Bulgaria

Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: България/Balgariya), oficialmente República de Bulgaria ( pronunciación ) (en búlgaro: Република България/Republika Balgariya) é un país situado ao sueste de Europa, na península dos Balcáns. Limita ao norte con Romanía, estando a maior parte da fronteira entre estes dous países conformada polo río Danubio, ao sur con Turquía e Grecia, o oeste con Macedonia do Norte e Serbia e está bañada ao leste polo Mar Negro. Foi aceptada na OTAN no ano 2004 e é membro da Unión Europea dende o 1 de xaneiro de 2007.

A actual Bulgaria inclúe partes das provincias romanas de Mesia, Tracia e Macedonia. A súa forma de goberno funciona como unha democracia parlamentaria dentro dunha república unitaria constitucional.

Coordenadas: 42°45′N 25°30′L / 42.750, -25.500

República de Bulgaria
Република България
Republika Balgariya
Bandeira de Bulgaria
Escudo de Bulgaria
BandeiraEscudo
EU-Bulgaria
Lema: Съединението прави силата
(Búlgaro: A unión fai a forza)
Capital
 Poboación
Sofía
1 401 553 (2009)
Cidade máis poboadaSofía
Lingua oficialBúlgaro
Forma de gobernoDemocracia parlamentar
Rumen Radev
Boyko Borisov
• Declarada
• Recoñecida
3 de marzo de 1878
22 de setembro de 1908
SuperficiePosto 102º
 • Total110 910 km²
 • % auga0,3
Fronteiras1 808 km
Costas354 km
PoboaciónPosto 99º
 • Total (2008)7 606 551 hab.
 • Densidade68.9 hab./km²
PIB (nominal)Posto 75º
 • Total (2009)44 777 millóns US$
 • per cápita5 916 US$
PIB (PPA)Posto 63º
 • Total (2009)89 002 millóns US$
 • per cápita11 760 US$
MoedaLev (BGN)
IDH (2009)0,840 (61º) – Alto
XentilicioBúlgaro, búlgara
Fuso horarioUTC+2
 • Horario de veránUTC+3
Dominio de Internet.bg
Prefixo telefónico+359
Prefixo radiofónicoLZA-LZZ
Código ISO100 / BGR / BG
Membro de: UE, ONU, OSCE, OTAN, COE

Historia

Etimoloxía

Unha das teorías di que a etimoloxía do nome da tribo dos búlgaros, chegados á rexión no século VII, deriva de burg, palabra xermánica que significaría "castelo", mais outros din que deriva de bulgars, cuxo significado é descoñecido, sendo os burgarii ou burgarioi son os que gardan as fortalezas. Unha terceira teoría deriva o etnónimo do nome da cidade de Balkh, actualmente ao norte de Afganistán, capital do antigo estado de Balkhara, do cal procederían os antigos búlgaros.

Con todo, tradicionalmente veuse aceptando unha orixe non indoeuropea das primitivas tribos búlgaras, cuxa etnoxénese produciríase pola mestura de elementos ugrofineses con outros altaicos,[1] que tralo seu asentamento nos Balcáns prevalecería o elemento humano de orixe eslavo, poboación maioritaria nesta zona. Así, a moderna lingua búlgara pertence ás familia eslava meridional.

Idade Antiga

The roman amphithe galleryfull
Restos romanos de Augusta Traiana, hoxe Stara Zagora

No territorio da actual Bulgaria desenvolvéronse durante o Neolítico, os milenios VI e III a.C., culturas como a de Hamangia e a Vinča, durante o Eneolítico a cultura de Varna e durante a Idade de Bronce a cultura de Ezero. Porén, o primeiro pobo historicamente documentado que se instalou no territorio da actual Bulgaria foron os tracios, un pobo indoeuropeo, procedente das estepas de Eurasia, que chegou á zona posiblemente en torno ao ano 3500 a.C.

Doutra banda, dende o século VII a.C. comezou a producirse a colonización grega da costa do Mar Negro, fundándose numerosas cidades, moitas das cales continúan existindo na actualidade, como Odessos (Varna), Mesembria (Nesebar), Anchialon (Pomorie), Apolonia (Sozopol) ou Agathopolis (Akhtopol). A mediados do século V a.C. fundouse o primeiro Estado tracio que se coñece, o reino Odrisio, que se desintegraría no seguinte século en varios estados máis pequenos. Pouco despois Filipo II, rei de Macedonia (entre 359 e o 336 a.C.), tras vencer ao rei Cersobleptes, anexionouse os territorios dos tracios e fundou a cidade de Filipópolis (Plovdiv). No século seguinte, o territorio de Bulgaria foi invadido polos celtas, quen mantiveron un estado por espazo dun setenta anos, fundando asentamentos como Bononia (Vidin).

Durante o século I, o territorio de Bulgaria foi incorporado ao Imperio Romano, quedando dividido nas provincias de Tracia e Mesia. Os romanos fundaron numerosas cidades, entre as que destacan Serdica (a actual capital Sofía), Nicopolis (Nikopol) e Durostorum (Silistra). Cando o Imperio Romano se divide á morte de Teodosio, as provincias de Mesia e de Tracia pasaron a formar parte do Imperio Romano de Oriente. Dende o século III estes territorios sufriron invasións de pobos bárbaros: primeiro foron os godos, hunos; máis adiante, os ávaros, eslavos, que atravesaron o Danubio a principios do século VII cando se abandonaron as guarnicións de fronteira bizantinas, e os búlgaros. Estes últimos formarían, xunto cos eslavos, o primeiro estado búlgaro, a finais do século VII. O nome de Bulgaria procede do deste pobo.

Primeiro Imperio Búlgaro

Krum1
O Khan Krum festexa a vitoria no paso de Varbitsa

Unha das teorías é que os búlgaros eran un pobo nómade e belicoso procedente de Asia Central, emparentado cos hunos. De feito, os primeiros khans búlgaros facían remontar as súas orixes ao huno Atila. Xa na primeira metade do século VII, baixo o seu rei khan Kubrat, formaran un reino ao norte do Mar Negro, que os bizantinos denominaban Magna Bulgaria. Despois da morte de Kubrat o imperio dividiuse entre os seus tres fillos maiores, a consecuencia do cal unha parte dos búlgaros desprazouse cara ao leste, á confluencia dos ríos Volga e Kama, chegando a formar o estado da Bulgaria do Volga, en tanto que outro grupo se establecía no delta do Danubio, ao mando de khan Asparukh, terceiro fillo de Kubrat, quedándose unha terceira parte da poboación búlgara.

