Branco

O branco ou albo é unha cor cuxo espectro luminoso é mestura aditiva de distintos espectros puros, dando unha sensación de claridade. Pódese definir a partir da composición de cores, coas porcentaxes de cada unha precisas, se ben non hai unha única definición de branco.

O branco é a cor do fondo desta páxina. O código HTML para a cor branca pura é #FFFFFF.

  • O prefixo grego para branco é Leuko-.

Coordenadas aproximadas da cor

Triplete hexadecimal #ffffff
RGB (r, g, b) ( 255, 255, 255 )
CMYK (c, m, y, k) ( 0, 0, 0, 0 )
HSV (h, s, v) ( 0, 0, 100 )

Branco tamén é usado para referirse a persoas de pel clara.

Simboloxía da cor branca

Baba in Nepal
Ancián nepalí con barba e pelo brancos

A cor branca simboliza pureza, modestia, inocencia, limpeza, paz (ou rendición), verdade... e transmite sensacións de calma e ledicia [Cómpre referencia].

Galería

Dog park!
ChurraTensina
Cosmópolis 0013 sky
Allium sativum - Garlic 02
Rice grains
LhotseMountain.jos.500pix
QuartzUSGOV
FullMoonHauknes

Véxase tamén

Lista de cores

1 de xuño

O 1 de xuño é o 152º día do ano do calendario gregoriano e o 153º nos anos bisestos. Quedan 213 días para finalizar o ano.

A cor branca na cultura popular galega

Como resulta común noutras culturas próximas, a cor branca representa en Galicia a inocencia e a pureza, e de aí, por exemplo, que as meniñas na súa primeira comuñón ou as noivas na voda vistan de branco. Pola mesma razón, visten de branco os meniños que morren e incluso o seu cadaleito é da mesma cor.

Xa na antigüidade grega e romana, os bois que se sacrificaban ós deuses eran sempre brancos, e se non o eran totalmente, abrancazábanse con creta; no caso de que o oferente non tivese medios para sacrificar un boi de verdade, ofrecía un feito de fariña ou cera. Cando Zeus se transformou en touro para raptar Europa, fíxoo nun touro espectacularmente branco. Non sabemos de que cor serían os animais que se inmolasen en Galicia, pero hai constancia da crenza de que os animais de pel escura son de máis forza cós outros, segundo Álvarez Giménez .

Crese que as ánimas veñen en figura de animais, especialmente en forma de bolboretas. Cando se ve unha bolboreta branca voando ó redor dunha luz, crese que é unha ánima redimida que vén dar algún aviso ós vivos, como tal o anuncio de boas novas de familiares ausentes (se for negra, trataríase dunha ánima aínda en pena e, popularmente, crese que vén anunciar unha desgraza) .

Eladio Rodríguez recolle outra vella crenza do folclore galego segundo a cal un año branco serve para recuperar eses tesouros que a lenda disque agocharon os mouros baixo os castros ou nalgúns lugares máxicos. Estes tesouros están protexidos por estes seres mitolóxicos e, para desencantalos, hai que entregarlles un año branco, sen mancha ningunha. López Cuevillas engade que hai mouros tan malignos que esixen que o tal año teña os dentes negros, coma se non soportasen a brancura perfecta.

Lis Quibén di que, para cura-la úlcera, en Mourente (Pontevedra) atan nove xuncos en tres feixes: tres xuncos cun fío branco, tres cun fío amarelo e outros tres cun fío verde. Póñenos en cruz sobre a ferida e recitan o ensalmo, repetindo a oración durante 18 días seguidos. Tamén, que a baba dunha lesma branca –puntualiza: nunca negra- serve para cura-las espullas das mans: unha vez fregadas as mans coa baba da lesma, crávase esta nun pau e espíchase no chan, e segundo vai secando a lesma, van curando as espullas.

Abstención

En política, a abstención é unha das opcións ou posicións posíbeis na que se encadrar perante un escenario de toma de decisións, coma pode ser un referendo ou unha votación. Quen practica a abstención non emite a súa opinión en forma de voto. Ten certos paralelismos co voto en branco, aínda que non son o mesmo. Ás veces o carácter político a abstención aparece reforzado se é precisa unha determinada porcentaxe de votantes sobre o total do corpo electoral para validar o resultado.Nunhas eleccións considéranse "abstencionistas" aqueles electores que non acoden ás urnas. Este tipo de abstención denomínase abstención pasiva. Considérase, en troques, abstención activa á suma de votantes que emiten votos en branco e nulos, aínda que en ocasións se propugna a non participación nunha consulta popular como unha postura política de protesta, cuxos partidarios considerarán polo tanto activa toda a abstención que se produza. Dependendo das lexislacións de cada estado, o abstencionismo pode ser legal -como no Estado español- ou ben unha falta puníbel.

Para os membros dun Parlamento (deputados ou senadores) a abstención e o voto en branco son equivalentes, mentres que a non comparecencia ten distintos efectos, posto que, dependendo do regulamento, pode alterar o quórum e o cálculo das maiorías.

