Brión

Brión é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago.

Coordenadas: 42°51′50″N 08°40′46″O / 42.86389, -8.67944

Brión
Escudo de Brión
Capela de Santa Minia-Brión-Galicia 2
Capela de Santa Minia.
Situacion Brión
Situación
Xeografía
ProvinciaProvincia da Coruña
ComarcaComarca de Santiago
Poboación7.748 hab. (2018)
Área74,9 km²
Densidade103,44 hab./km²
Entidades de poboación9 parroquias
Capital do concelloPedrouzos
Política (2019[2])
AlcaldeJosé Luis García García (PSdeG-PSOE)
ConcelleirosBNG: 2
PPdeG: 3
PSdeG-PSOE: 8
Eleccións municipais en Brión
Uso do galego[3] (2001)
Galegofalantes64,27%
Na rede
www.concellodebrion.org
concello@concellodebrion.org

Demografía

Segundo o padrón municipal (INE 2014) conta con 7.519 habitantes (3.643 homes e 3.876 mulleres) (7.205 en 2009; 7.087 en 2007; 6.972 en 2006, 6.849 en 2005). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é brionés[4][5].

Censo total 2014 7.519 habitantes
Menores de 15 anos 1.161 (15.44 %)
Entre 15 e 64 anos 4.877 (64.86 %)
Maiores de 65 anos 1.481 (19.7 %)
Evolución da poboación de Brión   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018
5.681 6.129 6.966 6.790 6.684 7.205 7.369 {{{13}}} {{{14}}}
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

Brión ten unha superficie de 74,9 km². Limita cos concellos de Ames, Negreira, Outes, Noia, Lousame, Rois e Teo. Abrangue 9 parroquias e 107 entidades de poboación, sendo a súa capital Pedrouzos. O seu relevo é ondulado, cunha altitude mínima de 30 m sobre o nivel do mar e unha máxima de 525 m.

Historia

Consérvanse restos da cultura megalítica, como o campo de mámoas de Raña Longa. Da cultura castrexa consérvase o sitio arqueolóxico de Santa Cecía, o castro Lupario, castros de Lamiño, Boullón, Forxán, Pousada, Vioxo e Ons. Logo da romanización, por estas terras pasaba a vía romana per loca maritima. Os romanos tamén construíron o hipocaustum de Cirro.

Durante o antigo réxime as terras de Brión estiveron baixo o dominio da familia dos Moscoso, que desde o castelo de Altamira dominaban boa parte do norte de Galiza. Trala batalla de Altamira, que tivo lugar en 1471 contra as tropas do arcebispo de Compostela Alonso II de Fonseca, Rui Sánchez de Moscoso deuse o título de I Conde de Altamira. Con todo, a fortaleza de Altamira foi quedando deshabitada por mor do progresivo traslado da nobreza galega á corte debido á política centralista levada a cabo polo reino de Castela desde os Reis Católicos, até o seu abandono total no século XIX.

O 28 de abril de 1979 a decisión tomada nun pleno do concello converteu a Brión no primeiro concello galego en facer as actas dos plenos en galego. Por previsión legal, mantívose tamén unha tradución en castelán ata mediados os anos 90 do século XX.[6]

O concello ten seguido apoiando a lingua e cultura galega dende entón, sendo recoñecido por elo cun dos premios Lois Peña Novo en 2016.

Patrimonio

Arquitectura relixiosa

A maioría dos templos relixiosos desta zona foron reformados na época barroca. A igrexa parroquial de San Xulián de Bastavales ten ao seu pé unha capela da Virxe do Carme. O templo neoclásico de Luaña, conserva a primitiva cabeceira románica e pinturas medievais. A igrexa de Ons ten un retablo pétreo presidido pola Virxe da Asunción.

O santuario de Santa Minia foi construído no século XIX para honrar os restos da mártir romana, traídos desde Cádiz por un devoto emigrante. Aínda sen rematar, ten trazas dunha gran basílica.

A capela da Nosa Señora de Guadalupe está situada no Tremo, ao pé da estrada Santiago-Noia, coa mesta arboreda do campo da feira.

Arquitectura civil

Consérvanse diversos pazos e casas grandes, como o pazo de Barbeira (en Trasouteiro, que fora dos condes de Altamira e ten unha magnífica fonte barroca), o pazo de Armesto (en Salaño Pequeno, Ons, recentemente restaurado xunto cunha capela), o pazo do Armental (nos Ánxeles), o pazo do Casal (en proceso de reconstrución, coa capela de San Xosé acaroada) e a casa de Pardo (en Ons, cun escudo de armas).

