Códice

Un códice é un libro resultado da ensamblaxe de pregos manuscritos e, especialmente, os producidos desde a Antigüidade clásica até a Idade Media.

León, San Isidoro 03-34c
O Becerro de Ouro, nunha miniatura medieval (facsímile)

Historia

Ao principio, a partir dos séculos I e II, os códices escribíanse sobre pergamiño e, desde o século XIII, tamén en papel. A orixe está nas taboíñas de madeira rectangulares que se recobrían de cera polo interior e sobre as que se escribía cun punzón en Roma. Eran o equivalente dos cadernos actuais e utilizábanse para a correspondencia, as contas e os traballos escolares. O uso literario máis antigo de códices que se coñece é de finais do século I, cando Marcial experimentou co formato.

Esta presentación dos textos constituíu unha verdadeira revolución ao inicio da era cristiá porque ao contrario do rolo (volume), que impón unha lectura continua, o códice permite acceder aos capítulos (estrutura do texto) de maneira directa. Ademais, no códice podíase escribir polas dúas caras, co que se economizaba material. A súa adopción na cristiandade foi tan estendida que, como soporte da Biblia, o códice permitía aos cristiáns marcar a diferenza con respecto dos rolos sobre os que os xudeus lían a Torah.

O pergamiño substituíu o papiro gradualmente e a palabra liber, que designara os rolos de papiro, comezou a empregarse tamén para estes novos libros, que pola súa forma se parecían aos codices. Esta semellanza víase acentuada polas capas de madeira que os protexían. Os dous termos comezaron a confundirse xa no século III. Os rolos dominaron aínda en obras seculares até o século IV. Desde entón, cando o códice foi plenamente aceptado, até o Renacemento carolinxio do século VIII, moitas obras que non se copiaran de rolo a códice perdéronse para a posterioridade.

O códice melloraba o rolo en varios aspectos: podíase abrir en calquera páxina, o que facilitaba a lectura; as páxinas podíanse escribir polos dous lados, o que abarataba o seu custo; a protección que lle daban as capas facíao máis compacto e doado de transportar; finalmente, facía tamén máis fácil organizar documentos nunha biblioteca porque tiña un lombo estábel no que escribir o título do libro. O lombo usouse para o incipit, antes de que se desenvolvese o concepto propiamente de título durante época medieval.

Aínda que a maioría dos primeiros códices se facían de papiro, este era fráxil e os fornecementos, provenientes de Exipto, o único lugar no que medraba, escaseaban. Preferiuse pasar ao pergamiño porque, aínda que caro, era tamén máis duradoiro.

Os códices foron substituídos polos libros impresos. O estudo dos manuscritos desde o punto de vista da súa fabricación chámase codicoloxía; o dos documentos antigos en xeral é a paleografía.

O fragmento de codex máis antigo conservado contén un poema, De bellis macedonicis e está datado cara o ano 100. Consérvase no Museo Británico. Outros códices moi antigos son os palimpsestos de Plauto (da Biblioteca Ambrosiana) e De Republica de Cicerón (na Biblioteca Vaticana), ambos os dous do século IV. Consérvanse algúns códices de Virxilio dos séculos IV e VI.

Por extensión, o termo códice empregouse para as escolmas de leis (como o Codex Theodosianus) de onde deriva o uso actual do nome código en dereito. A imprenta non fixo desaparecer inmediatamente os códices: os de Leonardo da Vinci constitúen unha proba sorprendente disto.

Cómpre notar que as civilizacións mesoamericanas (Olmecas, Zapotecas, Maias, Toltecas, Aztecas etc.) inventaron escritura e papel independentemente do Occidente. Fálase tamén de códices para designar as súas obras que conteñen debuxos e lendas.

Os códices mesoamericanos tiñan a mesma forma que os europeos pero confeccionábanse con tiras longas dobradas de cortiza de figueira (amatl) ou doutras fibras vexetais e encalábanse antes de escribir.

