Cícladas

As Cícladas ou Cíclades, do grego Κυκλάδες, que significa "circular", é un arquipélago no sur do mar Exeo. O seu nome indica as illas que forman un círculo arredor da illa sagrada de Delos, (patria dos deuses Apolo e Ártemis), en contraposición ao resto das illas do Exeo ás que chamaron Espóradas (do grego: Σποράδες, dispersas).

Coordenadas: 37°00′N 25°06′L / 37.00, 25.10

GreeceCyclades
Cyclades map-fr
As illas Cícladas.

Xeografía

É un conxunto de máis de 200 illas, das cales as maiores son Amorgos, Anafi, Andros, Antíparos, Delos, Ios, Kea, Kímolos, Kythnos, Milos, Mykonos, Naxos, Paros, Folégandros, Serifos, Sifnos, Síkinos, Siros, Tinos e Santorini. Estas illas fan parte da periferia da Grecia do Exeo Meridional, que ten a súa capital na illa de Siros.

Politicamente constitúen unha prefectura de Grecia. A poboación total da prefectura é de 112.615 habitantes (censo do 2001) e a sede da mesma atópase en Hermópolis (grego: Ερμούπολη)

Mykonos Little Venice
Vista turística de Míconos

A xeografía das illas é montañosa. O clima é seco, caloroso no verán e amornado no inverno. Unha das poucas illas fértiles é Naxos, famosa pola súa produción de patacas, aceite de oliva, froitas e outros produtos mediterráneos. Os fortes e frecuentes ventos mariños ás veces provocan problemas de comunicación aos barcos que enlazan a illa co resto de Grecia.

A arquitectura típica dos pobos, con casas e ruas encaladas de branco e portas e fiestras de vivas cores (especialmente o azul), son un dos maiores activos do turismo grego, e fan das Cíclades, en especial de Miconos e Santorini un dos destinos clásicos do turismo de toda Europa.

Historia

As illas son o berce da civilización cicládica, datada entre o final do neolítico e os primeiros tempos da idade de bronce (aproximadamente entre os anos 3300 ao 2000 a.C.). Algúns autores pensan que a civilización cicládica é continuación ou está relacionada dalgún modo coa civilización minoica, orixinaria da illa de Creta, ao sur da Cícladas. A cultura cicládica é coñecida polas súas figuras femininas, de formas esquemáticas e planas, esculpidas en mármore puro das illas.

Na época medieval as illas estiveron dominadas polos venecianos, polo que aínda queda unha pequena minoría católica, unha das poucas en Grecia, país de maioría ortodoxa.

Véxase tamén

Outros artigos

Aeroporto de Santorini (Thira)

O aeroporto internacional de Santorini (Thira) (IATA: JTR, ICAO: LGSR) é un aeroporto en Santorini/Thira, Grecia, situado ao norte da vila de Kamari. O aeroporto ten tanto un uso militar como civil. Santorini é unha das poucas illas Cícladas cun grande aeroporto. No ano 2016 pasaron polas súas instalacións un total de 1 685 695 pasaxeiros.

Amorgos

Amorgos (en grego Αμοργóς) é unha illa grega do Mar Exeo, a máis occidental do grupo das Cícladas e a máis próxima ao arquipélago veciño do Dodecaneso, situada ao sueste de Naxos, a 138 millas mariñas do porto do Pireo. Ten unha superficie de 126´346 km² e 112 km de costa. A súa poboación era de 1.973 habitantes en 2011. Ten dous portos, ambos na costa enfronte de Naxos: Katàpola ao oeste e Egiali ao leste. O punto máis alto está no extremo leste da illa, na cima do Kríkelo (821 m). A capital da illa é Amorgos, ou Khora, situada no interior, a 320 m por encima de Katàpola.

O Monte Krikellos ao leste de Egiali culmina a 821 m.

Amorgos foi sempre considerada como unha «illa estéril». Homero dicía dela que era unha «illa espida».

O lugar máis coñecido da illa é o pequeno mosteiro de Khozoviótissa, fundado no século XI, que colga no medio dun cantil a 300 m sobre o mar na costa este, e que aparece na película O grande azul de Luc Besson.

