Bueu

Bueu é un concello da provincia de Pontevedra, pertencente á comarca do Morrazo. O concello ten unha poboación de 12.189 habitantes (2016),[5] unha superficie de 30,8 km² (26,3 km² continentais e 4,5 km² insulares) e unha densidade poboacional de 401,04 hab./km². O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é bueués[6].

Coordenadas: 42°19′35″N 08°47′04″O / 42.32639, -8.78444

Bueu
Bandeira de Bueu
---
Escudo de Bueu
Casa do concello.
Vila, porto e enseada de Bueu.
Situacion Bueu
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia de Pontevedra
ComarcaComarca do Morrazo
Poboación12.148 hab. (2018)
Área30,8 km²
Densidade394,42 hab./km²
Entidades de poboación5 parroquias
Capital do concelloBueu
Política (2019[2])
AlcaldeFélix Juncal Novas (BNG[3])
ConcelleirosBNG: 8
PPdeG: 6
PSdeG-PSOE: 2
Outros: ACB 1
Eleccións municipais en Bueu
Uso do galego[4] (2011)
Galegofalantes38,82%
Na rede
http://www.concellodebueu.gal

Xeografía

O concello de Bueu atópase na beira sur da ría de Pontevedra, no Atlántico. Limita coa ría de Aldán polo oeste, coa de Pontevedra polo norte, co concello de Marín polo nordeste, co de Moaña polo sueste e co de Cangas polo sur. O seu territorio está repartido en cinco parroquias: Beluso, Bueu, Cela, Ermelo e A Illa de Ons, adscrita a este concello desde 1844 xunto coas unidades menores do seu arquipélago. A capital municipal está situada en Bueu.

Historia

No concello atopáronse pezas do Paleolítico, e consérvanse restos de poboados castrexos da Idade de Bronce na illa de Ons, Castrillón (Meiro), Bon (Beluso) e A Cividá. Trala romanización de Galicia houbo asentamentos en Pescadoira e Meiro, con aras dedicadas aos lares viais.

No século XVIII a zona viviu un desenvolvemento económico pola instalación de industrias dedicadas á salgadura e ao envasado de conservas, especialmente da sardiña. Estas industrias, fomentadas principalmente por empresarios cataláns e italianos, supuxeron unha revolución nas artes de pesca. Actualmente existe na vila o Museo Massó, onde se amosa a historia da industria pesqueira e envasadora. As tres principais fábricas conserveiras existentes no século XX (Hermanos Massó, Jesús Alonso e Attilio Gaggero), todas situadas na fronte marítima da vila de Bueu, desapareceron absorbidas polo desenvolvemento urbanístico. Jesús Alonso, que comercializa a coñecida marca Palacio de Oriente, continúa coa actividade industrial no polígono industrial de Castiñeira, situado na parte alta da parroquia de Bueu.

Bueu constituíuse como concello en 1821, incluíndo, amais das parroquias actuais, as de Aldán e O Hío, que en 1862 pasaron ao concello de Cangas. En 1856 foille concedido o título de vila.

En Bueu editáronse tres periódicos: El Relámpago (1899), La Voz de Bueu (1904-1906) e El Adelanto (1912-1913).

Cultura

Dende 2008 celébrase en setembro, no Centro Social do Mar, o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu.

Praias

O concello ten un total de 24 praias, das que 3 se atopan nas illas Ons[7], pertencentes ao Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Poboación

Censo total 2015 12.251 habitantes
Menores de 15 anos 1.692 (13.81 %)
Entre 15 e 64 anos 8.018 (65.45 %)
Maiores de 65 anos 2.541 (20.74 %)
Evolución da poboación de Bueu   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
7.233 9.150 10.177 11.961 12.483 12.368 12.348 12.373 12.375 12.352 12.251 12.189 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Bueu na literatura popular

  • Dame un bocado de pan/ pola nai que te pareu,/ que che hei de dar un xurelo/ cando veña de Bueu [8].
  • Se vou a Bueu nun bou, vou, / e, se non vou a Bueu nun bou, non vou

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Bueu
Isla de Ons. Vista desde Fedorentos de la isla Onza

