Cántigas da Terra

Cántigas da Terra é un coro galego, formado na Coruña o 28 de decembro de 1916.

Cántigas da Terra
Medalla Castelao Icona vectorial.svg
2833-Cántigas da Terra no bicentenario do cemiterio coruñés de San Amaro
Cántigas da Terra actuando no Bicentenario do cemiterio coruñés de Santo Amaro no ano 2012.
OrixeA Coruña, Galicia Galicia
Período1916 – actualidade
Xénero(s)Folk , música galega
Páxina webhttp://cantigasdaterra.gal/

Historia

Nun inicio formado unicamente por homes, Cántigas da Terra foi fundado o 28 de decembro de 1916 e debutou ante o público o 12 de xullo de 1917 no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, coa peza A festa do Tabeirón, de Enrique Labarta Pose. Estaban dirixidos musicalmente por Mauricio Farto Parra e artisticamente por Leandro Carré Alvarellos e Xosé Iglesias Roura. Entre 1927 e 1929 o seu presidente foi Antón Villar Ponte [1].

O 25 de setembro de 1922 o grupo actuou na praza de touros de Corcubión, con seis mozas vestidas co traxe típico das Mariñas cantando no Coro acompañadas por vinte e tres homes. Naquela ocasión estiveron dirixidos por Manuel Fernández Amor, creador dos corpos de baile e polifonía.

En 1954 o coro foi invitado ao II Congreso de música celta celebrado en Brest, na primeira actuación dunha colectividade galega na Bretaña. Nese congreso, logo da comunicación presentada pola representación do Coro, aceptouse que "as características e constantes esenciais da música popular galega, eran coincidentes con aquelas outras dos países representados". Dese xeito, Galicia pasou a ser considerada unha das nacións celtas.

A formación gravou 19 discos. O primeiro deles foi en 1920, en matrices de cera, e o último foi presentado no 2004. Ademais participou en gravacións para programas de radio e televisión de varios países. Durante a súa historia o coro fixo centos de actuacións en Galiza e viaxou por España, Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Gran Bretaña, a Arxentina e o Brasil.

Repertorio

O coro foi fundado co gallo de recuperar e espallar a música e a cultura galegas. O seu repertorio conta con máis de setecentas partituras, entre alalás, pandeiradas, maneos, foliadas, muiñeiras, cántigas de berce, cantares de arrieiro e de desafío ou alboradas.

Procuran tamén a preservación do traxe tradicional, buscando antecedentes históricos e estudando as variación das distintas comarcas, así como o coidado da lingua vernácula coa recollida de termos propios. Tamén recollen todo tipo de instrumentos musicais populares, recuperando os xa en desuso.

Colaboraron coa formación personalidades como o boticario e gaiteiro Perfecto Feijoo, o crego Saturnino Cuíñas, Mauricio Farto Parra (un dos fundadores do Coro), Manuel Fernández Amor (primeiro gaiteiro e posteriormente Director do Coro), Leandro Carré Alvarellos (director do grupo teatral), e os presidentes da Agrupación: Eladio Rodríguez González, Antón Vilar Ponte, Manuel Abeleda Zapata, Jose Luis Bugallal y Marchesi e Geranio Torreiro Antón.

Galardóns e recoñecementos

Placa Cántigas da Terra
Placa en homenaxe ao centenario do coro Cántigas da Terra no teatro Rosalía de Castro da Coruña
  • Medalla de Ouro ao Mérito Artístico da Coruña.
  • Medalla de Ouro da Federación de Coros Clavé.
  • Cruz dos Angeles de Oviedo.
  • Medalla da Cidade de Saint-Malo, en Francia.
  • Medalla da Cidade de Recife, no Brasil.
  • Gravata de Honra da Generalitat de Valencia.
  • Gravata de Honra da Generalitat de Cataluña.
  • Gravata de Honra da Deputación de Barcelona.
  • Gravata de Honra da Deputación da Coruña.
  • Gravata de Honra do Concello de Granada.
  • Premio Lorenzo Barja do Real Coro Toxos e Flores de Ferrol.
  • Medalla Castelao 2016.

Notas

  1. Emilio Xosé Ínsua e Xurxo Martínez González (2018) Común temos a patria. Biografía dos irmáns Villar Ponte. Xerais:Vigo, p. 330

Véxase tamén

Ligazóns externas

12 de xullo

O 12 de xullo é o 193º día do ano do calendario gregoriano e o 194º nos anos bisestos. Quedan 172 días para finalizar o ano.

