Código postal

O código postal está composto por unha serie de caracteres que se inclúen nos enderezos postais para facilitar e axilizar o servizo de correos. Normalmente, os códigos son unha serie de díxitos, mais algúns estados tamén empregan letras.

Historia e características

A República Federal de Alemaña foi o primeiro país do mundo en introducir o sistema de códigos postais, a comezos dos 60. Pouco despois tamén seguiría o mesmo exemplo os estadounidenses.

A gran maioría de servizos postais estatais do mundo utilizan este método. Algúns lugares alleos a este sistema son Irlanda, Xibraltar ou Hong Kong.

Os códigos postais adoitan designar unha área xeográfica concreta, mais as veces ese non é o caso, e pode referirse a unhas institucións, cadeas de televisións ou organismos oficias, que reciben grandes lotes de correo.

Códigos postais do mundo

Códigos postais alfanuméricos

A maior parte de los códigos postais son só numéricos. Mais, úsanse códigos alfanuméricos (de letras e números) en Andorra, Ecuador, Bermudas, Brunei, Canadá, Malta, Países Baixos, Perú, Reino Unido e Venezuela.

Código postal en Portugal

Os códigos postais portugueses, dos Correios de Portugal, constan de 7 díxitos que forman dous grupos diferenciados, o primeiro de catro números, e o segundo de tres, separados por unha raia e seguidos dunha designación postal de 25 caracteres como máximo. É un sistema bastante eficaz, pois o propio código postal direcciónanos a un edificio concreto.

Acebedo

Acebedo (en leonés: Acebéu) é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 256 habitantes (2012).

Amusco

Amusco é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 442 habitantes (INE 2011).

Baraona

Baraona (ou Barahona) é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 183 habitantes (INE 2012) e ocupa unha área de 116,59 km².

En 2005 tiña 211 habitantes, o que daba unha densidade de 1,81 hab/km².

Brañosera

Brañosera é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 233 habitantes (INE 2012).

Bustillo del Páramo de Carrión

Bustillo del Páramo de Carrión é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 64 habitantes (INE 2012).

Campazas

Campazas é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 146 habitantes (INE 2011).

Capillas

Capillas é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 90 habitantes (INE 2012).

Castellar del Vallès

Castellar del Vallès é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca do Vallès Occidental. Sitúase a 7 km de Sabadell e 11 km de Terrassa, as dúas capitais comarcais. Limita cos concellos de Sant Llorenç Savall, Matadepera, Terrassa, Sabadell e Sentmenat. O seu código postal é 08211.

O concello ten unha extensión de 44,9 km² e unha poboación de 20.579 habitantes distribuídos en varios núcleos. A densidade de poboación é de 429,3 hab./km². O principal destes núcleos, Castellar del Vallès, concentra o 80% da poboación, e o resto distribúense entre o núcleo agregado de Sant Feliu del Racó, varias urbanizacións e massos diseminados.

Castilfalé

Castilfalé é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 84 habitantes (INE 2011).

Cebanico

Cebanico é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 187 habitantes (INE 2011).

GeoNames

GeoNames é unha base de datos xeográfica libre e accesible a través de Internet baixo unha licenza Creative Commons Atribución 3.0.

Gordoncillo

Gordoncillo é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 495 habitantes (INE 2011).

Lagartos

Lagartos é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 146 habitantes (INE 2012).

Maján

Maján é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 13 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 30,39 km².

Maraña

Maraña é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 160 habitantes (INE 2011).

Reyero

Reyero é un concello español da provincia de León (Castela e León). A súa poboación é de 130 habitantes (INE 2011).

Rubiáns, Vilagarcía de Arousa

Santa María de Rubiáns é unha parroquia que se localiza no concello de Vilagarcía de Arousa. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 1 240 habitantes (647 mulleres e 593 homes), distribuídos en 17 entidades de poboación, o que supón un descenso respecto ós anos 2010, cando tiña 1 285 veciños, e 2005, cando eran 1 325.

Cunha extensión de 5,6 km2, constitúe o 12% do territorio total do concello.

O código postal é 36619.

Sello, Lalín

Santiago de Sello é unha parroquia que se localiza no concello de Lalín. Segundo IGE, en 2008 tiña 336 habitantes (171 mulleres e 165 homes), distribuídos en 10 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 363 habitantes.

Limita coas parroquias de Filgueira, Erbo, Bermés, Goiás, Palmou e Santiso. A altitude máxima é de 560 metros. Dista 4 quilómetros da vila de Lalín, capital do concello. O seu código postal é 36517.

Villalaco

Villalaco é un concello español da provincia de Palencia (Castela e León). A súa poboación é de 70 habitantes (INE 2012).

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.