Cícladas menores

As Cícladas menores ou Pequena Cícladas (grego: Μικρές Κυκλάδες) é un conxunto de illas no mar Exeo, no interior do arquipélago das Cícladas . Atópase ao sur-este de Naxos e componse de 32 illas e rochas.[1] As illas principais son Ano Koufonisi, Kato Koufonisi, Irakleia, Schoinoussa, Donousa e Keros. a maior delas é Irakleia cunha superficie de 18 km² e a máis poboada é Ano Koufonisi cunha poboación de 399 habitantes, de acordo co censo de 2011. Só catro delas están habitadas, Ano Koufonisi, Irakleia, Donousa e Schoinoussa. O illote de Kato Antikeri ten tamén dous habitantes. Administrativamente, as illas pertencen ao concello de Naxos e Cícladas menores, separadamente dos illotes de Ano e Kato Antikeri que pertencen ao municipio Amorgos.

Mikres Kyklades de

Historia

Durante a última glaciación a maior parte das illas do Cícladas uníronse nunha gran masa de terra. Despois de que o nivel do mar subiu no ca. 9.000 aC o Exeo inundou a masa para formar as moitas pequenas illas e adquirir a súa forma moderna.[2] As Cícladas menores están habitadas desde o Idade de Pedra. As illas prosperaron durante a primeira Idade de Bronce, cando apreceu a cultura das Cícladas. A illa de Keros foi un dos sitios máis importantes da cultura das Cícladas e deu o seu nome ao primeiro período da cultura das Cícladas, coñecido como cultura Keros-Syros.[3] As illas poboáronse a partir de entón. Nas illas, sobre todo Schoinoussa e Irakleia atópanse as ruínas da antigüidade clásica e o período romano. En tempos medievais e modernos as illas sufriron da piratería. Polo tanto, ás veces as illas foron despoboadas e foron colonizadas de novo polos pastores que partiron de Amorgos. Desde o século XI a maior parte das illas das Cícladas menores consideráronse como propiedade do Mosteiro Hozoviotissa en Amorgos.[4] O mosteiro, aínda hoxe ten grandes áreas de propiedade nas illas.[5] As illas a día de hoxe foron desenvolvidas como destino turístico. Son famosas pola súa vida serena e tranquila.

