César Morán

César Carlos Morán Fraga, nado en Toural dos Vaos (O Bierzo) o 22 de febreiro[1] de 1954 é un profesor, escritor e músico galego.

César Morán
César Morán (AELG)-1
Nacemento22 de febreiro de 1954
 Toural dos Vados
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor, músico e profesor

Traxectoria

Estudou Filoloxía Hispánica no Colexio Universitario da Coruña continuando Galego-Portugués na Universidade de Santiago de Compostela (1ª promoción). Foi profesor asociado da Universidade da Coruña entre 2005 e 2010.[2] Catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán desa mesma cidade, onde reside. Combinou desde moi novo as tarefas musicais e as literarias, colaborando con diversos artigos e traballos para prensa e publicacións periódicas (Luzes de Galiza, Agália, A Nosa Terra, La Voz de Galicia, Diario 16 de Galicia, Unión libre, Monfadal ou Casahamlet), radio e televisión.

1progalpor
César Morán Fraga con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Manuel Castelao Mexuto, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxós González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal. A Coruña, 09/09/2017

Foi membro fundador de Agra, o primeiro grupo de jazz-rock con raíces folclóricas, actuando como teclista e compositor até a súa disolución en 1979. Pola mesma época traballou como músico no espectáculo O velorio do grupo de teatro Troula. En 2003 e 2004 colaborou como músico co Centro Dramático Galego.

Obras

Ensaio

Obras colectivas

Traballos e colaboracións musicais

  • O pobo da noite, de Manuel Rivas (1996). Xerais. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
  • Río de son e vento (1998) Xerais. Antoloxía musicada de poetas galegos, con CD. ISBN 84-8302-372-5.
  • Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación (2009). Fundación Manuel María. "Primeira aproximación á narrativa de Manuel María".[5]
  • Álvaro Cunqueiro: fotobiografía sonora (2009). Ouvirmos. Con Rexina Rodríguez Vega.
  • A desaparición da neve, de Manuel Rivas (2009). Alfaguara. Madrid. CD poético-musical sobre poemas de Manuel Rivas.
  • Haberá primavera (2011). Galaxia. Libro de poemas de Álvaro Cunqueiro, acompañado de dous CDs, un cos poemas musicados por César Morán, e outro coa gravación da derradeira conversa concedida por Cunqueiro, precisamente a César Morán, días antes de morrer.[6]

Notas

  1. "César C. Morán Fraga". AF2Toral (en castelán). 2012-01-05. Consultado o 2019-07-30.
  2. "Curriculum". www.udc.es. Consultado o 2019-07-30.
  3. "A lírica medieval, na Biblioteca 120". La Voz de Galicia. 2002-01-14. Consultado o 2019-07-30.
  4. "A Coruña, á luz das letras. Editorial Trifolium. LG3. O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2019-07-30.
  5. "César Morán Fraga". Dialnet (en castelán). Consultado o 2019-07-30.
  6. "musicaengalego: CESAR MORAN". musicaengalego. Consultado o 2019-07-30.

Véxase tamén

Ligazóns externas

Anxo González Guerra

Anxo González Guerra, nado en Trasar de Carballo (Cartelos, Carballedo) o 28 de abril de 1955, é un profesor galego.

Biblioteca Galega 120

A Biblioteca Galega 120 é unha colección de reedicións de 120 libros de autores galegos en lingua galega, distribuída por La Voz de Galicia, da que se venderon máis de catro millóns e medio de exemplares. Na iniciativa colaboraron Edicións Xerais de Galicia, a Editorial Galaxia, Espiral Maior, Edicións Laiovento, Ediciones SM, Ir Indo, Sotelo Blanco Edicións e Ediciós do Castro.

De amor e desamor

De amor e desamor foi un colectivo poético fundado en 1984 na cidade da Coruña.

De catro a catro

De catro a catro. Follas sin data d'un diario d'abordo é un libro de poesía de Manuel Antonio publicado en marzo de 1928 pola Editorial Nós. É a única obra que o autor publicou en vida, e está considerado a súa obra por excelencia.

Escola de menciñeiros

Escola de menciñeiros é unha obra narrativa en galego, escrita por Álvaro Cunqueiro, publicada por Galaxia en 1960 e máis tarde incluída na Biblioteca Básica da Cultura Galega.

Relata a vida dos menciñeiros e os costumes galegos das primeiras décadas do século XX.

Francisco Salinas Portugal

Francisco Salinas Portugal, nado en Bande o 26 de xaneiro de 1955, é un estudoso da literatura galega e poeta.

