Brassicales

Brassicales é unha orde de plantas eudicotiledóneas introducido pola APG. Substitúe ás Capparales.

As súas especies presentan flores dialipétalas, sincárpicas, de placentación frecuentemente parietal, perianto evidente e células con mirosinasa (encima que por hidrólise de glicosinolatos sintetiza compostos sulfuretados chamados mostazas).

Inclúe as familias a seguir:

No APG III, 2009[1]

  • orde Brassicales Bromhead, 1838
  • Akaniaceae Stapf,1912
  • (Bretschneideraceae Engl. & Gilg ) - opcionalmente incluída na anterior
  • Bataceae Mart. ex Perleb, 1838
  • Brassicaceae Burnett, 1835
  • Capparaceae Juss., 1789
  • Caricaceae Dumort., 182)
  • Cleomaceae Bercht. & J.Presl, 1825
  • Emblingiaceae J.Agardh, 1958
  • Gyrostemonaceae A.Juss., 1845
  • Koeberliniaceae Engl., 1895
  • Limnanthaceae R.Br., 1833
  • Moringaceae Martinov, 1820
  • Pentadiplandraceae Hutch. & Dalziel, 1928
  • Resedaceae Martinov, 1820
  • Salvadoraceae Lindl., 1836
  • Setchellanthaceae Iltis, 1999
  • Tovariaceae Pax, 1891
  • Tropaeolaceae Juss. ex DC., 1824

No APG II, 2003[2] só incluía:

  • Akaniaceae
  • (Bretschneideraceae) - opcionalmente incluída na anterior
  • Bataceae
  • Brassicaceae (= Cruciferae) (incluída Capparaceae)
  • Caricaceae
  • Emblingiaceae
  • Gyrostemonaceae
  • Koeberliniaceae
  • Limnanthaceae
  • Moringaceae
  • Pentadiplandraceae
  • Resedaceae
  • Salvadoraceae
  • Setchellanthaceae
  • Tovariaceae
  • Tropaeolaceae

Baixo no antigo Sistema de Cronquist (1981)[3] (1988),[4] as Brassicales eran chamadas Capparales e incluídas entre as Dilleniidae. As únicas familias que incluía eran as Brassicaceae e Capparaceae (que xa no se consideran por separado) e as Tovariaceae, Resedaceae e Moringaceae. As demais familias clasificadas aquí colocábanse en diferentes ordes.

Brassicales
o nabo (Brassica rapa)

o nabo (Brassica rapa)
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Eudicotyledoneae
Orde: Brassicales
Bromhead, 1838
Familias

Véxase no texto

Sinonimia
  • Batales
  • Capparales
  • Caricales
  • Gyrostemonales
  • Limnanthales
  • Moringales
  • Resedales
  • Salvadorales
  • Tropaeolales

Notas

  1. An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG III - Botanical Journal of the Linnean Society, 2009, 161, 105–121. With 1 figure
  2. An update of the Angiosperm Phylogeny Group classification for the orders and families of flowering plants: APG II - Botanical Journal of the Linnean Society, 2003, 141, 399–436. With 1 figure
  3. Cronquist, A. 1981. An integrated system of classification of flowering plants. Columbia University Press, New York.
  4. Cronquist, A. 1988. The evolution and classification of flowering plants. 2nd ed. New York Botanical Garden, Bronx.
Agrón (planta)

O agrón ou brizo (Nasturtium officinale ou antigamente Nasturtium nasturtium-aquaticum) é unha planta crucífera. Cultívase para aproveitar a súas follas para ensaladas que conteñen un elevado contido en vitamina C, a súa semente utilízase como picante. Dáse en medios húmidos e acuáticos, sobre todo nas beiras dos mananciais, regatos e ríos.

Brasicáceas

As brasicáceas (Brassicaceae) ou crucíferas (Cruciferae) son unha familia de anxiospermas dicotiledóneas que se inclúen na orde Brassicales. Constitúen un grupo monofilético con arredor de 338 xéneros e 3.709 especies de plantas principalmente herbáceas distribuídas en todo o globo, porén se achan particularmente concentradas en áreas temperadas e frías. Inclúen cultivos de importancia económica, tanto hortícolas, como ornamentais, oleaxinosos, forraxeiros e como condimentos. Así mesmo, inclúen a unha especie que se considera un organismo modelo en investigacións biolóxicas: Arabidopsis thaliana

Brassica

Brassica é un xénero botánico da familia Brassicaceae, que comprende numerosas especies utilizadas polo ser humano como condimento ou alimento, de grande importancia na horticultura e na agricultura, como os nabos, repolos ou as verzas. O xénero é nativo do oeste de Europa, rexión mediterránea e rexións de clima temperado de Asia. Tamén inclúe plantas bravas. Son plantas importantes na gastronomía galega: repolo, nabo (nabiza, grelo), verzas etc.

Hai máis de 30 especies bravas e híbridos, e numerosos cultivares adicionais e híbridos de orixe cultivada. Moitas son anuais ou bienais, e algunhas son pequenos arbustos.

