Círculo polar ártico

O círculo polar ártico é a liña imaxinaria correspondente ao paralelo 66° 33’ 39" norte, a liña que delimita a rexión á volta do polo Norte da Terra en que se pode observar o sol da media noite. É un dos cinco paralelos principais terrestres e delimita a zona ártica, ao norte, coa zona temperada norte, ao seu sur.

World map with arctic circle
Mapamundi co círculo polar ártico marcado en vermello

Verán e inverno. Solsticios

Summer solstice n
O círculo polar ártico no solsticio de verán boreal

O círculo ártico delimita o extremo sur do día solar do solsticio de verán e a noite solar do solsticio de inverno. No círculo ártico o Sol non se pon durante 24 horas no día do solsticio de verán. No solsticio de inverno o Sol non sae durante 24 horas.

Movemento do círculo polar ártico

Eclíptica-plano-lateral-ES
Eclíptica e inclinación do eixe de rotación da Terra respecto a ela.
Earth obliquity range
Nutación da Terra.

A posición do círculo polar ártico está determinado pola inclinación do eixo de rotación da terra con respecto á eclíptica. O ángulo non é constante, senón que ten un movemento complexo determinado por moitos ciclos de períodos desde curtos a moi longos.

A nutación (do latín nutare, cabecear ou oscilar) é o nome polo que se coñece a oscilación periódica do polo da Terra arredor da súa posición media na esfera celeste, debido á influencia da Lúa sobre o planeta, similar ao movemento dunha buxaina cando perde forza e está a piques de caer. A nutación fai que os polos da Terra se despracen uns nove segundos de arco cada 18,6 anos. Por iso, debido á nutación, a inclinación oscila máis de 9" (uns 280 metros na superficie) nese período.

O ciclo de maior duración ten un período de 41.000 anos e unha amplitude de 0,68º, ou 76 quilómetros na superficie. Actualmente a inclinación está decrecendo en 0,47" por ano, polo que o círculo polar ártico estase desprazando cara o norte uns 15 metros por ano.

Precesion
Ángulo de precesión

Tamén inflúe a precesión: o movemento de precesión, tamén denominado precesión dos equinoccios, é debido a que a Terra non é esférica senón un elipsoide achatado polos polos. Pódese considerar este movemento como un lento balanceo durante o movemento de translación pero en sentido contrario ás agullas do reloxo. Este balanceo produce que o eixo terrestre debuxe un cono de 47º de abertura con vértice no centro da Terra. Unha volta completa de precesión dura 25.767 anos, ciclo que se denomina ano platónico e cuxa duración fora estimada polos Antigos maias.

Poboacións árticas

Arctic
A liña rubia indica a isoterma dos 10°C en xullo, usada comunmente para definir o límite da rexión Ártica

Aínda que a maior parte do círculo polar ártico está ocupado polo Océano Glacial Ártico, existen zonas de terra habitadas. Algúns países cunha parte importante do seu territorio dentro do círculo polar ártico son:

Islandia tamén ten parte do seu territorio dentro do círculo polar ártico, pero menos de 1 km². Esta área está entre algunhas pequenas illas, das cales só unha, Grímsey, atópase habitada.

Debido a que só se estudaron fragmentos do Ártico, con rompexeos ou submarinos nucleares, diversos países están organizando novas expedicións cartográficas para reclamar o maior territorio posible.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Aeroporto de Kittilä

O aeroporto de Kittilä (IATA: KTT, OACI: EFKT) é un aeroporto finlandés situado en Kittilä, dentro do círculo polar ártico. Opera principalmente servizos internacionais estacionais e de aviación xeral e é un dos principais aeroportos do norte de Finlandia. No ano 2017 pasaron polas súas instalacións un total de 325 160 pasaxeiros, sendo o cuarto aeroporto máis concorrido do país.

Aeroporto de Rovaniemi

O aeroporto de Rovaniemi (IATA: RVN, OACI: EFRO) é un aeroporto finés situado a 10 quilómetros ao norte da cidade de Rovaniemi. Con 579 470 pasaxeiros en 20017 é o terceiro aeroporto máis concorrido de Finlandia. O círculo polar ártico cruza a pista xusto no seu extremo norte.

