CB Valladolid

O Club Baloncesto Valladolid S.A.D. foi un club de baloncesto profesional da cidade de Valladolid, Castela e León (España). Foi fundado o 31 de agosto de 1976 e desapareceu no ano 2015 debido a problemas financieiros. Foi o herdeiro do A.D.C. Castilla, e sendo Gonzalo Gonzalo o seu primeiro presidente. Inmediatamente despois da súa desaparición creouse o CB Ciudad de Valladolid para reemprazalo.

CB Valladolid
Polideportivo Pisuerga (GCV)
Información xeral
Fundación 31 de agosto de 1976
Desaparición 2015
Cores           Púrpura e dourado
Localización
Cidade España Valladolid
Pavillón Polideportivo Pisuerga (6.800)
Campionatos
Liga LEB 1 (2009)

Historia

Fundación

A comezos de 1976, o antigo equipo de Valladolid, o A.D.C. Castilla, despois de conseguir o ascenso á Primeira División o ano anterior, debido a unha serie de problemas chega a desaparecer. Con todo, un grupo de seareiros fanse cargo do club, e 31 de agosto de 1976 fundan o Valladolid Club Baloncesto. O equipo, dirixido polos adestradores Moncho Monsalve e Pedro Zorrozúa, debuta en Primeira División ocupando o 11º posto, finalmente descendendo. Porén, despois de dous anos na segunda división, o equipo volve a ascender en 1978, tras vencer en vinte dos vinte e dous partidos disputados.[1]

Anos 80

Na primeira tempada de retorno á Primeira División o Valladolid finaliza finalmente en novena posición, ademais o equipo disputa ese ano por primeira vez na súa historia unha competición europea, caendo finalmente na liga de cuartos de final fronte á Jugoplastika Split e o Mestre. Ao seguinte ano, na tempada 1980-81, termina sexto, clasificándose de novo á Copa Korać. Así, na seguinte campaña o equipo logra a súa mellor clasificación da súa historia ao rematar no cuarto posto, chegando de novo aos cuartos de final na competición europea. En 1983 o equipo volve a conseguir un bo posto rematando sextos na liga, aínda que rexeitando xogar a Korać por mor de problemas co orzamento.

En 1983, constitúese a Asociación de Clubs de Baloncesto, celebrándose ese ano a primeira Liga ACB da historia. Ese ano tamén foi outro de novidades, xa que debuta como patrocinador do equipo Fórum Filatélico, co cal se mantería por máis de vinte anos. Esa primeira tempada o Fórum remata no posto doce tras xogar os play offs polo título, onde perderon en primeira rolda fronte o Joventut Badalona por 2 a 0. O seguinte ano foi mellor e os de Valladolid acadan o noveno posto, aínda que despois de perder de novo nos play offs, esta vez fronte o CAI Zaragoza por 1 a 2.

En 1985 inaugúrase o Polideportivo Pisuerga, converténdose inmediatamente no pavillón do Fórum tras pasar oito anos no Huerta del Rey. Este ano o equipo volve a caer na primeira rolda de play offs acabando finalmente no posto once. Ao ano seguinte, pese a facerse un equipo moi competitivo, foi un mal ano e o Fórum ten que xogar o play-off de descenso, vencendo por 3 a 0 ao Clesa Ferrol. Os dous seguintes anos xogaron tanto o play off polo título como polo descenso, conseguindo finalmente manterse na categoría.[1]

Anos 90

Nas seguintes tres campañas prodúcese un cambio moi importante na historia do club, xa que chega ao equipo o pivote lituano, e estrela do baloncesto europeo Arvydas Sabonis, tamén chegaría con el outro compatriota seu, internacional en múltiples ocasións coa URSS, Valdemaras Homicius. Así nas tres seguintes tempadas o Fórum consegue rematar no sexto, sétimo e oitavo postos respectivamente. A última tempada de Sabonis no club, a 1991-92, supoxo o maior éxito do Valladolid a nivel europeo, conseguindo chegar ás semifinais da Copa Korać onde perderon fronte ao Il Messaggero de Roma. Despois da marcha de Sabonis ao Real Madrid, chegan malos momentos para o club, e o club convértese en Sociedade Anónima Deportiva, pasando a denominarse Fórum Valladolid C. B. S.A.D. No deportivo o Fórum remata no posto dezaoito, conseguindo manter a categoría na última xornada.

