CD-ROM

O CD-Rom ou Compact Disc Read Only Memory é un disco compacto de só lectura. Trátase dun CD utilizado para almacenar datos de ordenador, unha vez gravado os seus datos non se poden modificar nin alterar.

Diferencianse dos CDs de son só polo contido que teñen: os discos compactos de son almacenan son, e estes almacenan datos.

CDV2
CD-ROM.
Comportamento

O comportamento ou conduta é o conxunto de respostas, ben por presenza ou por ausencia, que presenta un ser vivo en relación co seu contorno ou mundo de estímulos. O comportamiento pode ser consciente ou inconsciente, público ou oculto, voluntario ou involuntario, segundo as circunstancias que o afecten. A ciencia que estuda o comportamento animal é a etoloxía e a ciencia que estuda a conduta desde o punto de vista da evolución é a ecoloxía do comportamento. A ciencia que estuda a conduta humana é a psicoloxía, se ben é tamén obxecto de estudo noutras ciencias como a socioloxía e a antropoloxía.

Edicións do Cumio

Edicións do Cumio foi unha empresa editorial e selo discográfico galego, activa entre 1988 e 2017. Fundada no ano 1988 en Vigo, estivo dirixida primeiramente por Carlos Blanco Yáñez e logo por Antón Mascato García. Foi adquirida polo grupo distribucións Arnoia, e as súas instalacións foron levadas á Ramalleira (Vilaboa). En 2011 as oficinas foron levadas ao Polígono da Reigosa, en Ponte Caldelas.

FishBase

FishBase (Base de datos de peixes) é unha base de datos con información sobre peixes. En xuño de 2013 incluía a descrición de máis de 32.600 especies, 300 100 nomes vulgares en varios idiomas, 52 800 fotografías e 49 000 referencias de traballos na literatura científica, e tiña unha media de 700 000 visitas por mes.

FreeBSD

FreeBSD é un sistema operativo libre para ordenadores con soporte de múltiples arquitecturas (alpha, amd64, ARM, x86, IA-64, MIPS, PC-98, Power PC, sparc). FreeBSD está baseado en BSD 4.4 de Computer Systems Research Group (CSRG) da University of California, Berkeley seguindo a tradición que distingue o desenvolvemento dos sistemas BSD. Ademais do bo traballo realizado polo CSRG, o proxecto FreeBSD investiu miles de horas en axustar o sistema para ofrecer as máximas prestacións en situacións de carga real. Distribúese baixo licenza BSD.

Go with the Flow

Go with the Flow é un sinxelo da banda estadounidense de stoner rock Queens of the Stone Age, editado o 7 de abril do 2003 como parte do seu álbum Songs for the Deaf. Nos premios Grammy do ano 2004 o tema foi nomeado ao premio por mellor actuación de hard rock.

O tema aparece nos videoxogos Freestyle Street Soccer, SingStar Amped, Juiced 2, Gran Turismo 4, SingStar Rocks! e Rock Band. O tema acadou o número 21 nas listas británicas de sinxelos.

Guía das aves de Galicia

A Guía das aves de Galicia é unha guía de campo de identificación de aves de Galicia, obra dos ornitólogos Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar. Foi publicada por primeira vez en 1980 por Editorial Galaxia, e reeditada en 1991 e 2004 por Baía Edicións.Esta guía, na súa edición de 1980, está recomendada pola Sociedade Galega de Historia Natural. A edición de 2004 está recomendada pola Xunta de Galicia para a observación de aves, xunto co libro Collins Bird Guide de aves de España, Europa e da rexión mediterránea.A primeira edición contén 90 fichas de especies silvestres diferentes que poden atoparse en Galicia con 146 ilustracións, unhas en branco e negro e outras a cor, a edición de 1990 contén 360 fichas e máis de 1 500 ilustracións a cor, e a edición de 2004 contén información de 434 aves, incluíndo máis de 2 000 ilustracións, e a maiores, achégase un CD-ROM con fichas adicionais doutras especies menos representativas e o canto de 110 aves.

Keep Fishin'

"Keep Fishin'" é unha canción da banda de rock alternativo estadounidense Weezer, editada o 20 de setembro do 2002 como segundo sinxelo do seu álbum Maladroit. Acadou o número 15 nas listas alternativas estadounidenses.

Lifting Me

"Lifting Me" é un sinxelo da banda irlandesa de folk rock The Corrs, sacado á venda en 1999. Foi lanzado como parte dunha promoción de Pepsi e non foi sacado de ningún dos seus álbums, aínda que posteriormente apareceu como canción extra en cando menos nunha versión do álbum recompilatorio Best of The Corrs.

