Céltiga (revista)

Céltiga foi unha revista da emigración galega que se editou en Buenos Aires, Arxentina, entre 1924 e 1932.

Céltiga
Céltiga n 151, Buenos Aires, 10 de abril de 1931, portada
PaísArxentina
Lingualingua castelá e lingua galega

Historia e características

Subtitulada Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades, apareceu o 30 de setembro de 1924. Publicación quincenal fundada e dirixida por Ramón Peña, Domingo Rial Seijo era o director-xerente, Eliseo Pulpeiro e Adolfo Vázquez Gómez foron os directores literarios. Despois foron directores literarios Eduardo Blanco Amor e Ramón Suárez Picallo.

Revista cultural ilustrada. As seccións informativas estaban en castelán, pero incluía gran cantidade de textos en galego que procedían dos autores galegos máis coñecidos do momento.

En 1927 chegaron a un acordo con José Ramón Lence, director-propietario de Correo de Galicia para mancomunar a súa administración en mans de Rial Seijo e Lence pasou a ocupar o cargo de asesor literario de Céltiga. Cesou a súa publicación o 1 de xullo de 1932.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas

Avelino Díaz

Avelino Díaz Díaz, nado na Órrea (Riotorto) o 14 de novembro de 1897 e finado en Buenos Aires o 29 de marzo de 1971, foi un xornalista e poeta galego.

Céltiga

Céltiga pode referirse a:

A editorial Céltiga, das Irmandades da Fala de Ferrol (1922-1923);

A revista Céltiga, editada en Buenos Aires (1924-1932);

Vida Céltiga, revista semanal que se comezou a publicar en 1925;

O Céltiga Fútbol Club, equipo de fútbol da illa de Arousa.

Céltiga Fútbol Club

Para a revista, véxase: Céltiga (revista).O Céltiga Fútbol Club é o equipo de fútbol da Illa de Arousa, único de carácter insular de Galicia. Fundado en 1967, xoga na actualidade na Terceira División. O seu campo de fútbol é o Salvador Otero, cunha capacidade para 1.500 espectadores.

Nos últimos trinta anos xogou sobre todo nas categorías do fútbol pontevedrés (Rexional Preferente Sur e Primeira Rexional), pero tamén disputou 12 tempadas completas en Terceira, especialmente na década dos oitenta do século XX. Foron as tempadas 1980-81, 1983-89 e 2005-10. O seu mellor resultado foi na tempada 1984-85, cando quedou en quinta posición. Nunca xogou a promoción de ascenso a Segunda B.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.