Illa de Ons vista desde Fedorentos da illa de Onza

Ons muelle

Peirao de Ons

Monte Libureiro, lugar de Meiro, Bueu. Galiza

Monte Libureiro

Praia Menduiña 25X2015 03

Praia Menduiña

Parroquias

Plano vila de Bueu
Plano da vila de Bueu

Lugares de Bueu

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Bueu vexa: Lugares de Bueu.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultado eleccións 2019
  3. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Bueu". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
  4. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  5. "Ficha municipal do IGE". Consultado o 27-06-2017.
  6. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  7. http://www.concellodebueu.gal/ Concello de Bueu
  8. No texto: Dam'un, pol-a, ch'hei, xurêlo, Buêu.

Véxase tamén

Outros artigos

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
A Illa de Ons, Bueu

San Xoaquín da Illa de Ons é unha parroquia que se localiza no oeste do concello de Bueu, ocupando a illa de Ons. Segundo o IGE, en 2017 tiña 65 habitantes (38 homes e 27 mulleres) distribuídos nunha entidade de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 56 habitantes.

Assembleia da Mocidade Independentista

A Assembleia da Mocidade Independentista (AMI) foi unha organización política independentista galega formada por xente nova constituída formalmente en Bueu no ano 1996, aínda que traballou coordinadamente desde o 1993.

Anunciou a súa disolución en setembro de 2014.

Beluso, Bueu

Santa María de Beluso é unha parroquia que se localiza no oeste do concello pontevedrés de Bueu na comarca do Morrazo. Linda ao norte coa ría de Pontevedra; ao sur, coa parroquia de Aldán (Cangas); ao leste, coa parroquia de Bueu; e ao oeste, coa ría -tamén chamada enseada- de Aldán. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 2834 habitantes (1383 homes e 1451 mulleres) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 3042 habitantes.

Bueu, Bueu

San Martiño de Bueu é unha parroquia que se localiza no norte do concello de Bueu. Segundo o padrón municipal de 2016 tiña 7.306 habitantes (3.568 homes e 3.738 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón un descenso en relación ao ano 1999 cando tiña 7.325 habitantes.

Cela, Bueu

Santa María de Cela é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Bueu. Segundo o padrón municipal de 2013 tiña 1.965 habitantes (985 homes e 980 mulleres) distribuídos en 19 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 2.002 habitantes.

Comarca do Morrazo

A comarca do Morrazo é unha comarca galega situada na provincia de Pontevedra. A cal pertencen os concellos de Bueu, Cangas, Marín e Moaña. Limita ó norte coa ría de Pontevedra, ó leste coa comarca de Pontevedra, ó sur coa ría de Vigo e ó oeste co océano Atlántico.

É a comarca máis pequena de Galicia (140,7 km², o 0,47% de Galicia). Tiña 82 445 habitantes no 2018, e é unha das cinco máis densamente poboadas (585,96 hab/km²).

É unha das comarcas naturais e sociolóxicas con máis carácter de Galiza polo seu condicionamento xeográfico. A actual comarca administrativa correspóndese só cunha parte da comarca xeográfica e histórica, a Península do Morrazo, que abrangue tamén o concello de Vilaboa (agás a parroquia de Bértola e unha parte da de Figueirido, e o barrio de Paredes na parroquia de Vilaboa). Tamén forma parte da península as parroquias pontevedresas de Lourizán e a maior parte da de Salcedo. Antigamente mesmo a propia cidade de Pontevedra estaba incluída no arciprestado do Morrazo.

O concello de Vilaboa, malia pertencer ó partido xudicial de Cangas, foi integrado na comarca de Pontevedra debido a factores de funcionalidade, e as parroquias pontevedresas de Salcedo e Lourizán por pertencer ó propio concello capitalino. Nun principio tampouco se incluíu o concello de Marín, pero a petición dos seus habitantes, foi integrada na do Morrazo, á que pertence desde hai uns anos.