Véxase tamén

Outros artigos

4 de xullo

O 4 de xullo é o 185º día do ano do calendario gregoriano e o 186º nos anos bisestos. Quedan 180 días para finalizar o ano.

5 de xullo

O 5 de xullo é o 186º día do ano do calendario gregoriano e o 187º nos anos bisestos. Quedan 179 días para finalizar o ano.

Biblioteca Apostólica Vaticana

A Biblioteca Apostólica Vaticana (en latín: Bibliotheca Apostolica Vaticana), máis comunmente coñecida como Biblioteca Vaticana ou simplemente como Vat, é a biblioteca da Santa Sé, situada na Cidade do Vaticano. Leva o nome de "apostólica", porque é unha institución que dende a súa fundación se considera a "Biblioteca do papa", xa que lle pertence directamente. É unha das máis antigas bibliotecas do mundo e custodia unha moi importante colección de textos históricos. Ten arredor de 75 000 códices de tódalas épocas da historia, así como 1,1 millóns de libros impresos, que inclúen 8 500 incunables.

Cancioneiro da Biblioteca Vaticana

O Cancioneiro da Biblioteca Vaticana (códice Vat. Lat. 4803), tamén coñecido como V, é unha colectánea de 1200 cantigas medievais escritas en galego-portugués (cantigas de amigo, de amor e de escarnio e maldicir), que se conserva na Biblioteca Apostólica Vaticana de Roma.

Cantigas de Santa María

As Cantigas de Santa María son un conxunto de catrocentas vinte e sete composicións en galego-portugués, que no século XIII era a lingua fundamental da lírica culta en Castela. Atópanse repartidas en catro manuscritos, un deles na Biblioteca Nacional en Madrid (códice To, por Toledo), dous en San Lorenzo de El Escorial (códices E e T) e o cuarto en Florencia (códice F). A colección mariana data de entre os anos 1270 e 1283. A obra conxuga o marioloxio, é dicir, o devezo de configurar unha auténtica compilación dos milagres marianos, coa proxección político-cultural. O rei procurou tanto o carácter enciclopédico da súa obra como que esta se convertese nun traballo de referencia en todo o espazo peninsular e máis aló dos límites deste, adquirindo, deste xeito, un prestixio internacional.

Crónica Albeldense

A Crónica Albeldense (Codex Conciliorum Albeldensis seu Vigilanus) é un manuscrito medieval, ademais dunha crónica histórica que chega ata o ano 883, no tempo de Afonso III que se supón escrita polo eclesiástico Dulcinio, contén varios documentos históricos da época visigoda. Entre outros textos están os canons dos Concilios de Toledo, o Liber Iudiciorum, decretos de Papas, narracións históricas (como unha vida de Mahoma), un calendario etc. Os compiladores foron tres monxes do mosteiro de Albelda (A Rioxa), Vigila e dous colaboradores, que a completaron no ano 976, o manuscrito orixinal consérvase na biblioteca de El Escorial. A Albeldense contén a primeira mención e representación no Oeste da numeración árabe.

Crónica de Néstor

A Primeira Crónica Rusa ou Crónica de Néstor (en ruso: По́весть временны́х лет, Póvest vremennii let, en ucraíno: Повість врем'яних літ, Póvist vremeinii lit; literalmente: "Os Relatos de Anos Pasados") é a historia do primeiro Estado eslavo oriental, o Rus de Kiev, entre os anos 850 e 1110, aproximadamente, orixinalmente escrita en Kiev contra o ano 1113.

Códice (miniserie)

Códice é unha miniserie de suspense galega que foi estreada na TVG. A miniserie conta a historia do roubo do Códice Calixtino na Catedral de Santiago de Compostela. A primeira parte foi emitida o 23 de decembro de 2014, e a segunda o 30 de decembro. A preestrea da miniserie realizouse o 18 de decembro no Teatro Principal de Santiago.

Códice Calixtino

Este artigo trata sobre o códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus, para o libro de poemas de Luz Pozo Garza véxase Códice Calixtino.

