Bruxelas

A Cidade de Bruxelas[1][2][3] (Ville de Bruxelles en francés, Stad Brussel en neerlandés, Stadt Brüssel en alemán) é a capital oficial[4] de Bélxica e funciona na práctica como capital da Unión Europea.

Coordenadas: 50°51′N 04°21′L / 50.850, -4.350

Bruxelas
Ville de Bruxelles
Stad Brussel
Drapeau ville de Bruxelles
Greater coat of arms of the City of Brussels
TE-Collage Brussels
Un collage con varias vistas de Bruxelas, Arriba: Vista do Barrio norte distrito financeiro, segundo esquerda: alfombra floral na Grand Place, segundo dereita: Casa do concello de Bruxelas e área do Monte das Artes, terceiro: Parque Cincuentenario, cuarto esquerda: Manneken Pis, cuarto medio: catedral de San Miguel e Santa Gúdula, cuarto dereita: Columna do Congreso, inferior: Palacio Real de Bruxelas
Localización
Bruxelas en Bélxica

Bruxelas
Bruxelas
PaísBélxica Bélxica
ComunidadeComunidade flamenga de Bélxica
Comunidade francesa de Bélxica
RexiónBruxelas-Capital
ArrondissementBruxelas
Xeografía
Altitude13 msnm
Superficie32,61 km²
Demografía
Poboación166.497 hab. (2012)
Densidade5.100 hab/km²
XentilicioBruxelés/a
Outros datos
Código postal1000-1130
AlcaldeFreddy Thielemans (PS)
Páxina oficial da Bruxelas

Historia

Luc Viatour Hotel de ville Bruxelles 1
Concello de Bruxelas

Bruxelas celebrou o seu milenario en 1979, a historiografía tradicional data a fundación de Bruxelas en 979 pero ningún escrito ou fonte arqueolóxica permitiu corroborar esa data. Atópanse nela os edificios sede das principais institucións da Unión Europea. Aínda que o primeiro poboamento do val semella datar da época merovinxia (século VII, Bruocsella, "morada no pantano"), coa presenza dalgúns pequenos oratorios ou capelas, é no século X cando os duques de Brabante constrúen un castrum fortificado nunha das illas do cativo río Senne xunto a unha daquelas, a de St. Gery [5].

Por outra banda, o leste do río, os pes do outeiro do Treurenberg, xunto a outra, a da patroa local Santa Gúdula, comeza a medrar un poboamento no que era o camiño que unía a rexión renana con Flandres. Entrambos los dous sitios conformouse un burgo en torno a praza do mercado, que logo será a Grand Place.

É no século XI candos os duques deciden trasladar a súa residencia a un castelo que constrúen noutro outeiro ao sur do Treurenberg, o de Couldenberg. De seguido rodéase todo o conxunto cun cinto de murallas. Este triángulo, St.Gery no río co porto, Santa Gúdula onde se construirá a catedral de San Miguel, e o palacio ducal do Coudenberg, será a armazón básica e nodal da futura cidade [6].

Bruxelas vai crecer rapidamente co comercio da súa rica industria de panos ata converterse nunha das maiores cidades de Europa no século XIV, desbordando os antigos muros e obrigando a construción dun novo recinto amurallado de preto de oito quilómetros (1379). É con este esplendor cando na praza do mercado constrúese a Casa do Concello (1402-54) gótico flamíxero, e os duques amplían e embelecen o seu Palacio do Coudenberg, facendo da cidade o centro dunha rica actividade artística e cultural (pinturas de Rogier van der Weyden, escultura fonte do Manneken-Pis, de Hieronymus Duquesnoy o Vello; Rubens máis tarde...) [7].

A finais do século XVII, a cidade é bombardeada polo exército francés. A destrución é grande, pero os burgueses reaccionan coa reconstrución do abraiante conxunto que rodea a Grand Place [8]. Lamentablemente, nun incendio en 1731 pérdese a xoia que representaba o conxunto do Palacio Ducal [9]. No seu lugar aparecen hoxe a Praza e o Palacio Real así coma o museo de belas artes.

A decadencia continuou con Bruxelas coma un centro menor (capital da recentemente creada Bélxica en 1830) [10], e só as obras de Victor Horta pertencentes ao art nouveau coma feito arquitectónico destacable no final do XIX.