Diario de Pontevedra

Diario de Pontevedra, anteriormente El Diario de Pontevedra, é un xornal que se edita ininterrompidamente na cidade de Pontevedra dende 1968 pero que xa iniciara a súa andaina en 1889, propiedade dende 1999 do Grupo El Progreso de Lugo. Dende o ano 2001 ten a súa sede na rúa Lepanto. A impresión realízase na rotativa de El Progreso en Lugo.

É un periódico de carácter eminentemente local e provincial, centrado na contorna da cidade de Pontevedra. Conta con delegacións en Marín, Bueu, Poio, Sanxenxo e O Grove, Vilagarcía de Arousa, Caldas de Reis, Vigo, Lalín e A Estrada.

El Pueblo Gallego

El Pueblo Gallego, subtitulado Diario de la mañana e posteriormente Al servicio de los intereses de Galicia, foi un xornal que se editou en Vigo entre 1924 e 1979.

Eleccións municipais en Bueu

Corporacións democráticas en Bueu desde a aprobación da Constitución de 1978.

1979 Alcalde: Xosé Novas Piñeiro — BN-PG

1983 Alcalde: Manuel Freire Lino — CIG

1987 Alcalde: Manuel Freire Lino — AP

1991 Alcalde: Manuel Freire Lino — PPdeG

1995 Alcalde: Xosé Novas Piñeiro — BNG

1999 Alcalde: Tomás Barreiro Sotelo — PPdeG

2003 Alcalde: Félix Juncal Novas — BNG. Substituído en 2004 por Elena Estévez Freire (PPdeG).

2007 Alcalde: Félix Juncal Novas — BNG

2011 Alcalde: Félix Juncal Novas — BNG

2015 Alcalde: Félix Juncal Novas — BNGCandidaturas: Félix Juncal Novas (BNG), Berta Pérez Hernández (PP), José Manuel Vilas Pastoriza (PSdeG-PSOE) e Julio Villanueva González (Asemblea Cidadá de Bueu-SON).

2019 Alcalde: Félix Juncal Novas — BNG

Ermelo, Bueu

Santiago de Ermelo é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Bueu. Segundo o IGE en 2013 tiña 73 habitantes (36 mulleres e 37 homes) nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 92 habitantes.

Illa de Ons

A Illa de Ons forma parte dun pequeno arquipélago formado por illas e illotes que se atopa na entrada da ría de Pontevedra. A illa de Ons, cos seus 5,5 km de lonxitude e 800 metros de anchura, é a illa máis extensa do Atlántico peninsular. A zona occidental é a máis escarpada, con abruptos cantís, en cambio a oriental é máis suave e conta con numerosas praias.

Ons conforma, xunto coas Cíes, Sálvora e Cortegada, o primeiro Parque Nacional de Galiza. Cabe destacar a súa arquitectura popular mariñeira e a súa gastronomía.[Cómpre referencia]

Illa de Onza

A Illa de Onza, ou Onceta, é unha illa galega do arquipélago das Illas Ons, que está a 600 metros ao sur da Illa de Ons. Esta illa pontevedresa pertence a Bueu e forma parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galiza.

É unha illa de 32 hectáreas con forma rectangular, e cun perfil relativamente alto (o seu cumio acada os 84 metros de altura). As súas costas son escarpadas, se ben conta con dúas pequenas praias ao norte (praia das Moscas) e ao sur (Porto do Sol), case inaccesibles por estaren baixo fortes cantís e arrodeadas de escollos. Está cuberta de vexetación arbustiva e, sobre todo na súa parte occidental, é un importante lugar de aniñamento de aves mariñas. Pese ao seu tamaño carece de árbores e non conta con ningunha construción agás un barracón construído polos militares.

Illas Ons

Para a páxina da illa principal do arquipélago véxase Illa de Ons.

As Illas Ons son un arquipélago nas rías baixas formado pola illa de Ons e a illa de Onza ou Onceta e outros illotes, como o das Freitosas, o Centulo e a Laxe do Crego. O arquipélago das Ons, ao igual que demais illas atlánticas galegas, son unha barreira natural das rías e as Ons pechan a boca da ría de Pontevedra. A illa de Ons é alongada e cun releve pouco marcado. A súa pendente descende cara o leste, cara ao interior da ría. A súa costa exterior é acentuada e e ten múltiples furnas, escollos e paredes verticais no fondo mariño. A costa interior está resgardada e presenta praias e areeiros nos fondos. A illa de Onza é arredondada e cunha costa rochosa.