Desde alí, os búlgaros fustrigaban ás guarnicións bizantinas. As súas frecuentes expedicións de saqueo conduciron á realización dunha expedición punitiva contra eles, mandada polo emperador bizantino Constantino IV. Ao fracasar esta expedición, o Imperio Bizantino viuse obrigado a aceptar a existencia do Imperio Búlgaro e a pagarlle un tributo anual para evitar incursións. O ano 681, en que Bizancio recoñeceu por primeira vez ao estado búlgaro, é considerado a data de nacemento da moderna Bulgaria. A comezos do século IX o Imperio Búlgaro chegou a estenderse por parte de Panonia e Transilvania e abrazou o cristianismo de rito bizantino. A adopción da nova fe implicou tamén a utilización do eslavo como lingua da liturxia e da administración. A cristianización e a eslavización proporcionaron ao Imperio Búlgaro unha área de influencia maior. O estado alcanzaría o seu apoxeo tanto político como cultural co reinado de Simeón I (893-927), cuxo plan, que estivo preto de ver realizado, era unificar baixo o seu poder as monarquías búlgara e bizantina. Simeón foi o primeiro monarca búlgaro en adoptar o título de tsar (derivado do título romano caesar).

Tras a morte de Simeón, a decadencia da autoridade real, as loitas dinásticas e os ataques exteriores de pobos como os maxiares e pechenegos foron minando ao estado búlgaro que foi conquistado polo emperador Basilio II, chamado Bulgaróctonos ("matador de búlgaros") e incorporado ao Imperio Bizantino. Bulgaria permanecería baixo a autoridade de Constantinopla durante case dous séculos, entre 1018 e 1185.

Segundo Imperio Búlgaro

V-tarnovo-gruev2
Tarnovo, capital de Bulgaria durante este época

Aínda que os búlgaros se rebelaron en varias ocasións contra o dominio de Bizancio durante o século XI, ningunha destas rebelións alcanzou o seu obxectivo. Durante o século XII, con todo, aproveitando que o Imperio Bizantino atopábase debilitado polas súas loitas contra serbios e húngaros, estalou unha rebelión dirixida polos irmáns Petar e Asen. Petar foi proclamado tsar "dos búlgaros, os gregos e os valaquios", co que naceu o Segundo Imperio Búlgaro (1185-1396), cuxo dominio se estendeu por todos os territorios entre o Danubio, o Mar Negro e a cordilleira de Stara Planina, incluíndo parte de Macedonia oriental e o val do Morava. Con Ivan Asen II como tsar, o Imperio ocupou Albania e Belgrado. Bulgaria rompeu coa Igrexa de Roma, creando o Patriarcado Ortodoxo de Bulgaria, ao que se adheriron os distintos patriarcados dos Balcáns, con todo, foi un monarca honesto e humano, que a pesar da ruptura con Roma abriu canles de colaboración, sobre todo comercial, con Venecia e Xénova.

Durante o século XIV, a debilitada Bulgaria, que atravesaba un período de desmembración feudal, foi presa fácil para uns novos invasores, os turcos otománs, que cruzaran a Europa en 1354. En 1362 conquistaron Plovdiv, e en 1382 Sofía. Finalmente en 1396 os otománs puxeron fin ao Segundo Imperio Búlgaro controlando por completo o país.

Dominación otomá e espertar

Vasil Levski
Vasil Levski, un dos artífices do espertar búlgaro

Dende finais do século XIV até finais do século XVIII, Bulgaria non existiu como estado soberano. En 1393, por vontade do sultán dos turcos, o patriarcado da Igrexa de Bulgaria foi suprimido e sometido directamente ao Patriarca de Constantinopla, o que provocou que a Igrexa búlgara se helenizara e abandonase o eslavón nos seus ritos. Os otománs converteron a Bulgaria no beyerlik de Rumili, que era rexido por un beylerbey residente en Sofía.

A partir da segunda metade do século XVIII Rusia interveu activamente nos Balcáns, premendo ao Imperio Otomán nas súas fronteiras, rompendo o illamento dos búlgaros. Durante a guerra de 1768 os rusos atravesaron Moldavia e Valaquia e irromperon en Bulgaria, onde conseguiron a vitoria militar de Chumla, obrigando aos turcos a asinar a paz. O tratado de Küçük-Kaynarca concedeu a Rusia a protección dos cristiáns ortodoxos do Imperio Otomán, o que terminou converténdose nunha escusa para posteriores intervencións rusas nos Balcáns. En 1829, a rebelión dos gregos levou aos rusos a ocupar gran parte de Bulgaria e conquistar Adrianópolis. O tratado de paz permitiu aos rusos establecer un protectorado sobre Moldavia e Valaquia. Con todo, os búlgaros permaneceron baixo dominio otomán, aínda que a invasión rusa fomentou o espertar nacionalista nos Balcáns.

Baixo a influencia de ideas como o liberalismo e o nacionalismo, a comezos do século XIX comezou a espertarse o nacionalismo búlgaro. Tivo unha grande influencia na difusión destas novas ideas entre os medios cultivados de Bulgaria a rebelión grega contra os otománs, en 1821. Con todo, existía tamén un forte resentimento polo control grego da Igrexa Búlgara; de feito, os primeiros sentimentos nacionalistas búlgaros estiveron orientados á creación dunha igrexa búlgara independente. En abril de 1876, o Comité Revolucionario Segredo Búlgaro, con sede en Bucarest, organizou un levantamento, coñecido como Sublevación de Abril. A revolta foi reprimida con crueldade polas autoridades otomás, innumerables aldeas foron saqueadas e as vítimas da represión contáronse por decenas de miles. As masacres provocaron a reacción da opinión pública e a diplomacia europeas e causa da intervención de Rusia, que aproveitou as matanzas de eslavos como pretexto para declarar a Guerra Ruso-Turca en abril de 1877, onde interviñeron tamén o exército romanés e tropas de voluntarios búlgaros. A guerra terminou coa completa derrota de Turquía.