Arquipélago

Un arquipélago é un conxunto de illas relativamente próximas unhas das outras. A proximidade débese, xeralmente, a unha orixe xeolóxica común para a totalidade do arquipélago, que normalmente se forma ao longo dunha dorsal oceánica.

Ceos

Ceos, tamén coñecida como Kea e Gia (grego Κέα Τζια), Tzia, Zea, Keos (grego antigo Κέως, Keōs), ou en latín Ceos, de onde a forma galega, é unha illa do arquipélago das Cícladas, no Mar Exeo, en Grecia.

Trátase da illa máis próxima ao Ática de todo o conglomerado das Cícladas (aproximadamente, unha hora en barco desde Laurión; dista 20 km do Cabo Sunión e 60 km de Atenas cara ao sueste. O seu clima é árido e o terreo está infestado de outeiros.

Civilización cicládica

A civilización cicládica (tamén coñecida como cultura cicládica ou período cicládico) é unha cultura arqueolóxica da Idade do Cobre e do Bronce nas Cícladas, no mar Exeo, abarcando aproximadamente o período do -3000 ao -2000

En metade do Exeo, entre as Espóradas e Creta, entre a península helénica e Anatolia, áchase o arquipélago das Cícladas. Estas illas deben o nome á súa disposición aproximadamente circular (κύκλος kyklos en grego significa círculo) en torno a Delos, a illa sagrada que viu nacer a Apolo. Son Míconos, Paros, Milo ou Milos, Sifnos, Amorgos, Tinos, Serifos ou Serfanto e Santorini.

Nestas illas do Exeo floreceu unha civilización anterior en case 2.000 anos á grega, que deixou tras de si centos de figuriñas de mármore, a maioría figuras femininas.

Cícladas menores

As Cícladas menores ou Pequena Cícladas (grego: Μικρές Κυκλάδες) é un conxunto de illas no mar Exeo, no interior do arquipélago das Cícladas . Atópase ao sur-este de Naxos e componse de 32 illas e rochas. As illas principais son Ano Koufonisi, Kato Koufonisi, Irakleia, Schoinoussa, Donousa e Keros. a maior delas é Irakleia cunha superficie de 18 km² e a máis poboada é Ano Koufonisi cunha poboación de 399 habitantes, de acordo co censo de 2011. Só catro delas están habitadas, Ano Koufonisi, Irakleia, Donousa e Schoinoussa. O illote de Kato Antikeri ten tamén dous habitantes. Administrativamente, as illas pertencen ao concello de Naxos e Cícladas menores, separadamente dos illotes de Ano e Kato Antikeri que pertencen ao municipio Amorgos.

Delos

Delos, (grego Δήλος, Dhilos) estable e visible, é unha das máis pequenas illas das Cícladas, no mar Exeo tamén chamada Lagia, illa das lebres; Ortigia, illa dos paspallás; Cintera, tamén Clamidia, Cintos, Pirpile e Pelasgia.

Idade de Bronce

A Idade de Bronce é un período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da mestura de cobre e estaño. O bronce foi inventado en oriente medio cara ao IV milenio a. C. substituíndo ao cobre, que dera lugar ao período Calcolítico, aínda que noutros lugares esta última idade foi descoñecida e o bronce substituíu directamente ao período Neolítico. Na África negra o Neolítico foi seguido da Idade de Ferro.

A data de adopción do bronce varía segundo as culturas:

Na Asia central o bronce chega ao redor do 2000 a.C. en Afganistán, Turkmenistán e Irán.

Na China adóptao a dinastía Shang (1766 a.C.- 1122 a.C.).

Illas do Exeo

As illas do Exeo son un numeroso e disperso grupo dunhas 5000 illas e illotes situadas no mar Exeo e do que pouco máis de 100 están habitadas. A gran maioría destas illas pertencen a Grecia, e só unhas poucas son parte de Turquía.

