Burgundios

Os burgundios foron unha tribo xermana orixinaria de Escandinavia, que a partir do ano 200 iniciou unha migración masiva cara a Europa seguidos polos vándalos cara a Pomerania (Polonia). Instaláronse na Galia, entre francos e alamáns, nas beiras do Rin. Estableceron a súa capital en Worms e tomaron Maguncia aos romanos.

Durante o século III, instaláronse pacificamente na Provenza e as terras entre as actuais Suíza, Francia e Italia, qua acabaría tomando o nome de Borgoña por eles. En 534, os francos derrotaron a Gundemaro, o último rei burgundio, e anexionáronse o seu territorio trala masacre de Tolbiac.

Foron feitos heroes grazas ás súas fantásticas sagas como o Tesouro dos Nibelungos, un gran relato da época, editado por vez primeira na idade Media no Sacro Imperio Romano. Como moitas tribos xermanas, convertéronse ao arianismo, aínda que os católicos creceron trala conversión do rei Gundebaldo en 500.

Lista de reis burgundios

Non lendarios:

Batalla dos Campos Cataláunicos

A batalla dos Campos Cataláunicos tivo lugar o 20 de setembro de 451. Nela enfrontouse o Imperio Romano de Occidente en alianza cos visigodos, que venceu ó exército de Atila formado por hunos, xépidos, ostrogodos, hérulos, turinxios, alanos e burgundios nos campos Cataláunicos, na Galia.

Borgoña

Borgoña (francés: Bourgogne, en borgoñón: Bregogne) é unha rexión administrativa da Francia, situada ao leste do país e que agrupa aos departamentos de Yonne, Côte-d'Or, Nièvre e Saona e Loira.

Habitada en tempos por celtas, galos, romanos e galo-romanos, e varios pobos xermánicos, de entre os cales os máis importantes foron os burgundios (de onde deriva o seu nome actual, a través dunha forma medieval Burgundia) e os francos. Convén, porén, distinguir entre Burgundia e Borgoña. Burgundia é o nome dun reino xermánico que durou até o ano 534, mentres que Borgoña aplícase a unha provincia do reino dos francos que ocupaba aproximadamente o mesmo territorio que Burgundia, polo que este mesmo nome é o utilizado para denominar á rexión de Francia na actualidade.

Clodomiro

Clodomiro, nacido cara ao ano 495 e finado en 524, foi o segundo dos catro fillos de Clodoveo I e de Clotilde. Á morte do seu pai no ano 511, dividiuse o reino dos francos cos outros tres irmáns: Teodorico I, Khildeberto I e Clotario I.

Clodomiro casa con Gunteuca que lle dá tres fillos: Teodobaldo, Gunthar e Clodoaldo (o futuro saint Cloud).

En 523-524, quizais instigado pola súa nai Clotilde desexosa de vingar ao seu sobriño, que fora asasinado polo rei Sexismundo, Clodomiro únese aos seus irmáns nunha expedición contra os burgundios. Clodomiro volve a Orleáns, pero o irmán de Sexismundo, Gondomar entra na Borgoña á cabeza dunhas tropas enviadas polo rei ostrogodo Teodorico I e fixo masacrar a guarnición que deixaran os francos.

Clodomiro fai asasinar a Sexismundo e aos seus fillos: Xisaldo e Gundebaldo, o ano 524. Logo lanzouse a unha nova expedición contra os burgundios.

Foi morto a primavera ou o verán dese mesmo ano na batalla de Vereronce. Os seus tres fillos son recollidos pola súa nai ata que casa con Clotario I. Este último fixo masacrar aos fillos de Clodomiro, quedando vivo só Clodoaldo, porque fuxiu. Este, mellor coñecido co nome de Saint Cloud, fíxose abade de Nogent preferindo renunciar á súa cabeleira, símbolo da realeza, antes que á vida.

Década de 430

A década de 430 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 430 e remata o 31 de decembro de 439.

Década de 450

A década de 450 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 450 e remata o 31 de decembro de 459.

Década de 500

A década de 500 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 500 e remata o 31 de decembro de 509.

Gundioc

Gundioc (Cundioc, Candiaco, Gundiwech) foi un rei dos burgundios do 436 ó 473.

Reino de Borgoña

O reino de Borgoña (Regnum Burgundi), tamén coñecido por segundo reino de Borgoña, foi un estado formado na alta Idade Media polo pobo xermánico dos burgundios (despois borgoñóns) na conca do Ródano, que tivo uns límites variábeis pero sempre no leste e sueste da Francia moderna, ocupando tamén gran parte da actual Suíza.

Foi un dos reinos constituíntes da monarquía dos reis merovinxios.

Establecido en 561 polo nobre franco Gontrán, desapareceu definitivamente en 687 tras a batalla de Tetry, gañada por Pipino de Heristal.

Suabia

Suabia (en alemán, Schwaben) é unha rexión histórica repartida entre Baden-Württemberg e Baviera en Alemaña, chámaselle tamén así a unha das sete rexións administrativas do Estado libre de Baviera coa capital: Augsburgo.

A palabra Schwaben en alemán usase tamén para o xentilicio de Suabia, é dicir, a mesma palabra ten 3 significados, a rexión histórica, a rexión administrativa bávara e o xentilicio. Para definir á zona onde se fala o suabo adóitase usar a palabra Schwabenland. Ao suabo, ou sexa, á fala suaba chámanlle Schwäbisch.