O Tratado de San Stefano, asinado o 3 de marzo de 1878 estipulou a creación dun extenso principado autónomo de Bulgaria e o desmantelamento dos territorios europeos do Imperio Otomán. En 1879 unha asemblea constituínte reunida na cidade de Tarnovo adoptou unha constitución para Bulgaria, moi democrática para a época, e elixiu como príncipe a Alexandre de Battenberg, sobriño da tsarina de Rusia. Porén as ambicións nacionalistas non se conformaron coa autonomía, e finalmente logo dunha longa serie de disputas o 22 de setembro de 1908, co apoio do emperador de Austria-Hungría, Fernando I proclamou en Tarnovo a independencia de Bulgaria e tomou o título de tsar.

Época moderna

Flags of all Nato member states near Bulgarian parliament in Sofia, Bulgaria September 2005
O Parlamento coas bandeiras de tódolos países da OTAN

Durante 1912 e 1913 Bulgaria estivo involucrada nas Guerras Balcánicas, unha serie de conflitos cos países veciños, durante os cales o territorio búlgaro variou a súa extensión, adquirindo acceso á costa do Mar Exeo, ao oeste da Turquía europea. Durante a primeira e segunda guerras mundiais, Bulgaria aliouse cos bandos que resultaron vencidos, as Potencias Centrais primeiro e o Eixo Roma-Berlín-Tokio despois.

A Historia de Bulgaria durante a Segunda Guerra Mundial cobre o período entre 1939 e 1945. Até o 1 de marzo de 1941, Bulgaria mantense neutral. Na devandita data, convértese en aliada das forzas do Eixo até o 9 de setembro de 1944, cando cambia de bando para integrarse no dos Aliados até o final da guerra. A diferenza doutros países como Hungría ou Romanía que son, do mesmo xeito que a propia Bulgaria, uns estados satélites da Alemaña Nazi, Bulgaria mantivo relacións diplomáticas coa Unión Soviética en todo momento. Ao termo da guerra Bulgaria caeu dentro da esfera de influencia da Unión Soviética e converteuse nunha república popular. O dominio comunista do país concluíu en 1990, ano no que se celebraron novamente eleccións multipartitas e en 1991 abandonou o Consello de Axuda Mutua Económica do que formara parte dende 1949. Bulgaria adheriuse á OTAN o 29 de marzo de 2004 e á Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007.

Xeografía

Artigo principal: Xeografía de Bulgaria.
Maliovitsa 54072
Pico Malyovitsa
Lake Belmeken
Lago Belmeken

Bulgaria atópase no sueste de Europa, limita con Romanía, Serbia, Macedonia do Norte, Turquía, Grecia e o Mar Negro. A fronteira norte con Romanía segue o curso do Danubio ata Silistra. O seu territorio ocupa 110.912 km². A xeografía política de Bulgaria modificouse notablemente dende a restauración do estado en 1878. Rusia, cuxas vitorias conduciron á súa creación, premeu para que se creara unha "Gran Bulgaria" que incluíra unha gran parte de Macedonia. No Congreso de Berlín de 1878 as demais potencias déronlle un territorio moito máis reducido, dividido ata 1885 entre os principados de Bulgaria Rumelia Oriental. Foi reino independente dende 1908 ata 1946 e despois república. Bulgaria quixo expandir o seu territorio durante as guerras dos Balcáns de 1912 e 1913 e durante as dúas guerras mundiais. A derrota militar levou á perda de territorios en 1913 e 1919, aínda que en 1940 recuperou o sur de Dobruxa, o que foi confirmado no Tratado de París de 1947.

Bulgaria conta con partes das rexións coñecidas na época clásica como Mesia, Tracia e Macedonia. O suroeste montañoso do país ten dúas cadeas principais, o Rila e o Pirin, e máis ao leste, as máis baixas pero máis extensas montañas Ródope. A cadea de Rila inclúe o pico máis alto da Península dos Balcáns, o Musala, con 2.925 metros de altitude. O país ten unha densa rede de aproximadamente 540 ríos, a maioría deles, coa notable excepción do Danubio, curtos e con baixos caudais. A maioría dos ríos flúen a través das zonas montañosas, sendo o río máis longo situado exclusivamente no territorio búlgaro o Iskar, que ten unha lonxitude de 368 km. Outros ríos importantes son o Struma e o río Maritsa no sur. Nas cadeas de montañas de Rila e Pirin atópanse ao redor de 260 lagos de orixe glaciar, ademais hai tamén varios lagos grandes na costa do Mar Negro e máis de 2.200 lagos de presas. Existen numerosos mananciais minerais, situados principalmente no sur-occidente e centro do país ao longo das fallas entre as montañas.

En canto ao clima Bulgaria conta cunha notable diversidade, que vai dende os picos cubertos de neve dos Alpes e os Balcáns á suave e soleada costa do Mar Negro, pasando pola chaira do Danubio, antiga Mesia, onde clima é típicamente continental ou os vales de Macedonia e as terras baixas do sur con influencia climática mediterránea. A precipitación en media a Bulgaria de 630 milímetros ao ano. Nas terras baixas precipitacións varían entre os 500 e os 800 mm e nas zonas de montaña entre 1.000 e 1.400 mm. As áreas máis secas son Dobrudja e a franxa costeira do norte, mentres as partes altas da Rila, Pirin, Rodopi, Stara Planina e Osogovska reciben os niveis máis altos de precipitacións.

Demografía

AlexanderNevskyCathedral-Sofia-6
Catedral de San Alexandre Nevski en Sofía.
Razhevo-tabela
Letreiro en búlgaro, tanto en alfabeto cirílico como en latino.
Artigo principal: Demografía de Bulgaria.