Trala Segunda Guerra Mundial, a cidade celebra a Feira Mundial de 1958 (co famoso Atomium). Doutra banda, na década dos cincuenta comeza a tomar forma a idea dunha unión europea e comezan a crearse organismos e faise necesaria unha sé. A situación xeográfica de Bruxelas e o feito de pertencer a un país pequeno axuda que se converta na sede de organismos internacionais, especialmente os da Comisión Europea co que pasa a ser a capital de facto da Unión Europea. Os edificios administrativos da mesma concéntranse no Quartier Leopold, ao leste do Palacio Real [11].

A Cidade de Bruxelas é o máis grande dos 19 municipios que compoñen a rexión de Bruxelas-Capital, unha das tres rexións, xunto con Flandres e Valonia en que está dividida Bélxica. A primeiros de xaneiro de 2006, a cidade tiña unha poboación de 153.659 habitantes.

Aínda que oficialmente a Cidade de Bruxelas é a capital de Bélxica, na práctica é a Rexión de Bruxelas-Capital a que exerce como tal, como tamén é a capital das comunidades francófona e flamenga de Bélxica, a rexión tiña unha poboación de 1 067 162 habitantes, nunha área de 161 km², o que lle confire unha densidade poboacional de 6.601 habitantes por km². A aglomeración urbana, que se estende para alá das fronteiras da rexión, ten preto de 1 774 000 habitantes.

Linguas

Bruxelas é unha cidade oficialmente bilingüe; unha maioría dos habitantes teñen como lingua o francés (85-90 %), e unha minoría importante ten o neerlandés (10-15%). O holandés, na súa variedade brabanzoa, é a lingua histórica de Bruxelas[12] . O francés foi durante séculos apenas falado pola alta-burguesía e a nobreza. Tornouse unha lingua popular durante o dominio de Francia, e despois de 1830, coa inmigración de moitos franceses (algúns deles revolucionarios) e moitos valóns, atraídos polas novas autoridades belgas.

Universidades

Bruxelas ten varias universidades, dúas das cales son a Université Libre de Bruxelles (ULB) e a Vrije Universiteit Brussel (VUB).

Brussel grote markt 360
Panorámico da Grand Place de Bruxelas, patrimonio mundial catalogado pola UNESCO.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bruxelés.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2.
  3. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1442. ISBN 9788482893419.
  4. Artigo 194 da Constitución de Bélxica
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2013.
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 30 de xullo de 2013.
  7. ([1] Bruxelas no 1581)
  8. [2]
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 30 de xullo de 2013.
  10. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 30 de xullo de 2013.
  11. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2003. Consultado o 28 de xaneiro de 2003.
  12. "Brussels Encyclopædia Britannica.". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2013. Consultado o 05 de novembro de 2009.

Véxase tamén

Statue of Europe-(Unity-in-Peace)
Estatua de Europa (xardín Van Maerlant)

Bibliografía

  • Louis Verniers, Un millénaire d'histoire de Bruxelles. Des origines à 1830, Éditions A. De Boeck, Bruxelles, 1965
  • Marcel Vanhamme, Bruxelles. De bourg rural à cité mondiale, Mercurius, Anvers-Bruxelles, 1968
  • Mina Martens (dir.), Histoire de Bruxelles, Toulouse, Privat, 1976
  • Georges-Henri Dumont, Histoire de Bruxelles. Biographie de Bruxelles, Le Cri édition, Bruxelles, 1997
  • Christian Dessouroux, Espaces partagés, espaces disputés. Bruxelles, une capitale et ses habitants, ministère de la Région de Bruxelles-Capitale, 2008

Ligazóns externas

Predecesor:
Alemaña Weimar
EU Insignia
Capital Europea da cultura
xunto con Francia Aviñón
Flag of Norway.svg Bergen
Italia Boloña
República Checa Praga
Polonia Cracovia
Finlandia Helsinqui
Islandia Reiquiavik
Galicia Santiago de Compostela

2000
Sucesor:
Flag of the Netherlands.svg Rotterdam
Portugal Porto
Aeroporto de Antalya

O Aeroporto de Antalya (IATA: AYT, ICAO: LTAI) é un aeroporto internacional turco situado a 13 km ao nordés do centro da cidade de Antalya. É un gran destino durante a tempada estival europea debido a que se atopa na costa mediterránea do país. No asno 2016 pasaron polo aeroporto un total de 18 741 659 pasaxeiros, sendo o terceiro máis concorrido de Turquía e o 30º de Europa. O aeroporto ten dúas terminais internacionais e unha doméstica. Antalya é un dos principais aeroportos do suroeste de Turquía, sendo os outros dous os de Bodrum e Dalaman.