Manuel Castelao

Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego.

A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas:

A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX.

A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz.

Unha longa actividade pedagóxica como catedrático de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de educación secundaria da Coruña, após ter realizado estudos de Filoloxía galego-portuguesa.

Manuel Ferreiro Fernández

Manuel Ferreiro Fernández, nado en Saavedra (Begonte) en 1955, é un lingüista e escritor galego.

María Xosé Queizán

María Xosé Queizán Vilas, nada en Vigo o 5 de febreiro de 1939, é unha escritora, catedrática de lingua e literatura galega, e figura relevante no movemento feminista na Península Ibérica.

María dos Anxos González Refoxo

María dos Anxos González Refoxo, nada na Porta dos Mariños (lugar de Pazos, Padrón) o 18 de febreiro de 1955, é unha filóloga galega.

Máis alá

Máis alá foi un programa cultural da Televisión de Galicia dirixido por Manuel Rivas e que tamén presentaba xunto con Elvira Varela e Piedade Cabo durante a tempada 1986-1987. O programa recollía o testemuño do manifesto vangardista homónimo de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro -publicado nos anos vinte e unha das proclamas máis rompedoras da cultura galega do século XX- para sintonizar con ese espírito de ir "máis alá" e dar a coñecer a cultura galega máis nova e innovadora.

A música empregada como sintonía do programa é unha composición orixinal de César Morán e está interpretada por César Morán na voz e no piano, Pablo Morán na guitarra, Humberto Morán na batería e Afonso Morán no contrabaixo. Foi gravada en directo nos estudios da TVG en San Marcos - Santiago de Compostela en maio de 1986.

O pobo da noite

O pobo da noite é unha antoloxía poética, publicada por Manuel Rivas no ano 1996 coa Editorial Xerais, conxuntamente cun CD onde o autor recita 12 dos poemas que contén dita obra.

Rexina Vega

Rexina Rodríguez Vega, nada en Vigo o 18 de novembro de 1966, é unha escritora e investigadora da literatura galega.

Ricardo Carballo Calero

Ricardo Carballo Calero (desde 1981 asinou como Ricardo Carvalho Calero), nado en Ferrol o 30 de outubro de 1910 e finado en Santiago de Compostela o 25 de marzo de 1990, foi un historiador da literatura, crítico literario, filólogo, lingüista e escritor galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e do Partido Galeguista, o primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galegas da Universidade de Santiago de Compostela, numerario da Real Academia Galega e membro de honra da Associaçom Galega da Língua.

Dentro da súa extensa obra, cultivou a poesía (Pretérito imperfeito 1927-1961, 1980), a novela (A xente da Barreira, 1951) e o teatro (Teatro completo, 1982). Destacou no campo da crítica literaria con Sete poetas galegos (1955), Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía (1959), Historia da literatura galega contemporánea (1962), Libros e autores galegos I e II (1979, 1982), Estudios rosalianos (1979) e Letras galegas (1984). É autor, tamén, dunha Gramática elemental del gallego común (1966), Problemas da língua galega (1981) e Da fala e da escrita (1983). Está considerado como o ideólogo do reintegracionismo lingüístico, postura que defende que a lingua galega é unha variedade da lingua portuguesa ou, no ámbito científico, do galego-portugués.

Empregou os pseudónimos de Eduardo Colmeiro, Fernando Cadaval, Ilex, José Loureiro, Leopoldo Calero, Martinho Dumbria.

Salvador García-Bodaño

Salvador García-Bodaño Zunzunegui, nado en Teis (Vigo) o 17 de xullo de 1935 é un escritor galego, membro do plenario da Real Academia Galega dende 1992 e vicesecretario desa institución no período 2001-2009. Cultiva exclusivamente a poesía en lingua galega e está considerado como membro da Xeración das Festas Minervais. É procurador dos tribunais e dedicouse a diversas actividades mercantís.

Tareixa Roca

Tareixa Roca Sánchez, nada en Guitiriz o 22 de abril de 1956, é unha tradutora galega.

Vitoria Ogando

María Vitoria Ogando Valcárcel, nada en Buenos Aires o 2 de xuño de 1956, é unha profesora e escritora galega.

Xavier Rodríguez Barrio

Xavier Rodríguez Barrio, nado en Lugo en 1954, é un poeta, tradutor, narrador e ensaísta galego, pertencente á Xeración Poética dos 80.

Xoán Costa

Xoán Xosé Costa Casas, nado en Oroso o 23 de febreiro de 1956, é un escritor galego.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.