Teodorico I dos Francos

Teodorico I ou Teoderico I, nado cara o 485 e finado no 534, (en francés Thierry Ier e en alemán Theuderich I.) foi rei merovinxio de Metz entre 511 e 534. Foi gobernante da parte oriental do territorio franco, coñecida como Austrasia.

Teodorico era fillo bastardo primoxénito do rei franco Clodoveo I e dunha princesa ripuaria, descoñécese a data exacta do seu nacemento, que puido ser cara a 485. Morre o ano 534.

Á morte do seu pai en 511, o reino queda dividido entre os catro fillos de Clodoveo I: Teodorico, Clodomiro, Khildeberto e Clotario. Como fillo primoxénito de Clodoveo, Teodorico saíu beneficiado no repartimento quedando coa metade do reino, mentres os seus tres irmáns se repartiron a outra metade.

Teodorico recibiu a seguinte herdanza territorial:

o Reino de Metz, que comprendía así mesmo Reims, o país dos francos ripuarios. Este era o antigo reino de Colonia. Controla a ribeira dereita do río Rin e aos alamáns.

o val do río Mosela.

o territorio que formaría a futura rexión de Champaña.

a rexión de Auvernia que conquistara para o seu pai en 507.Teodorico casou en 511 coa princesa visigoda Eustere (aprox.494-521), filla do rei visigodo Alarico II. Tivo un fillo deste matrimonio, o futuro Teodeberto I. En 522, tras morrer a súa primeira muller, contraeu matrimonio en segundas nupcias coa princesa burgundia Suavegota, coa que tería unha filla, Teodequilda.

Entre 523 e 524 a instigación da súa irmá Clotilde, os reis francos uníronse nunha expedición conxunta contra os burgundios. En principio, Teodorico non participou en devandita expedición, xa que era xenro do rei burgundio Sexismundo. En 524 uniuse, con todo, á loita contra os burgundios. Nesta guerra morrería Clodomiro, rei de Orleáns. Teodorico faríase coa herdanza do seu irmán pequeno, incorporando desa forma en 524 o Berry, Auxerrois e Sénonais ao seu reino.

En 526 sufocou unha revolta en Auvernia saqueando a rexión. Turinxia foi anexionada ao seu reino en 531.

Á súa morte en 534, deixou o reino ao seu fillo Teodeberto I.

Vernier

Vernier é unha cidade suíza pertencente ao cantón de Xenebra. Segundo datos de 2017 posúe 35.408 habitantes.

Está situada ao suroeste do Lago Léman, a tan só quince minutos da cidade de Xenebra. Foi ocupada por burgundios e francos na Idade Media. Brevemente, foi ocupada tamén pola Francia napoleónica.

Ásatrú

Ásatrú (Asa-Trú. Literalmente, Fiel ou Lealdade aos Deuses) é a recreación moderna da antiga relixión precristiana do Centro e Norte de Europa. Esta relixión tamén é coñecida como Norsk Sede (Tradición Nórdica), Forn Sede (Antiga Tradición), Vanatrú (o culto a deuses Vanir), Vor Sidr (A nosa tradición), Teodish (Fe Anglosaxoa),ou Odinismo. Formas clásicas destes cultos foron practicadas en Galicia en tempos dos Suevos, sendo a expresión relixiosa pagá da que mais información se conserva das practicadas no norte peninsular.

Ásatrú é un movemento espiritual orixinado o 16 de maio de 1973 en Islandia polo poeta Sveinbjörn Beiteinsson. Este fundou o grupo Ásatrúarmenn ('Os homes que confían nos deuses'), actualmente chamada Ásatrúarfélagið ('Asociación dos que confían nos deuses'). Esta corrente espiritual busca de recuperar as tradicións e relixión de pobos nórdicos.

Esta tradición pagá baséase no culto aos Deuses Æssir e Vanir, os Elfos, Disar e os Devanceiros familiares. As cerimonias practicadas son coñecidas como Blót, unha libación comunitaria en honra dos deuses. Entre o credo relixioso inclúese elementos do folclore dedicado aos cambios e estacións da Natureza, tradicións populares, poesía tradicional, elementos espirituais e algúns de carácter máxico (Maxia Rúnica e xamanismo nórdico coñecido como Seidr).

Entre os seus Deuses máis coñecidos podemos destacar: Odín (O Altísimo), Freyja, Frigga, Loki, Thor e Balder ou Baldr, e a lista pode continuar.

Esta relixión ten diferentes modelos de reconstrución segundo a súa diferentes tendencias. A base adoita ser a partir do modelo viquingo xa que é o que contén máis información. Algúns grupos reconstruíron a partir de antigas tribos como visigodos, anglosaxóns, teutóns, lombardos, burgundios etc.

Un dos termos para chamar a un Ásatrú é Ásatrúarmadr, pero hai un termo xenérico, Heathens (Pagáns). Durante a Cristianización do Norte de Europa, os misioneiros chamaron aos practicantes desta antiga relixión «salvaxes» (inglés moderno: Heathen / inglés medio: Hethen / inglés antigo: Hæthen / antigo alto alemán: Heidan), debido a que os últimos redutos da antiga relixión foron, precisamente, as zonas «non civilizadas», é dicir os brezales ou terras salvaxes.

O termo Ásatrú é un neoloxismo acuñado no contexto do romanticismo nacionalista do século XIX, utilizado por primeira vez por Edvard Grieg na súa ópera Olaf Trygvason, de 1870, a práctica relixiosa en si é unha reconstrución do culto ancestral dos pobos xermánicos.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.