Illas principais

Nome Nome grego Concello Subgrupo Superficie km²[6] Situación
Melandii
(Bouve, Vouves, Chtenia)
Μελάντιοι
(Μπουβέ, Βούβες, Χτένια)
Donousa Melandii 00,052[7] 37°14′16.9″N 25°55′41.76″L / 37.238028, -25.9282667
Donoussa Δονούσα (Δονούσσα) Donousa 13,652[8] 37°6′26″N 25°48′52″L / 37.10722, -25.81444
Skoulonisi (Skylonisi) Σκουλονήσι (Σκυλονήσι) Donousa 00,243 37°7′30″N 25°50′3″L / 37.12500, -25.83417
Moschonas Μοσχονάς Donousa 37°6′41.5″N 25°50′4.6″L / 37.111528, -25.834611
Agios Nikolaos (Megalo Nisi) Άγιος Νικόλαος (Μεγάλο Νησί) Donousa Makares (Macheres)
(Μακάρες, Μαχαίρες)
00,912 37°5′7″N 25°41′45″L / 37.08528, -25.69583
Agia Paraskevi Αγία Παρασκευή Donousa Makares (Macheres)
(Μακάρες, Μαχαίρες)
00,275 37°4′48″N 25°42′21″L / 37.08000, -25.70583
Strongyli (Strongylo) Στρογγυλή (Στρογγυλό) Donousa Makares (Macheres)
(Μακάρες, Μαχαίρες)
00,354 37°4′9″N 25°42′17″L / 37.06917, -25.70472
Prasoura
(Kopria, Kopries)
Πρασούρα
(Κοπριά, Κοπριές)
Koufonisia Koufonisia 00,145 36°59′12″N 25°38′18″L / 36.98667, -25.63833
Pano Koufonisi Πάνω Κουφονήσι Koufonisia Koufonisia 05,770[8] 36°56′28″N 25°36′29″L / 36.94111, -25.60806
Kato Koufonisi Κάτω Κουφονήσι Koufonisia Koufonisia 03,879 36°54′43″N 25°34′43″L / 36.91194, -25.57861
Glaronisi (Glaros) Γλαρονήσι (Γλάρος) Koufonisia Koufonisia 00,156 36°54′58″N 25°36′20″L / 36.91611, -25.60556
Keros Κέρος Koufonisia Koufonisia 15,000 36°53′27″N 25°38′58″L / 36.89083, -25.64944
Daskalio Δασκαλειό (Δασκαλιό) Koufonisia Koufonisia 00,015[9] 36°53′15″N 25°36′15″L / 36.88750, -25.60417
Voulgaris (Gourgari) Βούλγαρης (Γούργαρι) Koufonisia Koufonisia 00,119 36°52′42″N 25°41′17″L / 36.87833, -25.68806
Mikri Plaka Μικρή Πλάκα Koufonisia Koufonisia –
Plakes (Πλάκες)
36°52′45″N 25°38′3″L / 36.87917, -25.63417
Megali Plaka Μεγάλη Πλάκα Koufonisia Koufonisia –
Plakes (Πλάκες)
00,030[9] 36°52′39″N 25°37′37″L / 36.87750, -25.62694
Tsouloufi Τσουλούφι Koufonisia Koufonisia 36°52′25″N 25°37′19″L / 36.87361, -25.62194
Lazaros Λάζαρος Koufonisia Koufonisia 36°52′13″N 25°37′23″L / 36.87028, -25.62306
Plaki
(Andreas)
Πλακή
(Πλακί, Ανδρέας)
Koufonisia Koufonisia 00,045[7] 36°51′42″N 25°37′21″L / 36.86167, -25.62250
Louvardari
(Louvardiari, Agios Andreas)
Λουβαρδάρι
(Λουβαρδιάρι, Άγιος Ανδρέας)
Koufonisia Koufonisia 00,103 36°52′14″N 25°38′13″L / 36.87056, -25.63694
Andikeros (Ano Andikeri) Αντίκερος (Άνω Αντικέρι) Amorgos Koufonisia –
Andikeria (Αντικέρια)
01,077 36°50′47″N 25°40′54″L / 36.84639, -25.68167
Kato Andikeri (Drima) Κάτω Αντικέρι (Δρίμα) Amorgos Koufonisia –
Andikeria (Αντικέρια)
01,050[8] 36°50′29″N 25°39′56″L / 36.84139, -25.66556
Klidoura (Gaidoura) Κλιδούρα (Γαϊδούρα) Schinoussa 36°53′21″N 25°32′33″L / 36.88917, -25.54250
Schinoussa (Schinousa) Σχοινούσσα (Σχοινούσα) Schinoussa 08,144[8] 36°52′15″N 25°31′31″L / 36.87083, -25.52528
Aspronisi Ασπρονήσι Schinoussa 00,043[7] 36°51′19″N 25°32′47″L / 36.85528, -25.54639
Ofidousa
(Ofidoussa, Fidousa, Fidou)
Οφειδούσα
(Οφειδολυσσα, Φιδούσα, Φιδού)
Schinoussa 00,630 36°50′41″N 25°31′19″L / 36.84472, -25.52194
Argilos Άργιλος Schinoussa 00,088[7] 36°50′5″N 25°31′31″L / 36.83472, -25.52528
Venetiko Βενετικό Iraklia 00,121 36°51′21″N 25°29′6″L / 36.85583, -25.48500
Iraklia Ηρακλειά Iraklia 18,078[8] 36°50′23″N 25°27′19″L / 36.83972, -25.45528
Megalos Avelas Μεγάλος Αβελάς Iraklia Avelonisia (Αβελονήσια) 00,058[7] 36°49′44″N 25°24′30″L / 36.82889, -25.40833
Mikros Avelas Μικρός Αβελάς Iraklia Avelonisia (Αβελονήσια) 36°49′38″N 25°23′43″L / 36.82722, -25.39528

