Britania

Britania[1] (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V.

O xentilicio é britano/a[2]

Britania romana (latín: Britannia[3] ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C.[4]:129–131[5] Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia.

Xulio César invadíu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias.[6][7] De acordo con César, os britóns, foran invadidos ou culturalmente asimilados por outras tribos celtas durante a Idade de Ferro británica e axudaron aos inimigos de César.[8] Recibiu tributos, instalou ao rei amigo Mandubracio sobre os trinovantes e volveu á Galia. As invasións planificadas por Augusto canceláronse nos anos 34, 27 e 25. No ano 40, Calígula reuniu 200.000 homes na parte da canle do continente, só para recoller cunchas ('Mexillóns segundo Suetonio, quizais como un xesto simbólico para proclamar a vitoria de Calígula sobre o mar.[9] Tres anos máis tarde, Claudio dirixiu a catro lexións para invadir Gran Bretaña e restaurar ao rei exiliado Verica sobre os Atrebates.[10] Os romanos derrotaron aos Catuvellaunos, e logo organizaron a súa conquista como a Provincia de Gran Bretaña (latín: Provincia Britannia). No ano 47, os romanos ocuparan as terras ao sueste da Fosse Way. O control de Gales demorouse polos reveses e os efectos da revolta de Boadicea, pero os romanos estendéronse de forma constante cara ao norte.

A conquista romana de Gran Bretaña continuou baixo o mando de Cneo Xulio Agrícola (77–84), que expandiu o Imperio Romano ata Caledonia. No verán do 84, Agrícola enfrontouse aos exércitos dos Caledonianos, liderados por Calgaco, na Batalla do monte Graupius. Tácito estimou que as vítimas de batalla estaban en torno aos 10.000 homes no lado caledonio e ao redor de 360 homes do lado romano. O baño de sangue de Monte Graupius concluíu a conquista durante corenta anos de Gran Bretaña, un período que causou a morte de entre 100.000 e 250.000 británicos.[11] No contexto da guerra preindustrial e dunha poboación total de cerca de 2 millóns de británicos, estas son cifras moi elevadas.[12]

Baixo os emperadores do século II, Adriano e Antonino Pío, construíronse dous muros para defender a provincia romana dos caledonianos, cuxos reinos nas Highlands escocesas nunca foron controlados. Ao redor do 197, as reformas de Septimio Severo dividiron a Gran Bretaña en dúas provincias: Britannia Superior e Britannia Inferior.[13] Durante as reformas de Diocleciano, a finais do século III, Britannia foi dividida en catro provincias baixo a dirección de un vicario, que administrou a Diocese dos Britanicos.[14] Unha quinta provincia, Valentia, é testemuñada no século IV. Durante gran parte do período posterior da ocupación romana, Britania estivo suxeita a invasións bárbaras e a miúdo estivo baixo o control de usurpadores romanos imperiais e pretendentes imperiais. O fin do dominio romano en Britania ocorreu ao redor do 410. Considérase que os reinos nativos da Britania posromana se formaron entón.

Trala conquista dos británicos, xurdiu unha cultura romano-británica distintiva cando os romanos introduciron melloras na agricultura, planificación urbana, producción industrial, e arquitectura. A deusa romana Britannia converteuse na personificación feminina de Gran Bretaña. Despois das invasións iniciais, os historiadores romanos xeralmente mencionan a Gran Bretaña de pasada. Deste xeito, a maioría dos coñecementos actuais derivan de investigacións arqueolóxicas e evidencias epigrafcas ocasionaisalabando os logros en Britania dun emperador romano.[4]:46,323 Roman citizens settled in Britain from many parts of the Empire.[15]

Britania
Roman Empire - Britannia (125 AD)
Lema: Localización da provincia de Britania
EstadoImperio romano
CapitalCamulodunum
Londinium
 • Totaln/d
 • Totaln/d
 • Densidaden/d
Código ISOn/d