Hoxe en día o xénero é cultivado mundialmente. Nalgunhas especies, case todas as partes son comestíbeis, incluída a raíz, coma na rutabaga ou no nabo (carola, grelos e nabizas), os talos (col ravo), as follas (repolo, coia de Bruxelas), as flores (coliflor, brócoli), as sementes (mostaza e a colza Brassica napus).

Algunhas formas con follaxe branca ou púrpura ou cabezas florais úsanse para ornamentar.

As especies de Brassica son consumidas polas larvas de varias especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).

Por mor á súa importancia agrícola, as Brassica teñen moito interese científico. As estreitas relacións entre seis especies particularmente importantes (Brassica carinata, B. juncea, B. oleracea, B. napus, B. nigra e B. rapa) descríbense na chamada teoría do Triángulo de U.

Brócoli

O brócoli ( pronunciación ) (Brassica oleracea var, italica), do latín brachium (brazo), é unha planta da familia das brasicáceas, antes chamadas crucíferas. Outras especies desta familia son o repolo, a coliflor ou as coles de Bruxelas.

O brócoli posúe abundantes cabezas florais carnosas de cor verde, dispostas en forma de árbore, sobre pólas que nacen dun groso talo comestíbel. É moi semellante á coliflor, mais verde no canto de branca. Dáse en climas frescos, polo que prospera pobremente durante os veráns calorosos. Habitualmente tómase fervido ou ao vapor, pero pódese consumir cru. Ten un alto contido de vitamina C, vitamina E e fibra solúbel.

Capsella

O xénero Capsella pertence á familia das brasicáceas. A especie máis común é o panqueixo ou herba dos dentes (Capsella bursa-pastoris).

Col

A col ou coia é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.

A col tamén recibe os nomes dialectais de coia, coella, coube e coubella.

Col de Bruxelas

As couves de Bruxelas ou coias de Bruxelas (do Grupo Gemmifera de Brassica oleracea; o seu nome científico é Brassica oleracea var. gemmifera) é un grupo cultivar (sobre todo en inverno) das coles caracterizado polo seu pequeno diámetro (xeralmente de 2.5–4 cm de diámetro) que se asemella a repolos miúdos. O nome débese ao seu lugar orixinario de cultivo, non por mor a que sexan sonadas na vila de Bruxelas. É coñecida polo seu alto contido en Vitamina A e C e ácido fólico.

Como cultivo moderno que é, en Galiza introduciuse hai poucas décadas como alimento. O sabor é semellante ao do repolo e os grelos.

Coliflor

A coliflor (Brassica oleracea var. botrytis) e unha variedade de col (Brassica oleracea) da familia das Brassicaceae. Outras variedades da mesma planta son o brócoli, o repolo, as verzas ou as coias de Bruxelas, todas elas importantes hortalizas e esenciais na gastronomía galega. Existen en galego algunhas variedades dialectais coma: culliflor, culiflor e coubeflor (en portugués couve-flor).

Trátase dunha planta anual pero encóntrase no seu mellor momento entre os meses de setembro e febreiro, aínda que se pode dispor dela durante todo o ano. Parécese ó brócoli e está emparentada con el.

A planta está composta por unha cabeza redondeada, denominada masa, que é a única parte comestible, rodeada de grosas follas verdes. A cor da masa pode ser branca amarelada, verde o violeta segundo a variedade cultivada, pero se ten manchas, inflorescencias separadas ou partes brandas na masa, significa que está vella. O seu tamaño pode alcanzar os 30 centímetros de diámetro e pode chegar a pesar más de 2 kg. Ten un sabor suave e, en ocasións, lixeiramente dulzón.

Colza

A colza (Brassica napus) é unha planta de cuxas sementes se extrae o aceite de colza. As follas da planta serven tamén de forraxe para o gado.

No Canadá desenvolveuse unha variedade baixo o nome de Canola, que é unha contracción da expresión inglesa "Canadian oil low acid" ("aceite canadense de baixo contido en ácido") referindose ao ácido erúcico. Esta variedade de colza presenta unha proporción inferior á normal en ácido erúcico e glicosinolatos, produtos de toxicidade media presentes no aceite de colza estándar. Foi desenvolvida por investigadores canadenses a partir de 1960 [2].

Eiruga (planta)

A planta Eruca vesicaria tamén recibe o nome vulgar de eiruga.

A eiruga (Eruca sativa), tamén coñecida como mostaza persa, é unha verdura da mesma familia que a mostaza, Brassicaceae, e orixinaria do Mediterráneo e de Asia Occidental. Adáptase a climas frescos, nin quentes nin fríos.

Mostardeira brava

A mostardeira brava (Thlaspi perfoliatum) é unha especie dea familia das brasicáceas.

Mostaza branca

A mostaza branca (Sinapis alba) é unha planta anual da familia das Crucíferas. Ás veces é coñecida como Brassica alba, Brassica hirta ou mostaza amarela. Cultívase comercialmente en practicamente todo o mundo polo interese das súas sementes para a industria alimentaria, mais probablemente é orixinaria da rexión mediterránea.

