Cármenes

Coordenadas: 42°57′32″N 5°34′28″O / 42.95889, -5.57444 Cármenes é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 448 habitantes (INE 2011).

Localidades

  • Almuzara
  • Campo
  • Canseco
  • Cármenes
  • Felmín
  • Genicera
  • Gete
  • Getino
  • Lavandera
  • Pedrosa
  • Piedrafita
  • Piornedo
  • Pontedo
  • Rodillazo
  • Tabanedo
  • Valverdín
  • Villanueva de Pontedo

Véxase tamén

Ligazóns externas

Barajas

Barajas é un distrito da cidade de Madrid. Ten unha superficie de 41,92 km² e contaba con 46 876 habitantes no 2017. É neste distrito onde se encontra o Aeroporto Internacional de Barajas, un dos de máis movementos no mundo.

Carabanchel

Carabanchel é un distrito da cidade de Madrid.

Chamberí

Chamberí é un distrito da cidade de Madrid. O distrito ten unha superficie de 4,69 km² e unha poboación de 137.401 habitantes no 2017.

Ciudad Lineal

Ciudad Lineal é un distrito da cidade de Madrid. Ten unha superficie de 11,36 km² e conta con 231.029 habitantes (2005).

Estadio Nuevo Los Cármenes

O Estadio Nuevo Los Cármenes é un estadio de fútbol español da cidade de Granada. Serve de localía ao Granada Club de Fútbol e ten capacidade para 22.524 espectadores.

Toma o nome do antigo campo do Granada CF, o Estadio Los Cármenes, que estaba situado na Avenida de Madrid e foi vendido polo club para ser substituído por unha urbanización residencial.

Inaugurouse o 16 de maio de 1995, celebrándose o primeiro partido oficial o 6 de xuño de 1995. O partido inaugural, de carácter amigable, enfrontou ao Real Madrid contra o Bayer Leverkusen, e acabou coa vitoria por 1-0 do club español. O primeiro gol oficial marcado no estadio foi obra de Óscar nun España - Armenia en categoría Sub-21, que terminou coa vitoria española por 4 a 0. Os outros tres goles de España anotáronos Roberto, Morales e Raúl.

Fuencarral-El Pardo

Fuencarral-El Pardo é un distrito da cidade española de Madrid. Este distrito comprende a antiga vila de Fuencarral, e tamén o Palacio Real do Pardo.

Granada Club de Fútbol

O Granada Club de Fútbol é un club de fútbol de España, da cidade de Granada, Andalucía. Fundouse en 1931 e actualmente milita na Liga 1|2|3.

Durante a tempada 2009-10 xogou no Grupo IV da Segunda división B, proclamándose campión de grupo. Superou a eliminatoria a dobre partido contra o AD Alcorcón (2-1), ascendendo tras 22 anos. Na tempada 2010-11 terminou en quinta posición e gañou as dúas eliminatorias de play-off, conseguindo o ascenso a Primeira logo de 35 anos.

Hortaleza

Hortaleza é un distrito da cidade de Madrid. Ten unha superficie de 28,01 km² e contaba con 161.661 habitantes no 2006..

Latina, Madrid

Latina é un distrito da cidade española de Madrid. Ten unha superficie de 25,42 km² e conta con 258.667 habitantes.

Madrid

Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares. Cunha poboación de 3.233.527 habitantes (INE 2012) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de Londres e Berlín.

Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España. No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova. É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.

Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ, conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.

Moncloa-Aravaca

Moncloa-Aravaca é un distrito da cidade española de Madrid. É neste distrito onde se encontra a residencia oficial do presidente estatal, o Palacio da Moncloa. A Cidade Universitaria de Madrid alberga o maior campus universitario europeo.

Primeira división española 1972/73

A tempada 1972/73 da Primeira división española de fútbol, que foi a 42ª edición do campionato, comezou o 2 de setembro de 1972 e rematou o 20 de maio de 1973.

O Atlético de Madrid foi campión de liga por sétima vez na súa historia. Con este título, os madrileños superaron o palmarés de liga do Athletic Club, situándose como o terceiro equipo máis laureado da competición, tras Real Madrid (15 ligas) e FC Barcelona (8).

Primeira división española 2011/12

A tempada 2011/12 da Primeira División Española de fútbol foi a 81ª edición desta competición. Comezou o 27 de agosto de 2011 e finalizou o 13 de maio de 2012. Inicialmente estaba previsto que dese comezo o día 20 de agosto, pero a AFE, co apoio dos futbolistas, convocou unha folga como medida de presión para conseguir mellores condicións no convenio colectivo, polo que non se puido disputar a primeira xornada de liga na data fixada. Isto deu lugar a que se aprazase a xornada inaugural para o fin de semana do 22 de xaneiro de 2012 e, a vixésima, para o 2 de maio do mesmo ano.

O Deportivo da Coruña, por primeira vez en 20 anos, non participou na categoría; en cambio, regresou á mesma o Betis tras dous anos de ausencia, acompañado polo Rayo Vallecano, cuxa última participación produciuse na tempada 2002/03, e o Granada, que estivo presente por última vez na campaña 1975/76.

O Real Madrid coroouse campión cunha marca de 100 puntos, conseguindo así o seu 32º título de Liga. Ademais, tamén logrou bater outros rexistros históricos como o de equipo máis goleador, con 121 tantos, e o de maior número de vitorias nunha tempada, con 32. Por outra parte, o Málaga clasificouse, por primera vez na súa historia, para disputar a rolda previa da Liga de Campións, mentres que o Levante fixo o propio finalizando en postos de acceso á UEFA Europa League.

Barcelona e Valencia xogarán xunto co campión a Liga de Campións, mentres que Atlético de Madrid e Athletic Club, como subcampión de Copa, acompañarán ao Levante na UEFA Europa League. Finalmente, Villarreal, Sporting de Gijón e Racing de Santander perderon a categoría logo de 12, 4 e 10 tempadas consecutivas respectivamente na máxima categoría.

Primeira división española 2019/20

A tempada 2019–20 da Primeira División (por motivos de patrocinio LaLiga Santander) será a 89ª edición da máxima categoría do fútbol en España. Comezará o 16 de agosto de 2019 e rematará o 24 de maio de 2020.

A máxima categoría contará con tan só un representante galego, o Celta de Vigo.

Puente de Vallecas

Puente de Vallecas é un distrito da cidade de Madrid.

San Blas-Canillejas

San Blas-Canillejas é un distrito da cidade de Madrid. Contaba con 149.909 habitantes no 2005.

Segunda división española 2010/11

A tempada 2010–11 da Segunda División de España de fútbol foi a 80ª edición desta competición. Comezou o 27 de agosto de 2010 e finalizou o 18 de xuño de 2011, coas eliminatorias de ascenso finais.

Tetuán, Madrid

Tetuán é un distrito da cidade española de Madrid.

Villa de Vallecas

Villa de Vallecas é un distrito da cidade de Madrid.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.