O códice miniado coñecido en latín como Liber Sancti Jacobi ou Codex Calixtinus e en galego como Libro de Santiago ou máis comunmente como Códice Calixtino é un conxunto de textos reunidos en Santiago de Compostela nos anos finais do arcebispado de Diego Xelmírez e que se presentaba como da autoría do papa Calisto II. É o libro referecial do mundo xacobeo e o máis antigo centrado exclusivamente nesta temática.O exemplar máis antigo, datado entre 1150 e 1160, consérvase na catedral de Santiago de Compostela e é copia dun exemplar modelo. A copia que realizou o monxe Arnaldo de Monte en 1173 coñécese como manuscrito de Ripoll e consérvase actualmente en Barcelona.

Parte do manuscrito traduciuse ao galego no primeiro terzo do século XV, coñecido como Miragres de Santiago, recolle partes da Historia Karoli e da Guía do Peregrino. En 2010 publicouse a primeira tradución íntegra ó galego, da man de Xosé López Díaz, editada por Xosé Fernández Puga, director d'A Nosa Terra e ilustrada por Francisco Leiro, se ben xa se realizaran outras traducións parciais do libro anteriormente, como a editada pola editorial Xerais co gallo do Xacobeo do ano 1993 e que consistía nunha tradución ao galego do Libro V e se ocupaba da parte referida á peregrinación e da cal se lanzaron dúas edicións, mais foi descatalogada no 2008 pola editorial.O Códice Calixtino imprimiuse por vez primeira en 1882, nunha edición feita por Fidel Pita. Foi restaurado en 1966 e volvéuselle engadir o Libro IV que estaba fóra do manuscrito dende 1609.

O exemplar máis vello foi roubado da catedral de Santiago de Compostela en xullo de 2011. O martes, día 5 de xullo foi cando os responsables do libro se decataron da súa falta. Foi recuperado un ano despois en bo estado de conservación.

Igrexa de San Fiz de Solovio

A igrexa de San Fiz de Solovio é un templo relixioso situado no centro da cidade de Santiago de Compostela. Ten a sona de se-la igrexa máis antiga da cidade, aínda que foi derruída, reconstruída e sometida a diferentes reformas e ampliacións posteriores ó longo de oito séculos.

Luz Pozo Garza

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922, é unha poeta galega e membro da Real Academia Galega.

Manuscrito

Un manuscrito (do latín «manu scriptum», que significa escrito á man) trátase dun documento que contén información escrita á man sobre un soporte flexíbel e manexábel (por exemplo: o papiro, o pergamiño ou o papel), con materias como a tinta dunha pluma, dun bolígrafo ou simplemente o grafito dun lapis. O manuscrito non ten que ser necesariamente antigo; unha carta é un exemplo de manuscrito moderno. Xeralmente, con ese nome faise referencia a escritos realizados pola man de escritores importantes en calquera campo do saber.

Denomínase inscrición ao texto que se grava en pedra, metal ou outro material duro.

Palas de Rei

Palas de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Ulloa. Segundo o IGE en 2014 tiña 3.601 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «palense».

Premios Mestre Mateo 2014

Os Premios Mestre Mateo 2014 galardoaron as producións audiovisuais de Galicia de 2014 e celebrouse o 11 de abril de 2015. Durante a cerimonia, a Academia Galega do Audiovisual presentou os Premios Mestre Mateo en 25 categorías. A cerimonia celebrouse no PALEXCO de A Coruña.

A longametraxe Os fenómenos, dirixida por Alfonso Zarauza, fíxose cos galardóns máis importantes, entre eles o de mellor filme, mellor director e mellor guión, así como o de mellor actriz secundaria para Ledicia Sola. Por outra banda, A esmorga, que era candidato a 16 premios, conseguiu seis premios, entre eles a maior parte das categorías técnicas: dirección de arte, dirección de fotografía, música orixinal, deseño de vestiario, maquillaxe e peiteado. Ademais, levou o premio ó mellor actor para Antonio Durán "Morris", que tamén gañou o de mellor actor secundario, polo seu papel na miniserie Códice. Schimbare, conseguiu os galardóns de mellor dirección de produción e mellor son. Mabel Rivera fíxose co premio á mellor actriz protagonista por Pazo de Familia. O galardón á mellor serie de televisión foi para Serramoura, sendo o único premio que conseguir entre as nove candidaturas ás que optaba.

