César Antonio Molina

César Antonio Molina Sánchez, nado na Coruña o 14 de setembro de 1952, é un escritor e político galego. Foi ministro de Cultura do goberno de España entre 2007 e 2009. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.[1]

César Antonio Molina Sánchez
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
César Antonio Molina
Nacemento14 de setembro de 1952
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela e Universidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxornalista, escritor, político, xurista e crítico literario
CargosMinistro de Cultura (2007 - 2009)
Premioscabaleiro da orde das Artes e as Letras, Medalla Castelao e Gran Cruz da Orden de Carlos lll

Traxectoria

Licenciouse en Dereito e en Ciencias da Información. Doutorouse cum laude cun traballo de investigación sobre A prensa literaria española, publicado en tres volumes. Foi profesor da Universidade Complutense de Madrid e seguiu séndoo nos últimos anos, na facultade de Humanidades e Xornalismo da Universidade Carlos III de Madrid. Durante varios anos coordinou os Cursos de Humanidades da Universidade de Verán do Escorial.

Entre 1985 e 1996 traballou en Cambio 16 e Diario 16 onde foi director asistente e responsable das páxinas de cultura e espectáculos, así como dos suplementos Culturas e Libros. En 1996 incorporouse ao Círculo de Bellas Artes de Madrid como director-xerente.

En maio de 2004 foi nomeado Director do Instituto Cervantes. Nese mesmo ano foi galardoado co Premio Fernández Latorre[2]. En setembro de 2005 o goberno de Francia outorgoulle a Orde das Artes e Letras.

O 6 de xullo de 2007 foi nomeado ministro de Cultura en substitución de Carmen Calvo, polo goberno socialista de José Luis Rodríguez Zapatero. Nas Eleccións Xerais de 2008 encabeza a candidatura do PSdeG-PSOE pola provincia da Coruña, resultando elixido, e máis tarde confirmado como Ministro de Cultura na IX Lexislatura. Trala remodelación do Goberno do 7 de abril de 2009 deixou o Ministerio de Cultura sendo substituído por Ángeles González-Sinde[3]. En xuño de 2010 falou desa substitución, mencionando que se debera a razóns de paridade e glamour[4], e dixo de Zapatero que es una persona que no escucha y que sólo se fía de sí mismo.

Carreira literaria

Escritor en galego e en castelán, ten traballado fundamentalmente a prosa científica e a poesía, pero tamén é coñecido o seu labor como antoloxista.

Libros publicados

En galego

Obras colectivas

  • Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, Espiral Maior, 2008.
  • Tamén navegar. Toxosoutos, 2011.
  • Versos no Olimpo. O Monte Pindo na poesía galega, Toxosoutos, 2013.

En castelán

  • Épica. A Coruña: Argrove, 1974. 45 p.
  • Proyecto preliminar para una arqueología de campo [poesía]. Barcelona: Anthropos, 1978. 103 p.
  • Últimas horas en Lisca Blanca. León: 1979. 20 p.
  • La estancia saqueada [poesía]. Barcelona: Los libros de la frontera, 1983. 86 p.
  • La revista Alfar y la prensa literaria de su época (1920-1930). A Coruña: NOS, 1984. 397 p.
  • Antología de la poesía Gallega contemporánea. Madrid: Júcar, 1984. 509p.
  • Gobierno de un jardín. Cuenca: II MENU, 1986. (Colección Cuadernos de poesía)
  • Derivas. Madrid: Maina, 1987. 84 p.
  • Medio siglo de Prensa literaria española (1900-1950) [ensayo]. Madrid: Endymion, 1990. 394 p.
  • Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa. Madrid: Akal, 1990. 400p.
  • Las ruinas del mundo. Barcelona: Anthropos, 1991. 480p.
  • Para no ir a parte alguna. Valencia: Pre-textos, 1994, 85 p.
  • Sobre la inutilidad de la poesía. Madrid: Huerga & Fierro, 1995. 492p.
  • Nostalgia de la nada perdida; ensayo sobre narrativa contemporánea. Madrid: Endymion, 1996. 520 p.
  • Vivir sin ser visto. Barcelona: Península, 2000. 238p.
  • A Coruña, agua y luz. Edición bilingüe castellano-inglés. Barcelona: Lunwerg, 2001. 254p.
  • Olas en la noche. Valencia: Pre-textos, 2001. 87p.
  • Regresar a donde no estuvimos. Barcelona: Península, 2003. 461 p.
  • Viaje a la Costa da morte. Madrid: Huega & Fierro, 2003. 315 p.
  • En el mar de Ánforas. Valencia: Pre-Textos, 2005 (Colección de poesía) 204p.
  • En honor de Hermes. Madrid: Huerga & Fierro, 2005. 769p.
  • Fuga del amor. Barcelona: Destino, 2005. 245p.
  • El rumor del tiempo. Madrid: Círculo de lectores, 2006
  • La caza de los intelectuales, Barcelona: Destino, 2014.
  • La poesía es un error necesario, A Coruña: Trifolium, 2015.
  • Zhivago, A Coruña: Trifolium, 2015.