Referencias

  1. "Μικροί παράδεισοι στην καρδιά των Κυκλάδων". imerisia.gr. Consultado o 4 de xullo de 2015.
  2. "Geomorphology". ime.gr. Consultado o 4 de xullo de 2015.
  3. "The Bronze Age". fhw.gr. Consultado o 4 de xullo de 2015.
  4. "History Culture". smallcyclades.com. Consultado o 4 de xullo de 2015.
  5. "Που απλώνεται η ακίνητη περιουσία της Ι.Μ. Χοζοβιώτισσας". cycladesvoice.gr. Consultado o 4 de xullo de 2015.
  6. Wenn nicht anders vermerkt Flächenangaben aus Modelo:Literatur
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Προσδιορισμός και χαρτογράφηση των ορνιθολογικά ευαίσθητων στα αιολικά πάρκα περιοχών της Ελλάδας, Ελληνική Ορνιθολογική Εταιρεία (Griechische Ornithologische Gesellschaft) PDF Online (1,883 MB), griechisch
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Modelo:Literatur
  9. 9,0 9,1 Modelo:Literatur

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Irakleia

Irakleia ou Heraklia (grego: Ηρακλειά) é unha illa e comunidade que pertence ás Cícladas en Grecia. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte da municipalidade de Naxos e Cícladas menores, da que é unha unidade municipal. A súa poboación era oficialmente 141 habitantes no censo de 2011, e a súa superficie é de 17´795 km². É unha illa pequena pero fermosa entre as illas de Naxos e Ios. Nas proximidades das illas de Schoinoussa, Koufonisi, Donoussa, e Keros, xuntas forman as Cícladas menores. O porto chámase Agios Georgios, mentres que a "capital" (chora) na parte superior da illa chámase Panagia (Madonna). As covas máis grandes das Cícladas atópanse en Irakleia. A Irakleia pódese chegar en grandes barcos desde Atenas, Naxos e Paros.

Keros

Keros (grego: Κέρος) é unha illa grega deshabitada. Pertence ao arquipélago das Cícladas, máis concretamente ás Cícladas menores, e está situada a uns 10 quilómetros ao sueste de Naxos. É unha das Cícladas menores xunto a Irakleia, Schoinoussa, Antikeros, Giaros e Kuofonisi. Administrativamente forma parte da comunidade de Koufonisia.

Trátase dunha illa montañosa, de clima seco, caloroso no verán e amornado no inverno. Ten unha superficie de 15 km² e o seu punto máis elevado é o Monte Keros, de 432 metros sobre o nivel do mar.

Na actualidade a illa atópase deshabitada, aínda que en distintas escavacións atopáronse restos da antiga civilización cicládica que floreceu sobre o ano 2500 a.C. O habitante máis soado da illa foi Athenasagoras. Keros é especialmente coñecida polas estatuas de mármore de face plana que posteriormente inspiraron a Pablo Picasso e Henry Moore. Agora está prohibido desembarcar en Keros.

Lista de illas de Grecia

Esta é unha lista dalgunhas das 6.000 illas e illotes de Grecia, das que 227 están habitadas. Apenas 78 illas teñen máis de 100 habitantes.

A illa grega máis grande por superficie é Creta, que se atopa no extremo sur do Mar Exeo. A segunda illa máis grande é Eubea, que está separada do continente polo Estreito de Euripo de 60 m. de ancho, e adminístrase como parte da perifieria de Grecia Central. Despois están a terceira e cuarta illas gregas, Lesbos e Rodas, o resto das illas son as dúas terceiras partes da superficie de Rodas, ou máis pequenas.

As illas gregas están tradicionalmente agrupadas nos seguintes grupos: As illas Argo-Sarónico no golfo Sarónico preto de Atenas, as Cícladas, unha gran pero densa colección, ocupando a parte central do mar Exeo, as Illas do Exeo Norte, unha agrupación da costa oeste de Turquía, o Dodecaneso, outro conxunto disperso no sueste entre Creta e Turquía, as Espóradas, un grupo moi pequeno fronte ás costas de Eubea, e as Illas Xónicas, situadas ao oeste da península no Mar Xónico (unha destas illas, Citerea, está na punta sur da Península do Peloponeso e forma parte da periferia Ática, pero se consideran parte das illas Xónicas, principalmente debido a razóns históricas). Tamén hai moitas illas, illotes e rocas que rodean a costa de Creta.

Schoinoussa

Schoinoussa (en grego: Σχοινούσα) é unha illa grega e unha comunidade das Cícladas. Atópase ao sur da illa de Naxos, no grupo das Cícladas menores. A poboación era de 206 habitantes no censo de 2001. A súa superficie é de 8.512 km².

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.