British Broadcasting Corporation

A British Broadcasting Corporation (en galego, Corporación Británica de Radiodifusión), máis coñecida como BBC, é a primeira empresa de televisión e radio do Reino Unido. Tamén é a corporación de radiodifusión máis grande do mundo[1]. Produce servizos de programas e información, transmitindo na televisión, na radio, e en Internet; sendo unha das cadeas de noticias máis respectadas do mundo. É independente de controis comerciais e políticos operando baixo un estatuto real que garante dita independencia. A BBC é ademais un dos 23 membros fundadores da Unión Europea de Radiodifusión, fundada no 1952 en Torquay, Reino Unido.

BBC
Logo da BBC.

Orixes

Foi fundada no 18 de outubro do 1922 co nome de British Broadcasting Company [2]. Ao primeiro estaba dedicada aos servizos de radio, até que o 2 de novembro do 1936 comezou tamén a transmitir programas de televisión de forma regular. A BBC comezou as súas transmisións fóra do Reino Unido en decembro do 1932, co obxectivo de xuntar as persoas de fala inglesa que vivían no que, daquela, era o Imperio Británico. O rei Xurxo V transmitiu a primeira mensaxe de nadal por radio na que se dirixiu a os homes e mulleres que están tan illados pola neve e polos desertos, que só poden alcanzar as voces polo aire.

A compañía, con John Reith como director xeral, pasou a chamarse British Broadcasting Corporation en 1927 cando foi concedida unha carta real e deixou de ser privada. Empezou a emitir televisión de forma experimental no 1932, converténdose nun servizo regular (coñecido coma o servizo da televisión da BBC) en 1936. A difusión de televisión foi suspendida desde o 1 de setembro do 1939 ate o 7 de xuño do 1946, durante a segunda guerra mundial.

Servizos

Radios

  • Radio 1, servizo radiofónico nacional. Tematicamente dedicado á música actual e xuvenil. Esta dirigida especialmente á mocidade entre 16-24 anos.
  • Radio 2 é a radio con máis oíntes do Reino Unido conta cunha audiencia estimada en 12,6 millóns de oíntes cada semana. Contidos xeralistas.
  • Radio 3 é unha radio especializada na arte, drama, música clásica, jazz.
  • Radio 4 de ámbito nacional. As súas transmisións son de voz e tematicamente trata de temas actualidade, ciencia, historia, comedia e drama.
  • Radio Five Live Noticias, deportes e debates as 24h.
  • BBC Local Radio, consiste en 40 emisoras locais en Inglaterra que provén de entretenemento, noticias e música a súa area local de emisión.
  • Servizos locais a otras rexións do Reino Unido: Radio Scotland, Radio Wales, Radio Ulster, Radio Foyle, Cymru (servizo en galés) e Radio Nan Gaidheal (en escocés).
  • BBC World Service adicada transmisións ao exterior en inglés e outras linguas.
  • Servizos de radio dixital no Reino Unido con Five Live Sports Extra (Acompañando a Radio Five Live para a cobertura de acontecementos deportivos), 1Xtra, 6 Music (para xéneros musicais minoritarios), BBC 7 (Comedia, Drama e programas de nenos) e a Rede asiática da BBC Asia Network (conversación, música e noticias en moitas linguas asiáticas).
  • Servizo de Monitores da BBC, con sede en Reading, Caversham Park, é un servizo encargado de prover noticias internacionais. Ademais realiza un seguimento a medios, principalmente radiofónicos, de todo o mundo. Creado durante a segunda guerra mundial para axudar á propaganda británica e para escoitas de emisións de outros países, tivo un desempeño importante durante a guerra fría.

