César Portela

César Portela Fernández-Jardón, nado en Pontevedra o 18 de abril de 1937, é un arquitecto galego.

César Portela
Nome completoCésar Portela Fernández-Jardón
Nacemento18 de abril de 1937
 Pontevedra
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónarquitecto
CónxuxePascuala Campos de Michelena
FillosSergio Portela, valor descoñecido e valor descoñecido
Museo do Mar
Museo do Mar en Vigo.
Domus2
Casa do Home na Coruña.

Traxectoria

Fillo de Agustín Portela Paz. Estudou nas Escolas Superiores de Arquitectura de Madrid e Barcelona, licenciouse en 1966 e obtivo o doutoramento dous anos despois.

Foi profesor invitado en numerosas universidades e institucións, como a Escola Superior de Arquitectura de Pamplona, Nancy, Caracas, Lisboa ou Weimar. Colaborou na organización e deseño de diversos seminarios e obradoiros de arquitectura, como o dirixido canda a Aldo Rossi en Santiago de Compostela (1974), os Obradoiros Internacionais de Arquitectura de Napoli, Belfort, e Caracas, a IV Bienal de Arquitectura de Santander, ou o Seminario sobre Cultura e Natureza: Arquitectura e Paisaxe, dependente da Universidade Internacional Menéndez Pelayo na illa de San Simón, así como a dirección, con Óscar Tenreiro, do Seminario de Arquitectura da Universidade de Weimar.

Galardonado co Premio Nacional de Arquitectura de España en 1999 polo edificio da Estación de Autobuses de Córdoba, ten recibido distincións e honras de diversas Institucións estatais e internacionais. Tamén levou a cabo unha extensa labor docente, ocupando na actualidade a Cátedra de Proxectos Arquitectónicos da E.T.S. de Arquitectura da Coruña.

Obras

Notas

  1. [1]
  2. Pastor: "Esta ampliación convierte a Peinador en uno de los aeropuertos más importantes del país"

Véxase tamén

Ligazóns externas

18 de abril

O 18 de abril é o 108º día do ano do calendario gregoriano (108º nos anos bisestos). Quedan 257 días para finalizar o ano.

1937

1937 foi Ano Santo Xacobeo.

As Burgas

As Burgas son uns mananciais de augas termais que se localizan na cidade de Ourense. Deles brotan unhas augas silicatadas, fluoradas, litínicas e hipertermais, a unha temperatura entre 64 e 68 °C cun caudal de 300 litros por minuto. Estas augas son aplicables a diferentes tipos de dermopatías.

Asemblea Popular Galega

A Asemblea Popular Galega (APG) foi unha organización política creada o 10 de outubro de 1976 por un grupo escindido da Asemblea Nacional-Popular Galega por considerar a esta última próxima de máis á Unión do Povo Galego. Os seus líderes eran Xan López Facal, César Portela, Carlos Vázquez e Mario López Rico e celebrou o seu primeiro Congreso en decembro de 1976. A APG apoiaba ao Partido Socialista Galego e formaban parte dela un sector escindido das Comisións Labregas denominado Comisións Labregas Terra e os Comités de Traballadores Galegos. Participou na posta en marcha da revista Teima (1976-1977). A APG deixou de existir o 4 de decembro de 1977.

Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo

O Auditorio Pazo de Congresos Mar de Vigo é un auditorio e pazo de congresos de máis de 23.000 m², situado na Avenida de Beiramar do concello de Vigo, ao carón do porto e, polo tanto, da ría.

Autopista, unha navallada á nosa terra

Autopista, unha navallada á nosa terra, tamén coñecida como Autoestrada, unha navallada á nosa terra, é unha curtametraxe documental dirixida por Llorenç Soler. O documental detalla a construción da autoestrada do Atlántico, destacando a resistencia popular á súa construción durante a transición. O filme realizouse en 1977, dous anos despois da morte do ditador Francisco Franco.

O filme foi realizado a petición da coordinadora de afectados da que formaban parte os arquitectos César Portela e Salvador Tarragó.

Casa do Home

A Casa do Home, máis coñecida como DOMUS, é un museo coruñés, o único interactivo conceptual e monográfico sobre o ser humano. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10.062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, elaborar un menú e comprobar se é equilibrado ou ver os latidos do propio corazón. Foi inaugurado en abril de 1995 e é obra de César Portela e Arata Isozaki.

Faro de Punta Nariga

O faro de Punta Nariga é un faro situado en Malpica de Bergantiños, construído en 1998. Ten un alcance de 22 millas náuticas e é de luz branca sobre unha torre cilíndrica de cantaría e de 39 metros de altura. O cilindro da torre está construído con granito do Porriño.