Aeroporto de Bruxelas

O aeroporto de Bruxelas (IATA: BRU, ICAO: EBBR) é un aeroporto internacional belga situado a 12 km ao nordés de Bruxelas. No ano 2015 máis de 23 millóns de pasaxeiros pasaron polas súas instalacións, converténdoo no 21º aeroporto máis concorrido de Europa. As súas instalacións atópanse repartidas entre os municipios de Zaventem, Machelen e Steenokkerzeel, na rexión flamenga de Bélxica. É sede dunhas 260 compañías que empregan ao redor de 20 000 persoas e serve como base principal a Brussels Airlines e TUIfly Belgium.

A compañía que opera o aeroporto é coñecida como Brussels Airport Company N.V./S.A.; antes do 19 de outubro de 2006 o seu nome era BIAC (Brussels International Airport Company), que foi creada pola lei belga a través da fusión de BATC (Brussels Airport Terminal Company) cos departamentos de operacións en terra. Dende o ano 2011 o aeroporto ven sendo propiedade do Ontario Teachers' Pension Plan (39%), Macquarie Group (Macquarie European Infrastructure Fund I e Macquarie European Infrastructure Fund III) (36%) e o estado belga (25%).O 22 de marzo de 2016 a zona de saídas do aeroporto quedou seriemente danada por dous estoupidos nun ataque terrorista. O aeroporto pechouse ata o día 3 de abril, cando reabriu con instalacións temporais funcionando a menos do 20% da súa capacidade anterior. Dende entón foi reestablecendo o seu normal funcionamento, chegando a un récord de pasaxeiros o día 29 de xullo, cando pasaron polo aeroporto 90 000 persoas.

Aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi

O aeroporto de Bruxelas Sur-Charleroi (IATA: CRL, ICAO: EBCI), tamén chamado aeroporto de Charleroi ou aeroporto de Gosselies, é un aeroporto internacional situado en Gosselies, unha parte da cidade de Charleroi en Valonia. O aeroporto atópase a 7,4 km ao norte de Charleroi e a 46 km ao sur do centro de Bruxelas. En termos de pasaxeiros e movementos de avións é o segundo aeroporto máis concorrido de Bélxica, pasando no ano 2016 7 303 720 pasaxeiros en 75 038 operacións. Tamén é un importante aeródromo para a aviación xeral, sendo o fogar de 3 escolas de voo.

Aeroporto de Leipzig/Halle

O Aeroporto de Leipzig/Halle (en alemán: Flughafen Leipzig/Halle) (IATA: LEJ, OACI: EDDP) é un aeroporto internacional situado en Schkeuditz, en Saxonia, e serve á cidade de Leipzig (Saxonia) e Halle (Saxonia-Anhalt), Alemaña. Serve a máis de dous millóns de pasaxeiros ao ano, principalmente en voos a destinos de ocio en Europa e tamén se utiliza como un importante centro de carga de DHL Aviation. Tamén se construíron instalacións militares no aeroporto para a OTAN e para avións militares da UE.

Brussels Airlines

Brussels Airlines é a aeroliña nacional de Bélxica. Ten a súa base en terreos do aeroporto de Bruxelas e é unha subsidiaria de Lufthansa. É a aeroliña máis grande baseada en Bélxica, operando a uns 90 destinos de 20 países europeos ademais de realizar voos de alcance longo a Norteamérica e África. Realiza tamén servizos chárter, mantemento e adestramento de pilotos e tripulantes. A compañía é membro da Asociación de Transporte Aéreo Internacional (IATA), a Asociación de Aeroliñas Europeas (AEA), e da alianza Star Alliance.

O seu código da IATA SN é herencia das súas predecesoras, Sabena e SN Brussels Airlines. Lufthansa mercou o 45% da compañía no ano 2009 e en setembro de 2016 a aeroliña alemá anunciou que mercaría o resto do capital de Brussels Airlines por 2,6 millóns de euros. A operación foi completada en xaneiro de 2017.