Televisión

  • BBC One é a televisión máis antiga do mundo.
  • BBC Two é a segunda cadea de televisión que lanzou a BBC. BBC2 foi a primeira cadea de televisión de Europa en difundir imaxes en cor (a partir de 1967).
  • BBC Three é unha cadea británica de televisión da BBC só está dispoñible vía cable, TDT ou satélite.
  • BBC Four é unha cadea da BBC só está dispoñible via TDT, satélite e cable para espectadores no Reino Unido.
  • BBC News é a cadea de televisión de noticias 24 horas do Reino Unido.
  • BBC Parliament Transmisión en directo de todo o que sucede na Cámara dos Comúns, a Cámara dos Lores, o Parlamento Escocés e a Asemblea de Gales.
  • CBBC é un servizo británico de televisión dirixido a nenos de 6 a 13 anos producido pola BBC.
  • CBeebies é unha cadea británica producida pola BBC e dirixido a nenos menores de 6 anos.
  • BBC World News, sinal internacional de noticias 24 horas.
  • BBC Sport é unha división televisiva adicada exclusivamente a emisións e noticias sobre deportes.
  • BBC HD, en alta definición 1080i.
  • BBC Entertainment canle de entretemento de ámbito internacional.

Internet

  • BBC iPlayer

Notas

  1. "BBC website: About the BBC - What is the BBC". Consultado o 2008-06-14.
  2. The BBC Story[Ligazón morta]

Véxase tamén

Ligazóns externas

Acrónimo

Un acrónimo (do grego ἄκρος ákros, "extremidade", e ὄνομα onoma, "nome") é unha palabra formada a partir da abreviación doutras dúas palabras, e que constitúen un só sintagma ou concepto, grazas á unión dos seus extremos opostos. Utilízanse xeralmente para describir unha palabra formada por unha combinación de palabras (dúas ou máis), ou ben de letras (habitualmente iniciais, dunha expresión co propósito de facela máis curta).

Decote os acrónimos acaban por perderen tal condición e deveñen palabras de uso corrente, habitualmente substantivos. É o caso, por exemplo, de láser, radar, módem ou informática. Acrónimos deste tipo fóronse popularizando nos últimos tempos, de xeito que o seu uso está xeralizado. Aínda así, son aínda máis frecuentes nas linguaxes técnicas utilizadas nas especialidades profesionais (medicina, informática ou enxeñaría) e nos nomes de organizacións e compañías.

A ciencia que estuda os acrónimos é a acronimia.

BBC Entertainment

BBC Entertainment é unha canle internacional de televisión propiedade de BBC Worldwide que emite series, programas infantís e de entretemento da BBC e outras produtoras do Reino Unido.

BBC HD

BBC HD é a cadea de televisión de alta definición 1080i británica pertencente á British Broadcasting Corporation.

BBC Mundo

BBC Mundo é un portal de Internet que ofrece noticias en español para os falantes de castelán de todo o globo pertencente á British Broadcasting Corporation.

A súa sede principal atópase no quinto piso do edificio Broadcasting House, en Londres, onde están situados os xornalistas de todo o Servizo Mundial da BBC. O servizo en español da BBC posúe tamén unha sala de redacción en Miami; oficinas en México e Buenos Aires; reporteiros en Washington D.C., Os Ánxeles, Cuba, Caracas e Bogotá; colaboradores en Santiago de Chile, Quito, Lima e Madrid; e a rede de correspondentes da BBC en Europa, Oriente Medio, África, Asia e Oceanía.

BBC Radio

BBC Radio é un grupo radiofónico, pertencente á British Broadcasting Corporation que opera no Reino Unido baixo os termos dunha Carta Real desde 1927. O servizo ofrece emisoras de radio nacionais que cobren a maioría dos xéneros musicais, así como emisoras de radio locais que emiten noticias locais.As emisoras nacionais, BBC Radio 1, 2, 3, 4 e 5 Live están todas dispoñibles a través do servizo analóxico así como dixital e por internet en sitios como RealMedia, WMA and BBC iPlayer. O resto das estacións radiofónicas BBC Radio 1Xtra, 4 Extra, 5 Live Sports Extra e 6 Music, só emiten a través de plataformas dixitais.

BBC Two

BBC Two, tamén chamada BBC2 ata 1997, é a segunda maior cadea de televisión terrestre da BBC, foi posta en marcha en 1964.