Benedicta Sánchez

Benedicta Sánchez Vila, nada no Corgo en 1935, é unha actriz galega.

Blanca Jiménez Alonso

María Blanca Jiménez Alonso, nada en Ribadeo o 21 de febreiro de 1926 e finada na Coruña o 5 de outubro de 2012, foi unha promotora cultural galega.

Coral de Ruada

A Coral de Ruada é unha histórica agrupación musical galega con sede en Ourense.

Coro (grupo musical)

Coro é un grupo de música vocal. Que interpreta as súas pezas ben a capela, só coas voces ou ben con acompañamento instrumental.

Pola súas propias características: aberto a moita xente, economicamente accesible e que non necesita fondos coñecementos musicais, polo menos como afeccionado;[Cómpre referencia] a agrupación coral ten sido un elemento de animación cultural en asociacións de veciños, centros culturais, parroquias...[Cómpre referencia]

Eladio Rodríguez González

Eladio Rodríguez González, nado en San Clodio o 24 de xullo de 1864 e finado na Coruña o 14 de abril de 1949, foi un lexicógrafo, xornalista e escritor galego. Foi un dos corenta membros numerarios fundadores da Real Academia Galega, a cal presidiu entre 1926 e 1934; tamén é autor dun dicionario, ó que lle dedicou toda a súa vida, moi valorado polo seu contido etnográfico, que foi editado postumamente.

Esa si que é muiñada

Esa si que é muiñada é o quinto álbum musical do grupo Treixadura. Para este proxecto, Treixadura contou coa colaboración da "Agrupación Musical do Rosal" (O Rosal), a "Coral de Ruada" (Ourense), o "Real Coro Toxos e Froles" (Ferrol), "Cantigas e Agarimos" (Santiago de Compostela) e o coro Cántigas da Terra (A Coruña).

Feliciano Barrera

Feliciano Barrera Fernández, nado en 1918 en Guláns (Ponteareas) e finado o 9 de febreiro de 2012, foi un empresario galego relacionado coa activade xornalística.

Florentino Cacheda

Florentino Cacheda López, nado en Lalín o 4 de marzo de 1938, é un empresario galego.

Hilda Rodríguez

María Hilda Rodríguez Rodríguez, nada en Portomarín o 10 de maio de 1955, é unha xogadora de boccia galega con parálise cerebral.

José Regojo

José Regojo Rodríguez, nado en Fermoselle (Zamora) e finado en Vigo en xaneiro de 1993, foi un empresario galego.

Marisa Crespo

María Generosa Crespo-Leiro, nada en Santrós (Lamas, San Cristovo de Cea) en 1961, é unha médica galega.

María Xosé Cimadevila

María Xosé Cimadevila Cea, nada na Estrada e finada o 8 de xuño de 2005, foi unha política galega do PPdeG.

Medalla Castelao

A Medalla Castelao é un recoñecemento honorífico creado pola Xunta de Galicia para homenaxear a aquelas persoas ou institucións que desenvolveran, dentro ou fóra de Galicia, unha obra artística, literaria, cultural, científica ou en calquera outra liña que o faga merecedor desta distinción.

Rafael Martínez Cortiña

Rafael Martínez Cortiña, nado en Lugo o 11 de abril de 1937 e finado o 6 de febreiro de 2007, foi un economista e escritor galego.

Román García Varela

Román García Varela, nado en Sarria o 23 de decembro de 1940, é un xuíz galego.

Xosé González Martínez

Xosé González Martínez, nado en Teis (Vigo) o 13 de xuño de 1950, é un político e intelectual galego. En 2004 recibiu a Medalla Castelao.

Érguete

Érguete é unha entidade sen ánimo de lucro con sede na cidade de Vigo, que xurdiu para axudar a persoas drogodependentes. Pretende realizar fins de interese xeral para a comunidade encamiñados a facilitar a incorporación sociolaboral de persoas en risco ou situación de exclusión social, cunha metodoloxía de traballo fundamentada na inserción.

Galardoados coa Medalla Castelao
1984
1985
1986
1987
1988
1989
1990
1991
1992
1993
1994
1995
1996
1997
1998
1999
2000
2001
2002
2003
2004
2005
2006
2007
2008
2009
2010
2011
2012
2013
2014
2015
2016
2017
2018
2019

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.