Arquitectura popular

A fonte do Tremo está coroada por un busto do filántropo local Vicente Ramos Rodríguez, esculpido por Francisco Asorey. A fonte da igrexa de Bastavales foi pagada polos emigrantes da parroquia na Habana. En Bastavales, sobre o río Tinto, consérvase unha ponte medieval.

No concello hai máis de 60 cruceiros, en adros de igrexas, encrucilladas, quinteiros das aldeas e beiras de camiños reais. Destacan dous de capela ou loreto (un en Pousada, Viceso, datado en 1637, e outro en Vioxo de Abaixo, Luaña) ou o cruceiro de Bemil (preto da igrexa de Bastavales, coas primeiras mazarocas de millo da anada penduradas como exvoto).

Política

Artigo principal: Eleccións municipais en Brión.

Xosé Luís García García, viu sendo alcalde de forma ininterrompida desde as eleccións municipais de 1979, até o 2007 como independente, e desde as eleccións municipais de 2007 encabezando a lista do PSdeG. A actual corporación municipal está composta por 13 concelleiros, 8 do PSdeG, 3 do PPdG e 2 do BNG.

Galería de imaxes

Artigo principal: Galería de imaxes de Brión.
Brión-Galicia 1

Praza en Brión.

Torres de Altamira 6

Torres de Altamira.

Bastabales Igrexa 05eue

Igrexa de Bastavales (sobre o lugar de Bastavaliños).

Monte queimado Brión Galicia

Monte queimado pola vaga do lumes de agosto de 2006.

Treboada Gordon Bastavales Galicia Castiñeiro

Castiñeiro tirado en Bastavales polo furacán Gordon que chegou como treboada a Galicia en outubro de 2006.

Casa do concello de Brión

Casa do concello.

Lugares de Brión

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Brión vexa: Lugares de Brión.

Notas

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Resultados eleccións 2019
  3. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brionés.
  5. Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 43. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
  6. Referido tanto nas consideracións como na aceptación do Premio Lois Peña Novo 2016

Véxase tamén

Bibliografía

AG-56

A autovía AG-56 é unha vía de altas prestacións une a Autoestrada do Atlántico á altura do Rial de Conxo (Santiago de Compostela) co corredor CG-1.5 na localidade de Gontade (Os Ánxeles, Brión). Ten unha lonxitude aproximada de 12 km e é propiedade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

A Graña, Ferrol

Santa Rosa de Viterbo da Graña é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Ferrol, na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 448 habitantes (245 mulleres e 203 homes) distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 541 habitantes.

Limita ao norte coa parroquia de Brión, ao leste coa Cabana, ao oeste con Brión e ao sur coa ría de Ferrol. O topónimo fai mención a unha antiga explotación gandeira ou agrícola.

A Sociedade Cultural Deportiva e Recreativa Y da Graña desenvolve actividades como o fútbol, remo, balonmán ou tenis de mesa.

Bastavales, Brión

San Xulián de Bastavales é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2014 tiña 1 338 habitantes (618 homes e 720 mulleres) distribuídos en 24 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 1 382 habitantes.

Boullón, Brión

San Miguel de Boullón é unha parroquia que se localiza no centro do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 202 habitantes (97 mulleres e 108 homes) distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 207 habitantes.

Brión, Boiro, Boiro

Brión é un lugar da parroquia de Boiro no concello coruñés de Boiro, na comarca da Barbanza. Segundo o padrón municipal (INE 2012) ten 103 habitantes (46 homes e 57 mulleres).

Brión, Brión

San Fins de Brión é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 1.430 habitantes (707 mulleres e 721 homes), distribuídos en 21 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1.182 habitantes.

Dentro desta parroquia está o lugar de Pedrouzos, que ostenta a capitalidade municipal.

Brión, Ferrol

Santa María de Brión é unha parroquia rural que se localiza no sur do concello de Ferrol na provincia da Coruña. Segundo o IGE en 2013 tiña 361 habitantes (182 mulleres e 179 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento con relación ao ano 2004 cando tiña 360 habitantes.