Copa do Mundo de Rugby 2015

A Copa Mundial de Rugby do 2015 foi a oitava edición da Copa do Mundo de Rugby, torneo internacional de rugby union que se disputa cada catro anos dende 1987. O campionato tivo lugar entre o 18 de setembro e o 31 de outubro de 2015. Na reunión extraordinaria da International Rugby Board (IRB) que tivo lugar o 28 de xullo do 2009 en Dublín anunciouse que esta edición tería lugar en Inglaterra, aínda que tamén se disputarían partidos no Millennium Stadium de Cardiff, capital de Gales.A selección de Nova Zelandia revalidou o título mundial do 2011 logo de derrotar na final aos Wallabies por 34 a 17.

Cámara dos Comúns (Reino Unido)

A cámara dos comúns do Reino Unido (en inglés House of Commons) é a cámara baixa do Parlamento do Reino Unido. É un corpo elixido democraticamente formado por 646 membros, coñecidos como membros do Parlamento ou MP. Os membros son elixidos polo sistema electoral maioritario (first past the post), mantendo o cargo ata que se disolve o Parlamento (un máximo de cinco anos). Cada membro é elixido, e representa, un distrito electoral ou constituency. Nesta cámara é de onde xorde a gran maioría dos

ministros do goberno e, desde 1963, todos os primeiros ministros. A cámara dos comúns atópase no Palacio de Westminster.

Formula One Group

O Formula One Group é o grupo de empresas encargadas da promoción do campionato mundial de Fórmula 1 da FIA e a explotación dos dereitos comerciais deste deporte. O grupo é propiedade en última instancia de Delta Topco, unha empresa con sede en Jersey propiedade do fondo común de investimentos CVC Capital Partners (70%) e JPMorgan (aproximadamente o 20%). O trust formado pola familia de Bernie Ecclestone é a propietaria do resto, aparte de pequenas accións en mans dos asesores financeiros e do mesmo Ecclestone."Formula One group" refírese estritamente a Formula One Management, Formula One Administration e Formula One Licensing BV, que son filiais da sociedade de carteira Formula One Holdings. Con todo, Delta Topco posúe outros negocios na Fórmula Un.

Gary Neville

Gary Alexander Neville, nado en Bury (Gran Manchester) o 18 de febreiro de 1975, é un ex futbolista e actual adestrador de fútbol inglés. Xogaba de defensa e actualmente é un dos adestradores da selección inglesa.

Gran Premio da India de 2013

O Gran Premio da India de 2013 (oficialmente coñecido como o 2013 Airtel Formula 1 Grand Prix) foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 27 de outubro de 2013 no Circuíto Internacional de Buddh en Greater Noida, Uttar Pradesh, India. Foi a carreira número dezaseis da tempada de Fórmula Un de 2013. A carreira foi a decimosexta rolda da tempada 2013, e a terceira carreira do Gran Premio da India.

A carreira, disputada sobre 60 voltas, foi gañada por Sebastian Vettel, pilotando un Red Bull. Nico Rosberg terminou en segundo lugar nun Mercedes, e o podio foi completado por Romain Grosjean pilotando un Lotus. Como resultado da carreira, Vettel logrou o seu cuarto título mundial consecutivo. Red Bull Racing tamén asegurou o seu cuarto campionato de construtores consecutivo.

Gran Premio de Corea de 2013

O Gran Premio de Corea de 2013 foi a décimo cuarta carreira da tempada de Fórmula Un de 2013. Celebrouse no Circuíto Internacional de Corea, Yeongam, Jeolla do Sur, Corea do Sur o 6 de outubro 2013.

Gran Premio do Xapón de 2013

O Gran Premio do Xapón de 2013, foi a décimo quinta carreira da tempada de Fórmula Un de 2013. Celebrouse o 13 de outubro de 2013 no circuíto de Suzuka, Xapón. foi o 40º Gran Premio do Xapón.

James Dewar

James Dewar nado o 20 de setembro de 1842 en Kincardine-on-Forth (Escocia) e finado o 27 de marzo de 1923) en Londres, foi un físico e químico escocés.

Kosovo Polje

Kosovo Polje ou Fushë Kosova (serbio latino: Kosovo Polje, serbio cirílico: Косово Поље, albanés: Fushë Kosovë ou Fushe Kosovo), literalmente "Campo de Kosovo" ou "Campo dos merlos", ás veces en alemán: Amselfeld) é unha cidade e municipio no distrito de distrito de Pristina, en Kosovo (Serbia), a 8 km ao suroeste da capital, Pristina.

