Britannia

Britannia é un termo antigo para identificar á Britania romana e tamén a personificación feminina da illa. O nome é latino, e deriva da forma grega Prettanike ou Brettaniai, que orixinalmente designaba un conxunto de illas con nomes individuais, incluíndo Albion ou Gran Britain; porén, no século-I Britannia converteuse no nome de uso para Gran Bretaña especificamente. No ano 43, o Imperio Romano comezou a conquista da illa, establecendo unha provincia que chamaron Britannia, que abranguía a parte sur da illa, excluíndo a Caledonia (actual Escocia). Os habitantes nativos celtas da provincia son coñecidos como bretóns. No século II, a Britania romana personificouse como unha deusa, armada con tridente e escudo e levando un casco corintio.

O nome latino Britannia sobreviviu á fin do dominio romano no século V, e mantívose como nome da illa na maioría das outras linguas europeas, como "Britain" inglés e o "Prydain" galés. Despois de séculos de desuso, a forma latina reviviu durante o Renacemento inglés como unha evocación retórica da identidade nacional británica. Durante a Lei de Unión de 1707, que uniu os reinos de Inglaterra e Escocia, a personificación da Britannia marcial foi usada como emblema da Bretaña imperial como símbolo de poder e unidade. Aparece en tódalas series de moedas británicas ata o seu re-deseño no 2008.

Britannia-Statue
Monumento da Armada Nacional en Plymouth, representando a Britannia.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Hewitt, Virginia. "Britannia (fl. 1st–21st cent.)", Oxford Dictionary of National Biography, online edition 2007, accessed 28 Aug 2011
  • M. Dresser (ed.), 'Britannia', Patriotism: the making and unmaking of British national identity, vol. 3
  • R. Samuel, National fictions (1989), pp. 26–49
  • Britannia depicta: quality, value and security, National Postal Museum (1993)
  • H. Mattingly, "Nerva to Hadrian". Reimpresión (1976), vol. 3 de Coins of the Roman empire in the British Museum
  • J. M. C. Toynbee, The Hadrianic school: a chapter in the history of Greek art (1974)
  • M. Henig, 'Britannia', Lexicon Iconographicum Mythologiae Classicae, 3/1 (1983), pp. 167–69
  • K. T. Erim, 'A new relief showing Claudius and Britannia from Aphrodisias', Britannia, 13 (1982), pp. 277–81
  • H. Peacham, Minerva Britannia, or, A garden of heroical devises (1612)
  • J. Thomson, Britannia: a poem (1729)
  • R. Strong, Gloriana, the portraits of Queen Elizabeth I (1987)
  • H. A. Atherton, Political prints in the age of Hogarth. A study of the ideographic representation of politics (1974)

Ligazóns externas

Britania

Britania (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V.

O xentilicio é britano/aBritania romana (latín: Britannia ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C. Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia.

Xulio César invadíu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias. De acordo con César, os britóns, foran invadidos ou culturalmente asimilados por outras tribos celtas durante a Idade de Ferro británica e axudaron aos inimigos de César. Recibiu tributos, instalou ao rei amigo Mandubracio sobre os trinovantes e volveu á Galia. As invasións planificadas por Augusto canceláronse nos anos 34, 27 e 25. No ano 40, Calígula reuniu 200.000 homes na parte da canle do continente, só para recoller cunchas ('Mexillóns segundo Suetonio, quizais como un xesto simbólico para proclamar a vitoria de Calígula sobre o mar. Tres anos máis tarde, Claudio dirixiu a catro lexións para invadir Gran Bretaña e restaurar ao rei exiliado Verica sobre os Atrebates. Os romanos derrotaron aos Catuvellaunos, e logo organizaron a súa conquista como a Provincia de Gran Bretaña (latín: Provincia Britannia). No ano 47, os romanos ocuparan as terras ao sueste da Fosse Way. O control de Gales demorouse polos reveses e os efectos da revolta de Boadicea, pero os romanos estendéronse de forma constante cara ao norte.

