Bretaña

A Bretaña[1][2] (en francés Bretagne) é unha rexión administrativa do oeste da Francia cunha longa costa litoral entre o Canal da Mancha e mailo Océano Atlántico. O seu nome en bretón é Breizh e en galó Bertaèyn. Os seus habitantes chámanse bretóns.

Coordenadas: 48°00′N 3°00′O / 48.000, -3.000

Bretaña
Bertaèyn
Breizh
Bretagne
Bandeira da Bretaña
Escudo da Bretaña
BandeiraEscudo
Brittany in France 2016
Lema: Potius mori quam fœdari (latín)

Kentoc’h mervel eget bezañ saotret (bretón)
Putost la mort qe d’yéstr sali (galó)

Antes a morte que a deshonra (galego)
Himno: Bro gozh ma zadoù
EstadoFrancia Francia
CapitalRennes1
 • Poboación209.613 (2006)
Lingua oficialFrancés
Forma de gobernoConsello Rexional
Presidente
Loïg Chesnais-Girard (PS)
SuperficiePosto 10º
 • Total27.208 km²
PoboaciónPosto 7º
 • Total3 103 000 (est. 2007) hab.
 • Densidade114 hab./km²
XentilicioBretón, bretoa[1]
Fuso horarioUTC+1
 • Horario de veránUTC+2
Dominio de Internet.bzh
Código ISOn/d
1 Legalmente, a Bretaña comprende tan só os departamentos de Côtes-d'Armor, Ille e Vilaine, Morbihan e Finistère. A Bretaña histórica comprende ademais o departamento do Loira Atlántico, de capital Nantes, que sería a capital da Bretaña histórica.
Sitio web oficial
Rexións de Francia

Historia

Artigo principal: Historia da Bretaña.

Despois da conquista da Galia polos romanos, a Bretaña era parte de Armórica (de aremoricae, que está fronte ao mar), ocupada por cinco pobos galos: os Osismii, os Coriosolites, os Redones, os Veneti e os Namnetes (segundo a súa nomenclatura latina). A rexión quedou baixo administración da provincia de Gallia Lugdunensis con capital en Lugdunum, estando cada un dos cinco pobos agrupados nas civitates romanas de Carhaix, Alet, Rennes, Vannes e Nantes. Tras a reforma territorial de Diocleciano, estas civitates foron incluídas na diocese de Tréveris, provincia de Lugdunensis tertia, con capital en Tours.

A difusión do cristianismo, iniciada no século III na civitas de Nantes, era, cara ao século V, limitada fóra das cidades, pero cada unha das civitates contaba cun bispo propio, sendo a capital provincial e sede arcebispal, Tours. Para entón, os visigodos instaláronse nas rexións meridionais de Galia, ao sur do río Loira. A Armórica foi parcialmente incluída no "reino romano" de Siagrio, até o seu sometemento polos francos de Clodoveo I no 486.

A comezos do século VI, os bretóns da illa da Bretaña (a actual Gran Bretaña), atacados polos anglosaxóns emigraron cara o país, traendo os seus costumes e a súa lingua. A rexión pasou a se designar Bretaña coa súa chegada, aínda que moitos chamárona tamén Pequena Bretaña, por oposición á illa de onde procedían. Este episodio histórico foi máis tarde interpretado na lenda de Conan Meriadec, contada por Godofredo de Monmouth no século XII.

Estes bretóns do oeste da grande illa, estabelecéronse na área oeste dos ríos Vilaine e Couesnon, formando dous territorios particulares: Cornualles (ou Kerne), formada polos Cornovii, orixinarios da Cornualles británica (Kernow); e Domnonia, formada polos Dumnonii, orixinarios de Devon. Esta última rexión estendíase entre Dol e a illa de Ouessant. Na rexión de Vannes tamén houbo inmigrantes, mais as estruturas romanas foron mellor conservadas.

A comezos da Idade Media formáronse a raíz do anterior tres reinos, o Domnonée, a Cornualla e o Bro Waroch, incorporados no século XI ao Ducado da Bretaña. Este Ducado foi independente do reino de Francia até 1532, e mantivo os seus privilexios de lexislación e impostos propios até a Revolución Francesa. Á súa vez, o Ducado estaba dividido en nove provincias: Bro Leon, Bro Gernev, Bro Dreger, Bro Sant Brieg, Bro Sant Malou, Bro Zol, Bro Roazhon, Bro Naoned e Bro Gwened.