Bruxelas-Capital

A Rexión de Bruxelas-Capital (francés: Région de Bruxelles-Capitale, neerlandés: Brussels Hoofdstedelijk Gewest) ou ben Rexión de Bruxelas (francés: Région Bruxelloise, neerlandés: Brusselse Gewest) é unha das tres Rexións que compoñen Bélxica. Esta rexión, bilingüe segundo os estatutos municipais, está habitada por belgas que pertencen ás dúas principais comunidades lingüísticas do país: a comunidade francesa e a comunidade flamenga. Estímase que 50% da poboación bruxelense é francófona pola orixe da súa lingua materna, 10% flamenga e 40 % falan outras linguas (empregando case exclusivamente como lingua franca o francés), no seu conxunto o francés é empregado polo 95,55% da poboación de xeito habitual. Por mor da presenza no seu territorio de numerosas institucións internacionais, atópase igualmente entre as concentracións máis importantes de habitantes nados doutros países da Unión Europea. A isto súmanse numerosos inmigrantes procedentes do Magreb (especialmente de Marrocos) de Turquía, de América, de África (especialmente da República Democrática do Congo, antiga colonia belga) e da Europa central, facendo da Rexión un conxunto cosmopolita e multicultural.

Bélxica

Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Belgien [ˈbɛlɡiən] , en francés: Belgique [bɛlʒik] , en neerlandés: België [ˈbɛl.ɣi.jə] ), oficialmente Reino de Bélxica ( pronunciación ) (en alemán: Königreich Belgien, en francés: Royaume de Belgique, en neerlandés: Koninkrijk België), é un monarquía parlamentaria situada en Europa Noroccidental, que fai fronteira cos Países Baixos, Alemaña, Luxemburgo e Francia. É un dos membros fundadores da Unión Europea cuxas institucións principais están hospedadas no país, así como moitas outras organizacións internacionais, como a OTAN. O territorio belga espállase ao longo de 30.528 km², onde viven algo máis de 11 millóns de habitantes, o que fai de Bélxica un dos países máis densamente poboados do mundo.

O país atópase na encrucillada entre os límites da Europa xermánica coa latina. Nel habitan dous grupos lingüísticos diferentes: os flamengos, de orixe xermánica, e mailos francófonos, de orixe latina. Xunto a estes existe unha pequena minoría de lingua alemá. Así, Bélxica atópase dividida en tres rexións. As dúas meirandes rexións son a de Flandres, de fala neerlandesa, e a de Valonia, de fala francesa. A primeira, a máis poboada, atópase localizada no norte. Nela vive o 59% da poboación belga. A segunda atópase no sur e nela vive o 31% da poboación. A terceira, Bruxelas-Capital, oficialmente bilingüe, acolle a capital do país. Malia atoparse dentro da rexión flamenga, trátase dun enclave maioritariamente francófono. Nela vive o 10% da poboación. A diversidade lingüística de Bélxica e os conflitos culturais e políticos relacionados con ela reflítense na historia política e máis no seu complexo sistema de goberno do país.

Bélxica recibe o seu nome do nome latino da parte máis setentrional da Galia, Gallia Belgica, cuxo nome procede dun grupo de tribos celtas, os belgas. Historicamente, Bélxica foi parte dos Países Baixos, que tamén comprenden os actuais Países Baixos e Luxemburgo, e cubrían unha rexión algo maior que o actual Benelux. Dende finais da Idade Media ata o século XVII, foi un florecente centro de comercio e cultura. Dende o século XVIII ata a Revolución belga de 1830, Bélxica, naquela época chamada os Países Baixos do Sur, foi o lugar de moitas batallas entre os poderes europeos, e é por iso que se gañou os alcumes de "o campo de batalla de Europa".

Comisión Europea

Institución politicamente independente que representa e defende os intereses da Unión Europea no seu conxunto, propón a lexislación, políticas e programas de acción e é responsable de aplicar as decisións do Parlamento Europeo e do Consello da Unión Europea.

A Comisión actúa seguindo o método dun gabinete do goberno, con 28 comisarios. Hai un Comisario por cada Estado membro, con todo os comisarios están obrigados a representar os intereses da UE no seu conxunto en lugar do seu Estado de orixe. Un dos 28 é o Presidente da Comisión (na actualidade, José Manuel Durão Barroso) nomeado polo Consello Europeo coa aprobación do Parlamento Europeo. A presente Comisión Barroso tomou posesión do seu cargo a finais de 2004 e está a cumprir un mandato de cinco anos.

O termo «Comisión» pode significar tanto o Colexio de Comisarios como se mencionou anteriormente, ou a institución máis grande, incluíndo o órgano administrativo duns 25.000 funcionarios europeos repartidos nos departamentos chamados Direccións Xerais. Baséase fundamentalmente no edificio Berlaymont de Bruxelas e as súas linguas de traballo internas son inglés, francés e alemán.