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Britania.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Britano.
  3. Inglés /brɪˈtæniə/
  4. 4,0 4,1 Simon Hornblower and Antony Spawforth, eds. (1998). The Oxford Companion to Classical Civilization. Oxford University Press. ISBN 978-0-19-860165-4.
  5. Alan and Veronica Palmer (1992). The Chronology of British History. Century Ltd. pp. 20–22. ISBN 0-7126-5616-2.
  6. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador., abridged by Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.; cf. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador..
  7. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador., abridged by Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador..
  8. "C. Julius Caesar, De bello Gallico, COMMENTARIUS QUINTUS, chapter 12, section 1". The Perseus Project. Consultado o 24 de febreiro de 2018.
  9. Bowman, Alan K.; Champlin, Edward; Lintott, Andrew (1996). Cambridge Ancient History 10. Cambridge University Press. p. 228. ISBN 9780521264303.
  10. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.; cf. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador..
  11. Nicholas, Crane (2016). The Making Of The British Landscape: From the Ice Age to the Present. ISBN 9780297857358.
  12. Mattingly, David (2007). An Imperial Possession: Britain in the Roman Empire, 54 BC - AD 409. Penguin UK. ISBN 9780141903859.
  13. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador.. A datación precisa é incerta; A provincia non parece estar dividida ata o reinado de Caracalla.
  14. A reorganización atribúese normalmente a Constantino o Grande, aparece por primeira vez no Lista Verona , de c.  314.
  15. "An Overview of Roman Britain". BBC. Retrieved 26 August 2017.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Hornblower, Simon; Spawforth, Antony, eds. (1998). The Oxford Companion to Classical Civilization (en inglés). Oxford University Press. ISBN 978-0-19-860165-4.

Ligazóns externas

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.
Andarta

No politeísmo celta, Andarta era unha deusa guerreira adorada no sur da Galia. Inscricións dedicadas a ela foron atopadas no sur de Francia e en Berna, Suíza. Pode estar relacionada coa deusa Andate, identificada coa "Vitoria" en Britania segundo o historiador romano Dión Casio. Ó igual que a deusa Artio, a súa imaxe estaba asociado cunha osa.

Andraste

Andraste, tamén coñecida como Andrasta ou Andred, é unha deusa da guerra invocada por Boudica na súa loita contra a ocupación romana de Britania o ano 60. Podería ser o mesmo que Andate, mencionada posteriormente pola mesma fonte, e descrita como o "nome da vitoria": i.e., a deusa Vitoria. A deusa Vitoria está relacionada Nike, Bellona, Magna Mater, Cibeles e Vacuna.

Belisama

No politeísmo celta, Belisama ou Bηλησαμα (Bēlēsama) foi unha deusa adorada na Galia e en Britania. Estaba relacionadas cos lagos e cos ríos, co lume, a artesanía e a luz. Belisama é identificada con Minerva/Atenea e comparada con Brigid. Pénsase que era a consorte de Belenus, con quen compartía certos atributos. O significado exacto do seu nome é descoñecido, pero das posibles interpretacións é "moi forte".

Britania posromana

Os séculos V e VI da historia de Gran Bretaña foron denominados a "Idade Escura" porque é certamente moi pouco o que se sabe dese período histórico. O seu carácter escuro é, porén, verdadeiramente crucial na formación das nacións británicas, porque é o momento en que acontecen en poucos anos dous feitos radicais: o abandono romano da illa e a invasión dos anglos, xutos e saxóns. O período conclúe cunha supremacía absoluta do anglosaxón, un retroceso imparábel do celta e a desaparición do latín. A escaseza de fontes históricas serviu de acicate para deixar voar a imaxinación para estes séculos, escenario temporal do ciclo artúrico.

Britannia

Britannia é un termo antigo para identificar á Britania romana e tamén a personificación feminina da illa. O nome é latino, e deriva da forma grega Prettanike ou Brettaniai, que orixinalmente designaba un conxunto de illas con nomes individuais, incluíndo Albion ou Gran Britain; porén, no século-I Britannia converteuse no nome de uso para Gran Bretaña especificamente. No ano 43, o Imperio Romano comezou a conquista da illa, establecendo unha provincia que chamaron Britannia, que abranguía a parte sur da illa, excluíndo a Caledonia (actual Escocia). Os habitantes nativos celtas da provincia son coñecidos como bretóns. No século II, a Britania romana personificouse como unha deusa, armada con tridente e escudo e levando un casco corintio.

O nome latino Britannia sobreviviu á fin do dominio romano no século V, e mantívose como nome da illa na maioría das outras linguas europeas, como "Britain" inglés e o "Prydain" galés. Despois de séculos de desuso, a forma latina reviviu durante o Renacemento inglés como unha evocación retórica da identidade nacional británica. Durante a Lei de Unión de 1707, que uniu os reinos de Inglaterra e Escocia, a personificación da Britannia marcial foi usada como emblema da Bretaña imperial como símbolo de poder e unidade. Aparece en tódalas series de moedas británicas ata o seu re-deseño no 2008.