No ano 2009 Bulgaria tiña unha poboación de 7 606 551 habitantes, sendo a esperanza de vida de 72,5 anos. A media de fillos por muller é de tan só 1,39, o cal está a provocar que a súa poboación se reduza un 0,83% cada ano, o que supón unhas 45.000 persoas ao ano. O nivel de alfabetización, persoas maiores de quince anos que saben ler e escribir, do 98,2%. Os principais grupos étnicos que se atopan no país son os búlgaros (83,9%), os turcos (9,4%), xitanos (4,7%), así como pequenos grupos de armenios, xudeus (maioritariamente sefardís), rusos ou macedonios.[2]

En canto a relixión, a que máis seguidores ten é a igrexa ortodoxa cun 82,6%, seguido polo islam cun 12,2%, o catolicismo cun 0,6% e o protestantismo cun 0,5%. O restante 4,1% son outras relixións, ateos e non declarados. Dende o ano 865 Bulgaria foi tradicionalmente unha nación cristiá, cunha gran maioría de búlgaros pertencentes á Igrexa Ortodoxa Búlgara. Durante o período otomán o islam estableceuse no país. En canto ao catolicismo, está presente dende tempos medievais e o protestantismo chegou no século XIX. Tamén existe unha minoría xudía no país.

A diferenza de varios dos seus veciños, en Bulgaria as relixións coexisten de forma pacífica. Sofía, a capital do país, ten reputación de ser moi tolerante e de feito, a igrexa de Santa Nedelya, a mesquita Banya Bashi e a sinagoga de Sofía están a tan só uns metros de distancia entre elas.

Linguas

Artigo principal: Lingua búlgara.

O búlgaro é a lingua oficial de Bulgaria, sendo tamén un dos idiomas oficiais da Unión Europea. Está intimamente relacionado co macedonio polo seu desenvolvemento socio-cultural e histórico. Na súa diversidade conseguiu enriquecerse con palabras arcaicas e internacionais, así como con palabras típicas de cada rexión próxima ás súas fronteiras. Unha tendencia a internacionalizar o fondo verbal e mellorar a compenetración e o entendemento das diversas culturas da Península Balcánica conseguiu homoxeneidade nas formas de expresión. As outras linguas minoritarias que se poden atopar no territorio corresponden aos distintos grupos étnicos.

Goberno e política

Sofia-presidents-office-imagesfrombulgaria2
Gardas vixiando a entrada da Presidencia

Dende 1991 Bulgaria é unha democracia, cunha constitución de república parlamentar unitaria. O Presidente de Bulgaria é elixido mediante votación para un período de cinco anos con dereito a unha reelección. O Presidente ostenta o cargo de Xefe de Estado e Comandante en Xefe das Forzas Armadas. É ademais o xefe de Seguridade Nacional e pode devolver unha iniciativa ao parlamento para un debate. O parlamento pode sobreser ese veto coa aprobación de máis da metade dos membros da Asemblea Nacional. O actual presidente búlgaro, dende o 22 de xaneiro de 2002 é Georgi Parvanov.

O Parlamento Búlgaro está formado por unha cámara, a Asemblea Nacional composta por 240 deputados elixidos por voto popular para períodos de catro anos. Vótanse listas de candidatos para nove divisións administrativas e un partido debe obter polo menos un 4% dos votos emitidos para poder integrarse ao parlamento. O parlamento é o responsable de promulgar leis, aprobar o orzamento nacional, programar as eleccións presidenciais, elixir ao Primeiro Ministro e outros ministros, formular declaracións de guerra, autorizar o despregamento de tropas búlgaras fora do país e ratificar tratados e acordos internacionais.

O 27 de xullo de 2009 Boyko Borisov, ex-alcalde de Sofía, pasou a ocupar o cargo de Primeiro Ministro ao obter o 39.71% dos votos, o que supuxo 116 dos 240 escanos do Parlamento. O seu principal opositor Sergei Stanishev debeu contentarse co 17,70% dos sufraxios e 40 escanos, mentres que o Movemento para Dereitos e Liberdades, terceiro partido en número de votos, obtivo o 14,45% e 38 escanos.

Bulgaria converteuse en membro das Nacións Unidas en 1955, e foi membro fundador da OSCE en 1995. Como unha das Partes Consultivas do Tratado Antártico, o país participa na administración dos territorios situados ao sur dos 60° de latitude sur. O país ingresou na OTAN o 29 de marzo de 2004 e asinou o Tratado de adhesión á Unión Europea o 25 de abril de 2005. Converteuse en membro de pleno dereito da Unión Europea o 1 de xaneiro de 2007, e elixe a dezasete membros do Parlamento Europeo.

Dereitos humanos

En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Bulgaria firmou ou ratificou:

Bulgaria Bulgaria UN emblem blue.svg Status dos principais instrumentos internacionais de dereitos humanos[3]
CESCR CCPR CERD CED CEDAW CAT[4] CRC MWC CRPD
CESCR CESCR-OP[5] CCPR CCPR-OP1 CCPR-OP2-DP CEDAW CEDAW-OP[6] CAT CAT-OP CRC CRC-OP-AC CRC-OP-SC CRPD CRPD-OP[7]
Pertenza Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Yes check.svgBulgaria recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes Firmado e ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado pero non ratificado Firmado e ratificado Sen información Firmado e ratificado Firmado e ratificado Firmado e ratificado Nin firmado nin ratificado Firmado pero non ratificado Firmado pero non ratificado
Yes check.svg Firmado e ratificado, Check.svg firmado pero non ratificado, X mark.svg nin firmado nin ratificado, Symbol comment vote.svg sen información, Zeichen 101 - Gefahrstelle, StVO 1970.svg accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.

Divisións administrativas

Dende 1999 Bulgaria está dividida en vinte e oito 28 provincias (en búlgaro: oblasti, en singular област/oblast, tamén traducido como "rexión") que corresponden aproximadamente cos 28 okrugs (distritos) que existiran antes de 1987. Dende 1987 ate 1999 os eses okrugs foron reagrupados en nove oblast máis grandes.[8]

Cada oblast recibe o nome da súa capital, no caso da Provincia de Sofia e a Cidade de Sofía, Sofía é a capital de ambas provincias, mais o seu territorio está só incluído dentro de Sofía Cidade. As provincias á súa vez están divididas en 260 concellos (община/obshtina).