Andoriña

A andoriña ou anduriña (Hirundo rustica) é unha pequena ave insectívora migratoria que se atopa en África, Europa, Asia e América. As andoriñas europeas pasan a primavera viaxando cara ao norte, chegando mesmo ata o círculo polar ártico, mentres pasan o inverno en África.

A plumaxe da andoriña é negra azulada no dorso e branca no peito. O peteiro é curto, a cola acuminada e dividida en dúas gallas, as ás fortes e longas e as patas curtas. Miden arredor de 19 cm e o seu corpo, fusiforme, está adaptado para os voos rápidos e longos. A andoriña voa baixo en espazos abertos ou semiabertos e atrapa os insectos lanzándose enriba deles desde o aire.

Adoita encontrarse en aldeas e vilas, pero tamén vive no campo aberto. Constrúe os niños de barro e no interior coloca herbas e plumas cun pequeno burato de entrada baixo os beirados dos edificios, pontes, e nas paredes das rochas e cantís. A femia pon catro ou cinco ovos e os dous proxenitores alimentan as crías. As andoriñas teñen un gran sentido da orientación, sendo capaces de atoparen o seu niño do ano anterior.

Andøya

Andøya é a illa máis setentrional do arquipélago Vesterålen, situada a aproximadamente 300 km por encima do Círculo Polar Ártico. Andøya atópase no municipio de Andøe no condado de Nordland, Noruega. Os principais centros de poboación da illa son Andenes, Bleik e Risøyhamn.

A illa ten unha superficie de 489 km², polo que é a décima illa máis grande de Noruega. A illa está conectada á illa veciña de Hinnøxa pola ponte Andøe Bridge. O fiorde Andfjorden atópase ao leste da illa, o estreito Risøysundet atópase ao sur e ao leste da illa, e o fiorde Gavlfjorden atópase á beira suroeste. O Mar de Noruega atópase ao oeste e ao norte.As numerosas áreas pantanosas de Andøya se utilizan para a produción extensiva de turba. Andøya tamén é coñecida polas súas amoras. Ademais das áreas pantanosas planas e en gran parte continuas, Andøya tamén ten montañas escarpadas que alcanzan ata 700 m de altura. O pico de Kvasstinden é o punto máis alto da illa con 705 m. A base de lanzamento de foguetes que se fundou en 1962 tamén se atopa na illa.

Cantus Arcticus

Cantus Arcticus Op. 61, tamén coñecido como Concerto para paxaros e orquestra, é unha composición orquestral do compositor finlandés Einojuhani Rautavaara escrita en 1972. É unha das súas obras máis famosas.Subtitulada Concerto para paxaros e orquestra, incorpora gravacións en cinta magnética de cantos de paxaros gravados preto do círculo polar ártico e nos pantanos de Liminka no norte de Finlandia.

Golfo de Alasca

O golfo de Alasca é un brazo curvo do océano Pacífico na costa sur de Alasca, delimitando polo oeste coa península de Alasca e a illa Kodiak, e polo leste co arquipélago Alexander, onde se encontra a baía Glaciar.

A ribeira do golfo é unha combinación de bosques, montañas e glaciares, como o Malaspina e o Bering. A costa está profundamente accidentada, con enormes entrantes como a Cook Inlet e o Prince William Sound (dous grandes corpos de auga interconectados), ou como tamén a baía Yakutat ou o Cross Sound.

Meteoroloxicamente, o golfo é un continuo xerador de tormentas. Isto, sumado ás vastas cantidades de neve e xeo sobre o sur de Alasca, dá como resultado as maiores tempestades da zona sur do círculo polar ártico. Moitas destas tormentas móvense cara ao sur polas costas de Columbia Británica, Washington e Oregón. A maioría das choivas estacionais do Noroeste do Pacífico proveñen do golfo de Alasca.

Hemisferio norte

O hemisferio norte (ou boreal ou setentrional) é a metade da Terra ao norte do ecuador. Este hemisferio contén ó redor do 89-90% da poboación humana.