A Bretaña histórica, que tivo por capital Nantes, dividiuse en 1790 en cinco departamentos:

Xeografía

Arco da vella na Bretaña francesa, preto de Brest.
Arco da vella na Bretaña
PanoHerlin
Praia de Herlin, en Morbihan

A Bretaña forma unha accidentada península ao oeste da antiga provincia romana de Aquitania. Pódese considerar que o interior está dividido en dúas partes polo val do río Aon, que prolonga até o leste a canle que une Nantes con Brest. Aínda que pouco elevado, o relevo está por todas partes e é moi marcado nas zonas rochosas, e máis suave nas zonas limosas do leste e do sur. Así pois, a península divídese en dúas zonas moi ben diferenciadas:

O Argoad (a foresta), no interior, case chaira e tradicionalmente chea de bosques, como o de Brekilien, antigo lugar sacro dos celtas (onde a lenda di que vivía Merlín). Porén esta zona está moi despoboada dende o século XVIII.

O Arvor (o mar), a zona da costa, unha franxa duns 1.300 quilómetros de longo, a maior costa litoral. Nesta zona destaca o Roc'h Ruz, que con 385 m é o punto máis alto do país.

Esta costa, moi accidentada, conta con numerosas rías (coñecidas como aber, moi semellantes ás de Galiza), que contan con pequenas illas (enez). Algúns do principais ríos do país, todos eles da cunca atlántica, son o Loira, o Gwilen ou o Oud. Tamén se atopan numerosos lagos (lenn), mais a gran maioría son pequenos e sen demasiada importancia, quitado Ao Lenn Veur, Mikael, Lenn Gwerledan e o Ar Dug. Un factor moi importante para a configuración actual da costa bretoa é a constante erosión mariña.

O clima da rexión é oceánico, con invernos tépedos e veráns frescos e as choivas varían de máis a menos da costa cara o interior. Os ventos do suroeste e do nordés son coñecidos na costa cos nomes de noroît e suroît. Os chans, ricos en humus, que antes do século V estaban cubertos de bosques, convertéronse debido á denudación e á erosión, nunha paisaxe de landas sobre chans ácidos e impermeables, que só permiten unha vexetación solta. Pola contra, as áreas costeiras teñen un chan máis rico.

Política

Véxase tamén: Partidos políticos bretóns
Rennes Parlement (façade) 2005
O Breujoù Breizh, o Parlamento da Bretaña en Rennes
Road signs bilingual Breton in Quimper
Sinais bilingües en Quimper

Divisións administrativas

No momento da creación das rexións administrativas francesas, en 1956, só catro departamentos dos tradicionais cinco que a conformaban pasaron a formar parte da Bretaña, quedando incluído o Loira Atlántico na rexión dos Países do Loira. Esta mudanza foi contestada, e aínda o é, por unha parte dos bretóns. De acordo cunha sondaxe de 1998, o 62% dos habitantes de Loira Atlántico desexaban a unión administrativa do seu departamento á rexión da Bretaña.

Hoxe en día a rexión está divida en 17 distritos, 204 cantóns e 12.608 concellos, sendo os catros departamentos actuais:

Autogoberno

A raíz da aplicación da lei Deferre de marzo do 1982, os 4 departamentos bretóns forman parte da Rexión de Desenvolvemento da Bretaña, unha especie de experimento descentralizador de cariz unicamente administrativo, sen verdadeiras competencias e sen control dos medios de produción, aínda cando manexa importantes orzamentos e pode decidir en política de subvencións a nivel local.

Tampouco ten competencias no campo cultural e lingüístico, sendo a lingua oficial para tódolos efectos o francés, aínda que se teñen obtido algunhas subvencións das autoridades rexionais e locais para políticas bretonistas, comezándose a implantar nalgunhas vilas a rotulación bilingüe (que aínda que non é oficial é tolerada).

O máximo órgano da rexión é o Conseil Regionale ou Kuzul-rannvro Breizh, é dicir, o Consello Rexional da Bretaña. Este consello está composto por 83 membros, mentres que o Liger Atlantel envía 31 escanos ao Consello Rexional dos Países do Loira do que forma parte. O himno nacional bretón é dende 1919 o Bro gozh ma zadoù (A terra dos meus devanceiros), adaptación do himno nacional de Gales Hen Wlad Fy Nhadau.

A Nación Bretoa

CG Loire-Atlantique
A Bandeira da Bretaña diante do Consello Xeral do Loira Atlántico

Na Bretaña hai organizacións que defenden o estabelecemento dunha nación bretoa composta polos antigos nove territorios, hoxe divididos entre as rexións da Bretaña e dos Países do Loira. No século XIX os románticos desenvolveron unha imaxe do país como un bastión do tradicionalismo agrario, dos festivais relixiosos e de paisaxes salvaxes. Ó mesmo tempo, a vida dos bretóns foi sendo integrada co resto da de Francia, particularmente baixo a Terceira república francesa.