Narsob3
Sofía
Plovdiv Hills
Plovdiv
Varna Bay, View from Sveti Nikola
Varna

Bulgaria Provinces Map Blank

Blagoevgrad
Burgas
Dobrich
Gabrovo
Haskovo
Kardzhali
Kyustendil
Lovech
Montana
Pazardzhik
Pernik
Pleven
Plovdiv
Razgrad
Ruse
Shumen
Silistra
Sliven
Smolyan
Sofía
Stara Zagora
Targovishte
Varna
Veliko Tarnovo
Vidin
Vratsa
Yambol
Provincia Poboación
(2005)
Área
(km²)
Densidade
(/km²)
Blagoevgrad 334.907 6.478 51,70
Burgas 418.925 7.618 55,00
Dobrich 206.893 4.700 44,02
Gabrovo 135.780 2.053 66,96
Haskovo 268.335 4.033 66,53
Kardzhali 159.878 4.032 39,65
Kyustendil 154.468 3.027 51,03
Lovech 159.214 4.134 38,99
Montana 166.775 3.595 47,35
Pazardzhik 300.092 4.393 68,31
Pernik 142.251 2.377 59,84
Pleven 305.025 4.216 73,64
Plovdiv 707.570 5.973 118
Razgrad 140.743 2.648 53,15
Ruse 256.835 2.616 99,07
Shumen 199.577 3.365 59,31
Silistra 135.701 2.862 47,41
Sliven 211.005 3.646 47,41
Smolyan 133.015 3.532 37,66
Sofia (cidade) 1 231 622 1.349 913
Sofia (provincia) 262.032 7.277 36,01
Stara Zagora 362.090 4.959 73,02
Targovishte 136.806 2.735 50,02
Varna 457.922 3.819 120
Veliko Tarnovo 283.599 4.684 60,99
Vidin 117.809 3.033 39,11
Vratsa 209.124 4.098 51,89
Yambol 147.906 4.209 35,14

Historia

En 1987, os vinte e oito okrugs existentes foron transformados en nove grandes oblasts. En 1999 os vellos okrugs foron restaurados, mais o nome "oblast" quedou. Os nove grandes oblasts foron:

# 1987-1999
oblasts
Comprising Provincias de Bulgaria de 1987 a 1998
1 Burgas Burgas, Sliven, Yambol Oblasti 1987-1998 by Plamen Tsvetkov
2 Varna Dobrich, Shumen, Varna
3 Lovech Gabrovo, Lovech, Pleven, Veliko Tarnovo
4 Montana Montana, Vidin, Vratsa
5 Plovdiv Pazardzhik, Plovdiv, Smolyan
6 Razgrad Razgrad, Ruse, Silistra, Targovishte
7 Sofía Sofía Cidade
8 Sofía Blagoevgrad, Kyustendil, Pernik, Sofía
9 Haskovo Haskovo, Kardzhali, Stara Zagora

Economía

Business Park Sofia E53
Parque de negocios de Sofía
Dobrudja
Campo de xirasoles en Dobrudja
Artigo principal: Economía de Bulgaria.

Bulgaria foi un dos países que máis problemas económicos tivo á hora de desligar a súa economía da antiga Unión Soviética, o que minguou as súas posibilidades en relación con outros países da área da Europa central. Por sectores dentro da agricultura, destaca o cultivo de cereais, estando dúas terceiras partes do solo do país están adicadas ao cultivo dos mesmos, fundamentalmente trigo, maínzo, cebada, centeo e arroz. Os cultivos industriais de tabaco, algodón e xirasol representan unha parte máis rendíbel da organización agrícola. No proceso de privatización da terra, sufriuse un gran parcelamento que non beneficiou ás explotacións.

Dentro da industria destaca a siderurxia, as plantas de produtos químicos e a produción téxtil. O país carece case por completo de petróleo o que agrava a súa dependencia exterior en materia enerxética. Con todo, posúe depósitos importantes de carbón e lignito que manteñen as anticuadas centrais térmicas e a siderurxia. O resto da enerxía que produce, provén, nunha pequena proporción, da hidráulica. En 2006 tivéronse que desconectar dous reactores atómicos soviéticos da central nuclear de Kozloduy, e modernizar outros bloques da mesma mediante créditos de Euratom por un total de 212,5 millóns de euros.[9] Xa no ano 1993, coa colaboración fundamental da Comunidade Europea, que achegou cerca de 19 millóns de dólares melloráranse os sistemas de seguridade da central. Bulgaria exporta enerxía a Macedonia do Norte, Serbia, Montenegro e Romanía.

Os avances tecnolóxicos da década dos oitenta nos países occidentais fixeron que a industria búlgara ficase obsoleta. As reformas no seu momento foron tímidas e incrementouse a débeda externa dun xeito notable. Mais, segundo o seu estudo anual o Banco Mundial incluíu a Bulgaria dentro dos dez principais países que maior cantidade de reformas realizaron en 2006.[10]

Como membro da Unión Europea desde 2007, Bulgaria fixo un significativo traballo para loitar contra a corrupción e acelerar o proceso de privatización que favorece un programa de actuación até 2009. As propias reinversións dos empresarios búlgaros e as estranxeiras acadaron os cinco mil millóns de euros en 2006. O Tratado europeo de Lisboa subscrito no 2007 acordou con Bulgaria o dereito de chamarlle "evro" (евро) ao euro para adaptalo ao alfabeto cirílico.[11]

Cultura

Konstantin Velichkov - Florentinetz
Pintura de Kostantin Velichkov

Bulgaria a miúdo é descrita como un país na encrucillada que une o Leste e o Oeste. Sempre funcionou como o centro de Europa eslava durante gran parte da Idade Media, exercendo considerable influencia literaria e cultural sobre o mundo eslavo por medio das escolas literarias de Preslav e Ohrid. Bulgaria tamén deu orixe ao alfabeto cirílico, o segundo máis amplamente utilizado do mundo, que tivo a súa orixe nestas dúas escolas no século X. Unha serie de antigas civilizacións, sobre todo os tracios, gregos, romanos, eslavos e búlgaros, deixaron a súa pegada na cultura, a historia e o patrimonio de Bulgaria. O país ten nove lugares declarados como Patrimonio da Humanidade:

  • O Cabaleiro de Madara.
  • Dúas tumbas de Tracia (unha en Sveshtari e otra en Kazanlak)
  • Tres monumentos da cultura búlgara medieval (a Igrexa de Boyana, o mosteiro de Rila e as igrexas rupestres de Ivanovo)
  • Dous exemplos de beleza natural: o Parque Nacional do Pirin e a Reserva Natural de Srébarna
  • A antiga cidade de Nesebar

Tamén a Necrópole de Varna, 3500-3200 a.C. contén os exemplos de ourivaría máis antigos do mundo. En canto á música búlgara destácase por numerosos artistas entre os que destacan o compositor Pancho Vladigerov e os cantantes de ópera Nicolai Ghiaurov, Boris Christoff, Raina Kabaivanska ou Ghena Dimitrova, tamén Anna Veleva e a mundialmente famosa arpista Anna-Maria Ravnopolska-Dean e artistas de éxito como Christo Yavashev, Jules Pascin, Vladimir Dimitrov ou Nikolay Dimitrov, que popularizaron a cultura do país en todo o mundo.

Notas

  1. The Proto-Bulgarians north and west of the Black Sea
  2. NSI Censo
  3. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos. "Status by country" (en inglés). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 14 de agosto de 2013.
  4. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  5. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales (PDF) (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 9 de febreiro de 2014.
  6. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dende o orixinal o 7 de marzo de 2013.
  7. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución) (en castelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dende o orixinal o 2 de agosto de 2014.
  8. Government Structure of Bulgaria
  9. "Réquiem para dos reactores". Deutsche Welle 28.12.2006 (en español). 2006. Consultado o 04/11/2007.
  10. "Singapur: el mejor para negocios". BBC 26.09.2007 (en español). 2007. Consultado o 04/11/2007.
  11. "Europa acuerda reformas". BBC 19.10.2007 (en español). 2007. Consultado o 04/11/2007.

Véxase tamén

Ligazóns externas

.bg

.bg é o Dominio de Nivel Superior xeográfico (ccTLD) para Bulgaria. Está operado por Register.bg.

As pautas para o rexistro de nomes no dominio impoñen que estes teñen que ser rexistrados por compañías e organizacións búlgaras, ou compañías de fóra que teñan presenza representativa en Bulgaria. O nome do dominio ten que representar o nome da compañía ou unha abreviación del. En xeral, calquera nome pode ser rexistrado se primeiramente é rexistrado no Rexistro búlgaro.

O prezo do rexistro é de 30 euros por ano (36 € incluíndo o IVE).

Até mediados de 2006, o prezo era de 50 USD para o rexistro e logo 50 USD por ano (dando un total de 120 USD incluíndo o IVE para o primeiro ano). Para o nivel local, isto era un prezo moi alto e moitas páxinas web búlgaras rexistráronse baixo dominios .com, .org, ou .net, pois os custos de rexistro son significativamente máis baixos (de 8 a 12 USD por ano) e con menos dificultades burocráticas.Desde o 25 de agosto de 2008, Register.BG simplificou os procedementos, permitindo o rexistro co .bg sen prover documentación (marca, nome da empresa) para o nome. As disputas que se poidan dar serán resolvidas a través dunha comisión de arbitraxe de recente creación.Desde o 18 de setembro de 2006, Register.bg propón novos subdominios de terceiro nivel baixo a.bg, b.bg etc, (unha letra latina ou un díxito máis o .bg) a un baixo prezo (12€/ano incl. IVE), con menos restricións. Está principalmente feito para persoas individuais.O 5 de setembro de 2009, Register.bg comezou a aceptar nomes de segundo e terceiro nivel en cirílico con letras que só hai na lingua búlgara.

Aeroporto de Sofía

O aeroporto de Sofía (IATA: SOF, ICAO: LBSF) é o principal aeroporto internacional de Bulgaria. Está situado a 10 km ao leste do centro de Sofía, a capital do país. No ano 2015 superou por vez primeira os 4 millóns de pasaxeiros, pasando polas súas instalacións un total de 4 088 943, un 7,2% de incremento con respecto ao ano anterior. En 2016 a cifra foi de 4 980 387, un 21,8 % máis. O aeroporto serve como base para BH Air, Bulgaria Air, Bulgarian Air Charter, Ryanair e Wizz Air. A base aérea de Vrazhdebna da Forza Aérea de Bulgaria atópase tamén nas súas instalacións.

Balcáns

Os Balcáns é o nome histórico e xeográfico que se usa para designar o sueste de Europa. A rexión ten unha superficie total de 550 000 km² e unha poboación de preto de 53 millóns de habitantes. Presenta unha orografia de abrupta. De feito, a rexión tomoa o nome da cordilleira dos Balcáns, que se estende desde o centro de Bulgaria até o leste de Serbia, no seu límite occidental, e até o mar Negro pola parte oriental.

Por outra parte conforma unha península que, aínda non respondendo ao modelo clásico de península, xa que non está unida ao continente europeo por medio dun istmo, é unha denominación aceptada para designar a rexión, que tamén se coñece como a península Balcánica ou península dos Balcáns.

Bandeira de Bulgaria

A bandeira de Bulgaria (en búlgaro: знаме на България, zname na Balgariya) consta de tres franxas horizontais do mesmo tamaño en cores branca a superior, verde a central e vermella a inferior. O branco representa a paz, o verde representa a fertilidade das terras búlgaras e o vermello á coraxe do pobo.

A bandeira foi adoptada inicialmente o 16 de abril de 1879. Posteriormente, sufriu cambios menores, até a súa última modificación, que foi adoptada o 27 de novembro de 1990. Na actualidade, o deseño da bandeira búlgara e o seu protocolo están especificados no capítulo 2 da "Lei sobre o escudo e a bandeira nacional da República de Bulgaria", promulgada o 25 de maio de 1998.

Bulgaria no Festival de Eurovisión

Bulgaria participou no Festival de Eurovisión nove veces, tendo o seu debut no Festival de Eurovisión 2005.