Nas rexións temperadas do hemisferio o inverno vai dende decembro ata febreiro e o verán vai dende xuño ata agosto.

Debido aos movementos da Terra, teoricamente os invernos do hemisferio norte deberían ser máis curtos e menos severos que os do hemisferio sur a latitudes equivalentes. Na práctica, os efectos moderadores dos océanos do hemisferio sur fan que sexan moi similares.

As rexións ao norte do Círculo Polar Ártico experimentan fases no verán nas que o sol nunca se pon, e fases no inverno nas que o sol nunca sae. A duración destas fases poden variar dende varios días nas zonas próximas ao círculo polar ata varios meses no Polo Norte.

Latitude

Latitude é un termo usado na xeografía e cartografía. No globo terrestre, é o ángulo que establece, co plano do ecuador terrestre, un raio que vaia dun determinado observador ou lugar ao centro da Terra. Na Liña do Ecuador a latitude é de 0º, no polo Norte é 90º (indicado 90º N) e no polo Sur é -90º (indicado 90ºS). Así, as latitudes positivas, 'por riba' do ecuador, corresponden ó hemisferio norte (chamado tamén hemisferio boreal), e as negativas, 'por baixo' do ecuador, ó hemisferio sur (ou austral).

Muonio

Muonio, (antigamente chamado Muonionniska, e en saami setentrional: Muoná) é un concello de Finlandia. A vila atópase no norte do país, por enriba do Círculo Polar Ártico. Os concellos fineses máis achegados son Enontekiö, Kittilä e Kolari, e polo oeste, Pajala, en Suecia.

Murmansk

Múrmansk (ruso: Мурманск; Saami de Kildi: Мурман ланнҍ; Saami setentrional: Murmánska; Saami de Skolt: Muurman) é unha cidade de Rusia, no oblast de Múrmansk. Porto importante situado no mar de Barents. A súa poboación é de 410.234 habitantes. É a cidade máis grande ao norte do círculo polar ártico. Ten o porto base da frota rusa do norte, onde atracan ducias de submarinos de propulsión nuclear.

Nuuk

Nuuk (do groenlandés: O cabo, tamén Nûk), coñecida até 1979 como Godthåb (do dinamarqués: Boa Esperanza) é a capital e principal cidade do territorio autónomo danés de Groenlandia. Áchase a 240 km ao sur do Círculo Polar Ártico, e a 485 km ao noroeste de Qaqortoq. Sitúase na boca sur dun grupo de fiordes chamados Godthåbsfjorden, cunha poboación de 16.992 habitantes (2015), unha cuarta parte da poboación de Groenlandia.

Oso polar

O oso polar (Ursus maritimus), tamén coñecido como oso branco, é un mamífero da familia dos Úrsidos. É un oso carnívoro cuxo hábitat abrangue unha ampla rexión do Círculo Polar Ártico, no Océano Ártico, e as masas de terra que arrodean os mares. É o meirande oso, cun tamaño semellante ó do omnívoro oso de Kodiak (Ursus arctos middendorffi). Un macho adulto rolda entre os 350 e os 700 kg de peso, mentres que a femia adulta pode chegar á metade de peso. Malia que é unha especie irmá do oso pardo, evolucionou para ocupar un estreito nicho ecolóxico, e moitas das súas características corporais foron adaptacións ás baixas temperaturas, a desprazarse pola neve e o xeo, a nadar en mar aberto e a cazar focas, que son a principal fonte da súa dieta. Malia que a maioría dos osos polares nacen en terra, pasan a meirande parte da súa vida no mar conxelado. O seu nome científico significa "oso marítimo", e deriva dese feito. Os osos polares cazan a súa comida preferida, as focas, en banquisas, vivindo a miúdo das reservas de graxa cando non hai xeo mariño. Por mor da súa dependencia do xeo do mar, os osos polares están clasificados como un mamíferos mariños.Por mor da destrución de hábitat causado polo quecemento global, o oso polar está clasificado como unha especie vulnerable, e polo menos tres das dezanove sub-poboacións de oso polar están en declive. Durante décadas, a caza a grande escala supuxo unha preocupación internacional polo futuro da especie, mais as poboacións recuperáronse despois da imposición de controis.

