Cáucaso

Este artigo trata sobre a rexión xeográfica do Cáucaso. Para a cordilleira vexa cordilleira do Cáucaso
Caucasus countries
Seis estados que agochan un mosaico de culturas.

A rexión do Cáucaso[1] atópase en Asia occidental, entre o mar Negro e o mar Caspio. Hoxe compoñen esta rexión as repúblicas independentes de Xeorxia, Armenia e Acerbaixán, con Rusia ó norte e Turquía e Irán ó sur. No entanto, son numerosas as nacións que viven dentro destes estados, moitas delas en territorios con grandes autogobernos, noutros casos con azos de alcanza-la independencia, o que fai desta rexión un punto quente de violencia a nivel mundial.

A cordilleira do Cáucaso na que se asentan Xeorxia, Acerbaixán e Armenia acotío é chamada Transcaucasia; hai maior intrincamento lingüístico e cultural na zona norte dependente da Federación rusa.

Chechnya and Caucasus
Repúblicas Caucásicas da Federación Rusa.

Á parte dos mencionados países, existen estoutras nacións non independentes:

Así mesmo existen numerosas minorías entre as que se poden incluír: cumuquios, avaros, tátaros, bielorrusos, alemáns, ucraínos, e naturalmente rusos, que son unha importante minoría en todas estas repúblicas ex-soviéticas. No sur, sobre todo en Armenia, hai importantes grupos de presión turcománs, iranianos, curdos e árabes.

  1. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
Acerbaixán

Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan), oficialmente República de Acerbaixán (en azarí: Azərbaycan Respublikası), é un estado situado no Cáucaso á beira do Mar Caspio, que limita con Rusia polo norte, Xeorxia e Armenia polo oeste e Irán polo sur. A República Autónoma de Nakhichevan (un enclave de Acerbaixán) limita con Armenia ao norte e ao leste, Irán ao sur e oeste e Turquía ao noroeste.

Cultural, histórica e politicamente, Acerbaixán considérase oficiosamente como parte de Europa. Non obstante, a súa localización no Cáucaso meridional sitúaa nunha suposta fronteira imaxinaria entre Europa e Asia, tratándose realmente dunha nación transcontinental, a medio camiño entre os dous ámbitos xeográficos. Estas clasificacións son arbitrarias, pois non hai diferenza xeográfica facilmente definible entre Asia e Europa.

Acerbaixán é membro de máis de 40 organizacións internacionais, incluíndo as Nacións Unidas, o Consello de Europa, o Movemento de Países Non Aliñados, o Banco Asiático de Desenvolvemento, a Comunidade de Estados Independentes, a Organización da Conferencia Islámica e a Organización de Cooperación Económica do Mar Negro. É un dos integrantes da Asociación para a Paz da Organización do Tratado do Atlántico Norte, así como da alianza militar Organización do Tratado de Seguridade Colectiva (OTSC). É tamén membro observador da Organización Mundial do Comercio.

Adiguesia

A República de Adiguesia (en ruso: Республика Адыгея, "Adygeia"; en adigueo: Адыгэ Республик) é un suxeito federal (unidade administrativa) da Federación Rusa, unha república enclavada dentro do krai de Krasnodar.

A República de Adiguesia está situada nas montañas do norte do Cáucaso, descendendo cara á fértil chaira do Kuban. A súa extensión é de 7.800 km² e a súa poboación é de 440.327 habitantes (2011). Os principais grupos étnicos na actualidade son o adigueo e o ruso. A república está organizada en 2 cidades, 7 distritos, 5 comunidades urbanas e 55 distritos rurais. A capital da república é Maikop e as principais cidades ou asentamentos de tipo urbano son Adygueisk, Enem e Yablonovski. Os ríos Kuban, Laba, Belaya e o conxunto de Adiguesia forman parte importante da tradición histórica da república que formaba parte da Gran ruta da seda cara a Asia, durante a Idade Media. A cultura de Maikop, estudada polos arqueólogos, representa o legado prehistórico da zona.

Os adigueos, que lle dan o nome á república, son os habitantes máis antigos do nordeste do Cáucaso e foron coñecidos en Europa como os circasianos a partir do século XIII. O circasiano (occidental) é idioma oficial da república (canda o ruso), e forma parte do grupo abkhazo-adigueo das linguas do Cáucaso.

Alanos

Os alanos foron un pobo indoeuropeo da familia irania. Crese que procederon das estepas de Centroasia ou do norte de Irán. Eran nómades, probablemente de orixe escita - sármata (alain, en lingua escita, significa ‘montaña’).