Arroz

O arroz ([aˈrɔθ]; en gran parte do territorio pronunciado con seseo como [aˈrɔs] (arrós)) é o gran da planta do arroz (Oryza sativa), unha planta da familia das gramíneas que alimenta máis da metade da poboación humana do mundo.

O arroz necesita de auga en abundancia e man de obra intensiva. Dáse ben mesmo en terreos moi inclinados e é costume, nos países do sueste asiático encontrárense socalcos onde se cultiva.

É o terceiro maior cultivo cerealista do mundo, só superado polo millo e o trigo.

Donald III de Escocia

Donald III (en gaélico medieval: Domnall mac Donnchada; en gaélico moderno: Dòmhnall mac Dhonnchaidh), alcumado "Donald o Xusto" ou "Donald o Branco" (en gaélico medieval: "Domnall Bán"), (c. 1032–1099) foi rei de Escocia en dous períodos, dende 1093 até 1094 e dende 1094 até 1097.

El País

El País (autodefinido como «Diario independiente da mañá») é un xornal español de ámbito nacional, redactado integramente en castelán (agás algunhas páxinas illadas nas edicións autonómicas) e de pago. Cunha media de 457.675 exemplares diarios, é o periódico non deportivo de maior difusión de España, segundo a Oficina de Xustificación da Difusión. Ten sede social e redacción central en Madrid, aínda que conta con delegacións nas principais capitais de España (Barcelona, Sevilla, Valencia, Bilbao...) desde as que edita diferentes edicións territoriais. A última destas en inaugurarse, en novembro de 2006, foi precisamente a correspondente a Galicia.

Caracterízase por ser un xornal de tendencia europeísta, socialdemócrata no ideolóxico, e polo gran tratamento que dá, no informativo, ás novas de carácter internacional, de cultura e de economía, ademais da información sobre España. Conta con columnistas e colaboradores puntuales provenientes de diferentes ámbitos sociais, que avezan a reforzar a liña editorial progresista do diario. Entre os seus colaboradores habituais destaca o xornalista e escritor galego Manuel Rivas, que ademais publica con frecuencia no suplemento dominical de El País, EPS País Semanal.

No aspecto formal, El País caracterízase pola sobriedade expresiva, tanto no tratamento da información como no estético: páxinas a cinco columnas con predominio da orde e a clara distribución dos distintos subxéneros xornalísticos. A fotografía e a infografía cumpren un papel secundario de apoio á información escrita. Desde a súa fundación sempre mantivo o mesmo deseño e tipografía: la Times New Roman.

As imaxes son maioritariamente en branco e negro, coa da portada sempre en cor (só desde uns anos atrás), xunto con outras fotografías illadas do interior.

El País pertenece ó maior grupo mediático español, o Grupo PRISA, que é tamén propietario da Cadena SER (radio), Cinco Días (prensa económica), Santillana, Diario As (prensa deportiva), Los 40 Principales (radiofórmula), Sogecable;Cuatro e Digital+; e Localia (televisión).

Leucocito

Os leucocitos ou glóbulos brancos son un conxunto heteroxéneo de células sanguíneas que actúan como efectores celulares da resposta inmune. Interveñen na defensa do organismo contra substancias estrañas ou axentes infecciosos (antíxenos). Orixínanse na medula ósea e no tecido linfático.

Os leucocitos son células móbiles que se atopan no sangue transitoriamente. Forman a fracción celular dos elementos figurados do sangue. A diferenza dos eritrocitos (ou glóbulos vermellos), non conteñen pigmento, polo que se coñecen como glóbulos brancos.

Son células con núcleo, mitocondrias e outros orgánulos celulares. Son capaces de se mover libremente mediante pseudópodos. O seu tamaño oscila entre os 8 e 20 microns. O seu tempo de vida varía dende algunhas horas, meses e ata anos. Estas células poden saír dos vasos sanguíneos a través dun mecanismo chamado diapédese (prolongan o seu contido citoplasmático), o que lles permite desprazarse fóra do vaso sanguíneo e poder ter contacto cos tecidos do interior do corpo.

Lingua belarusa

O belaruso (беларуская мова, biełaruskaja mova) é unha lingua eslava oriental e lingua oficial de Belarús xunto co ruso. Durante breves períodos da historia contemporánea de Belarús foi a única lingua oficial, 1918-1919 e de 1990 a 1995 foi a única lingua oficial. Era coñecido antigamente como rutenio branco ou ruso branco.

Etnicamente, os belarusos son descendentes das antigas tribos eslavas -os dregovici, os radimici e os krivici- que habitaban o territorio entre os ríos Pripet e Dwina Occidental na marxe setentrional do Dnieper e ao largo do Soz.

Mar Branco

O mar Branco (en ruso, Бе́лое мо́ре [Viéloye more]); en finés, Vienanmeri) é un extenso golfo do mar de Barents (no océano Glacial Ártico), localizado na costa noroeste de Rusia. Atópase limitado pola península de Kanín ao nordeste, por Karelia ao oeste e pola península de Kola ao norte. Ten unha superficie aproximada duns 95.000 km2. A maioría do ano atópase xeado.