A conquista romana de Gran Bretaña continuou baixo o mando de Cneo Xulio Agrícola (77–84), que expandiu o Imperio Romano ata Caledonia. No verán do 84, Agrícola enfrontouse aos exércitos dos Caledonianos, liderados por Calgaco, na Batalla do monte Graupius. Tácito estimou que as vítimas de batalla estaban en torno aos 10.000 homes no lado caledonio e ao redor de 360 homes do lado romano. O baño de sangue de Monte Graupius concluíu a conquista durante corenta anos de Gran Bretaña, un período que causou a morte de entre 100.000 e 250.000 británicos. No contexto da guerra preindustrial e dunha poboación total de cerca de 2 millóns de británicos, estas son cifras moi elevadas.Baixo os emperadores do século II, Adriano e Antonino Pío, construíronse dous muros para defender a provincia romana dos caledonianos, cuxos reinos nas Highlands escocesas nunca foron controlados. Ao redor do 197, as reformas de Septimio Severo dividiron a Gran Bretaña en dúas provincias: Britannia Superior e Britannia Inferior. Durante as reformas de Diocleciano, a finais do século III, Britannia foi dividida en catro provincias baixo a dirección de un vicario, que administrou a Diocese dos Britanicos. Unha quinta provincia, Valentia, é testemuñada no século IV. Durante gran parte do período posterior da ocupación romana, Britania estivo suxeita a invasións bárbaras e a miúdo estivo baixo o control de usurpadores romanos imperiais e pretendentes imperiais. O fin do dominio romano en Britania ocorreu ao redor do 410. Considérase que os reinos nativos da Britania posromana se formaron entón.

Trala conquista dos británicos, xurdiu unha cultura romano-británica distintiva cando os romanos introduciron melloras na agricultura, planificación urbana, producción industrial, e arquitectura. A deusa romana Britannia converteuse na personificación feminina de Gran Bretaña. Despois das invasións iniciais, os historiadores romanos xeralmente mencionan a Gran Bretaña de pasada. Deste xeito, a maioría dos coñecementos actuais derivan de investigacións arqueolóxicas e evidencias epigrafcas ocasionaisalabando os logros en Britania dun emperador romano. Roman citizens settled in Britain from many parts of the Empire.

Britanos

Este artigo trata dos antigos britanos (Brittons), habitantes de illa de Bretaña, ou Gran Bretaña, e non dos bretóns, habitantes da actual país de Bretaña, en Francia.Os britanos (en latín Britanni) designa ante todo os habitantes da illa de Bretaña (en latín Britannia), ou máis exactamente que habitaban a parte da illa limitada ao Norte polos ríos Clyde e Forth (en Escocia hoxe).

Britpop

O britpop foi un xénero de rock alternativo británico e un movemento que foi moi popular sobre todo en Gran Bretaña a mediados dos anos 90. O britpop emerxeu da escena indie aprincipios da década dos 90 e estaba caracterizado por bandas influenciadas polo pop guitar británico dos anos 60 e 70. O movemento desenvolveuse como unha reacción contra varias tendencias musicais e culturais de finais dos 80 e principios dos 90, particularmente o fenómeno grunge dos Estados Unidos.

A pesar de que as bandas de britpop non tiñan un son unificado elas foron agrupadas xuntas polos medios primeiramente como unha escena musical, máis que como un xénero propiamente, e posteriormente como un movemento cultural nacional. Blur, Oasis e Pulp son considerados os grupos máis representativos do britpop, e outras bandas asociadas a este movemento son Suede, Elastica, Ocean Colour Scene, Supergrass e The Verve. Esas bandas levaron o rock alternativo británico cara o mainstream e formaron a espiña dorsal dun movemento cultural británico aínda maior denominado "Cool Britannia".

A pesar de que as súas bandas máis populares foron capaces de manter o seu éxito comercial internacionalmente, sobre todo en Norteamérica, o movemento en gran parte se disolveu cara finais da década dos 90.

Camelot

Camelot é o nome da fortaleza do lendario Rei Artur, lugar desde o cal emprendeu moitas das batallas que realizou durante a súa vida.

Década de 40

A década de 40 abrangue o período que empeza o 1 de xaneiro de 40 e remata o 31 de decembro de 49.

Gododdin

Os Gododdin (pronunciado en lingua galesa [ɡoˈdoðin]) foron un pobo britónico da Britannia nororiental (moderno nordeste de Inglaterra e sueste de Escocia) no período posromano de Britannia, a área coñecida como o Hen Ogledd ou Vello Norte. Resultan mellor coñecidos como o obxecto dun poema galés do século VI Y Gododdin, que lembra a batalla de Catraeth e lle atribúena o poeta Aneirin.

O nome Gododdin é a forma galesa moderna; deriva, vía galés antigo Guotodin da palabra britónica Votadini, testemuñada en textos gregos.

Linguas románicas

As linguas románicas son o conxunto de linguas indoeuropeas procedentes do latín. O seu nome tamén é neolatinas ou romances e esta denominación procede de que eran as linguas nas que se escribían os textos literarios medievais ou romances (novelas, “romans” como aínda se di en francés) en contraposición cos textos relixiosos (daquela con maior consideración).