Parece que antes do século -I vivían no norte do Cáucaso e aínda que despois efectuaron varias incursións a territorio romano (e parto) seguían establecidos na zona no século III, pero no século IV foron expulsados de alí polos hunos; os que permaneceron nas montañas do Cáucaso deberon dar orixe ao actual pobo dos osetos.

Desprazáronse cara ao oeste expulsados polos hunos e alcanzaron a actual Ucraína. No seu contacto cos godos transmitiron a estes algunhas das súas artes e destrezas, especialmente o tiro con arco dacabalo e algunhas artes metalúrxicas. Os alanos uníronse aos visigodos e a parte dos ostrogodos, establecéndose con eles en Tracia e Mesia, e rebelándose tamén con eles o 377 contribuíndo á vitoria de Adrianópolis sobre as forzas imperiais, obtendo terras en Panonia o 383. O 387 unha parte dos alanos aliáronse aos hunos e o 405 os alanos de Panonia uníronse a unha confederación organizada en torno a Radagaiso que fracasou. Os grupos de suevos, vándalos, alanos e outros que quedaron alén do Rin, reforzados despois cos que regresaron da desafortunada expedición a Italia, invadiron as Galias o 406.

Dos alanos di Amiano Marcelino que eran moitos, e estaban estendidos por todos os países. Os alanos eran louros, fermosos e arrogantes. Consideraban unha felicidade morrer na guerra e conservaban restos dos inimigos mortos, especialmente a pel do cranio que colgaban como trofeo do petral dos seus cabalos. Non adoraban a ningún deus e rendían culto a unha espada cravada en terra. As súas autoridades eran uns xuíces nomeados entre os guerreiros anciáns máis valentes. Non coñecían a escravitude.

No ano 409 entraron na Península Ibérica xunto a suevos e vándalos, tras cruzar rapidamente a Galia nunha campaña de saqueo e estiveron deambulando por ela ata que no ano 411 o emperador Honorio lles ofreceu un pacto de terras. Os alanos establecéronse entón na zona comprendida entre as actuais provincias de Ávila, Salamanca, Cáceres e Toledo. Non formaron nunca un reino propio en Hispania.

Ante a chegada dos visigodos os alanos hispanos pasaron á África noroccidental xunto cos vándalos.

Alfabetos xeorxianos

A lingua xeorxiana historicamente empregou tres denominados alfabetos xeorxianos, sendo o Mxedruli o alfabeto actualmente usado para escribir o xeorxiano, e outras linguas do Cáucaso.

Bakú

Bakú ou Bacú (Bakı en azarí) é a capital e a maior cidade do Acerbaixán. Localízase nas marxes do mar Caspio. Ten preto de 2 374 000 habitantes (2015).

Coñeceu un gran desenvolvemento no treito final do século XIX grazas á industria petrolífera. A súa conquista foi o grande obxectivo da campaña alemá no Cáucaso durante a Segunda Guerra Mundial. Ata ao desenvolvemento da exploración de hidrocarburos na Siberia foi o principal centro petrolífero da URSS. Despois da independencia do Azerbaixán a cidade sufriu o impacto indirecto máis negativo da guerra do Alto Karabakh, voltando a se recuperar lentamente. A abertura próxima do oleoduto Bakú-Ceyhan ten criado moitas esperanzas dun renacemento quer de Bakú quer do Acerbaixán na súa totalidade.

Bandeira de Artsakh

A bandeira de Artsakh, un estado independente de facto localizado na rexión do Alto Karabakh en Acerbaixán no Sur do Cáucaso, deriva da bandeira de Armenia cun patrón branco. A bandeira foi adoptada o 2 de xuño de 1992.

Daguestán

A República do Daguestán (en ruso: Республика Дагестан) é unha república da Federación Rusa. É a máis grande república de Rusia no norte do Cáucaso, en superficie e poboación.

Eurasia

Eurasia ( pronunciación ) é a masa que forma en conxunto a Europa e maila Asia. Pode ser considerada como un continente, ou mesmo un supercontinente composto polos continentes europeo e asiático, separados pola cordilleira dos Montes Urais. É común e correcto que se considere a Eurasia como un continente real dende o punto de vista fisioxeográfico e xeolóxico.

Eurasia localízase primordialmente no hemisferio norte e hemisferio oriental, e ten unha área aproximada de 52 990 000 km², que é o de 10,6% da superficie da Terra e o 36,2 do área terrestre. Ten máis de 5.000 millóns de persoas, o que equivale ó 72,5% da poboación mundial.

A subdivisión tradicional entre Asia e Europa presenta límites non muy precisos; comunmente defínese unha liña divisoria ó largo dos montes Urais, o río Ural, o mar Caspio, os montes do Cáucaso, o mar Negro, os estreitos do Bósforo e o Dardanelos, e o mar Exeo.

