C-531

A C-531 era a denominación da antiga estrada que unía Xinzo de Limia e Vilagarcía de Arousa, cun percorrido de 151 km. Atravesaba Celanova, Cortegada, A Cañiza, Ponte Caldelas e Pontevedra. A denominación de C-531 responde á nomenclatura utilizada nas estradas nacionais de España.

Esta estrada encóntrase dividida nos seguintes treitos:

Provincia de Ourense (54,5 km)
  • OU-531: Xinzo de Limia - Cortegada (51,3 km)
  • OU-904 e tramo urbano de Cortegada (2,5 km)
  • OU-801: Cortegada - ponte sobre o río Miño (0,7 km)
Provincia de Pontevedra (97,5 km)
  • PO-400: Ponte sobre o Miño - Filgueira (1,1 km)
  • PO-406: Filgueira - A Cañiza (10,3 km)
  • N-120: A Cañiza - Petán (4,3 km)
  • PO-255: Petán - Ponte Caldelas (41,2 km)
  • PO-532: Ponte Caldelas - Pontevedra (14,2 km)
  • Tramo urbano de Pontevedra (2,2 km)
  • PO-531: Ponte da Barca - Baión (19 km)
  • N-640a: Baión - Vilagarcía de Arousa (3,9 km)
  • Tramo urbano Vilagarcía de Arousa (1,3 km)

Durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera construíuse unha ponte de ferro e pedra para cruzar o río Miño entre Filgueira e Cortegada. Esta ponte foi anegada na década de 1970 polo encoro da Frieira, e construíuse a ponte actual e a variante correspondente.

C-531
Tipoloxíaestrada comarcal
RedeRede de estradas de Galicia
Lonxitude151 km
Localización
InicioXinzo de Limia  N-525 
FinVilagarcía de Arousa  N-640 
Fito 120 C-531 Ponte Caldelas
Fito miriamétrico 120 da estrada, en Ponte Caldelas.
Cortegada

Cortegada é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca do Ribeiro. Segundo o IGE en 2015 tiña 1184 habitantes.

PO-255

A PO-255 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Ponte Caldelas e Petán (A Cañiza). É un tramo da antiga C-531 que unía Vilagarcía de Arousa con Xinzo de Limia.

PO-406

A PO-406 é unha estrada autonómica que une as poboacións da Cañiza e Filgueira (Crecente). É un tramo da antiga C-531 reformada en 2008 con tres vías nalgúns tramos, dous de subida e un de baixada, cun largo medio de entre 7 e 10 m .

PO-531

A PO-531 é unha estrada autonómica que une Pontevedra con Baión (Vilanova de Arousa). Ten un percorrido de 19 km, e é un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

PO-532

A PO-532 é unha estrada autonómica que une as poboacións de Pontevedra e Ponte Caldelas. Ten 14,3 quilómetros de longo. É un tramo da antiga C-531 que unía Xinzo de Limia con Vilagarcía de Arousa.

Século -VI

século VII a. C. < Século VI a. C. > século V a. C.

Tourón, Ponte Caldelas

Santa María de Tourón é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Ponte Caldelas. Segundo o IGE en 2016 tiña 1099 habitantes (536 homes e 563 mulleres) distribuídos en 6 entidades de poboación.

Vilar de Santos

Vilar de Santos é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Limia. Segundo o IGE en 2017 tiña 850 habitantes (1.001 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vilasantés».

Vilavidal, Santo André de Penosiños, Ramirás

Vilavidal é un lugar da parroquia de Santo André de Penosiños, no concello ourensá de Ramirás, na comarca da Terra de Celanova. Segundo o IGE, en 2017 tiña 131 habitantes (58 homes e 73 mulleres).

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.