Todas as linguas romances descenden do latín vulgar, a lingua dos soldados, colonos e mercadores do Imperio, o cal difería significativamente do latín clásico dos literatos romanos. Entre o -200 e o 150, a expansión do Imperio xunto coas súas políticas administrativas e educativas, fixeron do latín a lingua dominante na área que se estendía entre a Península Ibérica á costa do Mar Negro, e do Magreb ata a Britannia. No declive do Imperio e despois da súa fragmentación e colapso no século V, acelérase a evolución do latín dentro de cada área; finalmente os dialectos diverxen en miríadas de variantes distintas, algunhas delas sobrevivindo ata hoxe en día. Os imperios de ultramar establecidos por España, Portugal e Francia fan que na actualidade o 70% de todos os falantes de linguas de orixe latina fálano fóra de Europa.

Londres

Londres (en inglés: London, [ˈlʌndən] (AFI), escoitar) é a capital e cidade máis poboada de Inglaterra e do Reino Unido; atópase ás beiras do río Támese na illa de Gran Bretaña. No ano 2015 tiña unha poboación estimada de 8,31 millóns de habitantes na división administrativa do Gran Londres, composta por 32 distritos municipais (boroughs) e mais pola Cidade de Londres propiamente dita (City of London), nunha área de 1579 km². A súa área metropolitana ten preto de 17,1 millóns de habitantes.Ten a súa orixe na cidade romana de Londinium, capital da rexión administrativa romana de Britannia. A cidade acabou por se tornar o centro do Imperio Británico, contribuíndo hoxe en día co 17% do PNB dun país que é a cuarta maior economía do mundo.

Londres ten sido un dos máis importantes centros da política e do comercio mundiais por case dous milenios (a pesar de ter sido Winchester a capital de Inglaterra durante gran parte da Idade Media).

Morcant Bulc

Morcant Bulc foi un príncipe britón, probabelmente un rei, do norte de Britannia, durante o período que vai entre o final do Imperio Romano e o establecemento dun estado inglés a principio da Idade Media.

Morcant aparece nunha liñaxe de Homes do Norte nas dinastías en galés antigo. Semella que foi precedido polo seu pai, Cuncar, e sucedido polo seu fillo, Coledauc. Non se sabe máis nada del. Porén, os historiadores teñen conxecturado que o seu reino estaría situado en Gododdin (Lothian), Alt Clut (Strathclyde) ou Bryneich (Northumberland) a finais do século VI.

O nome de Morcant é unha variante de Morgan. É posíbel, xa que logo, que poida ser identificado con outros Morgans que se atopan na Vida de San Kentigern e os escritos de Nennio:

O rei Morken, semella que de Alt Clut, o opoñente de San Kentigern, durante os seus primeiros tempos como misioneiro, quen expulsou o santo do seu reino.

O rei Morcant que case en solitario destruíu toda a esperanza que tiñan os britóns do Vello Norte de resistiren os invasores anglos durante o século VI. Formaba parte dunha gran alianza britoa, xunto co rei Urien de Rheged, o rei Riderch Hael de Alt Clut e o rei Gwallawc Marchawc Trin de Elmet. Ao principio tiveran moito éxito ao repeleren os anglos do territorio de Bryneich, forzándoos a abandonaren Din Guardi – posibelmente a capital - sobre o ano 590 e cercáronos en Ynys Metcaut (a actual Lindisfarne). Porén, Morcant ficou moi envexoso dos éxitos de Urien, e, se cadra, inquietouse polas perspectivas dun Rheged moi poderoso despois da derrota dos anglos. A traizón, tería asasinado a Urien por medio dun home chamado Llofan Llaf Difo e fixo caer a alianza dos britóns do norte. Os anglos fuxiron do cerco e retomaron a maioría das terras que tiñan antes de que comezase a guerra para expulsalos.

Neopaganismo celta

O neopaganismo celta refírese ó movemento pagán contemporáneo baseado no politeísmo celta. Este movemento apareceu a finais do século XIX, máis emerxeu con forza nos anos setenta do século XX. O neopaganismo celta recolle a antiga relixión celta praticada nas antigas Galia, Irlanda e Britannia antes da chegada do cristianismo. Trátase dun sistema relixioso panteísta, animista e politeísta. Coa aparición e difusión do mistericismo entre os anos 1970 e 1980, o neopaganismo influíu na filosofía New Age e na Wicca, ás cales transmitiulles particularmente a súa doutrina druidista. Entre os primeiros grupos estaban os de orientación puramente celta , e só moi recentemente a relixión celta foi sometida a unha sistematización e institucionalización gradual, cuxo proceso aínda está en curso.