Namentres que as demais illas do parque natural deixaron de estar habitadas na década de 1970, a illa de Ons segue habitada. Acadou o seu máximo de ocupación na década dos 1960, cando esta tiña núcleos os poboación do Caño, o Curro, o Canexol, Pereiró, Cucorno, Chan da Pólvora e o Centulo, e que acollían a case 500 persoas. En 2018 na illa de Ons residían 65 persoas e tivo unha taxa de ocupación turísticas relevante. A súa poboación reside en vivendas rurais na costa do leste. As leiras destas aldeas mostran aínda hórreos e pequenas colleitas.Os primeiros xacementos arqueolóxico das illas están no Chan de Pólvora e no Cano de Ons onde hai gravados rupestres que poderían datar do neolítico á idade de bronce. Na illa de Ons atópanse dous castros, pouco estudados, que son o Castelo dos Mouros e Cova da Loba. Na praia de Canexol hai restos dunha salgadura romana para peixe. As illas mencíonaas por primeira en vez por escrito Afonso III en 899 cando as chama illas "Aones" e as doou ao poder compostelá. No medievo puido ter asaltos viquingos e ter un mosteiro. As illas puideron quedar despoboadas desde o final do medievo ata o século XVIII polos asaltos como o de navíos ingleses. No século XIX fortificouse a illa de Ons e repoboouse, acadando un máximo a mediados do século XX. Desde o final da II Guerra Mundial as illas pasaron a ser administradas polo estado e a despoboarse, ata ser declaradas como espazos con interese de protección.O litoral das Ons, que conta con múltiples espazos protexidos da marusía, e a riqueza de nutrientes das augas que afloran nas rías favorecen a presenta dun ecosistemas mariño cunha alta riqueza biolóxica. Na súa costa interior, máis resgardada, os areeiros son hábitats que acollen a especies de interese, como bivalvos. Na súa superficie destacan as barreiras dunares, como a praia e duna de Melide, os cantís e as matogueiras e queiroas. Así é, que as Ons desde o 2001 están protexidas por diferentes lexislacións. Forman parte do parque nacional das Illas Atlánticas de Galicia, están dentro do ZEC Complexo Ons – O Grove, constitúen o espazo de protección de aves ZEPA Illas de Ons e Onza, están dentro do OSPAR das Illas Atlánticas de Galicia e son un proxecto de protección de aves dentro do SEO/BirdLife.

Johán Carballeira

José Francisco Gómez de la Cueva, coñecido polo seu pseudónimo Johán Carballeira, nado en Vigo o 13 de febreiro de 1902 e fusilado na Caeira (Poio) o 17 de abril de 1937, foi un xornalista e político galego.

Liga Galega de Traiñeiras 2004

A tempada 2004 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 2ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. Nesta tempada se disputaron 9 bandeiras.

Liga Galega de Traiñeiras 2005

A tempada 2005 da Liga Galega de Traiñeiras foi a 3ª edición do campionato de traiñeiras de Galicia creado en 2003. Nesta tempada se disputaron 12 bandeiras.

Premio de Poesía Johán Carballeira

O Premio de Poesía Johán Carballeira foi instaurado en 1996 polo concello de Bueu para recuperar do esquecemento a figura do político e escritor Johán Carballeira.

Desde o ano 2003 úneselle o Premio de Xornalismo Johán Carballeira para traballos de temática libre pertencentes a calquera xénero periodístico.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

VG-4.4

A VG-4.4 ou Variante de Marín é unha vía para automóbiles dependente da Xunta de Galicia. Une as autoestradas urbanas estatais PO-11 e PO-12 coa estrada PO-551 á altura da parroquia de Ardán, dando así acceso por vía de alta capacidade á vila de Bueu e servindo, asemade, de circunvalación do centro urbano de Marín.

O primeiro tramo foi posto en servizo en setembro de 2006, o segundo e definitivo non estivo en funcionamento até xullo de 2012.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.