New Skin

"New Skin" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Incubus, editada o 20 de setembro de 1998 como segundo sinxelo do seu álbum S.C.I.E.N.C.E.. Acadou o número 21 na lista de sinxelos da Billboard en 1998. A canción aparecía orixinalmente na demo Let Me Tell Ya 'Bout Root Beer en 1995.

Nintendo 64

A Nintendo 64, comunmente chamada N64, é a terceira videoconsola de ámbito doméstico deseñada por Nintendo. A N64 veu a luz o 23 de xuño de 1996 en Xapón, en 29 de setembro de 1996 aparece en América do Norte, e o 1 de marzo de 1997 sae a venda en Europa e Australia. O seu lanzamento no Xapón e en América do Norte foi acompañado de só dous videoxogos, (Super Mario 64 e PilotWings 64) mentres que no seu lanzamento en Europa saíu tamén outro videoxogo máis, Star Wars: Shadows of the Empire (o cal fora xa lanzado a venda nos países nos que xa se vendía a N64).

A N64 foi presentada en público por primeira vez o 24 de novembro de 1995 como Nintendo Ultra 64 na 7.ª edición do Festival Anual de Software Shoshinkai, en Xapón. As primeiras fotos da presentación foron publicadas no web por Game Zero magazine dous días despois do evento. Ás poucas semanas o recentemente inaugurado website Nintendo Power facía un seguimento oficial da consola, que continuaría no número 85 da súa versión impresa.

Durante as primeiras fases de desenvolvemento a N64 foi coñecida polo seu nome en clave, Project Reality. O nome de Project Reality («Proxecto Realidade») proviña da especulación nacida no seo de Nintendo de que esta consola podería producir CGI («Gráficos xerados por computador») ó mesmo nivel que os supercomputadores daquel entón. Cando o proxecto foi anunciado en público, o nome cambiouse por Nintendo Ultra 64, facendo referencia ó seu procesador de 64 bits; finalmente Nintendo eliminou o apelativo "Ultra" o 1 de febreiro de 1996, cando só quedaban 5 meses para o seu debut no Xapón.

Premios Peabody

Os Premios Peabody (The George Foster Peabody Awards) son galardóns que se entregan anualmente con carácter internacional á excelencia nos medios de comunicación electrónicos, radio e na televisión, pero tamén admite tamén medios alternativos como CD-ROM ou internet. Concedéronse pola primeira vez en 1941 só para a radio, a partir de 1948 concedéronse galardóns á televisión.

Proxecto Perseus

Perseus Project é un proxecto de biblioteca dixital da Universidade Tufts que reúne unha colección dixital de fontes das Humanidades, presentada polo Departamento de Clásicas. O editor principal do proxecto desde a súa fundación é Gregory Crane, catedrático de devandita universidade.

O proxecto naceu en 1987 coa intención de reunir e ofrecer materiais para o estudo da Antiga Grecia. Publicáronse dous CD-ROM e o denominado Perseus Project Library está dispoñible en Internet desde 1995. O proxecto superou o obxectivo para o que foi creado. As coleccións actuais abarcan os clásicos de Grecia e Roma, o Renacemento inglés, os documentos de Edwin Bolles e a historia da Universidade Tufts, ademais de ferramentas auxiliares como dicionarios e enciclopedias.

O Perseus Project é partidario do código aberto e publica os textos que están en dominio público en formato XML dispoñíbel para a súa descarga.

Sala Nasa

A Sala NASA (Nave de Servizos Artísticos) foi un espazo multidisciplinar de Santiago de Compostela promovido polo Grupo Chévere xunto con Blanca Cendán en outubro de 1992, localizado no número 51/53 da rúa de San Lourenzo. Nel realizábanse espectáculos teatrais, concertos e todo tipo de disciplinas artísticas. Desde 1992 foi o lugar de estrea e permanencia dos espectáculos da compañía creadora, ademais das súas funcións periódicas chamadas Ultranoites. Durante a súa existencia foi tamén un escenario de referencia no circuíto da música alternativa. Funcionou ata setembro de 2011, meses despois da supresión das axudas procedentes do Concello de Santiago coa toma de posesión do alcalde Gerardo Conde-Roa.

En 2012 recibiu o Premio de Honra Marisa Soto da Asociación de Actores e Actrices de Galicia.

O local que ocupaba na rúa de San Lourenzo, actualmente a Sala Malatesta, era un garaxe particular que foi remodelado e adaptado ás novas funcións polos propios membros da compañía. A Sala exercía tamén de editora de libros, CD, DVD ou CD-ROM e en 2010 inspirou a creación da páxina Redenasa.tv, «converténdose na súa alma dixital e con intención de sobrevivila cando desaparecese o corpo material». Actualmente Redenasa.tv é usado como selo editorial das publicacións de Chévere.