Cernunnos

Cernunnos é o nome convencional dado nos estudos celtas ás representacións do "Deus hastado" do politeísmo celta. O nome en si só é atestado unha vez, no Piar dos mariñeiros do século I atopado en Lutecia. Pola contra, existe un gran número de representacións de figuras humanas con cornos, a miúdo coas pernas cruzadas, asociadas a animais e sostendo ou levando torques.

Non se sabe nada do deus a partir de fontes literarias, e os detalles sobre o seu nome, o seu culto e a súa significación na relixión celta son descoñecidos. Especúlase sobre interpretacións que o relacionan coa natureza e a fertilidade. Segundo as fontes arqueolóxicas Cernunnos tiña culto na Galia, Galia Cisalpina e na costa sur de Britania.

Cocidius

Cocidius é un deus celta adorado no norte da Britania romana. Os romanos equiparárono con Marte, deus da guerra e da caza, e tamén con Silvanus, deus do bosque, montes e campos salvaxes. Ó igual que Belatucadros, era probablemente adorado polos soldados de baixo rango así como polos bretóns.

Dumnonia

Dumnonia é o nome latinizado dun reino ou conxunto de sub-reinos britanos da Britania posromana que existiu entre o século IV e o século VIII d.C., na península hoxe coñecida como Cornualles. Incluía a área coñecida posteriormente como Devon, así como partes de Somerset e, posiblemente, Dorset. A súa fronteira oriental estaba suxeita a continuos cambios.

Interprétase xeralmente que incluía "Cornubia" ou Cornualles, aínda que o reino de Cornualles estaba poboado por unha subtribo, os cornovii, que aparentemente posuíron un alto grao de independencia que mantiveron mesmo despois de que outras zonas de Dumnonia caesen baixo control anglosaxón, entre os séculos VII e X d.C.

Latis

Latis é o nome de dúas divindades celtas adoradas na Britania romana. Un é a deusa Dea Latis e o outro é o deus Deus Latis, e ámbolos dous son coñecidos por unha única inscrición.

Lenus

Lenus foi un deus celta da curación adorado no leste da Galia, onde foi identificado co deus romano Marte. Foi un importan deus da tribo treveri, que tiñan grandes santuarios en fontes medicinais en Tréveris e en Martberg de Pommern, na actual Alemaña. Tamén se coñecen dedicacións no suroeste de Britania (Chedworth e Caerwent). Edith Wightman descríbeo como “un dos mellores exemplos dun Teutates, ou deus da xente, equiparado co Marte-protector da tribo durante unha batalla, pero tamén [...] dador de saúde e boa fortuna en xeral” (p. 211). O seu santuario ‘Am Irminenwingert’ en Tréveris tiña un gran templo, baños, santuarios máis pequenos e un teatro.

Mogons

Mogons ou Moguns foi un deus adorado en Britania e na Galia. As principais evidencias do seu culto son altares dedicados a este deus feitos polos soldados romanos, pero esta deidade non é nativa dos pobos itálicos senón que é celta. Nas inscricións aparece escrito como Mogetios, Mogounos, Mogti, Mounti, Mogont, Mogunt. Non todas estas palabras están necesariamente no caso nominativo. Por exemplo, Mounti é un dativo, probablemente *Mogunti, dun hipotético nominativo, *Moguns.

Etimoloxicamante, o nome pode parecer a palabra Forza ou poder personificada. Foi traducido tamén como grandeza ou o grande. O feito de que soldados comúns o adoptasen tende a apoiar a interpretación de "forte" ou "eficaz" no canto da auto-glorificación.

Nodens

Nodens (Nudens, Nodons) é un deus celta asociado coa curación, o mar, a caza e os cans. Era adorado en Britania, particularmente nun templo de Lydney Park en Gloucestershire, e posiblemente tamén na Galia. É equiparado cos deuses romanos Marte, Mercurio, Neptuno e Silvanus, e o seu nome é un conato da figura da mitoloxía irlandesa Nuada e do galés Nudd.

Politeísmo celta

O politeísmo celta, tamén coñecido como paganismo celta, comprende as prácticas e crenzas relixiosas atribuídas ós pobos celtas que habitaron no oeste de Europa durante a Idade de Ferro, entre os anos -500 e 500, abranguendo dende a cultura de La Tène ata a era romana. No caso dos celtas insulares correspóndese coa Idade de Ferro británica e a Irlanda celta.