Durante miles de anos, o oso polar foi unha figura chave na cultura material e espiritual dos pobos circumpolares, sendo aínda hoxe moi importantes nas súas culturas.

Paralelo

Denomínase paralelo ao círculo formado pola intersección da esfera terrestre cun plano imaxinario perpendicular ao eixo de rotación da Terra.

Sobre os paralelos, e a partir do meridiano orixe (Greenwich), medimos a lonxitude (arco de circunferencia expresado en graos sexaxesimais); esta poderá ser leste ou oeste, en función do senso de medida da mesma.

Existen cinco paralelos que determinan unha posición concreta da órbita terrestre no seu desprazamento ao redor do Sol e que por iso reciben un nome particular:

Círculo Polar Ártico (66,5° N)

Trópico de Cáncer (23,27° N)

Ecuador (0° latitude)

Trópico de Capricornio (23,27° S)

Círculo Polar Antártico (66,5° S)A Terra fica dividida así en cinco zonas:

Unha zona tórrida comprendida entre os trópicos e que o ecuador divide en dous: norte e sur.

Dúas zonas temperadas comprendidas entre os trópicos e os círculos polares.

Dúas zonas glaciares comprendidas entre os círculos polares e as polares.A zona tórrida coincide coa máxima e mínima declinación do Sol, atinxindo grandes alturas e culminando no cénit (altura máxima no ceo) dúas veces ao ano. Os raios solares inciden case perpendicularmente nesta zona e é por iso que é a máis calorosa. Nas zonas temperadas os raios inciden máis oblicuamente e o Sol nunca culmina no cénit, por iso son menos calorosas que a anterior. Nas zonas glaciares os raios inciden moi oblicuamente, quentando moi pouco. Nestas zonas os días e as noites teñen unha duración maior a medida que aumenta a latitude. Nos polos as noites e os días teñen unha duración de seis meses.

Pello

Pello é un concello de Finlandia que se atopa aproximadamente a 20 km ó norte do Círculo Polar Ártico. No 2015 tiña unha poboación de 3 656 habitantes.

Pobo protoindoeuropeo

O termo protoindoeuropeos refírese ós individuos pertencentes a unha etnia ou grupo de etnias da Idade do Cobre e a primeira Idade do Bronce, que falaban variantes da lingua protoindoeuropea e compartían unha cultura material e patróns culturais semellantes.

A cultura indoeuropea alcanzou certas vantaxes sobre outros pobos, como a gandaría equina, o carro ou a agricultura do trigo, e expandiuse até abarcar o espazo entre o círculo polar ártico, o sur de Portugal e a India. Estes pobos expresábanse nunha lingua con características similares ás que se falan hoxe na maior parte de Europa, Irán e India, incluíndo linguas mortas como o latín ou o hitita.

A falta de escrita durante o período protoindoeuropeo privou ós historiadores de datos, pero algúns arqueólogos, como Marija Gimbutas, aventuran a hipótese dos kurgáns, segundo a cal o eixo común ás culturas indoeuropeas sería un conxunto de xentes seminómades que atopou os seus fundamentos materiais no cabalo, a roda, o desenvolvemento do metal, a agricultura e a gandaría.

Entre as características culturais comúns ós protoindoeuropeos áchase unha relixión común politeísta con varios deuses celestiais. Posiblemente posuísen algunhas vantaxes tecnolóxicas que lles permitiron expandirse á conta doutros pobos, aínda que algúns autores argumentan sobre unha base arqueolóxica que a expansión foi pacífica.A cultura comparada permite conxeturar que posuían tradición poética, que usaron para cantar as fazañas dos seus deuses e heroes que parece ser antiquísima. A cultura indoeuropea parece constituír a raíz da civilización europea antiga, así como da civilización indoirania antiga.

