Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha cidade estremeña, de 91.606 habitantes (2007) que viven nunha superficie municipal de 1.768 km², sendo o concello máis extenso de España. É a capital da província homónima, cuxa poboación concentra o 21'45 % do total provincial.

A cidade vella de Cáceres foi declarada Terceiro Conxunto Monumental de Europa en 1968, e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.

Coordenadas: 39°29′20″N 6°22′37″O / 39.48889, -6.37694

Cáceres
Bandera de Cáceres
Cáceres - Escudo
Collage de Cáceres
Localización
Cáceres en España

Cáceres
Cáceres
Cáceres en Provincia de Cáceres

Cáceres
Cáceres
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaEstremadura Estremadura
ProvinciaCáceres
ComarcaLlanos de Cáceres
Xeografía
Altitude459 msnm
Superficie1.750,33 km²
Demografía
Poboación92.187 hab. (2006)
Densidade52,67 hab./km²
XentilicioCacereño/a
Outros datos
Código postal10001 - 10005
AlcaldeElena Nevado del Campo (PP)
www.ayto-caceres.es

Poboación

Evolución da poboación de Cáceres entre 1842 e 2015
Fonte: INE[1]

Historia

A máis remota presenza humana no territorio do que hoxe é Càceres remóntase á Prehistoria. Na área de El Calerizo existen diversas covas (Maltravieso, El Conejar), nas que se atoparon vestixios pictóricos de mans humanas.

No século I a.C. os romanos asentaron aquí o campamento de Castra Cecilia de maneira permanente, no entorno do outeiro en que se situaría a colonia Norba Caesarina, moi próxima á importante vía de comunicacións que, máis tarde, sería coñecida como a Vía da Prata. Cara o século V d.C., os visigodos arrasan o asentamento, de xeito que ata o século VIII-IX non se sabe nada da cidade.

Serán musulmáns, procedentes do Norte de África, os que aproveitarán o lugar estratéxico sobre o que se asentara a primitiva colonia romana, para utilizala como base militar para loitar contra os reinos cristiáns do Norte, durante os primeiros séculos da conquista cristiá. O nome árabe da cidade é aínda incerto, manexándose varias posibilidades, entre elas as de Hizn Qazrix ou Al Qazrix, das que probabelmente provén a denominación actual da cidade (Nieto Ballester defende que procede do ablativo plural Castris > Cazres, e posterior epéntese dun -e-).

No século XII, ante o avance cristián, a cidade é fortificada cunha muralla de ladrillo, (que aínda se conserva), mais non foi de abondo para evitar que Afonso IX de León a tomase, logo de varios anos de asedio, o 23 de abril de 1229, dia de San Xurxo, que desde entón é celebrado pola cidade como o seu padroeiro.

A partir deste momento, Cáceres comeza a transformase, construíndo igrexas no mesmo sitio onde se levantaran mesquitas, e palacios cristiáns sobre os primitivos palacios musulmáns. Porén serán as fortunas procedentes de América as que farán aumentar a monumentalidade da cidade. Con lixeiros retoques a fins do XVIII, esa versión urbana é a que chegou ata os nosos días. Por iso se trata dunha das cidades monumentais mellor conservadas do mundo.

Conxunto monumental

Cudade vella de Cáceres
Caceres Spain Plaza Mayor Arco
Torre de Yerba e Arco da Estrella, na Praza Maior
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1986 (10ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador384
Ruela no centro de Cáceres
Ruela no centro de Cáceres

Ademais de Patrimonio da Humanidade, Cáceres é tamén membro das Redes Caminos de Sefarad, da Ruta da Prata, sendo elixida pola Comunidade Autónoma como Capital Cultural de Estremadura Enclave 92, e co esforzo solidario das administracións públicas, empresas privadas, entidades oficiais e cidadáns particulares, aspira a ser Capital Europea da Cultura no ano 2016.