En Galicia existen varios grupos de paganismo celta, entre eles a "Irmandade druídica galega" e o grupo "Brigante".

Personificación nacional

Unha personificación nacional é a antropomorfización dunha nación, que pode aparecer tanto en caricaturas editoriais como en selos, moedas, propaganda, documentos oficiais etc. Estas personificacións son utilizadas polas súas respectivas nacións para exaltaren características, valores e virtudes propias do país.

Algunhas personificacións temperás no mundo occidental tendían a ser manifestacións nacionais que tiñan aspecto de nai ou de guerreira, e con frecuencia tomaban o nome latino da antiga provincia romana que simbolizaban, como Hispania, Britannia, Germania ou Helvetia.

Reino de Strathclyde

Strathclyde (gaélico escocés: Srath Chluaidh, lit. "Val do Clyde", orixinalmente en britónico Ystrad Clud) foi un dos reinos dos britóns no Hen Ogledd, as partes de fala britoa do que hoxe é a Inglaterra setentrional e a Escocia meridional, durante o período posromano e a Idade Media. Tamén é coñecido como Alt Clut, o nome britónico de Dumbarton Rock, a capital medieval da rexión. Pode ser que as súas orixes se remonten aos Damnonii, pobo que aparece na obra de Tolomeo.

A lingua de Strathclyde e a dos britóns das zonas adxacentes so un goberno non nativo é coñecida como cúmbrico, un dialecto ou lingua moi relacionada co galés antigo. A evidencia toponímica e arqueolóxica leva a algún tipo de asentamento viquingo na época viquinga, aínda que en menor medida que na veciña Galloway. Un pequeno número de topónimos anglos amosan certo grao de asentamento limitado de xentes de Northumbria previos ao asentamento noruegués. Debido á serie de cambios de lingua na zona non é posíbel dicir se houbo algún asentamento goidélico na zona antes de que o gaélico fose introducido na alta Idade Media.

Despois do saqueo de Dumbarton Rock por un exército viquingo de Dublín en 870, empeza a empregarse o nome de Strathclyde, se cadra reflectindo un movemento do centro do reino cara a Govan. No mesmo período, tamén é denominado Cumbria, e os seus habitantes cumbrios. Durante a alta Idade Media, a zona foi conquistada polo reino de Alba, pasando a formar parte do novo reino de Escocia. Ficou como área distinta ata o século XII.

Smertrios

Smertrios ou Smertrius era un deus da guerra na Galia céltica e en Nórico. No Imperio Romano foi comparado co deus Marte. O seu nome posúe a mesma raíz ca a da deusa Rosmerta e puido significar O provedor, máis ca un nome propio.

Posiblemente foi a deidade tutelar do pobo Smertae, deus da abundancia e a fecundidade, segundo a única mención histórica do xeógrafo Claudio Tolomeo.Represéntaselle coma un home musculado e barbudo enfrontado a unha serpe.

Stoke City F.C.

O Stoke City Football Club é un club de fútbol inglés da cidade de Stoke-on-Trent. Foi fundado en 1863 baixo o nome de Stoke Ramblers F.C. e compite na Premier League. O seu campo é o Britannia Stadium, con capacidade para 27.740 espectadores.

Sulis

Sulis é unha deusa celta adorada en Britania relacionado coas fontes termais de Bath (hoxe Somerset). Foi louvada polos britano-romanos como Sulis Minerva, cuxos obxectos votivos e táboas de inscricións en chumbo suxiren que era concibida como unha deusa nai dadora de vida, un axente eficaz cumpridora dos desexos dos devotos.

Yr Hen Ogledd

Yr Hen Ogledd é unha expresión galesa que significa 'O Vello Norte' e que se refire aos reinos britanos posteriores aos romanos situados no que hoxe é o norte de Inglaterra (incluíndo Cumbria e o sur de Escocia. Pode ser que o cúmbrico, un dialecto da linguas britónicas moi parecido ao galés, fose a lingua falada polos Homes do Norte (Gwŷr y Gogledd en galés).

Supra-rexional
Britania
Gallia Aquitania
Gallia Belgica
Gallia Celtica
Gallia Cisalpina
Gallia Narbonensis
Xermania Inferior
Gallaecia

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.