Burgo

O termo burgo real pódese referir a un tipo de burgh establecido en Escocia por fundación ou compra a través dunha Carta Real.

Toponimia

O topónimo galego Burgo pode referirse a:

Véxase tamén

Outros artigos

AC-211

A AC-211 é unha estrada da rede secundaria de Galicia, que une as localidades coruñesas de San Pedro de Nós (Oleiros) e Pasaxe ao Burgo (A Coruña), ao longo de 3,5 quilómetros. Forma parte da antiga estrada A Coruña - Madrid, posteriormente N-VI.

Arco Ártabro

O Arco Ártabro ou Golfo Ártabro é a denominación que o xeógrafo Otero Pedrayo deu ao litoral formado polas rías de Ferrol, ría de Betanzos-Ares e do Burgo, que se corresponde co que os xeógrafos grecorromanos Estrabón, Pomponio Mela e Plinio designaron como Portus Magnus Artabrorum. Ten un ancho máximo de 5.800 m. e intérnase uns 5.600 m. cara á desembocadura do río Mero na praia de Santa Cristina (Perillo, Oleiros) e forma parte das chamadas Rías Altas (ou Rías Medias, segundo autores).

Desde unha concepción máis ampla deste accidente xeográfico, tamén se considera que o Golfo Ártabro abrangue todo o entrante que fai o océano na costa entre o Cabo Prior, en Ferrol, e o cabo de Santo Hadrián, en Malpica.

Baíña, Baiona

Santa Mariña de Baíña é unha parroquia do concello de Baiona. Limita coas parroquias de Belesar, Baredo, Santa Cristina da Ramallosa e Baiona e pertence á comarca do Val Miñor e ó arciprestado de Miñor.

Segundo o IGE , tiña 1749 veciños en 2015 e os seus lugares máis destacados son: O Burgo (518), O Cruceiro (178), Os Eidos (150), As Fontes (231), A Igrexa (121), As Laxes (442), O Río (104) e San Cosme (5). Algúns dos seus casais son: A Moura, O Rial, A Sirimba, As Laxes de Quinós, Almirante Fontán (253) e Santa Marta (331).

Cambre

Cambre é un concello da provincia da Coruña pertencente á comarca da Coruña. Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 24.029 habitantes (23.621 no 2010, 23.231 no 2009, 22.513 no 2007, 22.092 no 2006, 21.523 no 2005, 20.919 no 2004). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é cambrés ou cambresa.

Castro Caldelas

Castro Caldelas (do latín aquas calidas, 'augas cálidas, termais') é un concello da provincia de Ourense, capital da comarca da Terra de Caldelas. Segundo o padrón municipal en 2018 tiña 1.224 habitantes. O seu xentilicio é «caldelao».

Ten 16 parroquias e 86 entidades de poboación, e forma parte da Ribeira Sacra. Está situado no derramo setentrional do gran nó orográfico formado polas serras de San Mamede e Queixa no macizo Central Ourensán.

Culleredo

Culleredo (AFI: /kuʎeˈɾeðʊ/) é un concello galego da provincia da Coruña. Pertence á comarca da Coruña e está situado na área central da provincia, na comarca da Coruña, no extremo sur da ría do Burgo, no ano 2014 tiña 29.434 habitantes distribuídos en 62,3 km². O seu xentilicio é culleredés ou culleredense.

Neste concello atópase localizado o aeroporto de Alvedro, un dos tres aeroportos de Galicia. E ese mesmo nome, Alvedro, era o que recibía o concello antigamente.

Cuíña, Ortigueira

Santiago de Cuíña é unha parroquia do concello coruñés de Ortigueira, na comarca do Ortegal. Segundo o padrón municipal de 2009 tiña 321 habitantes (166 mulleres e 155 homes) distribuídos en 40 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 365 habitantes.

El Burgo Ranero

El Burgo Ranero é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 826 habitantes (2011).

El Burgo de Osma-Ciudad de Osma

El Burgo de Osma-Ciudad de Osma é un concello español da provincia de Soria (Castela e León). A súa poboación é de 5.218 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 289,35 km².

É cabeceira do partido xudicial de El Burgo de Osma e pertence á comarca de Tierras del Burgo, da que é capital. Osma é o núcleo histórico altomedieval, mentres que El Burgo de Osma é a poboación moderna, declarada Vila de interese turístico en 1962 e Conxunto Histórico-Artístico en 1993.

Estación do Burgo-Santiago

O Burgo-Santiago é unha estación de tren de Adif situada no Burgo, no concello de Culleredo, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Estadio Municipal de Pasarón

O Estadio Municipal de Pasarón é o campo de fútbol principal da cidade de Pontevedra, servindo de feudo local ó Pontevedra CF. Ten unha medida de 105 x 66 metros, e unha capacidade de 12 000 persoas, todas elas sentadas. Está situado na rúa Luis Otero, no barrio do Burgo.

Fuentearmegil

Fuentearmegil é un concello español da provincia de Soria. A súa poboación é de 219 habitantes (INE 2012) e ocupa unha superficie de 60,54 km².

Está situada ao oeste da provincia. Fuentearmegil é a cabeza de municipio e o seu termo está formado por Fuencaliente del Burgo, Santervás e Zayuelas.

Polo termo desta vila discorren os ríos Cejos e Perales, afluentes do Douro pola súa marxe dereita.

O Burgo, Castro Caldelas

San Pedro do Burgo é unha parroquia do concello de Castro Caldelas na comarca da Terra de Caldelas, na provincia de Ourense. No ano 2007 tiña 57 habitantes (28 homes e 29 mulleres), os mesmos ca no ano anterior.

O Burgo, Culleredo

Santiago do Burgo é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Culleredo. Segundo o IGE en 2016 tiña 8.993 habitantes (4.694 mulleres e 4.299 homes) distribuídos en 2 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 4.803 habitantes.

O Burgo, Lugo

San Vicente do Burgo é unha parroquia do concello de Lugo na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 91 habitantes, deles 42 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.

O Burgo, Muras

Santa María do Burgo é unha parroquia do concello de Muras na comarca da Terra Chá, na provincia de Lugo. Tiña 80 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 47 homes e 33 mulleres. O que supón unha diminución de 36 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 116 habitantes (64 homes e 52 mulleres) e 43 menos que en 2006.

O Burgo, Pontevedra

Santiago Peregrino do Burgo é unha parroquia urbana do concello de Pontevedra. Sitúase ao norte da cidade, delimitado ao sueste co río Lérez, ao oeste coas marismas de Alba, e ao norte con Lérez.

Pontevedra

Pontevedra é unha cidade e concello do suroeste de Galicia, capital da provincia de Pontevedra, da comarca homónima e das rías Baixas. Está situada nas beiras do río Lérez e da ría de Pontevedra.

Ría da Coruña

A ría da Coruña ou ría do Burgo é a ría máis occidental do Golfo Ártabro e forma parte das Rías Altas galegas.

Fórmase pola desembocadura do río Mero no mar e baña catro municipios (A Coruña, Oleiros, Culleredo e Cambre).

Tamén se coñece polo nome de ría do Burgo, e ás veces utilízase o termo de "ría da Coruña" para referirse á parte da ría situada entre a ponte da Pasaxe e o mar, e o termo de "ría do Burgo" para referirse á parte situada entre a ponte da Pasaxe e o río Mero.

Serra do Burgo

A serra do Burgo é unha serra galega que discorre paralela á serra da Queixa, da que queda separada polo río Navea. Está ocupada por un parque eólico.

O cumio de maior altitude é O Serro, con 1.211 metros sobre o nivel do mar.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.