Comarca de Santiago

A comarca de Santiago é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santiago de Compostela. A esta comarca pertencen os concellos de Ames, Boqueixón, Brión, Santiago de Compostela, Teo, Val do Dubra e Vedra.

Cornanda, Brión

Santa María de Cornanda é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 205 habitantes (108 mulleres e 97 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 277 habitantes.

Luaña, Brión

San Xulián de Luaña é unha parroquia que se localiza no oeste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 439 habitantes (221 mulleres e 218 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 559 habitantes.

Oh Happy Day

Oh Happy Day é un talent-show televisivo que reúne corais de todas as idades e tódolos lugares da Galiza.

O presentador é Rodrigo Vázquez e está acompañado polo xurado, que conta con: Eva Perales, Najla Shami e Ramón Bermejo.O programa é a edición galega do formato catalán Oh Happy Day, que a súa vez é unha versión do programa da NBC Clash of the Choirs.

Ons, Brión

Santa María de Ons é unha parroquia que se localiza no noroeste do concello de Brión. Segundo o IGE en 2013 tiña 220 habitantes (117 mulleres e 103 homes) distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución continuada en relación aos anos 2004, cando tiña 308 habitantes, e 1999, con 348.

Os Ánxeles, Brión

Santa María dos Ánxeles é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Brión, na comarca de Santiago. Está situada na zona baixa do concello, no Val da Amaía, á beira do río Sar. A súa extensión é de 7,5 km² e conta cunha poboación de 3.035 habitantes (1.484 homes e 1.551 mulleres) distribuídos en 21 lugares e aldeas (ano 2007), o que supón un aumento respecto ó ano 2004, cando tiña 2.093 habitantes (1.071 mulleres e 1.022 homes).

Ribasar, Rois

Santa Mariña de Ribasar é unha parroquia que se localiza no leste do concello coruñés de Rois, na comarca do Sar. Limita ao norte co concello de Brión, ao leste co de Teo, ao sur co de Padrón e no oeste coa parroquia de Sorribas. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 435 habitantes (211 homes e 224 mulleres) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 374 habitantes.

Río Tambre

O río Tambre é un curso fluvial galego, pertencente á vertente atlántica. A súa parte media e alta (río Tambre) así como a súa desembocadura (esteiro de Tambre) foron declaradas zonas especiais de conservación.Nace na lagoa de Sobrado, que recolle as augas dos regos de Fontevirtude e de Rodelo e mailos seus afluentes, preto da aldea da Porcariza, en Sobrado, leva dirección xeral SO e desemboca na ría de Muros e Noia pola enseada de Langaño. Ten un percorrido de 125 km, e percorre os concellos de Sobrado, Curtis, Vilasantar, Boimorto, Mesía, Frades, Arzúa, O Pino, Oroso, Ordes, Trazo, Tordoia, Santiago de Compostela, Val do Dubra, Ames, A Baña, Brión, Negreira, Outes, Mazaricos, Noia e Lousame. A súa cunca abarca 1.531 km².

Os seus principais afluentes son o Dubra, o Barcala , o Maruzo, o Samo e o Lengüelle.

San Salvador de Bastavales, Brión

San Salvador de Bastavales é unha parroquia que se localiza no sueste do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2013 tiña 240 habitantes (128 mulleres e 112 homes) distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 242 habitantes.

Santiago TV

Santiago TV, coñecida como Localia Santiago ata novembro de 2010, é unha televisión local de Santiago de Compostela, propiedade do grupo de comunicación La Región que emite a través da canle 23 da Televisión Dixital Terrestre na demarcación de Santiago de Compostela, que tamén inclúe os concellos de Ames, Teo, Padrón, Brión, Negreira, Rois e Vedra. Formou parte como asociada da cadea estatal Localia TV ata que esta cesou as súas emisións a comezos de 2009.

A canle pertence ao grupo UTEGA, que distribúe contidos entre diversas televisións locais galegas.

Torres de Altamira

As Torres de Altamira son as ruínas dun castelo medieval e que foi a casa matriz da familia dos Moscoso, poderosa familia que xogou un destacado papel na Idade Media en Galicia.

Viceso, Brión

Santa María de Viceso é unha parroquia que se localiza no norte do concello coruñés de Brión na comarca de Santiago. Segundo o IGE en 2015 tiña 325 habitantes (179 mulleres e 146 homes) distribuídos en 7 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999, cando tiña 457 habitantes.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.