The Secret of Monkey Island

The Secret Of Monkey Island é unha aventura gráfica realizada por LucasFilm Games en 1990 onde se parodian historias de piratas, creando un mundo de humor que revolucionou o xénero. O seu éxito provocou que se realizasen tres secuelas máis. Monkey Island 2: LeChuck's Revenge, The Curse of Monkey Island e Escape from Monkey Island.

The secret of Monkey island foi o quinto xogo en usar a tecnoloxía SCUMM (tras Maniac Mansion, Zak McKracken, Indiana Jones and the Last Crusade: The Graphic Adventure e Loom), un potente (para a época) motor para aventuras gráficas, baseado nunha linguaxe script propio e desenvolvido para a primeira aventura: Maniac Mansion. Orixinalmente, consistía en catro disquetes de baixa densidade, con gráficos EGA (16 cores), pero subseguintes melloras no SCUMM deron lugar a versións con gráficos VGA (256 cores) e, finalmente, en CD-ROM con melloras de son.

Titán (lúa)

Titán é a maior lúa de Saturno e a segunda maior de todo o Sistema Solar, despois de Ganímedes, tendo case unha vez e media o tamaño da nosa Lúa. É maior que un dos planetas principais, Mercurio, e que o planeta anano Plutón, e se orbitase ao redor do Sol sería un planeta por dereito propio.

Esta é a única lúa no Sistema Solar que ten unha atmosfera densa, sendo mesmo máis densa que a da Terra. Pénsase que posúe lagos de hidrocarburos e volcáns xeados, e que o metano se comporta case coma a auga na Terra, evaporando e chovendo nun ciclo interminable. Titán é un mundo que se mantivo oculto ata moi recentemente, cuberto por unha densa brétema alaranxada.

En xaneiro de 2005, lanzouse a sonda Huygens que pasou por entre a brétema e tirou as primeiras fotografías da superficie de Titán; mais por mor do neboeiro, e mesmo coas fotografías, ficou moito por saber. Esta sonda levou consigo un millón de mensaxes de persoas de todo o mundo. As mensaxes foron enviadas pola Internet, gravadas nun CD-ROM e lanzadas na sonda en 1997, e poderán permanecer no solo titánico durante millóns de anos e seren descubertas por turistas espaciais do futuro.

Tomb Raider (videoxogo de 1996)

Tomb Raider é un videoxogo de aventuras, acción e plataformas, un dos primeiros en 3D aparecidos para a xeración de 32 bits, desenvolvido por Core Design e distribuído por Eidos Interactive. É o primeiro xogo da serie Tomb Raider e narra as aventuras de Lara Croft, unha arqueóloga británica na procura de tesouros e reliquias do mundo antigo ó máis puro estilo de Indiana Jones. Tomb Raider saíu á venda en novembro de 1996 para a Sega Saturn, e foi adaptado pouco despois para PC CD-ROM e mais PlayStation.

Windows 95

Windows 95 foi un sistema operativo con interface gráfica de usuario híbrido de entre 16 e 32 bits. Foi publicado o 24 de agosto de 1995 pola empresa de software Microsoft con notable éxito de vendas.

Substituíu a MS-DOS como sistema operativo e a Windows 3.x como contorna gráfica. Encádrase dentro da familia de sistemas operativos de Microsoft denominada Windows 9x. Na versión OSR2 incorporou o sistema de arquivos FAT32 ademais do primeiro indicio do entón novo USB.

Os seus sucesores directos foron Windows 98 e Windows ME. Coa unificación das liña profesional e a doméstica con Windows XP, esta familia de sistemas Windows aínda continúa o seu desenvolvemento con Windows 10, o máis recente sistema operativo de Microsoft.

Existen versións tanto en disquetes como en CD-ROM. A versión en 13 disquetes utilizaba un formato non estándar coñecido como DMF que lles permitía almacenar unha capacidade maior á nominal de 1.44 MB. A versión en CD-ROM ofrecía unha selección de accesorios e complementos multimedia moito maior, ademais dalgúns controladores de dispositivos, xogos e versións de demostración dalgúns programas.

Durante a instalación creábase un disquete de rescate, con MS-DOS 7.0 . Esta versión de MS-DOS estaba restrinxida, xa que inhabilitaba certas partes que con anteriores versións estaban dispoñibles a través da BIOS do PC, como o acceso ao porto serie, na que unha chamada é simplemente devolta sen modificación algunha, apuntando a unha instrución RET, mentres que con versións anteriores, aínda apuntaban á rutina existente na propia BIOS.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.