Breogán

Breogán é un mítico rei céltico de Galiza. Moitas versións existen sobre el, nas que é presentado coma o gran referente mitolóxico da nación galega; en realidade foi o referente das tribos galaicas, pois o concepto de estado-nación procede do século XIX. O seu pai é Brath, e os seus fillos son Ith e Bile, entre outros.

Breogán
Rei lendario de Galicia
BreoganHercules
Estatua de Breogán, de Xosé Cid Menor, preto da torre de Hércules.

PredecesorBrath
SucesorIth
DescendenciaIth
Bile
ProxenitoresBrath

Etimoloxía

Fillo de Breo, "Breo-genus", Breo é o Brath gaélico. Existen unhas aras adicadas ao "deus lar Berobreo" localizadas no Monte Facho de Donón, no concello de Cangas do Morrazo. As aras están escritas en latín, sendo de resaltar que "deus lar" significaba na súa orixe "defunto divinizado"[1], polo que se podería traducir como aras adicadas ao "defunto divinizado" Berobreo.[2][3]

A lenda

Existe unha lenda na que se conta que a estirpe de Breogán chega a Galiza desde Exipto, fuxindo das pragas da época de Moisés. Con toda probabilidade esta parte da lenda foi creada en tempos medievais, cando existía unha gran tradición cristiá, isto é, no momento da súa transcrición, nos séculos XI-XII.

O anterior débese contrastar co achado dun escudo celta en Faiyum, Exipto, tal como nos mostra a obra clásica The Celts de T.G. Powell[4], onde se destaca que existían "mercenarios" celtas en Exipto dende o ano 274 a.C. En realidade os celtas carecían dunha historia escrita, pois a transmitían oralmente, como facían os gregos ata a compilación dos clásicos. Non será ata a chegada do cristianismo a Eire cando se compile a historia celta en varias obras clásicas. Como indican os datos xenéticos, a colonización das Illas británicas e Irlanda aconteceu despois da última glaciación, hai por volta de 16.000 anos, co cambio da sociedade de cazadores recolectores a sociedades agrícolas. A lenda, tal como a coñecemos hoxe, vencéllase á chamada cultura dos metais, en especial do bronce atlántico, cando os clásicos gregos falan das Illas Casitérides.[5]

Galiza descríbese poeticamente no Himno galego coma o fogar de Breogán. De acordo coa lenda irlandesa incorporada no século XI á compilación Lebor Gabála Érenn ("Libro das Invasións"), o rei Breogán, fundador da nación céltica galega, construíu na cidade de Brigantia (de emprazamento descoñecido mais identificada coa actual Coruña) unha enorme torre dunha altura tan magnífica que os seus fillos podían ver unha beira verde distante dende o seu cumio. A ollada desa terra enganounos para navegar ao norte de Irlanda, onde Ith sería asasinado. En vinganza, os fillos de Mil, neto de Breogán, saíndo dende Brigantia chegaron a Irlanda e conquistárona.

A obra Trezenzonii de Solistitionis Insula Magna (século XI), narra unha historia paralela a lenda de Breogán, o viaxe do monxe Trezenzonio.

Notas

  1. Bendala, Manuel, Tartessios, iberos y celtas, páx. 29.
  2. Daremberg e E. Saglio."Dictionnaire des Antiquités grecques et romaines", pax.937
  3. Grimall, Pierre. Diccionario de mitología griega y romana, páx. 308, nota a o pè.Gabucci,Ada. "Roma", pax.158
  4. Powell, T.G., Los Celtas, páx. 130.
  5. Sainero, R. "Orígenes históricos, mitológicos, y literarios de la Península Ibérica", pág. 154
Breogán-espana

Véxase tamén

Bibliografía

  • T.G.E. Powell.Los Celtas, Oberón 2005. Tradución do clásico "The Celts", Thames&Hudson, 1958.
  • Sykes, Bryan (2006). Blood of the Isles. Bantham Press. ISBN 978-0-593-05652-3.
  • Wells, Spencer (2007). Nuestros antepasados. Proyecto Genographic. RBA libros. ISBN 978-84-8298-386-8.
  • Sainero, R. La huella celta en España e Irlanda. Akal, 1987. ISBN 84-7600-167-3.
  • Sainero, R. Orígenes históricos, mitológicos y literarios de la Península Ibérica.
  • Green, Miranda J.(editora), Green, Miranda J. e outros.The Celtic World, Routtledge, 1995. ISBN 0-415-05764-7.
  • Green, Miranda J.Guía completa del mundo celta, Oberón, 2004. ISBN 84-96052-54-0.
  • Gabucci, Ada.Roma, Rba Edipresse S.L., 2008.