Entre outros monumentos e lugares salientábeis cabe destacar:

Igrexas

  • Concatedral de Santa María de Cáceres
  • Igrexa de San Francisco Javier
  • Igrexa de San Mateo
  • Igrexa de Santiago
  • Igrexa de San Juan Bautista
  • Ermida da Paz

Pazos e casas nobres

  • Pazo de Toledo-Moctezuma
  • Pazo Episcopal
  • Pazo dos Golfines de Abajo
  • Pazo dos Golfines de Arriba
  • Pazo de Carvajal
  • Pazo das Cigüeñas
  • Pazo das Veletas
  • Casa do Sol de Cáceres

Arcos e portas de entrada da cidade

  • Arco da Estrella
  • Arco do Cristo
  • Arco de Santa Ana

Torres defensivas

  • Torre de Sande
  • Torre de Bujaco
  • Torre dos Púlpitos

Lugares salientábeis

  • Praza Maior
  • Foro dos Balbos
  • Praza de San Jorge
  • Barrio Xudeu
  • Fragmento de muralla romana (Praza do Socorro)

Museos

  • Museo de Cáceres (Plaza de las Veletas)
  • Centro de Interpretación do Cáceres Vello (estrada de Torrejón el Rubio, salida Polígono Ganadero, La Mejostilla)
  • Museo de Historia e Cultura "Casa Pedrilla" (Ronda de San Francisco)
  • Museo Municipal "Massa Solís" (Palacio de la Isla, Plaza de la Concepción)
  • Museo "Casa del Mono" (C/ Cuesta Aldana)
  • Casa Museo "Guayasamín" (Ronda de San Francisco)
  • Casa e colección "Yusuf Al Burch" (C/ Cuesta del Marqués)

Economía

É o principal centro comercial, administrativo e eixo económico da provincia e o primeiro centro turístico de Estremadura. A súa economía está baseada principalmente no sector terciario (servizos), no turismo e na construción, cunha pequena contribución do sector industrial, que se centra en industrias alimentarias, téxtiles, cerámicas e produtos derivados do caucho.

Notas

  1. INEbase. Variaciones intercensais. Alteracións dos municipios nos censos de poboación dende 1842: 10037 Cáceres. Consultado o 2 de marzo de 2013. Cando se dispón do dato de poboación de feito e de dereito tomouse a cifra máis alta.
As Ellas

As Ellas (na fala: As Ellas; en castelán: Eljas) é un concello da provincia de Cáceres, na comunidade autónoma de Estremadura. Está situado ao oeste da comarca da Serra de Gata e é un dos tres municipios nos cales se fala a fala de Estremadura.

Con 970 habitantes en 2014, é o quinto municipio máis poboado da comarca. No seu termo municipal atópase a pedanía do Souto. A vila é coñecida polo seu castelo.

Coria

Coria ou Coira é unha cidade e municipio da provincia de Cáceres, Estremadura (España). Conta con 12.767 habitantes e unha densidade de poboación de 12,40 hab/km² (INE 2007).

Cáceres Ciudad del Baloncesto

O Cáceres Ciudad del Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Cáceres Patrimonio de la Humanidad é un club de baloncesto profesional español con sede na cidade de Cáceres, Estremadura, que xoga na LEB Ouro.

Diurno (Renfe)

Diurno foi o nome comercial que recibiu o servizo de pasaxeiros diúrno da Unidade de Negocio de Grandes Liñas e, posteriomente, de AVE - Longa Distancia realizados por RENFE e Renfe Operadora respectivamente. Substituíu gradualmente aos antigos trens Rápidos e estivo operativo entre 1990 e 2012.

Estremadura

Estremadura (en estremeño: Estremaúra, en castelán: Extremadura, na fala e portugués: Estremadura) é unha comunidade autónoma instituída na rexión natural localizada no oeste de España. Limita ao norte con Castela e León, ao leste con Castela-A Mancha, ao sur con Andalucía e ao oeste coas rexións portuguesas do Alentexo e as Beiras.

Esta comunidade autónoma ten a súa capitalidade na cidade de Mérida, e está composta polas provincias de Cáceres ao norte e Badaxoz ao sur.