Notas

  1. Medallas Castelao para Luz Casal e César Antonio Molina Arquivado 28 de xuño de 2010 en Wayback Machine..
  2. Premios Fernández Latorre Arquivado 21 de xuño de 2012 en Wayback Machine., ano 2004.
  3. Ángeles González Sinde substitúe a César Antonio Molina como Ministro de Cultura, culturagalega.org, 7 de abril de 2009.
  4. "César Antonio Molina: «Zapatero me dijo que me destituía por la paridad y por el glamour»" Arquivado 05 de xuño de 2010 en Wayback Machine., entrevista de Manuel Jabois a César Antonio Molina no Diario de Pontevedra, 2 de xuño de 2010 (en castelán).
Predecesor:
Jon Juaristi
 Director do Instituto Cervantes 
2004 - 2007
Sucesor:
Carmen Cafarell
Predecesor:
Carmen Calvo
 Escudo de España.svg
Ministro de Cultura de España
 
2007 - 2009
Sucesor:
Ángeles González-Sinde
14 de setembro

O 14 de setembro é o 257º día do ano do calendario gregoriano e o 258º nos anos bisestos. Quedan 108 días para finalizar o ano.

A ponte sobre o Drina

A ponte sobre o Drina, orixinalmente Na Drini ćuprija, é unha novela do escritor serbio Ivo Andrić, quen a escribiu en Belgrado durante a Segunda guerra mundial, e publicouna en 1945. A obra fíxoo merecedor do Premio Nobel de Literatura en 1961. A trama desenvólvese na cidade de Višegrad e a súa ponte Mehmed Paša Sokolović, sobre o río Drina. A historia abarca cerca de catro séculos, incluíndo períodos de dominación otomá e austrohúngara, e describe as relacións e existencias dos seus habitantes, en particular os musulmáns e ortodoxos de Bosnia e Hercegovina.

Traduciuna ao galego Jairo Dorado Cadilla e publicouna Rinoceronte Editora no ano 2006 (ISBN 84-934801-9-3), con epílogo de César Antonio Molina.

Alfar (1923)

Alfar foi unha revista editada na Coruña entre 1923 e 1954.

Antonio Pernas

Antonio Pernas Sabio, nado en 1944 na Coruña, é un deseñador de moda galego.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña

A Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña está situada nunha das zonas máis céntricas da cidade da Coruña. Esta biblioteca da Deputación da Coruña facilita o acceso a diferentes materiais, tanto bibliográficos coma audiovisuais.

Eleccións xerais na Coruña

Eleccións xerais na provincia da Coruña desde 1977. No período comprendido entre 1977 e 2016 o número de representantes da Coruña no Congreso dos deputados diminuíu de 9 a 8.

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Juan Ramón Díaz

Juan Ramón Díaz García, finado na Coruña o 3 de maio de 2015, foi un xornalista galego.

Luz Casal

María Luz Casal Paz, coñecida como Luz Casal, nada en Andavao, Boimorto o 11 de novembro de 1958, aínda que viviu en Asturias xa dende a súa infancia, é unha cantante galega de pop-rock.

Durante a súa carreira discográfica vendeu xa máis de 5 millóns de discos. No ano 2010 foille concedida a Medalla Castelao.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Ministerio de Cultura de España

O Ministerio de Cultura de España foi, en distintas épocas da historia de España, o departamento ministerial encargado da promoción e protección do patrimonio histórico español, dos museos, bibliotecas e arquivos estatais e da promoción e difusión das artes e do libro. En coordinación co Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación tamén se chegou a ocupar do impulso da cooperación e das relacións internacionais en materia cultural.

A partir de 2011 as competencias culturais que permanecían no estado e non foran transferidas ás comunidades autónomas foron traspasadas ao Ministerio de Educación.

Ministro (goberno)

Ministro é o membro dun goberno que, baixo a autoridade dun Xefe de Goberno ou dun Primeiro Ministro, exerce a función executiva dun estado nunha área concreta que lle foi encomendada. Ademais fai parte do Consello de ministros, órgano colexiado do Goberno.

A autoridade que teña así como a autonomía da que dispoña no exercicio do seu cargo poden variar segundo a lexislación de cada país

Roberto Tojeiro Rodríguez

Roberto Tojeiro Rodríguez, nado nas Pontes de García Rodríguez en setembro de 1961, é un empresario galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Tareixa Roca

Tareixa Roca Sánchez, nada en Guitiriz o 22 de abril de 1956, é unha tradutora galega.

Ángeles González-Sinde

Ángeles González-Sinde Reig, nada en Madrid o 7 de abril de 1965, é unha guionista, directora de cinema española, que foi ministra de Cultura de España.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.