Irakleia

Irakleia ou Heraklia (grego: Ηρακλειά) é unha illa e comunidade que pertence ás Cícladas en Grecia. Desde a reforma do goberno local de 2011 forma parte da municipalidade de Naxos e Cícladas menores, da que é unha unidade municipal. A súa poboación era oficialmente 141 habitantes no censo de 2011, e a súa superficie é de 17´795 km². É unha illa pequena pero fermosa entre as illas de Naxos e Ios. Nas proximidades das illas de Schoinoussa, Koufonisi, Donoussa, e Keros, xuntas forman as Cícladas menores. O porto chámase Agios Georgios, mentres que a "capital" (chora) na parte superior da illa chámase Panagia (Madonna). As covas máis grandes das Cícladas atópanse en Irakleia. A Irakleia pódese chegar en grandes barcos desde Atenas, Naxos e Paros.

Lista de illas de Grecia

Esta é unha lista dalgunhas das 6.000 illas e illotes de Grecia, das que 227 están habitadas. Apenas 78 illas teñen máis de 100 habitantes.

A illa grega máis grande por superficie é Creta, que se atopa no extremo sur do Mar Exeo. A segunda illa máis grande é Eubea, que está separada do continente polo Estreito de Euripo de 60 m. de ancho, e adminístrase como parte da perifieria de Grecia Central. Despois están a terceira e cuarta illas gregas, Lesbos e Rodas, o resto das illas son as dúas terceiras partes da superficie de Rodas, ou máis pequenas.

As illas gregas están tradicionalmente agrupadas nos seguintes grupos: As illas Argo-Sarónico no golfo Sarónico preto de Atenas, as Cícladas, unha gran pero densa colección, ocupando a parte central do mar Exeo, as Illas do Exeo Norte, unha agrupación da costa oeste de Turquía, o Dodecaneso, outro conxunto disperso no sueste entre Creta e Turquía, as Espóradas, un grupo moi pequeno fronte ás costas de Eubea, e as Illas Xónicas, situadas ao oeste da península no Mar Xónico (unha destas illas, Citerea, está na punta sur da Península do Peloponeso e forma parte da periferia Ática, pero se consideran parte das illas Xónicas, principalmente debido a razóns históricas). Tamén hai moitas illas, illotes e rocas que rodean a costa de Creta.

Mar de Creta

O mar de Creta (grego: Κρητικό Πέλαγος, "Kritiko Pelagos") é un mar, parte do Mar Exeo, situado na súa extremidade sur. O mar esténdese ao norte da illa de Creta, ao leste das illas de Citerea e Antikythira, ao sur das Cícladas e ao oeste das illas do Dodecaneso de Rodas, Karpathos e Kasos. O mar contiguo cara ao oeste é o Mar Xónico. Ao Noroeste está o Mar de Myrtoan, unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e Peloponeso. Ao Leste-SE é o resto do Mar Mediterráneo, ás veces acreditado como o mar Levantino. Ao outro lado da illa de Creta, ná beira oposta comenza o mar Mar de Libia. As rutas de transbordador cara a e desde O Pireo e Heraklion, así como ás illas do Exeo e o Dodecaneso do Sur, pasan por esta área. Xusto ao longo da costa nordés de Creta, o mar alcanza unha profundidade máxima próxima aos 3.294 m. [Cómpre referencia] Outras fontes (mapas) mostran unha profundidade máxima de 2.591 m..

Mar de Mirtoon

O Mar de Mirtoon (grego: Mυρτώο Πέλαγος, Myrtoo Pelagos), é unha subdivisión do Mar Mediterráneo que se atopa entre as Cícladas e o Peloponeso. É descrito como a parte do Mar Exeo ao sur de Eubea, Ática e Argólida. parte da masa de auga do Mar Negro chega ao mar de Mirtoon, transportada a través do mar Exeo.(Saundry, Hogan & Baum. 2011)

O Golfo Sarónico, o golfo de Atenas, sitúase entre a Canle de Corinto e o Mar de Mirtoon.

