Cátedra de ensino secundario

No sistema educativo español, un catedrático de ensino secundario é un profesor que alcanzou o posto máis alto na escala do profesorado de ensinos non universitarios. Son funcionarios do grupo A1 e teñen un complemento de destino de nivel 26.

En España, o posto de catedrático de ensino secundario está regulado pola LOE, Lei Orgánica de Educación, aprobada no ano 2006. Para acceder a el, fai falta ser previamente profesor de ensino secundario (para o que é un requisito previo ser licenciado, diplomado, enxeñeiro ou arquitecto e aprobar unha oposición cun mínimo de oito anos de antigüidade, e pasar o correspondente proceso selectivo).

Entre outras, é función dos catedráticos o desempeño da xefatura dos departamentos didácticos dos institutos de ensino secundario.

Instituto Nacional de 2ª Enseñanza de Pontevedra 1928-29
Listaxe de profesores do instituto de Pontevedra, do curso 1928-29. Ao comezo figuran os nomes dos catedráticos.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Catedrático

Catedrático ou catedrática é a persoa docente que ocupa unha cátedra.

Cátedra

Unha cátedra (do latín cathĕdra, á súa vez do grego καϑέδρα, "cadeira") é unha peza de mobiliario que se configura nun asento de espaldar alto, poltrona ou trono, que vén dos tempos anteriores ó gótico, aínda que o seu uso se popularizara nesa época, e que servía para que as persoas máis ilustres sentasen nela, que podía ser cuberto por un baldaquino e ser colocado nun local estrado ou máis elevado dun recinto público onde podía ser vista á distancia.

Cátedra universitaria

No sistema universitario de España, unha cátedra universitaria é o posto o máis alto no escala docente dunha Universidade, ocupado por persoal docente e investigador logo de pasar unha serie de requisitos. Algúns postos universitarios, como o reitorado, só poden ser ocupados por catedráticos ou catedráticas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.