Código de Dereito Canónico

O Código de Dereito Canónico (en latín Codex Iuris Canonici, abreviado como "CIC" nas citas bibliográficas) é o conxunto ordenado das normas xurídicas (dereito canónico) que regulan a organización da Igrexa Católica de rito latino, a súa xerarquía de goberno, os dereitos e obrigas dos fieis, os sacramentos e as sancións que se establecen pola conculcación desas normas.

Historia

Código de 1917

Pope benedict15
Bieito XV, quen promulgou o primeiro Código de Dereito Canónico.

Até 1917, a Igrexa Católica estaba dirixida por un conxunto disperso e sen codificar de normas xurídicas espirituais e temporais coñecido como Corpus Iuris Canonici. O Concilio Vaticano I referiuse á necesidade dunha compilación na que foran agrupadas e ordenadas ditas normas, eliminando as que xa non estiveran vixentes e codificando as válidas con orde e claridade.

En 1904, Pío X creou unha comisión para redactar dito Código, e logo dunha ducia de anos de traballo, foi Bieito XV quen promulgou o Código o 27 de maio de 1917, que entrou en vigor o 19 de maio de 1918. O Código de 1917 é coñecido, xa que logo, como Código pío-beneditino.

Código de 1983

JohannesPaul2-portrait
Xoán Paulo II, quen promulgou o Código vixente.

Coa convocatoria do Concilio Vaticano II polo papa Xoán XXIII, anunciouse a reforma do Código, atrasada até a súa finalización. Logo da morte do papa e do final do concilio, Paulo VI creou a comisión encargada da súa reforma en 1964.

O código mantivo a súa natureza distinta para as igrexas de rito latino e as Igrexas católicas orientais, como no de 1917. Os decretos conciliares modificaran parte do Código de 1917, e os primeiros traballos dirixíronse á adaptación e derogación dos canons afectados. Consultouse a todos os bispos e a outros eclesiásticos, así como a todas as Facultades de dereito canónico. Realizáronse dous proxectos en 1977 e 1980, que foron estudados por canonistas, bispos, cardeais e superiores relixiosos. Coas diferentes reflexións redactouse o borrador de 1982.

O 25 de xaneiro de 1983, coa constitución apostólica Sacrae disciplinae leges, Xoán Paulo II promulgou o novo Código, que entrou en vigor o 27 de novembro de dito ano, e creou o novo órgano para a interpretación do texto, a Pontificia Comisión para a interpretación auténtica do Código de Dereito Canónico, coas mesmas funcións que tiña a anterior comisión de interpretación.

En 1988, mediante a constitución apostólica Pastor Bonus, a comisión foi transformada no Pontificio Consello para os Textos Lexislativos, con competencias mais amplas.[1]

Paralelamente, coa convocatoria do Concilio Vaticano II comezouse cunha nova codificación do dereito eclesiástico oriental, rematada en 1991 coa promulgación do Código dos Canons das Igrexas Orientais. Este código completou a codificación na Igrexa católica, ao estar en vigor para as Igrexas católicas orientais.

Malia existir moitas traducións do CIC, tan só o texto orixinal latino é considerado legal.

Modificacións

En 1998 Xoán Paulo II emitiu o motu proprio Ad Tuendam Fidem, que emendou dous canons (o 750 e o 1371) do CIC, que aumentou as normas para que fosen respectadas as verdades doutrinais propostas de xeito definitivo polo Maxisterio da Igrexa e actualizou as penas canónicas relacionadas.[2]

O 15 de decembro de 2009 Bieito XVI emitiu o motu proprio Omnium in Mentem, que modificou cinco canons (1008, 1009, 1086, 1117 e 1124) para deixar máis claro que, daqueles que reciben o sacramento do orden, tan só os bispos e sacerdotes poden actuar in persona Christi, non así os diáconos.

Contidos

Libro IV: A función de santificar da Igrexa

Esta parte trata das normas referentes aos sete sacramentos, dos sacramentais (como os exorcismos ou as procesións), da liturxia das horas, dos enterros relixiosos, do culto aos santos e veneración das súas reliquias e das festas e lugares sagrados.