As flores amarelas da planta deste tipo de mostaza producen un tipo de vaíñas (sílicuas) veludas que conteñen as sementes, nas que atoparemos aproximadamente media ducia de grans por vaíña. A colleita da semente da mostaza faise xusto antes de que as vaíñas maduren por completo e abran. As sementes desta especie de mostaza son redondas e de consistencia dura, de en torno ó milímetro ou 2 mm. de diámetro, e dunha cor que pode ir do beige ou o amarelo ó marrón claro.

Nabo

O nabo (Brassica rapa L.), é unha planta da familia das crucíferas ou brasicáceas (a familia das coles e os repolos) cultivada comunmente como hortaliza nos países de climas temperados de todo o mundo pola súa suculenta raíz napiforme, e tamén para o consumo das súas follas. As variedades de raíz tenra utilízanse para o consumo humano, mentres que as maiores se destinan a forraxe para o gando.

Os nabos son moi populares en Europa, en particular nas rexións máis frías, xa que se poden almacenar durante varios meses despois da colleita. Tamén poden crecer en forma silvestre. En Galiza foi un dos cultivos máis estendidos como indica a microtoponimia; hoxe en día o consumo humano da raíz (chamada comunmente carola, cachola ou carocha) non é común, porén si seguen a ser moi populares as nabizas e grelos (follas e rebentos respectivamente da mesma planta).

Oomicetos

Os oomicetos (Oomycetes) ou Oomycota son un grupo de organismos que forman unha liña filoxenética de microorganismos eucarióticos que se parecen a fungos, pero que se clasifican á parte. Son organismos filamentosos, microscópicos, que se alimentan por absorción e que se reproducen sexual e asexualmente. Os oomicetos poden ter formas de vida saprófitas ou patóxenas e inclúen algúns dos máis notables patóxenos de plantas, que causan devastadoras pragas como a praga da pataca, a tinta dos castiñeiros ou o mildio da vide. Algúns son acuáticos, pero hai moitos terrestres.

O nome Oomycota significa en grego "fungos ovo", facendo referencia aos oogonios arredondados, estruturas que conteñen os gametos femininos, que son característicos do grupo.

Papaia

A papaia, tamén chamada papaieira ou papaio (Carica papaya) é unha planta da familia Caricaceae, de orixe americana, coñecida e empregada en todo o continente dende hai varios séculos, aínda que hoxe en día se cultiva en moitos países doutros continentes, principalmente, en Asia e África. En México o seu froito, a papaia, era especialmente apreciado na época dos aztecas; en náhuatl coñécese como chichihualtzapotl, que significa "zapote nodriza", e era un froito especialmente relacionado coa fertilidade.

Ravo

O ravo, de nome científico Raphanus sativus, é unha hortaliza bianual da familia das Brasicáceas, cultivado polos seus característicos hipocotilos, (a parte do talo situado baixo os cotiledóns) de consistencia carnosa. O ravo consómese normalmente cru, sobre todo en ensaladas. O termo designa tamén por extensión á planta que o produce. Os seus froitos preséntanse nunha especie de cápsulas chamadas sílicuas.

Repolo

O repolo (Brassica oleraceae var. capitata) é unha variedade de col, planta comestible da familia das brasicáceas. É unha herbácea bienal, cultivada como anual, cuxas follas poden ser ovais, oblongas ou lisas e forman unha cabeza moi característica.

As diferentes variedades foron obtidas a partir da especie brava, coñecida xa desde hai séculos, a través dos cruzamentos e da selección para as adaptar a condicións climáticas diferentes.

Emprégase moito na gastronomía galega, especialmente polo inverno, en caldos e cocidos.

Rosales

A Orde Rosales é un taxon incluído na subclase Rosidae, clase Magnoliopsida, segundo Cronquist. Rosales é a orde superior á familia Rosaceae (rosáceas).

É unha das ordes máis importantes pola variedade e diversidade dos individuos que agrupa. Está composto por case 8.000 especies segundo APG II. Rosales está en constante revisión (como outros taxons) e as familias emparentadas cambian a miúdo de taxon en función dos criterios de categorización, facendo variar o número de especies incluídas nos grupos.

O grupo raíz de Rosales ten unha antigüidade aproximada de 89 a 88 millóns de anos, e a diverxencia do grupo capital comeza fai uns 76 millóns de anos. O taxón Rosales contén case un 2% de diversidade das "eudicotas".

Verza

Este artigo trata sobra a hortaliza, para a alga véxase verza de mar.

A verza, tamén coñecida coma col galega, coia galega ou verza galega, é unha variedade de col (Brassica oleracea var. acephala), de toco bastante alto e follas largas, usada no típico caldo de verzas da Galiza e de Portugal e tamén na confección da sopa coñecida como caldo verde, típica de Portugal. Tamén é popular en Asturias, Cantabria e o País Vasco e Navarra, así como no norte de Castela e León (Burgos, Palencia, León).

Caracterízase (e de aí o nome da variedade, acephala) porque as follas non forman a cabeza terminal típica das coles, senón que van nacendo ao longo do talo ou canoto.

Tamén se lle chama verza á folla das coias en xeral.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.