Burón

Burón é un concello español da provincia de León. A súa poboación é de 360 habitantes (INE 2011). Está situado no Parque Nacional dos Picos de Europa.

Coordenadas: 43°1′24″N 5°3′4″O / 43.02333, -5.05111

Burón
Bandera de Burón (León)
Escudo de Burón
Lario-Leon
Lario, no concello de Burón.
Localización
Burón - Mapa municipal
PaísEspaña España
Com. AutónomaCastela e León
ProvinciaLeón
ComarcaMontaña Oriental
Xeografía
Altitude1.103 msnm
Superficie155,71 km²
Demografía
Poboación360 hab. (2011)
Densidade2,28 hab./km²
Outros datos
Código postal24994
AlcaldePorfirio Díez Casado (PP)
www.aytoburon.es

Contexto xeográfico

Picos de europa - san glorio
Paisaxe do parque nacional dos Picos de Europa, no cal esta incluído Burón.

Burón está situado no val de Valdeburón, rodeado de montañas e cunhas paisaxes dignas de ver. Nos seus límites están os vales de Mirva, Rabanal e San Pelayo. O curso do río Esla pasa pola vila de Burón, estando situado o seu nacemento no val de Valdosín, próximo ao porto de Tarna.

Situado nunha das colas do Encoro de Riaño, uns poucos metros por riba da cota 1.100 msnm o salvaron do asolagamento, pero a igrexa e outros edificios emblemáticos tiveron que ser trasladados.

Fronte á vila de Burón pódese admirar a maxestosidade do pico Burín, chamado pico Yordas en Riaño. As faias e as penas do seus arredores configuran un marco de incomparábel beleza.

Localidades

  • Casasuertes
  • Cuénabres
  • Lario
  • Polvoredo
  • Retuerto
  • Vegacerneja

Véxase tamén

Ligazóns externas

A Bastida, A Fonsagrada

San Miguel da Bastida é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 44 habitantes (23 homes e 21 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007 cando tiña 56 habitantes.

A Fonsagrada

A Fonsagrada é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Fonsagrada, da que é capital. Segundo o IGE en 2018 tiña 3.589 habitantes (4856 no 2006, 4949 no 2005, 5007 no 2004, 4993 no 2003). Cunha superficie de 438,4 km² é o concello máis grande de Galicia. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «fonsagradino», «buroego» ou «brañego».

A Proba de Burón, A Fonsagrada

Santa María Magdalena da Proba de Burón é unha parroquia do concello lugués da Fonsagrada na comarca da Fonsagrada, situada a 3 km da capital do concello. Tiña 112 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 55 homes e 57 mulleres distribuídos en 5 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 18 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 130 habitantes (71 homes e 59 mulleres) e 35 menos que en 2000. Entre os núcleos, destaca O Chao, onde se agrupa a maior parte da poboación, xa que aí se atopa o centro da parroquia, e Triana, segundo lugar onde se atopa concentrada bastante poboación.

No eclesiástico, A Pobra de Burón formaba parte do arciprestado de Burón, dentro da diocese de Oviedo.

Bruicedo, A Fonsagrada

Santiago de Bruicedo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 35 habitantes, deles 20 eran homes e 15 eran mulleres.

Cereixido, A Fonsagrada

Santiago de Cereixido é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 79 habitantes (44 homes e 35 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 119.

Cuíñas, A Fonsagrada

San Cristovo de Cuíñas é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 104 habitantes (61 homes e 43 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 140.

Fonfría, A Fonsagrada

Santa María Madanela de Fonfría é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 24 habitantes (14 homes e 10 mulleres) distribuídos en catro lugares, o que supón unha diminución en relación ao ano 2007, cando tiña 33 habitantes.

Freixo, A Fonsagrada

San Xulián de Freixo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 132 habitantes (76 homes e 56 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 178.

Lamas de Moreira, A Fonsagrada

Santa María de Lamas de Moreira é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 241 habitantes (130 homes e 111 mulleres).

Lugares da Fonsagrada

Galicia → Parroquias de Galicia → Lugares de Galicia → Lugares da Fonsagrada

Maderne, A Fonsagrada

San Pedro de Maderne é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 84 habitantes (45 homes e 39 mulleres), 29 menos ca en 2007.

No val do río de Santo Estevo está o Castelón de Castañoso, un poboado castrexo que conserva unha sauna castrexa.

Monteseiro, A Fonsagrada

San Bartolo de Monteseiro é unha parroquia do concello lucense da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 43 habitantes (19 homes e 24 mulleres).