En 1993 o Valladolid finalmente descende, tras perder nos play offs por manter a categoría no quinto partido fronte ao Murcia. Mais tras perder a categoría na cancha, conseguiuse a salvación nos despachos debido á renuncia do Caja Bilbao. En 1994 o Valadolid remata no decimo primeiro posto final, baixando na seguinte tempada até o décimo sexto. En 1997, o club fai patente a súa necesidade de apoio económico, tras descubrir que a débeda do club ascendía a 700 millóns de pesetas, levando ao club nos seguintes anos case á súa desaparición. Con todo, a sociedade acaba estabilizándose, e nos seguintes anos o Fórum viaxa pola zona media da clasificación.[1]

Anos 2000

Co comezo do novo milenio, o Valladolid consegue a súa primeira participación nos play offs polo título tras nove anos, ao quedar no oitavo posto da liga regular, con todo, saíron derrotados en primeira rolda por 3 a 0 fronte ao FC Barcelona. Con todo xogar estes play offs serve para poder disputar o ano seguinte a Copa Korać. Ao seguinte ano o Fórum remata décimo na ACB e na Korać perde na fase de grupos. Ao ano seguinte o equipo cambia practicamente a totalidade do seu cadro, chegando a rozar finalmente o descenso. Ese ano, refúndase a sociedade, esta vez co nome de C. B. Valladolid S.A.D.

En 2003 o equipo fai unha boa tempada, rematando no posto once, mais empatado a vitorias co oitavo clasificado. Ao ano seguinte chegan sete novas incorporacións, acabando finalmente no posto número doce. En 2005, chega o adestrador Paco García procedente do Breogán de Lugo, e equipo ten que agardar á última xornada de liga para poder certificar a súa salvación. Precisamente o equipo tiña que gañar Breogán, e non fallou, acabando finalmente oitavos. Ao ano seguinte, o equipo perde ao seu patrocinador, chegando a incerteza sobre a continuidade do club, chegando como novo patrocinador Grupo Capitol. Finalmente o club volve a acadar a salvación nas últimas xornadas.

Con todo, ao ano seguinte, tras unha primeira volta moi boa na que conseguiron nove triunfos, o que non se facía dende 2001, na segunda volta so gañan tres encontros e o equipo acaba descendendo por primeira vez dende a fundación da Liga ACB, descontando o ano no que se conseguiu salvar a tempada pola renuncia do Caja Bilbao.[1] Con todo, e a pesar de dificultades económicas, o club consegue recuperar a súa praza na ACB tras acadar o primeiro posto na Liga LEB.

Palmarés individual

Concurso de Mates da ACB

  • Gaylon Nickerson – 1999

Concurso de Triplas da ACB

  • Oscar Schmidt – 1994

Historial

Historial na Liga española

Historial na Liga ACB

           

Historial na Copa do Rei

Historial na Copa do Príncipe

Historial na Copa Korać

  • Temporada 1979/80: Eliminado en Cuartos de Final por: Jugoplastika e Mestre.
  • Temporada 1981/82: Eliminado en Cuartos de Final.
  • Temporada 1991/92: Eliminado en Semifinais por: Messagero (76-70 e 67-66).
  • Temporada 1992/93: Eliminado en Segunda Rolda por: Tofas Bursa SK (93-71 e 88-78).
  • Temporada 1998/99: Eliminado en Dezaseisavos de Final por: Besiktas (76-79 e 80-81).
  • Temporada 2001/02: Eliminado en Dezaseisavos de Final por: Telestel Maroussi e Dijon.

Denominacións

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Historia". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 26 de abril de 2010.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Alex Renfroe

Gregory Alexander Renfroe, nado o 23 de maio de 1986 en Hermitage, Tennessee, é un xogador profesional de baloncesto bosnio que xoga para o BC Zenit San Petersburgo da VTB United League. Cunha estatura de 1,91 metros xoga na posición de base.

Arvydas Sabonis

Arvydas Romas Sabonis, nado o 19 de decembro de 1964 en Kaunas, Unión Soviética (agora Lituania) é un xogador retirado profesional de baloncesto. Cunha altura de 2,21 metros, foi considerado un dos mellores pivotes do mundo dende a década de 1980 até o inicio do século XXI. Dende o ano 2011 é membro do Basketball Hall of Fame.

Bernard Hopkins

Bernard Hopkins, nado o 13 de xaneiro de 1973 en Baltimore (Maryland, Estados Unidos), é un xogador de baloncesto estadounidense con dobre nacionalidade española. Actualmente xoga de ala-pivote no Obradoiro CAB de Santiago de Compostela.

Darius Songaila

Darius Songaila, nado o 14 de febreiro de 1978 en Kapsukas, RSS de Lituania, Unión Soviética, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga no BC Lietuvos Rytas da Lietuvos Krepšinio Lyga. É ademais membro da selección lituana de baloncesto.