Libro V: Os bens temporais da Igrexa

Este libro define o dereito en canto ás propiedades da Igrexa como institución:

Libro VII: Os procesos

Notas e referencias

  1. Pontificio Consiglio per i Testi Legislativi (en italiano)
  2. "sejam acrescentadas normas, pelas quais expressamente se imponha o dever de observar as verdades propostas de modo definitivo pelo Magistério da Igreja, referindo também as sanções canónicas concernentes à mesma matéria" [1]
  3. Cân. 1254 — § 1. A Igreja Católica, por direito originário, independentemente do poder civil, pode adquirir, conservar, administrar e alienar bens temporais para prosseguir os fins que lhe são próprios.
    § 2. Os fins próprios são principalmente os seguintes: ordenar o culto divino, providenciar à honesta sustentação do clero e dos outros ministros, exercer obras do sagrado apostolado e de caridade, especialmente em favor dos necessitados [2]

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ad Tuendam Fidem

Ad Tuendam Fidem (en latín: Para protexer a fe) é unha carta apostólica do papa Xoán Paulo II publicada como motu proprio o 18 de maio de 1998. A carta apostólica modificou o Código de Dereito Canónico e o Código dos Canons das Igrexas Orientais en canto ás sancións canónicas por disidencia pública doutrinal por parte de ministros da Igrexa.

Ao mesmo tempo, a Congregación para a Doutrina da Fe publicou unha instrución sobre Ad Tuendam Fidem amosando exemplos do maxisterio ordinario que debe ser aceptado con obsequium religiosum, "asentemento relixioso."

Andrii Sapeliak

Andrii Sapeliak (en ucraíno: Андрій Сапеляк), coñecido tamén como Andrés Sapeliak durante a súa etapa na Arxentina, nado o 13 de decembro de 1919 en Ryszkowa Wola (Polonia) e finado o 6 de novembro de 2017, foi un bispo católico ucraíno que exerceu de bispo da eparquía de Buenos Aires entre 1978 e 1997.

Antón II Pedro Khuraix

Antón II Pedro Khuraix (en árabe: أنطون بطرس خريش‎‎), nado en Ain Ibil (Líbano) o 20 de setembro de 1907 e finado en Beirut o 19 de agosto de 1994, foi o 75º Patriarca de Antioquía e de todo Levante da Igrexa Católica Maronita dende o 3 de febreiro de 1975 até o 3 de abril de 1986.

Butrus Rai

Butrus Rai (en árabe: بطرس راعي), nado en Alepo o 8 de novembro de 1922 e finado o 7 de xuño de 1994, foi un relixioso católico melquita sirio, arcebispo de Nosa Señora do Paraíso en México dende 1988 até o seu pasamento.

Cardeal

Os cardeais da Igrexa Católica, segundo o Código de Dereito Canónico, "constitúen un Colexio peculiar, ao que compete prover a elección do Romano Pontífice, segundo a norma do dereito peculiar; así mesmo, os Cardeais asisten ao Romano Pontífice tanto colexialmente, cando son convocados para tratar xuntos cuestións de máis importancia, como persoalmente, mediante os distintos oficios que desempeñan, axudando ao Papa sobre todo no seu goberno cotiá da Igrexa universal."

Confraría relixiosa

Unha confraría ou irmandade é unha asociación de fieis católicos, pública ou privada, establecida conforme aos canons do Título V do Código de Dereito Canónico.

As confrarías reúnen aos crentes ao redor dunha advocación de Cristo, da Virxe ou dun santo, un momento da Paixón ou unha reliquia, con fins piadosos, relixiosos ou asistenciais. De tal modo poderíase falar de irmandades sacramentais, cristolóxicas, marianas, santísticas, de ánimas, mixtas, paixonarias etc. Pero de forma xeral, e á marxe do establecido polo Dereito, admítense, tradicionalmente, tres tipos de confrarías:

Penitenciais, as que fan pública estación de penitencia en Semana Santa.

Sacramentais, as que cultivan, como obxectivo básico, a devoción e adoración cara ao Santísimo Sacramento.

De Gloria, que é como se denomina, nalgunhas partes, ás irmandades que non encadran en ningún dos dous segmentos anteriores; normalmente, fomentan o culto a algunha advocación mariana ou a algún santo.Moitas confrarías adoitan organizar unha procesión, polo menos unha vez ao ano, ben soas ou reunidas a outras confrarías.

Ignacio Pedro XVI Patanean

Ignacio Pedro XVI Patanean (en armenio: Իգնատիոս Պետրոս ԺԶ Պաթանեան, Ignatios Petros ŽZ Pat’anean), nado o 15 de febreiro de 1899 en Mardin (Imperio Otomán) e finado o 9 de outubro de 1979 en Bzumar (Líbano), foi o 16º Patriarca de Cilicia da Igrexa Católica Armenia dende o 4 de setembro de 1962 até o 22 de abril de 1976.