O nacionalismo bretón moderno desenvolveuse dende finais do século XIX e comezos do XX. A maior parte deses movementos situábanse xunto ás correntes tradicionalistas católicas do momento. Despois de 1944 o nacionalismo bretón veuse parcialmente desacreditado pola colaboración de algúns nacionalistas importantes cos nazis, que ocuparon a Bretaña xunto coa maior parte do resto do Estado francés durante a Segunda Guerra Mundial. Porén, moitos nacionalistas bretóns tomaron parte na Resistencia, na que xogou un papel particularmente importante grazas á súa proximidade con Gran Bretaña, a relativamente escabrosa paisaxe e á presenza de importantes instalacións navais.

Dende os anos 60 no nacionalismo bretón tense desenvolvido algunhas faccións fortemente esquerdistas, xunto co decrecemento do tradicionalismo católico. Algúns grupos como a Armée Revolutionnaire Bretonne (ARB), marxinais incluso nos círculos nacionalistas, apareceron nos xornais pola súa sabotaxe contra obxectivos altamente simbólicos. Algúns dos principais partidos nacionalistas e independentistas bretóns son o Partido Nacionalista Bretón, a Fronte de Liberación da Bretaña, a Unión Democrática Bretoa, a Emgann ou o Adsav.

Economía

Lannion centre ville
Lannion, importante núcleo tecnolóxico da rexión

A economía da Bretaña oriéntase cara á agricultura e as industrias alimentarias, o turismo de verán na beira costeira, e algúns centros de tecnoloxía avanzada, como en Rennes ou Lannion.

Dende hai dous anos[cando?], e amplificado pola crise mundial, numerosas zonas bretoas investiron fortemente no sector de servizos, especialmente no comercio, polo que se están a construír grandes zonas comerciais nos arredores das cidades, o que ven coma un posible medio de subsistencia e un activo cara o futuro. Toda a rexión está a tratar, non sen dificultade, de diversificarse e non ser tan dependentes da industria da alimentación.

Transporte

Hai varios aeroportos na Bretaña, que ofertan destinos en Francia e Gran Bretaña. Os servizos do TGV ligan á rexión con cidades como París, Lión, Marsella, Lille e outras rexións francesas. Ademais, existen servizos de transbordador de pasaxeiros, vehículos e mercadorías a Irlanda, Gran Bretaña e ás Illas da Canle.

Cultura

Signalétique gallo, métro de Rennes
Sinal en galó no metro de Rennes

Lingua

Véxase tamén: Lingua bretoa
Véxase tamén: Lingua galó

A Bretaña está composta, en termos históricos, por dúas áreas lingüísticas diferenciadas. A primeira é a Baixa Bretaña ou Breizh Izel, situada na zona oeste da rexión e abrangue os departamentos de Finistère, Morbihan e a parte occidental do de Côtes-d'Armor, onde se fala unha lingua céltica do grupo britónico, parente do galés e o córnico e designada como bretón (ou bretón armórico). A segunda zona é a Alta Bretaña ou Breizh Uhel, ao leste, abranguendo Ille e Vilaine, Côtes-d'Armor e Loira Atlántico onde se fala un dialecto románico da linguas de oïl, coñecido como galó (ou britorromance).

A hexemonía da lingua francesa, porén, case fixo desaparecer estas linguas como aconteceu con outras linguas rexionais, sobre todo a partir de finais do século XIX. No entanto, o bretón tivo un certo renacemento despois da Segunda Guerra Mundial, cun importante rexurdir importante a partir da década de 1970, comezándose sobre todo a oír aos defensores do bretón a partir da década de 1990. Os datos fornecidos polo Etude de l'histoire familiale efectuado polo organismo INSEE en 1999 indican que hai máis de 260.000 falantes de bretón maiores de 18 anos nos 5 departamentos da Bretaña (incluíndo o Loira Atlántico) e 295.000 no resto de Francia. Xúntanse a estes os alumnos de escolas bilingües (8.874 alumnos no inicio do ano lectivo de 2003), alén dos alumnos que aprenden bretón en establecementos públicos de primaria (máis de 7.600 en 2002) ou secundaria (máis de 8.000 en 2002).

Con respecto ao galó, idioma que tamén goza de recoñecemento rexional, está hoxe en día en proceso de recuperación. Cómpre destacar que esta lingua romance está moi influenciada polo contacto co bretón do cal recibe moito vocabulario, sobre todo na parte máis occidental, mais esta influencia vai decrecendo segundo se avanza cara o leste. O galó comparte moitas características co normando.

Música

A música é hoxe o un dos aspectos máis visibles da cultura bretoa, de tradición de raíces celtas, por mor do traballo de músicos que apelan á cultura bretoa, á diversidade dos festivais e nas xuntanzas de bailaríns coñecidas como festoù-noz (en singular fest-noz, festa nocturna) ou nas festoù-deiz (fest-deiz, festa diúrna). Este baile tradicional bretón está tamén moi ancorado na paisaxe cultural bretoa e hoxe ten evolucionado cara espectáculos cada vez máis profesionais.