Devin Davis

Devin Lavall Davis Monroe, coñecido no mundo do baloncesto como Devin Davis, nado o 27 de decembro de 1974 en Miami, Florida, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense con pasaporte español. Cunha estatura de 2,00 metros xoga nas posicións de ala-pivote ou pivote. Pasou por múltiples equipos ao longo de toda a súa carreira deportiva, destacando o Breogán de Lugo onde pasou cinco tempadas, sendo un dos xogadores históricos do club.

Fernando San Emeterio

Fernando San Emeterio Lara, nado o 1 de xaneiro de 1984 en Santander, é un xogador español de baloncesto profesional que xoga no Valencia Basket da Liga ACB. Mide 1.99 metros e pode xogar nas posicións de escolta e ala.

Joseph Gomis

Joseph Gomis, nado o 2 de xullo de 1978 en Évreux, Alta Normandía, é un ex-xogador profesional de baloncesto internacional francés. Cunha altura de 1,80 metros xogaba na posición de base.

Julio Torres

Julio Torres Blanco, nado o 25 de xuño de 1965 en Madrid, é un ex-xogador profesional de baloncesto internacional español. Cunha altura de 2,08 metros xogaba na posición de pivote.

Liga ACB 2009-10

A Liga ACB 2009-10 é a edición número vinte e sete da máxima categoría do baloncesto español. Iniciouse o 10 de outubro de 2009 e finalizou a fase regular coa disputa da 34ª xornada os días 15 e 16 de maio. O play-off polo título, que volve celebrarse ao mellor de cinco partidos, iniciouse o 20 e 21 de maio cos emparellamentos de cuartos de final, finalizando do 10 ao 19 de xuño en función do número de partidos necesarios na final.

Esta tempada a competición volveu contar con 18 equipos trala inscrición do Obradoiro, aínda que se viu obrigado a realizar unha serie de axustes. O CB Valladolid e o Meridiano Alicante xogaron despois de ascender dende Liga LEB Ouro, onde foron substituídos polo CAI Zaragoza e o ViveMenorca, que ocuparon as prazas de descenso a tempada anterior.

Luther Head

Luther Dale Head, nado o 26 de novembro de 1982 en Chicago, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente xoga no CB Valladolid da Liga ACB.

Micky Stobart

Miguel Ángel García Stobart, máis coñecido como Micky Stobart, nado o 22 de marzo de 1985 en Palma de Mallorca, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o CB Valladolid da LEB Ouro. Cunha estatura de 2,05 metros xoga na posición de pivote.

Nate Davis

Nate Davis, nado en Columbia (Carolina do Sur), o 20 de outubro de 1953, foi un xogador de baloncesto estadounidense, que xogaba na posición de aleiro.

Pablo Laso

Pablo Laso Biurrún, nado o 13 de outubro de 1967 en Vitoria, é un ex-xogador e adestrador profesional español de baloncesto. Actualmente é o adestrador do Real Madrid da Liga ACB.

Pepe Pozas

José Pozas Checa, coñecido coma Pepe Pozas, nado o 14 de maio de 1992 en Málaga, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Monbus Obradoiro da Liga ACB. Cunha estatura de 1,83 metros xoga na posición de base.

Ricardo Úriz

Ricardo Úriz Ancizu, nado o 30 de xullo de 1980 en Pamplona, Navarra, é un xogador profesional español de baloncesto. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán de Lugo, no que xoga na posición de base cunha altura de 1,88 metros.

Rubén Garcés

Rubén Santiago Garcés Riquelme, nado o 17 de outubro de 1973 en Colón, Panamá, é un xogador profesional de baloncesto panameño con pasaporte español que actualmente se atopa sen equipo. Cunha altura de 2,06 metros xoga na posición de pivote.

Sergio Luyk

Sergio Luyk Torre, nado o 20 de setembro de 1971 en Madrid e falecido o 30 de marzo de 2008 aos 36 anos en Madrid, foi un xogador profesional de baloncesto español. Cunha estatura de 2,04 metros xogaba na posición de aleiro.

Sergio de la Fuente

Sergio de la Fuente Valdizán, nado en Vitoria (Áraba) o 1 de novembro de 1989, é un xogador profesional de baloncesto vasco que xoga para o CB Valladolid da Liga LEB. Cunha estatura de 1,98 metros xoga na posición de ala.

Óscar Peña

Óscar Luis Peña Hernández, nado o 7 de xaneiro de 1964 en Santa Cruz de la Palma, é un ex-xogador profesional de baloncesto formado na canteira do Real Madrid. Cunha altura de 1,95 metros xogaba de escolta ou de aleiro.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.