O politeísmo celta foi unha das meirandes relixións durante a Idade de Ferro dentro da familia indoeuropea. Isto débese a que comprende unha gran cantidade de variacións xeográficas e cronolóxicas. Malia a súa variedade, poden ser detectadas semellanzas estruturais permitindo detectar unha "homoxeneidade relixiosa básica" entre os diferentes pobos celtas.O panteón celta componse de numerosos teónimos que foron recollidos pola epigrafía e etnografía grecorromana. Entre eles, os máis prominente son Teutates, Taranis e Lugh.

Figuras medievais da mitoloxía irlandesa foron aducidas por mitoloxía comparada, interpretadas como versións evémeras de deidades precristiás insulares.

Unha característica salientable da relixión celta, segundo se reflicte na historiografía romana, é a súa estendida práctica do sacrificio humano.

Segundo as fontes gregas e romanas, na Galia, Britania e Irlanda existía unha caste de "sabios máxico-relixiosos" cuxos membros se coñecían como druídas, pero é moi pouco o que se coñece deles.Coa conquista da Galia (entre o -58 e o -51) e o sur de Britania (43) polo Imperio romano, as prácticas relixiosas celtas adoptaron elementos dos conquistadores produto da romanización, dando lugar a cultos sincréticos coas súas tradicións e deidades, como Cernunnos, Artio, Telesforo etc.

Nos séculos V e VI, o cristianismo converteuse na fe dominante na área celta, suplantando as súas prácticas relixiosas. Porén, o politeísmo celta deixou a súa pegada nas Nacións celtas, influenciando unha mitoloxía posterior, e servindo de base para novos movementos relixiosos, como neopaganismo celta, xurdido no século XX.

Ricagambeda

Ricagambeda é unha deusa celta adorada na Britania romana. É coñecida por unha única inscrición, a RIB 2107, nunha pedra altar en Birrens, no que hoxe é Dumfries e Galloway, Escocia. Segundo a inscrición, o altar foi erixido polos homes de Vella que servían na segunda Cohorte dos Tungros en cumprimento do seu voto á deusa. Xavier Delamarre suxeriu que o seu nome pode estar relacionado coa palabra gala *ricā, que significa suco.

Satiada

Satiada é unha deusa romana adorada na Britania romana. É coñecida por unha única inscrición, nunha pedra altar dedicada a ela en Chesterholm (Vindolanda). Na inscrición lese:

DEAE / SAIIADAE / CVRIA TEX / TOVERDORVM / V·S·L·M

"Á deusa Satiada, o consello dos Textoverdi de bo grado merecidamente cumpriron a súa promesa."

Segomo

Na relixión celta, Segomo ("gañador, poderoso") foi un deus da guerra adorado na Galia. Nos tempos do Imperio Romano foi comparado a Marte e Hércules. Relacionóuselle con Cocidius, un deus semellante adorado en Britania. Comunmente é asociado coa aguia ou co falcón. Pode ter tamén relación co nome do lendario Gran Rei de Irlanda Nia Segamain, que se traduce como "fillo da irmá ou campión de Segamon".

Senuna

Senuna é unha deusa celta adorada na Britania romana, cuxo nome foi incorrectamente lido nun primeiro momento como Senua. A existencia do seu culto era descoñecido ata a descuberta de 26 ofrendas voticas no 2002 nun campo de Ashwell en Hertfordshire polo detector de metais Alan Meek. A súa imaxe amosa evidencias de sincretismo entre ela e a deusa romana Minerva.

Sulis

Sulis é unha deusa celta adorada en Britania relacionado coas fontes termais de Bath (hoxe Somerset). Foi louvada polos britano-romanos como Sulis Minerva, cuxos obxectos votivos e táboas de inscricións en chumbo suxiren que era concibida como unha deusa nai dadora de vida, un axente eficaz cumpridora dos desexos dos devotos.

Verbeia

Verbeia é unha deusa celta adorada na Britania romana. É coñecida por unha única inscrición nun altar de pedra dedicada a ela en Ilkley (RIB 635). É considerada unha deificación do río Wharfe.A imaxe dunha muller (tamén de Ilkley) podería representar á deusa: é representada cunha cabeza excesivamente grande e con faccións esquemáticas, leva unha túnica longa e plisada e ten dúas grandes serpes, representados como zig-zag xeométricos, agarradas en cada man.

Antigos celtas
Estudos celtas
Celtas modernos
Rexurdimento celta
Linguas
Festivais
Listas
Supra-rexional
Britania
Gallia Aquitania
Gallia Belgica
Gallia Celtica
Gallia Cisalpina
Gallia Narbonensis
Xermania Inferior
Gallaecia
Provincias romanas (a partir da situación cara o 117)
A
B
C
D
E
G
H
I
L
M
N
P
R
S
T
X

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.