Comunidade Económica Europea

A Comunidade Económica Europea (CEE) foi unha organización internacional creada por un dos dous Tratados de Roma de 1957 (en vigor dende 1958), coa finalidade de crear un mercado común europeo. Os Estados signatarios foron Francia, Italia, Alemaña (por aquel entón, só a República Federal Alemá, non a República Democrática Alemá) e os tres países do Benelux (Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo). O tratado establecía un mercado e aranceis externos comúns, unha política conxunta para a agricultura, políticas comúns para o movemento da man de obra e dos transportes, e fundaba institucións comúns para e desenvolvemento económico. Estas institucións, posteriormente, no ano 1965, fusionáronse coas institucións da CECA e das do EURATOM, grazas ao Tratado de fusión (ou Tratado de Bruxelas).

A CEE foi a máis famosa das tres Comunidades Europeas, e despois do Tratado de Maastricht (o TUE, onde se creou oficialmente a Unión Europea) cambióuselle o nome polo de Comunidade Europea (CE). Trala creación da Unión Europea, a CE (antiga CEE) pasou a formar parte do primeiro dos tres piares da Unión Europea (v. cadro á dereita).

Flandres

Flandres (en neerlandés, Vlaams Gewest ou Vlaanderen) é un territorio histórico que constitúe unha das tres rexións oficiais do Reino de Bélxica, xunto coas de Valonia e a Rexión de Bruxelas-Capital. A rexión atópase no norte do país e ten unha superficie de 13.522 km² (44.29% da Bélxica).

François Englert

O barón François Englert, nado en Bruxelas, Bélxica, o 6 de novembro de 1932, é un físico teórico belga, profesor emérito da Universidade Libre de Bruxelas (ULB), onde é membro do Servizo de Física Teórica. Tamén é Profesor Sackler por Designación Especial na Escola de Física e Astronomía da Universidade de Tel Aviv, Israel, e membro do Instituto de Estudos de Quantum na Universidadr Chapman, California. En outubro de 2013 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto a Peter Higgs, polo descubrimento do Mecanismo de Higgs.

Henri La Fontaine

Henri Marie La Fontaine, nado en Bruxelas o 22 de abril de 1854 e finado na mesma cidade o 14 de maio de 1943, foi profesor de Dereito internacional e senador belga.

Ilya Prigogine

Ilya Prigogine, en ruso: Илья́ Рома́нович Приго́жин, nado o 25 de xaneiro de 1917 en Moscova e finado o 28 de maio de 2003 en Bruxelas, foi un físico, químico, sistémico e profesor universitario belga de orixe soviética, galardoado co Premio Nobel de Química do ano 1977.

Jacky Ickx

Jacques Bernard "Jacky" Ickx (o apelido pronúnciase "Ix" ou "Icks"), nado o 1 de xaneiro de 1945 en Bruxelas , Bélxica, é un expiloto belga de carreiras que logrou 25 podios en Fórmula 1 e seis vitorias nas 24 Horas de Le Mans.

Jules Bordet

Jules Jean Baptiste Vincent Bordet, nado en Soignies o 13 de xuño de 1870 e finado o 6 de abril de 1961, foi un médico inmunólogo e microbiólogo belga. O xénero de bacterias Bordetella recibe ese nome polo seu.

Luxemburgo (cidade)

Luxemburgo (luxemburgués: Lëtzebuerg, francés: Luxembourg, alemán: Luxemburg), tamén coñecida como cidade de Luxemburgo (luxemburgués: Stad Lëtzebuerg ou d'Stad, francés: Ville de Luxembourg, alemán: Stadt Luxemburg, Luxemburg-Stadt), é a capital do Gran Ducado de Luxemburgo, e a comuna máis poboada do país. A miudo, simplemente, denomínase d’Stad (« a Cidade » en lingua luxemburguesa); máis raramente é chamada o Xibraltar do Norte ou o Corazón verde de Europa (a causa das súas fortificacións e polo seu verdor). Situada na confluencia dos ríos Alzette e Pétrusse, no sur de Luxemburgo, a cidade está no corazón de Europa occidental, situada a 213 km. por estrada de Bruxelas, 372 km. de París e 209 km. de Colonia. A cidade contén o castelo de Luxemburgo, construído polos francos na Idade Media temperá, ao redor do cal se desenvolveu un asentamento.