Destaca tamén a música de danza soamente cantada, ou kan ha diskan (canto e contra-canto). Mais tamén pode ser interpretada cos dous instrumentos tradicionais da Bretaña: o binioù (tipo de gaita de fol, tamén chamada cornamusa bretoa) e a bombarda (un tipo de óboe).

A música bretoa variou considerablemente e enriqueceuse durante a segunda metade do século XX, actualizando temas tradicionais con sonoridades de hoxe. A súa modernización radical comezou no medio dos anos 1960, primeiro con Alan Stivell e Dan Ar Braz, que popularizou en todo o mundo, seguiu por outros artistas, entre os que destacan Gwendal, Denez Prigent ou máis recentemente Red Cardell.

Relixión

Bagad
O Bagad de Lann-Bihoué

Moito antes dos celtas, as primeiras poboacións erixiron aí monumentos megalíticos, como os menhires e os dolmens. Porén non é seguro que estes monumentos tivesen algún tipo significado relixioso, mais é moi probable que si. Coa chegada das novas tribos a relixión druídica expandiuse tanto na Galia como nas illas Británicas, e é de destacar que a dominación da península da Bretaña polos romanos non deixou grandes marcas na relixión destes pobos.

Co fin da Galia romana, as tribos que se establecen na Armórica, vidas da Gran Bretaña, trouxeron consigo unha nova relixión, o cristianismo, que foi suplantando progresivamente as outras crenzas tradicionais. Con todo, o paganismo druídico coexistirá durante moito tempo coa relixión dominante de forma máis ou menos pacífica. Aínda hoxe existe un grande acervo de lendas e tradicións locais que evocan prácticas relixiosas druídicas. Hoxe en día os cristiáns da Bretaña son, maioritariamente, católicos. A santa padroeira da Bretaña é Santa Ana, que é presentada pola tradición como a nai da Virxe María, nai de Xesús.

Notas

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para bretón.
  2. Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo, ed. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). p. 112. ISBN 84-8158-266-2.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazons externas

Ana de Gran Bretaña

Ana de Gran Bretaña, nada en Londres o 6 de febreiro de 1665 e finada o 1 de agosto de 1714, foi a raíña de Gran Bretaña e Irlanda de marzo de 1702 ata a súa morte.

Gran Bretaña xurdiu da unión de Inglaterra e de Escocia nun único reino, en maio de 1707. Ana era a segunda filla do rei Xacobe II de Inglaterra, deposto en 1689 pola Revolución Gloriosa. Sucedeu ao xenro, o príncipe Guillerme de Orange, viúvo da súa irmá máis vella María II, sendo a última monarca da Casa de Estuardo. Foi substituída por un curmán afastado, o futuro rei Xurxo I, da Casa de Hannóver.

Baulon

Baulon (Beloen en bretón, Baulon en galó) é unha vila francesa do departamento de Ille e Vilaine, na rexión de Bretaña, en Francia.

Britania

Britania (Britannia en latín) é o nome dado polos romanos á provincia que ocupaba o sur da actual illa de Gran Bretaña. Como provincia romana, existiu entre os séculos I e V.

O xentilicio é britano/aBritania romana (latín: Britannia ou, posteriormente, Britanniae, "os Británicos") era a área da illa de Gran Bretaña que estivo gobernada polo Imperio romano, do 43 ao 410 d.C. Comprendía case a totalidade de Inglaterra e Gales e, por un curto período, o sur de Escocia.

Xulio César invadíu Gran Bretaña nos anos 55 e 54 a.C. como parte da súa Guerra das Galias. De acordo con César, os britóns, foran invadidos ou culturalmente asimilados por outras tribos celtas durante a Idade de Ferro británica e axudaron aos inimigos de César. Recibiu tributos, instalou ao rei amigo Mandubracio sobre os trinovantes e volveu á Galia. As invasións planificadas por Augusto canceláronse nos anos 34, 27 e 25. No ano 40, Calígula reuniu 200.000 homes na parte da canle do continente, só para recoller cunchas ('Mexillóns segundo Suetonio, quizais como un xesto simbólico para proclamar a vitoria de Calígula sobre o mar. Tres anos máis tarde, Claudio dirixiu a catro lexións para invadir Gran Bretaña e restaurar ao rei exiliado Verica sobre os Atrebates. Os romanos derrotaron aos Catuvellaunos, e logo organizaron a súa conquista como a Provincia de Gran Bretaña (latín: Provincia Britannia). No ano 47, os romanos ocuparan as terras ao sueste da Fosse Way. O control de Gales demorouse polos reveses e os efectos da revolta de Boadicea, pero os romanos estendéronse de forma constante cara ao norte.