Francisco Pizarro

Francisco Pizarro, nado en Trujillo (Cáceres) o 16 de marzo de 1478 e finado en Lima o 26 de xuño de 1541, foi un explorador e conquistador castelán.

Guadalupe, Cáceres

Guadalupe é un concello español da provincia de Cáceres, en Estremadura. Pertence á comarca de Las Villuercas e tiña en 2014 unha poboación de 2.021 habitantes.

Segundo a tradición un pastor encontrou unha talla da virxe María no río Guadalupe a finais do século XIII ou principios do XIV. Preto do lugar onde se encontrou a imaxe construíuse unha ermida arredor da cal xurdiu o asentamento actual co nome de Puebla de Santa María de Guadalupe. Dende a construción do primeiro santuario Guadalupe converteuse no centro de peregrinación máis importante da península ibérica despois de Santiago de Compostela, condición que mantén na actualidade a través da peregrinación que chega de toda España polos camiños de Guadalupe. Isto débese ao feito de que se Santiago é o patrón de España, a virxe de Guadalupe é a patroa de todas as terras de fala hispana e ostenta o título de raíña das Españas segundo a tradición católica. O actual Real Mosteiro de Santa María de Guadalupe é considerado como un dos maiores símbolos de Estremadura e a Virxe de Guadalupe é tamén patroa desta rexión. O municipio conta con gran cantidade de monumentos ademais do mosteiro.

Lorca

Lorca é unha cidade e concello español da Rexión de Murcia situado no sueste da península Ibérica. Pertence á comarca do Alto Guadalentín. Ten 92.869 habitantes (INE 2011), sendo a terceira cidade en poboación da comunidade, tras Murcia e Cartagena. É o segundo municipio máis extenso de España, tras Cáceres, con 1.676 km².

Lorca é coñecida polo seu castelo, a súa arquitectura barroca e as súas procesións de Semana Santa, declaradas como Festa de Interese Turístico Internacional.

Grazas ao seu denso patrimonio heráldico é tamén chamada "a cidade dos cen escudos", nome que lle outorgou o antigo alcalde José Antonio Gallego, mentres que do seu nome orixinal (Eliocroca) toma o título de "cidade do sol". A súa zona vella e o recinto do castelo foron declarados conxunto histórico-artístico o 5 de marzo de 1964, sendo a primeira da Rexión de Murcia con esta distinción.

O 11 de maio de 2011, dous terremotos de 4,5 e 5,1 graos con epicentro na localidade deixaron un balance de 9 mortos, centos de feridos e notables danos materiais.

Navalmoral de la Mata

Navalmoral de la Mata é unha localidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Segundo o INE, en 2007 tiña 16.931 habitantes.

Plasencia

Plasencia é unha cidade e un concello estremeño, pertencente á provincia de Cáceres. Con 39.982 habitantes (2007) constitúe o segundo núcleo máis poboado da provincia e o cuarto da rexión tras as capitais provinciais, Cáceres e Badaxoz, e a capital autonómica, Mérida. É ademais sede episcopal, cun recoñecido casco monumental, que fai dela un destino turístico importante. Así mesmo, por ela pasa o Camiño de Santiago, na Ruta ou Vía da Prata.

Provincia de Badaxoz

Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Baajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km2, é a provincia máis estensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.

Provincia de Cáceres

Cáceres (en estremeño: Caçris, na fala de Xálima: Cáciris) é unha provincia de España, na parte norte da comunidade autónoma de Estremadura. Limita coas provincias de Salamanca, Ávila, Toledo, e Badaxoz, e con Portugal.

A súa capital é a cidade de Cáceres.

A provincia de Cáceres ten unha poboación de 412.580 hab. (Padrón INE 2005) dos cales o 21,5% vive na capital.

Provincia de Salamanca

Salamanca é unha provincia española, situada no suroeste da Comunidade Autónoma de Castela e León.