Dise que foi nomeado despois de que o mítico heroe Mirtilo, que fora lanzado a este mar por un enfurecido Pélope. O nome tamén estivo relacionado co da doncela Mirto. Tamén se di que deriva o seu nome dunha pequena illa chamada Mirtus. [Cómpre referencia]

Míconos

Míconos (en grego: Μύκονος) é unha illa de Grecia pertencente ás Cícladas, situada entre Tinos (ao noroeste), Siros (ao oeste), Paros (ao sueste) e Naxos (ao sur). Ten unha superficie de 86 Km² e unha altitude máxima de 364 m. A illa ten un chan maioritariamente granítico e unha importante escaseza de auga que fai imprescindible a súa obtención mediante desalación. Conta con 6.200 habitantes. A poboación principal é Miconos (Chora), situada na parte occidental da illa.

Naxos

Naxos (en grego Νάξος) é unha illa grega do mar Exeo, que pertence ao arquipélago das Cícladas. Ten 429 km² e 19.000 habitantes, o que a fai a máis grande das illas das Cícladas no mar Exeo. foi o centro da arcaica cultura das Cícladas. A illa é famosa por ser unha fonte de esmeril, unha rocha rica en corindón, que ata a época moderna foi un dos mellores abrasivos dispoñibles.

A cidade máis grande e capital da illa é Chora ou Naxos, con 6.533 habitantes (censo 2001). Os principais pobos son Filoti, Apiranthos, Vivlos, Agios Arsenios, Koronos e Glinado.

Paros

Paros (grego Πάρος, latín Parus) é unha pequena illa grega situada no mar Exeo, ao sur de Delos e ao oeste de Naxos, da que está separada por unha canle. Pertencente ao conxunto das Cícladas, é a terceira en tamaño con 207 Km² de extensión e 118 km de praias. É unha illa sen apenas vexetación, montañosa e con grandes extensións chairas aptas para o cultivo. Posúe dous grandes golfos naturais, o de Naussa e o de Parikia. Ten unha poboación de 15.000 habitantes, coñecidos polo xentilicio de parios.

Sifnos

Sifnos (grego, Σίφνος) é unha illa do arquipélago das Cícladas en Grecia. A cidade é tamén coñecida como Apolonia (pob. 869) é o fogar do museo de folclore da illa e a biblioteca. O nome do pobo crese que provén dun antigo templo de Apolo no sitio da igrexa de Panayia Yeraniofora. A segunda cidade máis grande é Artemonas (800 hab.), que se cre é o nome dun antigo templo da deusa irmá de Apolo Ártemis, que se atopa no sitio da igrexa de Panayia Kokhi. O pobo de Kastro (118 hab.), foi a capital da illa durante os tempos antigos ata 1836. Está construída no alto dun cantil na costa leste de a illa e hoxe conta con numerosos restos medievais e é a localización do museo arqueolóxico da illa. O asentamento do porto, na costa oeste da illa é coñecida como Kamares (245 hab.).Sifnos era moi rica na Antigüidade, grazas ás súas minas de ouro e prata. Proba diso, é o tesouro que os sifnios construíron en Delfos no Século VI a.C.

Siros

Siros (grego: Σύρος) ou Syros ou Syra é unha illa de Grecia situada no arquipélago das Cícladas, no mar Exeo, e capital da prefectura do mesmo nome e da rexión do Exeo meridional. Atópase a 144 km ao sueste de Atenas. A superficie da illa é de 83´6 km² e ten 21.507 habitantes (censo 2011).

As cidades máis grandes son Ermoupoli (grego: Ερμούπολη), Ano Siros, e Vari grego: Βάρη Σύρου. Ermoupoli é a capital da illa e das Cícladas. Sempre foi unha cidade portuaria importante, e durante o século XIX foi aínda máis significativo que o Pireo. Outros pobos son Galissas, Foinikas, Pagos, Manna, Kini e Poseidonia.

Unidades periféricas de Grecia

As 74 unidades periféricas ou unidades rexionais (grego: περιφερειακές ενότητες, perifereiakés enóti̱tes, sing. περιφερειακή ενότητα, perifereiakí̱ enóti̱ta) son divisións administrativas descentralizadas de Grecia. Son as subdivisións das 13 periferias do país, subdivididos en municipios. Foron introducidos como parte da reforma administrativa Kallikratis do 1 de xaneiro de 2011 e son comparables en tamaño e, na parte continental, lindeiras coas prefecturas de Grecia pre-"Kallikratis".

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.