A conquista romana de Gran Bretaña continuou baixo o mando de Cneo Xulio Agrícola (77–84), que expandiu o Imperio Romano ata Caledonia. No verán do 84, Agrícola enfrontouse aos exércitos dos Caledonianos, liderados por Calgaco, na Batalla do monte Graupius. Tácito estimou que as vítimas de batalla estaban en torno aos 10.000 homes no lado caledonio e ao redor de 360 homes do lado romano. O baño de sangue de Monte Graupius concluíu a conquista durante corenta anos de Gran Bretaña, un período que causou a morte de entre 100.000 e 250.000 británicos. No contexto da guerra preindustrial e dunha poboación total de cerca de 2 millóns de británicos, estas son cifras moi elevadas.Baixo os emperadores do século II, Adriano e Antonino Pío, construíronse dous muros para defender a provincia romana dos caledonianos, cuxos reinos nas Highlands escocesas nunca foron controlados. Ao redor do 197, as reformas de Septimio Severo dividiron a Gran Bretaña en dúas provincias: Britannia Superior e Britannia Inferior. Durante as reformas de Diocleciano, a finais do século III, Britannia foi dividida en catro provincias baixo a dirección de un vicario, que administrou a Diocese dos Britanicos. Unha quinta provincia, Valentia, é testemuñada no século IV. Durante gran parte do período posterior da ocupación romana, Britania estivo suxeita a invasións bárbaras e a miúdo estivo baixo o control de usurpadores romanos imperiais e pretendentes imperiais. O fin do dominio romano en Britania ocorreu ao redor do 410. Considérase que os reinos nativos da Britania posromana se formaron entón.

Trala conquista dos británicos, xurdiu unha cultura romano-británica distintiva cando os romanos introduciron melloras na agricultura, planificación urbana, producción industrial, e arquitectura. A deusa romana Britannia converteuse na personificación feminina de Gran Bretaña. Despois das invasións iniciais, os historiadores romanos xeralmente mencionan a Gran Bretaña de pasada. Deste xeito, a maioría dos coñecementos actuais derivan de investigacións arqueolóxicas e evidencias epigrafcas ocasionaisalabando os logros en Britania dun emperador romano. Roman citizens settled in Britain from many parts of the Empire.

Fougères

Fougères (Felger en bretón, Foujerr en galó) é unha cidade de Bretaña, situada no norte do departamento de Ille e Vilaine, no límite este de Bretaña con Normandía e Maine.

Gales

O País de Gales (Galés: Cymru; IPA pronunciado: /ˈkəmrɨ/, “Camri aproximadamente”) é unha das catro nacións constitutivas do Reino Unido, situada nunha península ao suroeste da illa de Gran Bretaña e limitada polos condados ingleses de Cheshire, Shropshire, Herefordshire e de Gloucestershire ao leste, a canle de Bristol (Môr Hafren) ao sur, o canal de San Xurxo (Sianel San Siôr) ao suroeste, e o mar irlandés (Môr Iwerddon) ao oeste e ao norte, e tamén polo esteiro do río Dee (Afon Dyfrdwy) no nordeste. En total cobre unha área de 20 720 km de norte a sur e duns 96 km de leste a oeste. Na actualidade (2005) conta cunha poboación de case tres millóns de habitantes e as cidades máis poboadas son Cardiff, capital de Gales con 300 000 habitantes, e Swansea con 190 000.

O ascetismo monástico galés, un sistema lexislativo secular altamente desenvolvido (Cyfraith Hywel) e unha tradición literaria distintiva ilustran un sentido forte da identidade cultural, que emerxeu nos galeses despois da retirada romana de Gran Bretaña no século V. Dos principais principados e reinos que existían en Gales, Gwynedd conservou a independencia ata o século XIII, cando foi conquistado tamén por Inglaterra. Porén, a anexión e a abolición formais da lei galesa non ocorreron ata o século XVI. O País de Gales (con todas as rexións unidas baixo un goberno) nunca foi un estado soberano, aínda que un número de principados rivais seguían sendo independentes ata a conquista inglesa. A partir do século XIX o País de Gales converteuse nunha das rexións máis industralizadas da época, provendo ao imperio británico e ás súas colonias extensas cantidades de carbón e de aceiro. O sector do servizo alcanzou só recentemente á industria como principal sector na economía de Gales. A pesar dun PIB máis baixo que o doutras rexións da Gran Bretaña, o diferencial entre o nivel de vida no País de Gales con outras partes de Gran Bretaña, non é excesivamente pronunciado. A partir do século XX ten lugar un renacemento da conciencia nacional galesa (xunto cun cambio de tendencia no descenso da lingua galesa).