As súas primeiras representacións como a banda Kaffe en 2005 e Mariana Popova en 2006 non lograron pasar a semi-final. Finalmente no 2007 o país pasou a semi-final por primeira vez e última vez até agora e ademais alcanzou o quinto lugar na final que tivo lugar o 12 de maio coa canción "Water" (orixinalmente Вода), é a única participación na gran final eurovisiva de este país búlgaro (polo tanto só estivo unha vez no TOP-10 nunha gran final). No 2008 tampouco logrou pasar á final. Xeralmente Bulgaria da máis puntos aos países veciños, porén na edición do 2008 deu a máxima puntuación a Alemaña, xa que unha das rapazas que integraban no grupo que representou ao país xermano era búlgara.

No Festival de Eurovisión 2012, Bulgaria empatou con Noruega con 45 puntos, pero Noruega obtivo puntos de 11 países e Bulgaria de 10, polo que Noruega pasou á final no posto 10º e Bulgaria no 11º sen clasificarse.

No Festival de Eurovisión 2016 a artista Poli Genova volveu e acadou un gran 4º posto, contrastando co 4º posto no denominado bottom (referido aos últimos lugares na clasificación na final) do Festival de Eurovisión 2011.

Elias Canetti

Elias Canetti, nado en Rustschuk, agora chamada Ruse, na actual Bulgaria, o 25 de xullo de 1905 e finado en Zúric o 14 de agosto de 1994, foi un escritor e pensador en lingua alemá, Premio Nobel de Literatura en 1981.

Hristo Stoichkov

Hristo Stoichkov, nado en Plovdiv o 8 de febreiro de 1966, é un ex-futbolista e adestrador búlgaro.

Lingua albanesa

O albanés (shqip) é unha lingua que falan entre 6 e 8 millóns de persoas en Albania, Kosovo, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia, Grecia, Italia, Turquía e grupos de emigrantes en Escandinavia, Alemaña, Reino Unido, Estados Unidos, Ucraína, Exipto.

O lingüista Franz Bopp probou en 1854 que o albanés era unha lingua indoeuropea. Non hai consenso sobre a súa orixe, para uns deriva do ilirio e para outros do tracio ou do dacio.

O albanés goza de status de oficialidade en Albania, e é unha das linguas oficiais de Kósovo e Macedonia. O Instituti i Gjuhësisë dhe i Letërsisë (Instituto de Lingüística e Literatura) da Academia de Ciencias de Albania é o principal centro de estudo da lingua albanesa e desenvolve a forma estándar coa publicación de gramáticas, dicionarios e ortografías prescriptivas, tamén edita dúas publicacións trimestrais, Studime Filologjike (1964) (Estudos Filolóxicos) e Gjuha Jone (1981) (A nosa lingua).

Lingua búlgara

O búlgaro (Български език, Bǎlgarski ezik) é unha lingua indoeuropea, pertencente á familia das linguas eslavas meridionais das linguas eslavas. O búlgaro posúe grandes innovacións lingüísticas que a manteñen afastada doutras linguas eslavas.

A lingua búlgara está moi relacionada coa lingua macedonia, xeralmente recoñecida como unha lingua distinta, aínda que prevalece a opinión en Bulgaria, e en Grecia, xunto a opinión de lingüistas internacionais, de que as dúas linguas son variantes do mesmo diasistema.

Lingua turca

O turco ( Türkçe ) é a máis estendida das linguas turcas, con arredor de 10–15 millóns de falantes nativos no sueste de Europa e entre 55 e 60 millóns de falantes en Asia Occidental. A lingua fálase sobre todo en Turquía, con pequenas comunidades en Alemaña, Bulgaria, Macedonia, República Turca do Norte de Chipre, Grecia, o Cáucaso, e outras partes de Europe e Asia central. Pertence á familia das linguas altaicas. As linguas máis próximas ao turco son o azarí e o turcomán.

As orixes da lingua atópanse na rexión de Altai, na estepa euroasiática, onde se coñecen os primeiros escritos que teñen uns 1.300 anos de antigüidade. No oeste, a influencia do turco otomán, a lingua administrativa e literaria do Imperio Otomán que mantiña unha morfoloxía e sintaxe principalmente turca mentres o vocabulario era primordialmente árabe e persa , estendeuse segundo ía medrando o Imperio. En 1928, como parte das reformas Atatürk na recente República de Turquía, a escrita otomá foi substituída polo alfabeto latino, así como se reformulou o vocabulario eliminando gran parte do léxico árabe e persa.

As características distintivas do turco son a harmonía vocálica e a aglutinación. A orde básica das palabras é suxeito obxecto verbo. O turco non ten clases de nomes ou xénero gramatical. Ten un uso moi forte das fórmulas de tratamento e de cortesía. Usa o pronome de segunda persoa que distingue diferentes graos de cortesía, espazo social, idade ou familiaridade.

Mila Rodino

Mila Rodino (Querida Patria) é o himno nacional de Bulgaria. Foi escrito e composto por Tsvetan Tsvetkov Radoslavov antes de partir á Guerra Serbo-Búlgara en 1885. Foi adoptado oficialmente en 1964.

Plovdiv

Plovdiv (en búlgaro: Пловдив, pronuncia [ˈpɫovdif]) é a segunda meirande cidade de Bulgaria tras a capital Sofía da que dista 130 km, ten unha poboación de 341 567 habitantes no 2015, e con 544 628 na súa área urbana. É un importante centro económico, cultural, educativo e de transportes.

Plovdiv é unha cidade con máis de 8000 anos de antigüidade, dende a prehistoria ata hoxe. Os primeiros asentamentos neolíticos dentro dos límites da cidade comezaron no sexto milenio antes de Cristo e da Idade do Cobre (IV-III milenio antes de Cristo.) A vida na cidade nunca se detivo, ven sendo un dos máis antigos asentamentos continuamente habitados das cidades no mundo. O patrimonio conservado e reservado son monumentos antigos como o antigo teatro romano, Odeón Romano, ágora (Foro Romano), estadio romano e outros.

Será Capital Europea da Cultura en 2019 xunto con Matera en Italia.

O lema de Plovdiv é Древен и вечен, "Antigo e eterno".