O Trobo, A Fonsagrada

Santa María do Trobo é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, en 2015 tiña 133 habitantes (80 homes e 53 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 2007, cando tiña 175.

Paradavella, A Fonsagrada

San Xoán de Paradavella é unha parroquia do concello lugués da Fonsagrada na comarca da Fonsagrada. Tiña 47 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 26 homes e 21 mulleres distribuídos en 4 entidades de poboación. O que supón unha diminución de 14 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 61 habitantes (32 homes e 29 mulleres) e 37 menos que en 2000.

Reserva da biosfera

As reservas da biosfera son ecosistemas terrestres ou costeiros ou mariños, ou unha combinación dos mesmos, que se recoñecen no plano internacional do Programa sobre o Home e a Biosfera (MAB, Man and the Biosphere Programme), que é iniciativa da UNESCO.

Dentro da Rede Mundial de Reservas da Biosfera do programa MAB creáronse ata o 2017 669 reservas da biosfera. Están en 120 estados da UNESCO e 20 deles son reservas transfronteirizas.Con esta designación, o programa MAB, iniciativa da UNESCO, pretende que se leve a cabo unha demarcación, xestión e conservación destes ecosistemas e da súa biodiversidade e culturas. Nunha reserva da biosfera débese incluír unha zona núcleo, área centrais protexida e con especial interese de conservación da súa biodiversidade, unha zona tampón, área de transición arredor das área núcleo na que se limitan as actividades non relacionadas coa súa conservación, e unha zona de transición, na que se promoven as actividades de conservación de biodiversidade e unha economía sustentable. Isto faise co obxectivo de manter un desenvolvemento sustentábel dos recursos naturais e as comunidades humanas que habitan nelas. Este esforzo require investigación, seguimento, educación e preparación.

Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón

A Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón abrangue os concellos de Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Ribeira de Piquín, Baleira, A Fonsagrada e Negueira de Muñiz en Galicia, e de Castropol, A Veiga, Taramundi, San Tirso de Abres, Vilanova de Oscos, Santalla de Oscos e Samartín de Oscos en Asturias. Ten unha extensión de 1595,889 km² e inclúe a máis da totalidade da cunca do río Eo dende o seu nacemento en Fonteo ata a súa desembocadura na ría de Ribadeo, a propia ría e boa parte das cuncas que nela desembocan, así como anacos das cuncas dos ríos Miño, Navia e Porcía, encadrando unha unidade de biodiversidade, cultural e patrimonial. Cando foi designada, a zona tiña unha poboación de 32 974 habitantes, se ben case tódolos municipios observan decrecemento de poboación.

Ría de Ribadeo

A ría de Ribadeo, ou ría do Eo, é formada a partir do río Eo xunto con outros ríos menores, como o río Grande, como un entrante do Cantábrico. Está situada no nordeste de Galiza e oeste de Asturias, actuando como fronteira natural. Ten 10 km de lonxitude e unha largura abondo constante duns 800 m, estreitándose ata os 600 m preto da boca, circunstancia aproveitada para construír sobre ela a Ponte dos Santos, e abríndose abondo máis á altura da enseada de Arnao, xusto á beira da súa boca, ou na enseada da Liñeira, fronte a Ribadeo, ambas na parte oriental.

A ría e o seu espazo natural da parte galega están amparados polas figuras de protección de zona especial de conservación, zona de especial protección para as aves e zona húmida protexida, e a parte asturiana como reserva natural parcial. O conxunto da ría de Ribadeo está dentro da Reserva da biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e dentro do programa internacional de zonas húmidas Ramsar.

San Pedro de Río, A Fonsagrada

San Pedro de Río é unha parroquia do concello da Fonsagrada, na provincia de Lugo. Tiña 89 habitantes en 2016, segundo datos do Instituto Galego de Estatística, 54 homes e 35 mulleres. O que supón unha diminución de 16 habitantes respecto ao ano 2007 cando tiña 105 habitantes (64 homes e 41 mulleres).

Zona especial de conservación As Catedrais

As Catedrais é un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC), coa praia das Catedrais declarado como monumento natural e que forma parte da reserva da biosfera do Río Eo, Oscos e Terras de Burón. Atópase na costa setentrional de Galicia, entre a praia de San Miguel de Reinante (ao oeste) e a praia de Olga (ao leste) entre Barreiros e Ribadeo.

100 000+
50 000+
10 000+
5000+
Menos de
5000
habitantes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.