Gran Bretaña

Gran Bretaña é a maior illa de Europa, situada no noroeste deste continente, entre o mar do Norte, o Golfo de Irlanda e o Canal da Mancha.

Ille e Vilaine

Ille e Vilaine (35) (en francés: Ille-et-Vilaine, en bretón: Il-ha-Gwilen) é un departamento francés situado na Bretaña.

O Ille e o Vilaine son dous ríos que conflúen en Rennes (Roazhon).

Inglaterra

Inglaterra (en inglés: England) é unha das nacións constituíntes do Reino Unido. Historicamente dominante, ocupa a metade sur da illa da Gran Bretaña, agás unha parte no oeste, correspondente ao País de Gales. Limita ao norte con Escocia, ao leste co Mar do Norte, ao sur co Canal da Mancha e ao oeste co Océano Atlántico, Gales e o Mar de Irlanda. A súa capital é Londres, a maior área urbana do Reino Unido e unha das maiores da Unión Europea.

Inglaterra converteuse nun estado unificado no ano 927 e toma o seu nome dos anglos, unha das tribos xermánicas asentadas no sur da illa durante os séculos quinto e sexto. Inglaterra tivo, e segue a ter, un impacto cultural e legal ao redor de todo o mundo, sendo o lugar de orixe da lingua inglesa, da Igrexa Anglicana e do Dereito Inglés, o cal puxo as bases do Dereito nos sistemas legais da maioría dos países do mundo. Ademais, en Inglaterra naceu a Revolución Industrial sendo o primeiro país do mundo en acadar a industrialización.

Nela atópase a Royal Society, a cal mantén fundacións da ciencia moderna experimental. Inglaterra ten a democracia parlamentaria máis antiga do mundo, polo tanto, moitas innovacións constitucionais, gobernamentais e legais, que teñen a súa orixe en Inglaterra, foron posteriormente adoitadas por outras nacións.

O Reino de Inglaterra (incluíndo Gales) continuou como un estado independente ate o 1 de maio de 1707, cando mediante a Lei de Unión, levando a cabo os termos acordados no Tratado de Unión o ano anterior, rematou en unión política co Reino de Escocia para crearen o Reino Unido de Gran Bretaña.

Lingua bretoa

O bretón (brezhoneg) é unha lingua celta insular de tipo britónico, estreitamente emparentada co córnico. Fálase sobre todo nos territorios occidentais da Bretaña, aínda que se está a recuperar noutras partes do territorio da rexión, mesmo naquelas zonas onde tradicionalmente non se falou ou non se ten falado dende hai varios séculos.

A lingua bretoa tamén tivo unha certa repercusión en Galicia, influíndo sobre a lingua galega e propiciando a aparición dun dialecto mindoniense nos seus asentamentos, que perduraron ata o século XV no norte da actual provincia de Lugo (na comarca de Mondoñedo) e mais nalgunhas outras zonas costeiras de Galicia. Estes asentamentos de colonias bretoas foron derivados da fuxida das Illas Británicas durante a invasión anglosaxoa[Cómpre referencia] cara a terras do noroeste ibérico. Así as cousas, non se conserva texto ningún redactado nunha posíbel ramificación galaica do bretón.

Lingua galó

A lingua galó é unha lingua romance (por tanto, derivada do latín) pertencente ao grupo galorrománico, subgrupo de oïl. Algúns lingüistas tamén a denominan britorromance. Xunto co bretón, da familia das linguas celtas, o galó é unha das dúas linguas propias de Bretaña.

O galó fálase tradicionalmente na parte oriental de Bretaña (nos seus límites históricos), así como en boa parte do departamento de Mayenne e no noroeste do de Maine-et-Loire (Alto Anjou).

Dentro do dominio de oïl, o galó encádrase tipolóxica e xeograficamente na súa área occidental e, por tanto, comparte numerosas características co normando e o pictevino-santonxés.

Materia de Bretaña

A Materia de Bretaña, denominada ás veces ciclo artúrico ou ciclo bretón, é unha temática literaria que trata sobre o Rei Artur e os cabaleiros da mesa redonda que van á busca do Santo Graal. É unha das temáticas que máis libros produciu na literatura universal. A Materia de Bretaña, xunto coa Materia de Francia (que se refire ás lendas de Carlomagno) e a Materia de Roma (que inclúe materiais da mitoloxía clásica), era un dos tres grandes ciclos literarios da literatura medieval. O poeta francés do século XII Jean Bodel creou o nome segundo as liñas do seu poema épico Chanson de Saisnes:

Ne sont que III matières à nul homme atandant,

De France et de Bretaigne, et de Rome la grant.Hai soamente tres materias que ninguén debería esquecer,

a da Francia, a da Bretaña, e a da grande Roma.