Rovaniemi

Rovaniemi (en saami de Inari: Ruávinjargâ, en saami setentrional: Roavenjárga e en saami de Skolt: Ruäˊvnjargg) unha cidade e municipio de Finlandia. É a capital administrativa e centro comercial da provincia máis setentrional do país, Laponia. Está situada preto do Círculo Polar Ártico e entre os outeiros de Ounasvaara e Korkalovaara, na confluencia do río Kemijoki e o seu afluente, o Ounasjoki. A cidade e o Rovaniemen maalaiskunta (municipio rural Rovaniemi) que o rodea foron consolidados nunha soa entidade o 1 de xaneiro do 2006. O novo municipio ten unha área de 8.016,72 quilómetros cadrados e unha poboación aproximada de 61.000 habitantes.

Solsticio

En astronomía, o solsticio é o momento en que o Sol, durante o seu movemento aparente na esfera celeste, alcanza o seu maior afastamento, en latitude, do ecuador. Os solsticios ocorren dúas veces por ano: o 21 ou 22 de decembro e o 21 ou 22 de xuño. O nome provén do latín solstitium (sol sistere ou sol quieto).

Yellowknife, Canadá

Yellowknife (62°27'N 114°21'O) é a capital dos Territorios do Noroeste no Canadá. É a única cidade no territorio con máis de 5.000 habitantes, cunha poboación de 15.748 habitantes (2006), 19.234 habitantes (2011).. Atópase na beira norte do Gran Lago do Escravo, aproximadamente a 400 km do Círculo Polar Ártico, na marxe oeste da Yellowknife Bay, próxima á foz do río Yellowknife. Yellowknife e os corpos de auga do lugar foron denominados así polos indios Dene coñecidos como os 'Copper Indians' ('indios do cobre') ou 'Yellowknife Indians' ('indios de coitelo amarelo') que comerciaban con materiais feitos do cobre extraído dos depósitos da costa Ártica.

A súa poboación actual é mestiza. Das once linguas oficiais dos Territorios do Noroeste, cinco son faladas de xeito significativo en Yelloknife.

Alén do inglés e do francés, fálanse o chipewyan, o dogrib e o slave.

En chipewyan, a cidade chámase Somba K’e (Som-ba Kay) ("onde está o carto").O pobo de Yellowknife considérase que se fundou en 1934, tras a descuberta de ouro na zona, aínda que a actividade comercial na zona costeira que hai hoxe en día empezou en 1936. Yellowknife converteuse rapidamente nun centro económico dos Territorios, nomeándose capital dos Territorios do Noroeste en 1967. Cando a produción mineira do ouro empezou a minguar, Yellowknife pasou de ser un pobo mineiro a un centro gobernamental de servizos nos anos 1980. Mais, ao descubrimento de diamantes ao norte de Yellowknife en 1991, este cambio empezou a cambiar.

Ártico

O Ártico (do grego ἄρκτος "oso, osa", en referencia á constelación da Osa Menor á que pertence a Estrela Polar) é a rexión que rodea o Polo Norte da Terra. Inclúe partes de Canadá, Groenlandia (que é un territorio dinamarqués), Noruega, Suecia e Finlandia, así como o océano Ártico.

Existen numerosas definicións da rexión ártica. Considérase xeralmente que o seu límite está ao norte do Círculo Polar Ártico (66° 33’N), que é o límite do sol de medianoite e a noite polar. Outras definicións baséanse no clima e a ecoloxía, como a isoterma 10 °C de xullo, que tamén corresponde aproximadamente coa liña de árbores na maior parte do Ártico. Socialmente e politicamente, a rexión ártica inclúe os territorios setentrionais de oito estados, incluíndo Laponia, aínda que, segundo as definicións científicas, moito deste territorio é realmente subártico.

O Ártico é fundamentalmente un océano recuberto de xeo e rodeado de terra xeada e desprovista de árbores. A vida é abondosa e inclúe organismos que viven no xeo, peixes e mamíferos mariños, paxaros, animais terrestres e comunidades humanas.

A rexión ártica é, pola súa natureza, unha área única. As culturas da rexión e os pobos indíxenas do ártico téñense adaptado ás súas condicións frías extremas. Ten un papel relevante no equilibrio físico, químico e biolóxico do mundo. Reacciona sensibelmente ás mudanzas no clima, que repercuten de volta na situación global do ambiente. Desde a perspectiva da investigación na mudanza climática, a rexión ártica considérase un sistema de aviso temperán.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.