Outros artigos

Baloncesto Fuenlabrada

O Baloncesto Fuenlabrada S.A.D., tamén chamado Montakit Fuenlabrada por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto con sede na cidade de Fuenlabrada (Comunidade de Madrid), que xoga actualmente na Liga ACB. O club foi fundado en 1983, chegando á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 1996. Xoga os seus encontros como local no Polideportivo Fernando Martín, un pavillón con capacidade para 5 000 espectadores.

Brath (mito)

Brath ou Brate na mitoloxía celta, foi o pai de Breogán, morto durante a conquista de Iberia.

Club Baloncesto Breogán

O Club Baloncesto Breogán S.A.D., coñecido por motivos de patrocinio como Leite Río Breogán, é un club de baloncesto profesional da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1966 polos irmáns Juan e José Ramón Varela Portas, ascendeu por primeira vez á máxima categoría en 1970, converténdose nun dos equipos máis importantes da historia do baloncesto estatal, ocupando a novena posición na clasificación histórica de clubs. Con participacións en competicións europeas, actualmente compite na Liga LEB tras descender en 2019 desde a Liga ACB, competición da que é un dos equipos fundadores.

Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camiseta cor celeste cun pantalón da mesma cor, aínda que nalgunhas tempadas este foi branco ou azul mariño. A súa pista de xogo, despois de trasladarse dende o Pavillón Municipal, é o Pazo dos Deportes, tamén sede oficial do club, que conta con capacidade para 7.500 espectadores, estando entre as dez canchas europeas con mellor media de asistencia. O seu actual presidente é Jesús Lázare, mentres que o director xeral é Tito Díaz. O club tamén dispón dun filial na liga EBA, o Club Estudiantes, contando ademais con múltiples equipos que xuntan a rapaces de tódalas idades, formando unha das mellores canteiras do Estado.

Club Estudiantes de Lugo

O Club Estudiantes de Lugo, é un club de baloncesto da cidade de Lugo (Galicia). Fundado en 1962, actualmente milita na Liga EBA. É o equipo filial do Club Baloncesto Breogán e ten equipos con rapaces de tódalas idades. Forma unha das mellores canteiras do Estado.

Copa Galicia (baloncesto)

A Copa Galicia de Baloncesto nace en 1986 coa primeira edición da competición sénior masculina. Na súa xestación participaron os equipos galegos que daquela formaban parte da chamada Primeira División Nacional de Baloncesto: eran o OAR Ferrol, o Club Ourense Baloncesto, o Obradoiro compostelán e mais o Breogán de Lugo. Francisco García Sánchez era entón o presidente da FGB.

Fillos de Breogán

A Coruña Gaelic Athletic Association ou A Coruña GAA, máis coñecido como Fillos de Breogán é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña. Fundado en 2010 por iniciativa de Wenceslao García (Wences), os Fillos de Breogán é o primeiro equipo de fútbol gaélico de Galiza e compite no Campionato Ibérico de Fútbol Gaélico e na Liga Galega de Fútbol Gaélico. Xoga os seus encontros no campo da Torre da cidade herculina.

Henk Norel

Henk Norel, nado o 17 de setembro de 1987 en Gorinchem (Holanda Meridional) é un xogador profesional de baloncesto internacional neerlandés. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán da Liga ACB na posición pivote. En 2009 foi escollido na segunda rolda do Draft da NBA polos Minnesota Timberwolves. Na temporada 2017−18 foi o xogador máis valorado da Liga ACB, así como elixido no mellor quinteto da competición.

Ith

No Libro das conquistas de Irlanda, Ith (ou Ite) é un dos dez fillos do caudillo celta Breogán, esposo de Bron e pai de Lugai; da estirpe dos gaedil. Dende neno soñaba que había unha terra ó norte de Brigantia. Cando é maior, xa un sabio e valoroso guerreiro, alcanza a ver, dende a torre de Brigantia, unhas terras máis aló das illas Casitérides.