Monarquía

Monarquía (do grego: monos 'un' e archeien 'gobernante') é a forma de goberno onde o Xefe de Estado (que pode ter o título de rei, káiser, tsar, xeque... conforme o país) non é froito de eleccións periódicas da poboación para un exercicio por período limitado (como na república), mais exérceo

por tempo indeterminado (ata o seu falecemento ou ata que renuncie)

recibe a Xefatura do seu antecesor e transmítea ó seu sucesor por herdanza ou lazo de parentesco. Caso particular é a elección dun novo pontífice, se consideramos o goberno do Vaticano unha monarquía.A Xefatura de Estado non se confunde coa Xefatura de Goberno: esta última significa principalmente o poder de sancionar ou vetar leis, e pode ser exercida por un primeiro ministro, na monarquía constitucional ou polo propio soberano, na monarquía absoluta. Moitas veces a Xefatura de Estado ten apenas unha función cerimonial, ou dun símbolo da soberanía daquel Estado, tal como o seu himno nacional ou a bandeira nacional.

Como exemplo de monarquías absolutas, podemos citar o Antigo Exipto dos faraóns, ou a de Francia ata 1789, onde se afirmaba que o poder dos reis tiña orixe divina.

Como exemplo de monarquía constitucional está España, onde o rei Filipe VI de España é o Xefe de Estado e o primeiro ministro (chamado en España Presidente do Goberno) é Pedro Sánchez. Outros exemplos son o Reino Unido (raíña: Isabel II do Reino Unido e primeiro ministro: David Cameron), Suecia, Países Baixos etc.

Un mesmo monarca pode ser xefe de dous ou máis Estados. Por exemplo, a raíña Isabel II do Reino Unido tamén é Xefe de Estado do Canadá, das Bahamas, de Australia e outros. Pero isto non torna estes outros países subordinados ó Reino Unido, pois os primeiros ministros de Canadá, Bahamas o Australia son escollidos polos parlamentos locais en eleccións locais, sen interferencia do goberno británico.

Monarquía británica

Os monarcas británicos son aqueles que gobernaron a algún dos dous reinos máis importantes de Gran Bretaña, Escocia e Inglaterra ou á unión destas dúas coroas con Irlanda primeiro e Irlanda do Norte despois, formando o Reino Unido (de Gran Bretaña e Irlanda do Norte).

Reino Unido

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte (en inglés: United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland), ou simplemente Reino Unido (incorrectamente chamado Gran Bretaña ou Inglaterra) é un país e un estado soberano situado ao noroeste da Europa Continental. O seu territorio, con capital en Londres, está formado xeograficamente pola illa de Gran Bretaña, o nordés da illa de Irlanda e pequenas illas adxacentes. Irlanda do Norte é a única parte do Reino cunha fronteira terrestre, que a separa da República de Irlanda. Á parte desta fronteira, o Reino Unido está rodeado ao norte e ao oeste polo océano Atlántico, ao leste polo Mar do Norte, ao sur polo Canle da Mancha e ao oeste polo mar de Irlanda. A illa máis grande, Gran Bretaña, está unida a Francia polo Eurotúnel.

O Reino Unido é unha monarquía parlamentaria comprendida por catro países constituíntes; Escocia, Inglaterra, Irlanda do Norte e Gales; que teñen como xefe de Estado á raíña Sabela II. As Dependencias da Coroa das Illas da Canle e a Illa de Man non forman parte do Reino Unido, pero si forman unha federación con el. O Reino Unido ten catorce Territorios de Ultramar, todos eles vestixios do que foi o Imperio Británico, que na súa cúspide territorial chegou a abranguer preto dun cuarto da superficie terrestre do planeta. É un país desenvolvido e polo volume neto do seu produto interno bruto é considerado como a quinta economía a nivel mundial.

O país foi a principal potencia mundial durante o século XIX e o comezo do século XX, pero o custo económico das dúas guerras mundiais e o declive do seu imperio na segunda parte do século XX diminuíron o seu rol de líder nas relacións internacionais. Con todo, o Reino Unido mantén unha significativa influencia económica, cultural, militar e política e é unha potencia nuclear. Ademais, é un dos cinco membros permanentes do Consello de Seguridade das Nacións Unidas con dereito a veto, e é membro do G8, a OTAN, a Unión Europea (agora en proceso de saída. Véxase: Brexit) e a Mancomunidade Británica de Nacións.

Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda

O Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda foi un estado que existiu entre o 1 de xaneiro de 1801 e o 12 de abril de 1927 nas Illas Británicas formado pola fusión do Reino de Gran Bretaña e o Reino de Irlanda coa sinatura da Lei de Unión de 1800.