Igrexa particular

Unha Igrexa particular é, no dereito canónico católico, unha comunidade eclesial encabezada por un bispo, ou por outra persoa recoñecida canónicamente como o seu equivalente.

Istifan Bilu

Istifan Bilu (en árabe: إسطيفان بلّو), nado en Alqux (Iraq) o 5 de setembro de 1910 e finado en Roma o 26 de novembro de 1989, foi un eclesiástico católico caldeo, bispo de Alepo dende 1959 até o seu pasamento.

Karapet Amatowni

Karapet Amatowni (en armenio: Կարապետ Ամատունի), nado o 16 de febreiro de 1900 en Angora e finado o 14 de xaneiro de 1984, foi un bispo católico armenio, exarca apostólico de Francia entre 1960 e 1971.

Maksym Hermaniuk

Maksym Hermaniuk (en ucraíno: Максим Германюк), nado o 30 de outubro de 1911 en Nove Selo (Reino de Galicia e Lodomeria, hoxe Ucraína) e finado o 3 de maio de 1996 en Winnipeg (Canadá), foi un relixioso redentorista católico ucraíno, arcebispo de Winnipeg entre 1956 e 1992.

Máximo V Hakim

Máximo V Hakim (en árabe: مكسيموس الخامس حكيم), nado en Tanta (Exipto) o 18 de maio de 1908 e finado o 29 de xuño de 2001, foi o Patriarca de Antioquía e todo Oriente, de Alexandría e de Xerusalén da Igrexa católica greco-melquita e bispo da Damasco dende o 22 de novembro de 1967 até o seu retiro o 22 de novembro de 2000.

Parroquia eclesiástica

A parroquia —do latín eclesiástico parochĭa, e este do grego antigo παροικία paroikía, 'habitar cerca'— é unha división territorial das igrexas cristiás.

En particular, a parroquia encóntrase nas Igrexas Católica, Ortodoxa, Anglicana (Igrexa de Inglaterra), de Escocia, de Suecia, Metodista Unida e Presbiterianas.

O termo parroquia tamén designa á igrexa parroquial e ás comunidade de fieis.

Parroquia eclesiástica galega

Parroquia defínese no Código de Dereito Canónico como a unidade básica de delimitación territorial da Igrexa, agrupados xerarquicamente en arciprestados.

Paulo II Pedro al-Mauxi

‏ ‎

Paulo II Pedro al-Mauxi (en árabe: بولس بطرس المعوشي, Bulus Butrus al-Mauxi), nado en Xasin (Líbano) o 1 de abril de 1894 e finado o 11 de xaneiro de 1975, foi o 74º Patriarca de Antioquía e de todo Levante dende o 25 de maio de 1955 até o seu pasamento, e polo tanto cabeza da Igrexa Católica Maronita. Foi tamén cardeal da Igrexa Católica dende 1965.

Prelatura persoal

Unha prelatura persoal é unha institución da Igrexa Católica, erixida pola Sé Apostólica para levar a cabo peculiares obras pastorais ou misionais en favor de varias rexións ou de diversos grupos sociais. Á fronte da prelatura persoal está un prelado que, axudado polos presbíteros e diáconos incardinados na prelatura, realiza a súa misión pastoral, en favor dos fieis da prelatura. O prelado pode ser bispo ou presbítero, aínda que o carácter episcopal é congruente coa misión pastoral que se confía ao prelado; de feito os primeiros prelados da Prelatura do Opus Dei recibiron a ordenación episcopal. Tamén pode haber laicos que colaboran organicamente na prelatura persoal.

Existe na Igrexa Católica outra figura denominada tamén prelatura, a "Prelatura Territorial". Esta é unha case-diocese, réxese polo dereito común da Igrexa (non por estatutos) e ten un pobo propio formado principalmente por laicos, ao que o prelado e o seu presbiterio prestan a atención pastoral ordinaria.

Existe actualmente unha única prelatura persoal: a Prelatura da Santa Cruz e Opus Dei, creada polo papa Xoán Paulo en 1982.

Časlaŭ Sipovič

Časlaŭ Sipovič (en bielorruso Часлаў Сіповіч), nado o 8 de decembro de 1914 en Dziedzinka (hoxe na rexión de Viciebsk, Belarús; entón parte do Imperio Ruso), e finado o 4 de outubro de 1981 en Londres (Reino Unido), foi un bispo da Igrexa Católica Bizantina Bielorrusa.

Dereito canónico da Igrexa católica
Codificación
Constitucións apostólicas
Motu proprio
Concilio Vaticano II
Lexislación matrimonial
Outros

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.