Europa

Europa ( pronunciación ) é unha das grandes penínsulas de Eurasia (segundo como se considere, a maior delas), á que de forma convencional e por motivos históricos considérase un continente propio, e pertence a súa a Eurafrasia. Europa esténdese pola metade oriental do Hemisferio Norte, dende o océano Glacial Ártico polo norte ata o mar Mediterráneo polo sur. Polo leste, chega ata o océano Atlántico, admitíndose que polo leste limita con Asia nos Montes Urais e o Cáucaso, compartindo entre ámbolos continentes o mar Caspio.

En Europa naceu a cultura occidental, os países europeos xogaron un papel predominante desde o século XVI, especialmente despois do comezo da colonización doutros continentes polos europeos. Entre os séculos XVII e XIX os europeos controlaban a maior parte de África, América, Oceanía e unha parte substancial de Asia. A Primeira Guerra Mundial e a Segunda Guerra Mundial levaron a un devalo do dominio europeo nos asuntos mundiais e os Estados Unidos e a Unión Soviética ocuparon esa preminencia. A Guerra Fría entre esas dúas superpotencias dividiu Europa ata o colapso da URSS.

Lingua xeorxiana

O xeorxiano (ქართული Kartuli) é a lingua oficial de Xeorxia, unha república do Cáucaso. O xeorxiano é a lingua materna duns catro millóns de xeorxianos, aproximadamente o 70% da poboación do país, e outros dous millóns de persoas no estranxeiro (principalmente Turquía e Rusia, con comunidades máis pequenas en Irán, Acerbaixán etc.). É a principal lingua escrita para todos os grupos étnicos xeorxianos, incluso para os falantes das outras linguas caucásicas do sur (svanuri, mingreliano e laz).

Lingua éuscara

O idioma éuscaro ou vasco (euskara en lingua vasca) é a lingua tradicional dos vascos, falada hoxe no País Vasco e norte de Navarra en España, e no Departamento de Pireneos Atlánticos en Francia, constitúe unha lingua illada arrodeada por linguas de orixe indoeuropea.

O éuscaro é unha lingua aglutinante. Algúns lingüistas considérano unha lingua illada e moi antiga, probablemente oriúnda da lingua dos primeiros pobos que migraron para a Europa. Outros, a través de comparacións, veno emparentado a linguas ata hoxe faladas no Cáucaso. De calquera forma, é unha lingua falada ou comprendida por polo menos 800.000 persoas, e que xa era falada moito antes de que os romanos introducisen o latín na Península Ibérica.

Por non ter linguas parentes coñecidas, o vasco é claramente diferente das outras linguas europeas, particularmente daquelas (que son a gran maioría) que teñen relacións de parentesco entre si no interior da familia indoeuropea. Por mor diso, creáronse sobre o éuscaro un gran número de ideas sen base lingüística, tales como o vasco é a lingua máis complexa do mundo; tódolos verbos son pasivos; e moitas outras falsidades. En realidade, o éuscaro é unha lingua coma outra calquera. A súa estrutura sentencial é practicamente idéntica á do turco ou do xaponés. A súa morfoloxía é, esa si, bastante pouco común en Europa, mais fóra de Europa poden atoparse sistemas morfolóxicos semellantes ao do vasco en centenas doutras linguas.

Hoxe, o vasco está presente en nomes de empresas, institucións, actores políticos e sociais, así como etiquetas e sinais, na zona delimitada polo País Vasco e Navarra e Iparralde.

Mar Negro

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.

Montaña

Unha montaña é un accidente xeográfico, unha elevación sobre o terreo lindeiro formada normalmente a partir de sinclinais e erosión. A unha secuencia de montañas chámase cordilleira. Unha montaña ten unha altitude bastante superior a un outeiro, aínda que non exista unha altitude específica para esa diferenciación. Así, cada autoridade no asunto asume valores convenientes, aínda que a montaña sexa tipicamente escarpada, de grande inclinación e con superposición de relevos.

A superficie do planeta Terra é nun 24% montañosa; o 10% da poboación mundial vive en terreo montañoso. Todos os ríos nacen en montañas, o que torna máis de metade da humanidade dependente das montañas por seren responsábeis da auga fluvial.

Pobo grego

Os gregos, tamén chamados helenos (en grego: Έλληνες), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia, Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo. Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.

Na antigüidade, os gregos organizábanse politicamente en cidades estado, e alí orixinouse o concepto de democracia. Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo, malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo, onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga. No século IV a.C, a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India, e despois da caída do Imperio Romano, Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX, os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia, a costa occidental de Anatolia, o Mar Negro, Exipto, Chipre e Constantinopla; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI, e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922), un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán. Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso, e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.Pódenselles atribuir ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes, a literatura, a filosofía, a política, a música, as matemáticas, a ciencia, a arquitectura, a tecnoloxía, as exploracións, a cociña e o deporte).