Despois da independencia de Irlanda, o 6 de decembro de 1922, cando o Tratado Angloirlandés de 1921 entrou en vigor, o nome oficial continuou en uso ata que foi cambiado polo de Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte mediante a Lei de Títulos Reais e Parlamentarios de 1927. A parte da illa de Irlanda que se separou do Reino Unido da Gran Bretaña e Irlanda en 1922 hoxe constitúe a República de Irlanda.

Reino de Gran Bretaña

O Reino de Gran Bretaña foi un reino da Europa Occidental, entre 1707 e 1800. Foi creado a partir da unión das coroas de Escocia e Inglaterra, baixo a Acta de Unión de 1707 (Union Act, 1707), que fora establecido para formar un único país na illa de Gran Bretaña. Un novo parlamento e goberno foi creado en Westminster, Londres. Os dous antigos reinos compartían as súas monarquías e Xacobe VI de Escocia, pasando a ser Xacobe I de Inglaterra en 1603.

En 1707 deixaron de existir ambas as monarquías, pasando a haber só unha, a Coroa de Gran Bretaña e tamén que deixou de existir o Parlamento de Escocia e o Parlamento de Inglaterra, substituídos polo Parlamento de Gran Bretaña: parlamentarios de ambas as nacións tiñan asento en Londres, na Cámara dos Comúns e na Cámara dos Lores. A representación escocesa era menor porque a súa poboación era menor. Baixo os termos do "Union Act" Escocia elixía 45 parlamentarios para a Cámara dos Comúns e enviaba 16 á Cámara dos Lores. A Acta de Unión de 1800 uniu o reino de Gran Bretaña co reino de Irlanda, que fora tomado gradualmente polo control británico entre 1169 e 1691, para formar o Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda. Esta tamén foi unha decisión impopular, levándose a cabo xusto despois da infrutuosa Rebelión dos Irlandeses Unidos de 1798. A ocasión elixida para esta unión, cando se temeu unha intervención ou invasión napoleónica, foi debida principalmente a problemas de seguridade.

Rennes

Rennes (en bretón: Roazhon, en galó: Resnn) é un concello francés, cabeza do departamento de Ille e Vilaine e da rexión da Bretaña en Francia, así como unha das capitais históricas do ducado da Bretaña. Sitúase ao leste da Bretaña na confluencia do río Ille e do río Vilaine, no Arco Atlántico, a 50 km da canle da Mancha e a 80 km do océano Atlántico.

Rennes xorde entre o II e o primeiro século antes de Cristo como capital da tribo gala dos redóns. A cidade chamábase Condate. Durante a Idade Media, coa chegada dos pobos bretóns e a consolidación do ducado da Bretaña fronte o poder carolinxio e logo dos reis de Francia, Rennes confirmouse como unha das poboacións máis importantes da rexión fronteiriza do ducado, a marca da Bretaña. Após a anexión do ducado da Bretaña ó reino de Francia, Rennes converteuse nunha capital provincial e acolleu o Parlamento da Bretaña.

Trala segunda guerra mundial, Rennes aumentou fortemente a súa poboación, desenvolvendo o sector industrial (destacando a gran fábrica de Citröen) e consolidouse como importante centro educativo grazas ás súas universidades. Hoxe en día, Rennes é un centro de innovación dixital e tecnolóxico recoñecido en Francia.

En 2012, cunha poboación de 210 000 habitantes (incluíndo 60 000 estudantes) e 700 000 habitantes na súa área urbana, Rennes é a décima cidade máis importante de Francia.

Rexións de Francia

Desde o 1 de xaneiro de 2016 Francia está dividida en 18 rexións administrativas, das que 13 se achan na Francia metropolitana (12 régions de France métropolitaine, ás que se engade Córsega, que non ten a denominación de rexión pero exerce competencias similares), e 5 son rexións de alén mar.Porén a división administrativa realmente importante dende o punto de vista organizativo é a dos departamentos, divisións interiores das rexións.

A administración francesa entende que as rexións son unha zona xeográfica definida ligadas a unha identidade cultural ou social.

As rexións francesas non teñen ningunha capacidade de autonomía, non poden promulgar leis nin teñen capacidade recadatoria propia. Limítanse unicamente a administrar un orzamento que lles concede o estado e que se dirixe fundamentalmente a obras públicas de pequeno investimento, servizos sociais e eventos culturais.

Só unha destas rexións francesas, Córsega, desenvolveu institucións de autogoberno limitadas baixo o nome de colectividade territorial.

Polo demais, cada rexión ten o seu consello rexional, elixido a partir das eleccións municipais, que escolle, á súa vez, un presidente rexional.

Saint-Malo

Este artigo trata sobre unha vila, para o santo véxase: Malo (santo).

Saint-Malo (Sant-Maloù en bretón, Saent-Malo en galó) é unha cidade situada na costa norte da Bretaña, no departamento de Ille e Vilaine.

Rexións
Rexións de alén mar
Rexións ata 2015

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.