A súa capital é a cidade de Salamanca. Limita ao norte coa provincia de Zamora, ao nordeste coa de Valladolid, ao leste coa provincia de Ávila, ao sur coa de Cáceres e polo oeste confina con Portugal.

A súa supeficie é de 12.336 km², o que a converte na terceira provincia de Castela e León, despois de León e Burgos.

Consonte con datos do (INE 2005), a provincia conta con 352.414 habitantes, dos cales 160.331 (un 45%) vive na capital.

Provincia de Toledo

A provincia de Toledo é unha provincia española, sita na parte occidental de Castela-A Mancha. A súa capital é a cidade de Toledo. Limita coas provincias de Madrid, Cuenca, Cidade Real, Badaxoz, Cáceres, e Ávila. O xentilicio que designa os seus habitantes é toledano.

A provincia conta cunha poboación de 615.618 habitantes (INE 2006), repartidos en 204 concellos, dos cales Talavera de la Reina é o máis poboado con 83.756 hab., o segundo municipio é Toledo (77.601 hab.), mentres que o menos populoso é Illán de Vacas, que, con 6 habitantes, tamén é o de menor poboación de España. A superficie provincial atinxe 15.370 km², sendo a 8ª máis extensa de España. A provincia comparte o Parque Nacional de Cabañeros coa de Cidade Real.

O río Texo é o máis importante da provincia e crúzaa de leste a oeste; pasa polas cidades de Talavera de la Reina e Toledo.

Río Texo

O Texo (Tajo en castelán; Tejo en portugués) é o maior río da Península Ibérica, á que atravesa na súa parte central, seguindo un rumbo leste-oeste, cunha leve inclinación cara ao suroeste. Nace na Fuente de García, na Serra de Albarracín, que pertenece aos Montes Universales (Teruel), a 1.593 m de altitude e desemboca no Océano Atlántico xunto a Lisboa, formando un esteiro coñecido como o Mar da Palla, no que verte un caudal medio de 444 m³ por segundo.

Trujillo, Cáceres

Trujillo é unha cidade estremeña, pertencente á provincia de Cáceres. Atópase nun estratéxico nó de comunicacións dentro da rexión. Está a 47 km de Cáceres pola A-58, a uns 60 quilómetros do Parque Nacional de Monfragüe, a uns 90 km de Plasencia e a uns 80 km de Guadalupe. Pola A-5 (Autovía do Suroeste) comunica con Badaxoz a 149 km, con Mérida a 80 km, con Navalmoral de la Mata a 70 km e con Madrid, a tan só 250 km.

Valencia de Alcántara

Valencia de Alcántara é un concello estremeño da provincia de Cáceres, que comprende a vila do mesmo nome e varias pedanías como Alcorneo. Posúe o título de "Moi nobre, antiga e leal Vila". Con máis de 6.000 habitantes, é o undécimo municipio máis grande da provincia e o máis grande da comarca de Valencia de Alcántara. É capital do partido xudicial do mesmo nome.

Limita con Portugal e a provincia de Badaxoz. A súa proximidade á fronteira lusa deu a Valencia de Alcántara unha grande importancia histórica na Idade Moderna. Entre 1644 e 1668 Valencia de Alcántara pertenceu ao Reino de Portugal, e entre o século XVII e o século XVIII construíronse os monumentos máis importantes da localidade, aínda que o municipio é máis coñecido polos seus dolmens prehistóricos.

Valverde do Fresno

Valverde do Fresno (na fala: Valverdi du Fresnu; en castelán: Valverde del Fresno), é un concello da provincia de Cáceres que cobre unha superficie de 197,27 km², na que vivían 2.578 habitantes no ano 2004, cunha densidade de poboación de 13,07 h/km². O seu xentilicio tradicional é «valverdeiro» .

Xosé-Henrique Costas

Para ver artigos doutras persoas chamadas Quique Costas, acuda á páxina de homónimos correspondenteXosé-Henrique Costas González, nado en Sárdoma (Vigo) o 11 de agosto de 1962, é un lingüista galego director de Normalización lingüística desde 2010.

Capitais de provincias de España

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.