Pobos indoeuropeos

Os pobos indoeuropeos son aqueles que desde o norte do Cáucaso e os arredores do mar Negro e do mar Caspio (rexións de Asia Central), fixeron varias invasións, sobre todo á India e a Europa, onde se estableceron. O punto en común máis importante destes pobos era a lingua, e de feito esta foi a herdanza máis importante que deixaron nos lugares nos que se estableceron, saíndo deles as linguas indoeuropeas.

Sochi

Sochi (en ruso: Сочи) é unha cidade rusa situada no krai de Krasnodar, preto da fronteira rusa con Abkhazia, Xeorxia, próxima á cordilleira do Cáucaso, na costa do mar Negro. A súa superficie é de 176'77 km 2 e segundo o censo de 2010 tiña 343.334 . É a capital da municipalidade de Sochi que se estende por 3502 km2 e conta cunha poboación de 445.209 habitantes., coñecida informalmente como Gran Sochi e que conta cunha liña de costa de 105 km.

Foi fundada en 1838, e actualmente é un dos lugares de vacacións máis populares de Rusia. Á parte da maxestuosidade das montañas do Cáucaso e praias, Sochi atrae o turismo pola súa vexetacion subtropical, parques, monumentos e arquitectura extravagante estalinista.

Foi a sede dos Xogos Olímpicos de inverno de 2014.

Xasón

Xasón é un heroe mitolóxico grego. Era fillo de Esón e de Alcímeda, rei de Iolcos, quen foi destronado polo seu irmán Pelias. O oráculo advertiuno de ter coidado cun home calzado cunha soa sandalia porque poría en perigo o seu trono.

Xasón foi educado polo centauro Quirón ata que foi adulto. Cando Xasón cumpriu os vinte anos, dirixiuse a Iolcos disposto a recuperar o trono que por herdanza lle pertencía. No camiño, tivo que cruzar un río onde perdeu unha das súas sandalias. Ao chegar á cidade, foi chamado polo seu tío Pelias e este, ao darse conta de que aquel podía ser o home que anunciaba o oráculo, decidiu afastalo da súa terra enviándoo a unha difícil misión: viaxar ata a Cólquida (ao pé do Cáucaso), e traer de alí o vélaro de ouro, que fora a pel dun carneiro fabuloso que salvara a vida a Frixo, antepasado de Pelias, e trasladouno á Cólquida. Alí Frixo ofreceu en sacrificio a Zeus este carneiro e logo regalou a pel do animal, que era de ouro, ao rei Eetes, que o depositou nunha árbore custodiada por dous touros que botaban lume pola boca e unha serpe que endexamais durmía.

Xeorxia

Xeorxia é un país situado no límite entre Asia e Europa localizado na costa do mar Negro, ó sur do Cáucaso, que se independizou da Unión Soviética, tras ser a República Socialista Soviética de Xeorxia. Limita ao norte e ao leste con Rusia, a leste e sur con Acerbaixán, ao sur con Armenia e Turquía, e a oeste có Mar Negro. A súa capital é Tbilisi.

Xázaro

Os xázaros ou kházaros (en hebreo, Kuzari כוזרי, en árabe: خزر, en turco: Hazar, en grego: Χαζαροι, en ruso: Хазары, en latín: Gazari ou Cosri) foron un pobo turco procedente de Asia central. Entre os séculos VIII e IX, o xudaísmo converteuse na relixión de estado.

O nome "khazar" parece estar vinculado a un verbo túrquico que significa "errante" (gezer en turco moderno). No século VII, fundaron un Khanato independente no Cáucaso Norte a beiras do Mar Caspio, onde co paso do tempo o xudaísmo converteríase en relixión oficial. No seu momento de máximo esplendor, eles e os seus tributarios controlaron boa parte do que hoxe é o sur de Rusia, Casaquistán occidental, este de Ucraína, parte importante do Cáucaso, (Daguestán, Acerbaixán, Xeorxia,...) e Crimea.

Os xázaros foron importantes aliados do Imperio Bizantino contra o Imperio Sasánida, ademais dunha significativa potencia rexional no seu momento de máximo esplendor. Emprenderon unha serie de guerras, todas vitoriosas, contra os califatos árabes, evitando así posiblemente a invasión de Europa Oriental. A finais do século X, o seu poder declinaría fronte ao Rus de Kiev, desaparecendo misteriosamente da historia.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.