Pobo búlgaro

Os búlgaros, grupo étnico eslavo sur que sobre todo viven na Bulgaria. Búlgaros evan un nome herdado de pobos de Asia Central hoxe designados co nome de protobúlgaros. Entran na historia na Antigüidade tardía, con outros pobos migratorios, establecéndose entre o Danubio e os montes Haemus, no territorio dun Imperio romano de Oriente xa feble por outras invasións, a finais do século V. Liberados sobre o ano 632, crean daquela a Antiga Gran Bulgaria (Η παλαιά μεγάλη Βουλγαρία en crónicas bizantinas) baixo o khan Kubrat.

Primeira guerra mundial

A primeira guerra mundial foi o segundo maior conflito bélico do século XX. Durou do 1914 ó 1918 e puxo os primeiros cravos no ataúde da hexemonía de Europa no mundo. Durante catro anos, millóns de persoas morreron nun conflito que destacou pola súa dureza, polas longas e inamovibles trincheiras e polo uso de gas mostaza para acabar coa resistencia do inimigo.

Enfrontou inicialmente a Francia, Reino Unido e mais Rusia (os aliados) contra Alemaña (gobernada por Guillerme II de Alemaña), Austria-Hungría, Bulgaria e mais Turquía (as Potencias Centrais). O causante da guerra foi o asasinato do arquiduque de Austria en Saraxevo, pero xa houbera tensións durante os anos anteriores, especialmente na construción naval entre o Reino Unido e Alemaña. Máis tarde uniríanse á guerra outros países como os Estados Unidos, Italia ou o Xapón.

Os vencedores foron os aliados, grazas á axuda de Estados Unidos, que entrou polo afundimento do RMS Lusitania o 7 de maio de 1915 , e impuxeron fortes sancións económicas e territoriais a Alemaña, á vez que desmembraron os imperios de Austria-Hungría e Turquía a partir do Tratado de Versalles en 1919. Creáronse moitos novos estados en Europa: algúns dunha soa nación (como Polonia) e outros de varias (Iugoslavia, Checoslovaquia).

Durante a primeira guerra mundial ocorreu tamén a Revolución Rusa, que fixo que Rusia pactase por separado a paz (Tratado de Brest-Litovsk) coas potencias centrais e non estivese representada no Tratado de Versalles ó atoparse en guerra civil.

As consecuencias da paz terían moito que ver nun futuro coas causas da Segunda guerra mundial.

Río Danubio

O Danubio é o segundo río máis longo da Europa (o Volga é o primeiro). Atravesa a Europa de oeste a leste.

O seu nome é en búlgaro (transliterado) Dunav, alemán Donau, húngaro Duna, romanés Dunăre, croata Dunav, eslovaco Dunaj, e en ucraíno Dunay.

Selección de fútbol de Bulgaria

A selección de fútbol de Bulgaria é o equipo representativo do país nas competicións oficiais. A súa organización está a cargo da Unión de Fútbol de Bulgaria, pertencente á UEFA.

Sofía, Bulgaria

Sofía (en búlgaro, София) é a capital de Bulgaria, e con 1 270 450 habitantes (ano 2007) a cidade máis poboada do país e a 14ª da Unión Europea. Localízase na rexión oeste de Bulgaria, aos pés do macizo Vitosha. É o centro administrativo, cultural, económico e educativo do estado. Trátase dunha das capitais máis antigas de Europa, remontándose a súa historia até o século VIII a. C., cando os tracios estableceron un asentamento na zona. Sofía tivo varios nomes ao longo da súa existencia, e aínda hoxe se poden ver remanentes da milenaria historia da cidade a carón dos atractivos turísticos modernos.

Tracia

Tracia (en grego Thrákē ) é unha rexión do sueste de Europa, na Península dos Balcáns, ao norte do Mar Exeo, situada na actual Grecia e na Turquía europea.

No seu momento, esta rexión histórica estendíase desde Macedonia ata o Mar Negro e o Mar de Mármara; e desde o mar Exeo ata o Danubio. Ocupa a punta do sueste da Península Balcánica e comprende o Nordeste de Grecia, o sur de Bulgaria, e a zona europea de Turquía. Os seus límites variaron nos diferentes períodos. As montañas Ródope separan a Tracia grega da búlgara e o río Maritsa separa a Tracia turca da grega.

As cidades principais da zona son Istambul, Gallipoli, Edirne (antes Adrianópolis) e Tekirdag, todas elas en Turquía. Na zona grega distínguense Komotene, Janto e Alexandrópolis como as cidades máis grandes. A rexión de Tracia é esencialmente agrícola. Alí prodúcese tabaco, arroz, trigo, algodón, seda, aceite de oliva e froitas.

Turquía

A República de Turquía (Türkiye Cumhuriyeti), ou simplemente Turquía (Türkiye) é un estado situado entre Asia (95 % do seu territorio) e Europa (5 % do seu territorio).

A península de Anatolia entre o mar Negro e o mar Mediterráneo forma o «corazón» do país. Linda ó nordeste con Armenia, ó norte co mar Negro, ó oeste con Grecia, o mar Exeo e Bulgaria, ó sueste con Irán, e ó sur con Iraq, Siria e o mar Mediterráneo, ó leste con Xeorxia e Acerbaixán. O mar de Mármara, e os estreitos turcos do Bósforo é o Dardanelos, separan Europa de Asia, polo que Turquía está considerado un país transcontinental.

Debido á súa posición estratéxica, no medio do camiño entre Europa e Asia, así como ter tres Mares, Turquía foi un cruzamento histórico entre as culturas e civilizacións orientais e occidentais. Foi berce de varias civilizacións e o lugar no que se produciron moitas batallas no transcurso da historia.

Turquía é unha república democrática, secular e constitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado de Mustafa Kemal Atatürk, trala caída do Imperio Otomán após a Primeira Guerra Mundial. Dende aquela, Turquía integrouse cada vez máis con Occidente a través da afiliación a organizacións como o Consello de Europa (1949), a OTAN (1952), a OCDE (1961), a OSCE (1973) ou o Grupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén Turquía seguiu fomentando estreitas relacións políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados de Oriente Medio, Asia Central ou Asia Oriental.

Eslavos do oeste
Eslavos do sur
Eslavos do leste

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.