Quetzalcóatl

Quetzalcóatl (en náhuatl: Quetzalcōātl) é unha divindade das culturas mesoamericanas, venerado principalmente polos aztecas e os toltecas. O seu nome significa "serpe emplumada" e provén do náhuatl quetzalli, “pluma do paxaro quetzal (Pharomachrus mocinno)”, e coatl, “serpe”). É identificado por algúns investigadores como a principal deidade do panteón centro-mexicano precolombiano.

Viana do Bolo

Viana do Bolo é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca de Viana. Segundo o padrón municipal de habitantes a súa poboación en 2018 era de 2.929 persoas (3.368 en 2008, 3.743 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «vianés».

Algúns estudosos consideran que o nome de Viana lle foi dado nunha carta foral arredor de 1206 e faría referencia á cidade francesa de Vienne (en occitano Viana), localidade que aparece na Historia Turpini, do Códice Calixtino. Ese mesmo nome foille concedido ás localidades de Viana en 1219 e Viana do Castelo en 1262.

Volume (libro)

O volume é unha banda -normalmente de papiro- que se enrola naturalmente.

A lonxitude dun rolo pode ser de varios metros mentres que a anchura ou altura é de 30 a 40 centímetros.

Se a escritura é vertical, o lector sostén a parte do rolo que corresponde ao inicio do texto na man esquerda, o final na man dereita.

Se a escritura é horizontal, o principio está no rolo superior, o final no rolo inferior.

Como o Val do Nilo era a fonte case única da cana que produce o papiro, esta fonte secouse para Europa coa invasión dos árabes no século VIII, despois de trinta séculos de uso do volume.

En paralelo existían, desde a invención da escritura, as taboíñas de arxila ou de madeira encerada sobre as que se escribía coa axuda dun cálamo ou dun estilo.

Sobre o século III, o códice de pergameo comeza a substituír o volume que tiña como inconveniente que obrigaba a unha lectura secuencial dos distintos textos situados uns despois dos outros. O códice tiña a vantaxe de permitir o acceso doado ás páxinas do medio. Cando se fixo facilmente reproducible grazas á impresión do papel sobre madeira e sobre metal, converteuse no libro impreso que, no final do século XV, dá volta á economía do saber e da súa transmisión.

O modo de lectura do volume coñece unha reinterpretación inopinada no modo de 'páxina continua' propia para a lectura nas pantallas asociadas aos ordenadores a partir de 1960.

Actualmente enténdese o termo volume como un libro que pode incluír varias obras ou só unha, ou pode ser unha parte dunha obra que estea constituída por varios volumes.

Xosé López Calo

José López Calo, nado en Nebra, no concello de Porto do Son o 4 de febreiro de 1922, é un sacerdote católico xesuíta e musicólogo galego. Salientan os seus estudos sobre a música do Códice Calixtino e é membro correspondente da Real Academia Galega dende 1967 .

Ágreda

Ágreda é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 3.167 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 164,93 km².

Ágreda está aos pés do Moncayo, protexida por un terreo escarpado e dividida polo río Queiles, moi aprezado polos romanos.

Nos seus 3.500 habitantes, percíbese o movemento fronteirizo que a caracterizou e que a caracteriza: o intercambio comercial e cultural.

Da súa antigüidade celtíbera queda constancia o Castro natural de la Muela e algunhas moedas celtibéricas recollidas co nome de Aregrada.

Da época romana fican a pequena ponte de acceso ao Barrio mouro, un anaco de muralla e un par de inscricións.

Da visigótica existe a mención nalgún códice dunha igrexa, a de San Xulián.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.