En 2003 a cidade tiña unha poboación total de 28.600 habitantes. A poboación estimada do municipio é dunhas 50.000 persoas, segundo datos da OSCE.

Macaco

Os macacos (xénero Macaca) constitúen un xénero de monos do Vello Mundo da subfamilia Cercopithecinae, do que existen 23 especies en Asia e norte de África (e mais Xibraltar). Os macacos son principalmente fruxívoros, aínda que as súas dietas tamén inclúen sementes, follas, flores e codia de árbores e algúns, como Macaca fascicularis, aliméntanse de invertebrados e ocasionalmente pequenos vertebrados.

Parlamento do Reino Unido

O Parlamento do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte é a institución lexislativa suprema no Reino Unido e nos Territorios Británicos de Ultramar (os cales só teñen Soberanía parlamentaria). Á cabeza está o Soberano. É bicameral, incluíndo unha Cámara alta, chamada Cámara dos Lores, e unha Cámara baixa, chamada Cámara dos Comúns do Reino Unido.

A Cámara dos Lores inclúe dous diferentes tipos de membros: Os Lores Espirituais (os clérigos sénior da Igrexa de Inglaterra) e os Lores Temporais (membros da nobreza). Os membros desta cámara son elixidos pola nobreza, antes eran herditarios, pero na actualidade só dous postos son herditarios. Doutra banda, os membros da Cámara dos Comúns son elixidos democraticamente. A Cámara dos Lores e a Cámara dos Comúns reúnense en Salóns separados no Palacio de Westminster (comunmente coñecido como as Cámaras do Parlamento), en Londres a capital británica (máis precisamente, no municipio; e cidade;coñecida como Cidade de Westminster). Por convención constitucional, todos os ministros de goberno, incluíndo ao Primeiro Ministro son elixidos dende a Cámara dos Comúns ou da Cámara dos Lores.

O Parlamento desenvolveuse a partir do antigo concilio que aconsellaba ao Soberano. En teoría,

o poder non é do Parlamento senón da Raíña "Queen-in-Parliament" ou do Rei ("King-in-Parliament"). A miúdo dise que a Raíña ten autoridade soberana, con todo esta posición é debatible. Nos tempos modernos, o poder real

está nas eleccións democráticas das Cámara dos Comúns. O Soberano actúa só como unha figura decorativa e os poderes da Cámara dos Lores están amplamente limitados.

O Parlamento Británico é a miúdo chamado a "Nai dos Parlamentos", dado que os poderes lexislativos de moitas nacións; os máis destacados, son os membros da Commonwealth; adoptaron este modelo. Con todo, esta é unha frase de John Bright, quen remarcou o 18 de xaneiro de 1865 que "Inglaterra é a Nai dos Parlamentos" no contexto de apoiar as demandas para os dereitos ao voto nun país que iniciara o goberno parlamentario.

Unión Europea de Radiodifusión

A Unión Europea de Radiodifusión, EBU-UER (en inglés: European Broadcasting Union e en francés: Union européenne de radio-télévision) é unha confederación de 75 empresas de radiotelevisión de 56 países, e 43 empresas asociadas doutros 25. Non ten relación ningunha coa Unión Europea. Os membros son empresas de radio e televisión, moitas das cales son públicas ou privadas de emisión pública. Os membros activos son na súa maioría europeos aínda que tamén os hai do norte de África ou Asia. Os membros asociados non están limitados á zona europea-mediterránea se non que inclúen empresas do Canadá, o Xapón, México, a India e Hong Kong, así coma moitos outros máis.

William Shakespeare

William Shakesperare, nado en Stratford-upon-Avon, bautizado o 26 de abril de 1564, e finado o 23 de abril de 1616, foi un poeta e dramaturgo inglés, considerado desde hai tempo por moitos como o meirande escritor en lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. A súa obra é tal que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables da mesma é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas personaxes.

Canles de televisión nacionais de Europa
Países:
Outros:
Desaparecidos:
Emisoras do Reino Unido
Emisoras internacionais
Emisoras

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.