Está situado entre a punta do Roncudo (ao suroeste) e as illas Sisargas e o cabo de Santo Adrián (ao nordeste). Foi construído en base ao deseño do arquitecto César Portela. A súa forma triangular divide os seus vértices facendo que cada un deles cobre particular significado. O nordés penetra na rocha coma se formase parte dela, mentres que o sueste aseméllase ao baluarte dunha fortaleza. O orientado ao oeste, preséntase como a proa dun barco que suca as augas, coroada por unha escultura de bronce. Trátase dunha particular estatua do artista Manolo Coia, tallada en 1994, cuxa figura debátese entre o humano e a forma dunha gaivota como un ave a piques de voar.

Forcarei

Forcarei é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca de Tabeirós - Terra de Montes. Segundo o IGE en en 2018 tiña 3.451 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é forcareiés.

Manuel Gallego Jorreto

Manuel Gallego Jorreto, nado no Carballiño en 1936, é un arquitecto galego.

Museo do Mar de Galicia

O Museo do Mar de Galicia é un centro cultural e científico dedicado ao mar, inaugurado en xuño do 2002 situado na Punta do Muíño, na parroquia viguesa de Alcabre. O padroado do museo está composto pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, o Consorcio da Zona Franca de Vigo e o Concello de Vigo.

Observatorio astronómico de Cotobade

O Observatorio Astronómico de Cotobade (OAC) é un observatorio situado no lugar do Campo da Poza (Carballedo, Cerdedo-Cotobade). Foi inaugurado en agosto de 2011, e está dirixido por Ángel Valverde Pampillón.

PALEXCO

O Palacio de Exposicións e Congresos, máis coñecido como PALEXCO, é un centro de convencións da cidade da Coruña, situado no Peirao de Transatlánticos do Porto da Coruña, no centro da cidade. Comezou a súa actividade en Marzo do 2005.

O edificio foi deseñado polos arquitectos César Portela e Ricardo Bofill. O edificio forma parte dun complexo de 22.000 metros cadrados e consta de tres niveis, denominados 0, 2 e 3.

Pascuala Campos de Michelena

Pascuala Campos de Michelena, nada en Sabiote (provincia de Xaén) o 2 de marzo de 1938, é unha arquitecta andaluza, radicada en Pontevedra.

Pedrón de Ouro

Os premios Pedrón de Ouro, dende 1964, Pedrón de Honra e o Premio Modesto R. Figueiredo son os premios outorgados en Padrón polos membros da Fundación Pedrón de Ouro, fundada por Avelino Abuín de Tembra, Maximino Rodríguez Buján e Octavio Sanmartín Rodríguez, e que ten entre os seus membros a Manuel Caamaño Suárez e David Otero.

O Padrón de Ouro entrégase á personalidade ou entidade viva e residente en Galicia que máis destacou na defensa e promoción das diversas facetas da cultura nacional ao longo do ano ou nunha traxectoria vital. O Premio Pedrón de Honra dáselle a residentes foráneos que destacasen coas súas achegas ao engrandecemento da nación e da cultura.

Sergio Portela

Sergio Portela Campos, nado en Madrid en 1970 e criado en Pontevedra desde 1971, onde reside, é un pintor, escultor e arquitecto galego, fillo do tamén arquitecto César Portela.

Comezou na pintura pero pronto paso a outras áreas (escultura, arquitectura e fotografía), e existen esculturas súas en diferentes cidades galegas, como Pontevedra (Centro Social Caixanova) Vigo (Museo do Mar), Tui, Lalín, Redondela (Monumento al Capitán Nemo), Vilalba, Santiago ou A Coruña, así como noutras cidades españolas.

Outras das súas actuacións foron a reconstrución do foxo do lobo no Concello de Cotobade así como de muíños de auga e de vento no mesmo concello.

Teatro Cine Fraga

O Fraga é unha construción senlleira concibida como teatro e principalmente cinema, construída en 1942 na rúa do Uruguai, no centro da cidade de Vigo.

Teresa Táboas

María Teresa Táboas Veleiro, nada en Cidade de México en 1961, é unha arquitecta e política galega. Foi Conselleira de Vivenda e Solo da Xunta de Galicia entre 2005 e 2009.

Verbum - Casa das palabras

O Verbum - Casa das Palabras é un museo interactivo da cidade de Vigo, dedicado aos ámbitos relacionados coa comunicación humana, deseñado coma un espazo cultural, lúdico e divulgativo no que os visitantes poidan participar dun modo activo nos elementos expositivos. Un espazo de entretemento que permite experimentar e coñecer a través de xogos todo o relacionado coa comunicación: as linguaxes, os idiomas, as palabras, as letras, os sons, os signos, os símbolos, a vista, o oído, a lectura, a escritura, a literatura, a tecnoloxía etc.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.