenxo. Tras esta saída, a autovía convértese no corredor galego VG-4.1 que chega á praia da Lanzada.

AG-56

A autovía AG-56 é unha vía de altas prestacións une a Autoestrada do Atlántico á altura do Rial de Conxo (Santiago de Compostela) co corredor CG-1.5 na localidade de Gontade (Os Ánxeles, Brión). Ten unha lonxitude aproximada de 12 km e é propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

LU-109

A LU-109 é unha estrada da rede secundaria, ramal da LU-546, correspondente á antiga C-546 ao seu paso por Ribas Altas (Lugo) antes da construción da actual circunvalación.

LU-546

A LU-652 é unha estrada da rede primaria básica galega que une Nadela (N-VI), no concello de Lugo, e Monforte de Lemos (LU-664).

LU-642

A LU-642 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-546 no Oural (Sarria) con Ferrería do Incio.

LU-643

A LU-643 é unha estrada da rede secundaria que une a LU-652 en Bóveda coa LU-644 en Laiosa (O Incio).

LU-652

A LU-652 é unha estrada da rede primaria complementaria galega que une Bóveda (LU-546) e o barrio da Estación da Pobra do Brollón (LU-933).

LU-862

A LU-862 (anteriormente coñecida como C-642) é unha estrada da rede primaria básica da Xunta de Galicia que discorre pola provincia de Lugo, entre O Vicedo e San Cibrao (Cervo). Atravesa a comarca da Mariña Occidental de leste a oeste pasando pola capital comarcal, Viveiro.

Comeza o seu trazado na ponte sobre a Ría do Barqueiro, que une coa estrada AC-862 á altura do Vicedo. En Viveiro crúzase coa LU-540 para finalmente terminar no cruzamento de Fontecova nos arredores de San Cibrao, uníndose á N-642.

Está previsto a construción dunha alternativa á LU-842, denominada como CG-2.3.

LU-903

A LU-903 (antiga LU-601) é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, con Castro Caldelas, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-903.

LU-933

A LU-933 é unha estrada da rede secundaria que une Monforte de Lemos, na provincia de Lugo, coa Rúa, na provincia de Ourense, onde recibe a denominación de OU-933.

É un tramo da antiga estrada C-533 A Gudiña-Lalín. Discorre en paralelo á N-120.

OU-540

A estrada OU-540 é unha vía que une a cidade de Ourense con Portugal. Esta estrada é a principal vía de comunicación coa cidade das Burgas para os 29.975 habitantes (2009) que residen nas comarcas da Terra de Celanova e a Baixa Limia, onde se atopan vilas como Celanova, Bande ou Lobios.

Orixinalmente formou parte da estrada nacional N-540.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-307

A PO-307 é unha estrada convencional que vai da parroquia de Deiro, no concello de Vilanova de Arousa, ata a Illa de Arousa, sendo a ponte que forma parte desta estrada a única que une a illa co continente. A Xunta de Galicia é a administración propietaria da estrada, formando parte da súa rede primaria complementaria.

Ponte sobre a ría de Noia

A ponte sobre a ría de Noia une o lugar da Barquiña (Barro) e o porto de Testal (O Obre), no concello de Noia, sobre a ría de Muros e Noia, cunha lonxitude de 1.657 metros. Foi inaugurada en 2014 e trátase da primeira ponte atirantada construída pola Administración autonómica.Forma parte dunha variante (estrada AC-549) que une o corredor CG-1.5 na Barquiña coa estrada AC-550 no lugar de Taramancos (Boa), cunha lonxitude total de 4,8 km.

Vías de
alta capacidade
Estradas
convencionais

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.