En xaneiro de 2019, a cidade de Luxemburgo tiña 119.214 habitantes, que é máis de tres veces a poboación da segunda comuna máis poboada do país (Esch-sur-Alzette). A poboación da cidade está composta por 160 nacionalidades. Os estranxeiros representan o 70% da poboación da cidade, mentres que os luxemburgueses representan o 30% da poboación, e o número de residentes estranxeiros nados na cidade aumenta constantemente cada ano.

Luxemburgo é unha das capitais de facto da Unión Europea (xunto a [Bruxelas]] e Estrasburgo), xa que é a sede de varias institucións, axencias e organismos da Unión Europea, incluído o Tribunal Europeo de Xustiza, o Tribunal de Contas Europeo , o Secretariado do Parlamento Europeo, o Banco Europeo de Investimentos, o Fondo Europeo de Investimentos e o Mecanismo Europeo de Estabilidade.

Parlamento Europeo

O Parlamento Europeo, tamén coñecido como Europarlamento ou Eurocámara, é a institución parlamentaria que na Unión Europea representa directamente aos cidadáns dela, e que xunto coa Comisión Europea e o Consello da Unión Europea exerce a función lexislativa. Está composto por 751 deputados, que representan ao segundo maior electorado democrático do mundo, só superado polo Parlamento da India. No Parlamento Europeo están representadas as grandes tendencias políticas existentes nos países membros.

Elíxese por sufraxio universal, directo e secreto cada cinco anos dende 1979. Malia isto, a participación nas eleccións europeas leva caendo consecutivamente en cada votación dende esa data, manténdose por debaixo do 50% dende 1999. Nas eleccións de 2009, a porcentaxe de votantes situouse no 43% dos cidadáns europeos con dereito a voto, oscilando entre o 90% en países como Luxemburgo e Bélxica (onde o voto é obrigatorio) e o 20% en Eslovaquia. A participación foi inferior ao 50% en 18 dos 27 Estados membros.

Dende a súa fundación no ano 1952, as súas competencias foron ampliadas varias veces, principalmente a través do Tratado de Maastricht en 1992 e o Tratado de Lisboa en 2007.

O Parlamento Europeo ten dous lugares de reunión: o Edificio Louise Weiss en Estrasburgo, Francia, e o complexo de edificios do Espazo Léopold en Bruxelas, Bélxica. A Secretaría Xeral do Parlamento Europeo pola súa parte, o corpo administrativo, ten a súa sede na cidade de Luxemburgo.

Dende o 17 de xaneiro de 2017 o seu presidente é o italiano Antonio Tajani.

TUI fly Belgium

TUI fly Belgium, legalmente TUI Airlines Belgium S.A./N.V. e anteriormente co nome comercial Jetairfly, é unha aeroliña belga coas súas oficinas no aeroporto de Bruxelas.A aeroliña adoptou o seu nomes comerciais Jetairfly en novembro de 2005 e TUI fly Belgium en outubro de 2016. É unha subsidiaria do TUI Group e parte de TUI Airlines. TUI Airlines tamén incorpora ás compañías irmás TUI fly Netherlands (Países Baixos), Corsair International (Francia), TUI fly Deutschland (Alemaña), TUI Airways (Reino Unido) e TUI fly Nordic (Suecia).

Unión Europea

A Unión Europea ( pronunciación ) (UE) é unha organización internacional constituída por 28 estados europeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse da CEE, en vigor dende a década de 1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até 1992 durante o Tratado da Unión Europea (normalmente coñecido como Tratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse en Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo. O 12 de outubro de 2012 a Unión foi galardoada co Premio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunha moeda única (adoptada por 16 dos 28 estados membros) e dunha política agrícola, pesqueira, comercial e de transportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividades xudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

O Tratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e o Tratado de Roma (1957), instituíndo a Comunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ou Euratom, foron asinados por seis membros fundadores: Alemaña, Bélxica, Francia, Italia, Luxemburgo e Países Baixos. Bélxica, Países Baixos e Luxemburgo acordaran anteriormente formar o chamado Benelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en 1973 Dinamarca, Irlanda e Reino Unido; en 1981 Grecia; en 1986 España e Portugal; en 1995 Austria, Finlandia e Suecia; o 1 de maio de 2004, República Checa, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Malta e Polonia; o 1 de xaneiro de 2007, Bulgaria e Romanía; o 1 de xullo de 2013 Croacia.

En 1972 e 1994, Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país. Macedonia do Norte, Islandia, Montenegro e Turquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e por tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Concellos da rexión de Bruxelas
Capitais europeas da cultura

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.