Buño, Malpica de Bergantiños

Santo Estevo de Buño é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Malpica de Bergantiños na comarca de Bergantiños. Segundo o IGE en 2018 tiña 503 habitantes (260 mulleres e 243 homes) distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 712 habitantes.

Coordenadas: 43°16′33″N 8°47′26″O / 43.2757747, -8.7906116

Buño
Porteadoras de Buño
Mulleres carretando os traballos dos oleiros (c. 1915).
ConcelloMalpica de Bergantiños
Poboación503 hab. (2018)
Entidades de poboación8

Economía

A parroquia é internacionalmente coñecida pola súa cerámica. No Centro Comarcal Bergantiños recóllense exposicións variadas sobre a comarca, ademais de ofrecer información turística os eventos, lugares emblemáticos e de interese da zona. Neste centro atópase localizado o Museo Alfar, con exposicións sobre a olaría e os oleiros de Buño.

Cultura

Festas

O sábado seguinte ó mércores de cinza celébrase a festa da Mikaela para conmemorar o final do Entroido. A Mikaela é unha boneca de gran tamaño e atributos femininos deliberadamente esaxerados, feita á man pola veciñanza. Despois de xantar é tranportada por unha comitiva masculina na que participan tódolos homes do lugar, que vai desde o Campo de Cantalarrana ate o Campo da Culpa, percorrendo así todo o lugar. A comitiva vai parando en tódalas casas pedindo filloas e viño mentres fan bromas e chistes. Chegados ó destino, a Mikaela é queimada, poñendo así fin ó entroido. A festa continúa ate ben entrada a madrugada.

Na actualidade a Mikaela é transportada sobre un tractor e, na comitiva, participan mulleres sempre que vaian vestidas de xeito masculino. Asemade, no canto de parar nas casas, van parando nos bares.[1][2]

Buño na literatura popular

  • Anque che somos de Buño/ e nin todos somos oleiros,/ tamén as xentes de Noia/ nin todos son zapateiros [3].
  • Inda que somos de Buño/ non somos todos oleiros;/ tamén na terra de Noia/ non son todos zapateiros [4].

Lugares e parroquias

Parroquias de Malpica de Bergantiños

Notas

  1. Círculo Internacional de Amigos de los Gigantes Arquivado 10 de xuño de 2013 en Wayback Machine.(en castelán)
  2. Vídeo en YouTube.
  3. Álvaro das Casas (colector): "Pra un canzoneiro de Noia", en "Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza", en Nós 95, 15.11.1931, 215.
  4. Gran Enciclopedia Galega: s.v. artesanía.

Véxase tamén

Outros artigos

Buño, Buño, Malpica de Bergantiños

Buño é un lugar da parroquia de Buño no concello coruñés de Malpica de Bergantiños na Comarca de Bergantiños. Tiña 503 habitantes no ano 2018 segundo datos do Instituto Nacional de Estadística dos cales eran 243 homes e 260 mulleres.

Festas de interese turístico de Galicia

A seguinte é unha lista de festas de interese turístico de Galicia. Trátase dunha denominación honorífica outorgada a festexos ou acontecementos que se celebran en Galicia e que ofrecen interese real desde o punto de vista turístico. A declaración de Festas de Interese Turístico Galego é un nomeamento outorgado polo Consello da Xunta de Galicia a través dunha proposta por parte da Consellería de Economía e Industria.

As Festas de Interese Turístico Nacional e de Interese Turístico Internacional, son declaradas pola Secretaría de Estado de Turismo, dependente do Ministerio de Industria.

Olaría

A olaría é o traballo con arxila cocida co obxecto de elaborar utensilios tal que potas, pratos, vasos, porróns e moitas outra pezas.

Oleiros de Buño

Os oleiros de Buño son artesáns que manteñen a tradición da olaría en Buño, Malpica de Bergantiños, un dos centros máis importantes na produción cerámica galega.

A tradición remóntase ao século XVI, aínda que posiblemente xa traballasen o barro dende moito antes[Cómpre referencia]. Actualmente seguen en funcionamento varios fornos do século XVIII, producindo pezas que se distinguen polo seu aspecto vidrado. Tal acabado aplícase cun pincel fino e ten por finalidade impermeabilizar o barro.

Ramón Piña

Ramón Piña Martínez, nado en Buño (Malpica de Bergantiños) o 2 de febreiro de 1956, é un ex-futbolista e adestrador de fútbol galego. Xogaba de defensa e centrocampista.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.