Jerome Jordan

Jerome Adolphus Jordan, nado o 29 de setembro de 1986 en Kingston, é un xogador xamaicano de baloncesto profesional que xoga para o MoraBanc Andorra da Liga ACB. Cunha estatura de 2,15 metros xoga na posición de pivote.

Liga LEB

A Liga Española de Baloncesto (LEB) é unha competición de baloncesto organizada pola Federación Española de Baloncesto. É a categoría anterior á máxima categoría profesional, a Liga ACB. Disputouse por primeira vez co nome de LEB na tempada 1996-1997. Anteriormente o seu equivalente recibía o nome de Primeira División.

Na actualidade consta de dúas categorías, LEB Ouro e LEB Prata. Os equipos poden contar con dous xogadores extracomunitarios, é dicir, con nacionalidades que non pertenzan a país algún da Unión Europea e con tres "cotonous", xogadores procedentes de países caribeños e africanos cun convenio especial coa UE.

Míl Espáine

Mil, en irlandés (Míl Espáine ou Míl Espáne) tamén chamado Miled ou Miledh é o antecesor dos habitantes de Irlanda e unha personaxe da mitoloxía galega. É o sobriño de Ith, e o neto de Breogán. A lenda irlandesa escrita no século XI na compilación Lebor Gabála Érenn ("Libro das Invasións"), conta que os oito fillos de Mil e os nove irmáns de Ith foron os que partiron dende Brigantia cunha frota de naves para conquistar a terra onde Ith foi asasinado polos Tuatha Dé Danann. Segundo conta a historia, Ith divisou dende a enorme torre que Breogán construíu na cidade Brigantia, unha beira verde distante, a illa de Irlanda. A ollada desa terra fíxoo navegar ao norte de Irlanda, onde sería asasinado.

Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto

O Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, denominado Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio, é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sexta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.

Os Pinos

Os Pinos é o himno galego, un texto poético de Eduardo Pondal de 1890, incluído, dende 1935, nas edicións do libro de poemas Queixumes dos pinos (1886), concretamente das dúas primeiras partes, musicado por Pascual Veiga. Foi adoptado oficialmente como himno trala aprobación do Estatuto de autonomía de Galicia de 1981.

Pavillón dos Deportes de Lugo

O Pavillón dos Deportes de Lugo é un recinto polideportivo cuberto da cidade de Lugo, onde xoga actualmente os seus partidos como local o equipo de fútbol sala da cidade, o Prone. Inaugurado en 1964, ten capacidade para 3.500 espectadores.

Foi tamén o pavillón onde xogou os seus encontros o Club Baloncesto Breogán até o seu traslado cara ao Pazo dos Deportes.

Pazo dos Deportes

O Pazo Provincial dos Deportes de Lugo é un pavillón polideportivo situado na cidade de Lugo, no barrio de Acea de Olga, con capacidade para 7.500 espectadores (6.500 espectadores sentados segundo a última normativa). Foi inaugurado o 12 de setembro de 1992.

Ray McCallum, Jr.

Ray Michael McCallum, Jr., nado o 12 de xuño de 1991 en Madison, Wisconsin, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga no Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.

Tadija Dragićević

Tadija Dragićević (en serbio cirílico: Тадија Драгићевић), nado o 28 de xaneiro de 1986 en Čačak é un xogador profesional de baloncesto serbio. Formado nas categorías inferiores do KK Crvena zvezda, cunha altura de 2,06 m xoga na posición de ala-pivote. Entre os seus logros destacan o ser o MVP da Liga do Adriático (ABA Liga) en 2008 e dúas veces máximo anotador desta competición (2008 e 2016). No ano 2008 foi elixido no draft da NBA polos Utah Jazz. Actualmente xoga para o Club Baloncesto Breogán da Liga ACB.

Tito Díaz

José Antonio Díaz López, coñecido como Tito Díaz, nado en Lugo o 20 de novembro de 1957, é un ex-xogador e adestrador profesional de baloncesto galego. Actualmente exerce como director xeral do Club Baloncesto Breogán. Como xogador xogou durante sete tempadas no Breogán na máxima categoría do baloncesto estatal.

Universidade da Coruña FG

O Universidade da Coruña FG é un equipo de fútbol gaélico da cidade da Coruña con afiliación os Fillos de Breogán. Foi fundado no ano 2015 co apoio da Universidade da Coruña.

Deuses
Heroes
Imaxinario popular
Lugares
Eventos
Fontes

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.