O mar Branco ten catro grandes golfos ou baías no seu interior: na parte máis exterior, a baía de Menzen ao leste; no tramo interior as outras tres, a baía de Dvina ao sueste, o golfo de Onega ao sur e o golfo de Kandalakcha ao noroeste. No seu interior hai moitas illas, sendo as maiores e máis importantes a illa Morzhóvets e as illas Solovetsky, cun conxunto que foi declarado patrimonio da Unesco.

O porto de Arjángelsk, no fondo da baía de Dvina, é o porto máis importante do mar Branco e ademais, durante gran parte da historia de Rusia, foi o seu principal centro de comercio marítimo internacional. Na actualidade é unha base naval e de submarinos.

A canle Mar Branco-Báltico conecta o mar Branco co mar Báltico.

Todo o mar Branco son augas territoriais baixo soberanía rusa, bañan as súas augas a República de Carelia, a Óblast de Arkhangelsk e a Oblast de Múrmansk.

Mar Negro

O mar Negro (en abkhaza: Амшын Еиқәа, xeorxiano: შავი ზღვა, turco: Karadeniz, en póntico: Μαύρον Θάλασσα, Εύξεινος Πόντος, búlgaro: Черно море, romanés: Marea Neagră, ruso: Чёрное море, ucraíno: Чорне море, en tártaro de Crimea: Qara deñiz) é un mar que posúe unha saída moi angosta ao Mar Mediterráneo e que separa Europa Oriental de Asia Occidental e esta limitado polos montes Pónticos, ao sur, e polo Cáucaso a leste. Este mar está, en última instancia, relacionado a través de varios estreitos co océano Atlántico, vía mar Mediterráneo e mar Exeo: o estreito do Bósforo conéctao ao mar de Mármara e o estreito dos Dardanelos ao mar Exeo (parte do mar Mediterráneo); ademais, outro estreito, o de Kerch, úneo ao mar de Azov.

Millo

O millo ou maínzo (Zea mays) é unha planta gramínea anual e na mesma planta (monoica) atópanse as súas inflorescencias masculinas (nos extremos terminais) e femininas (nas vaíñas axilares). Ten un crecemento rápido, chegando aos 2,5 metros de altura nun ano, que é a súa quenda de colleita. As follas teñen forma alongada saíndo do talo cun lixeiro ángulo e coa punta caída cara abaixo. As mazarocas están cubertas por filas de grans.

A especie forma parte do xénero Zea, que non ten conxéneres achegados. As flores masculinas e femininas aparecen en inflorescencias separadas pero dentro do mesmo pé. Esta característica permite a obtención do millo híbrido, hoxe en día tan estendido. É tal a variabilidade do gran verbo da forma e cor, na mazaroca ou na mesma planta, que aínda non se acadou a clasificación científica de tódalas súas variedades. Ademais da híbrida, as variedades máis importantes son "dente marelo", "Krug" e "dentalla marela de Reid" [Cómpre referencia].

Mármore

O mármore é un tipo de rocha compacta formada a partir de rochas calcarias que, sometidas a elevadas temperaturas e presións, acadan un alto grao de cristalización. O compoñente básico do mármore é o carbonato cálcico, cuxo contido supera o 90%; os demais compoñentes son considerados impurezas, sendo estas as que nos dan a grande variedade de cores nos mármores, e definen as súas características físicas. Tras un proceso de pulido por abrasión o mármore acada un alto nivel de brillo natural, é dicir sen ceras nin compoñentes químicos. O mármore emprégase principalmente na construción, decoración e escultura. Ás veces é translúcido, ou de diferentes cores, entre as que son máis frecuentes atópanse o branco, o marrón, o vermello, o verde, o negro, o gris, o azul e o amarelo. Tamén pode presentar unha coloración uniforme, xaspeada (a salpicaduras), veteada (tramado de liñas) e diversas configuracións ou mesturas entre elas.

Peixes

Os peixes (Pisces) son animais vertebrados, ovíparos, acuáticos e con respiración branquial. A especialidade da zooloxía que se ocupa especificamente dos peixes chámase ictioloxía. O grupo dos peixes é un taxon parafilético, é dicir, un caixón de xastre definido pola exclusión dun taxon (os tetrápodos) doutro maior (os vertebrados), e non pola posesión de características derivadas comúns. Inclúense nesta definición os mixíns, a lamprea, os condrictios (ou peixes cartilaxinosos) e os osteíctios (ou peixes óseos), así coma diversos grupos relacionados extintos. A maioría dos peixes son ectotérmicos, é dicir, dependen de fontes externas para obter calor, o que provoca que a temperatura do seu corpo varíe segundo a temperatura do ambiente. Algúns dos grandes peixes coma o tiburón branco e o atún teñen unha temperatura máis alta de seu. Como é propio dos primeiros vertebrados, son acuáticos e, a diferenza do que observamos nos tetrápodos, a respiración prodúcese por branquias situadas nas fendeduras da farinxe. A locomoción baséase nunha forma hidrodinámica, con movementos laterais do corpo auxiliados por extremidades que son aletas.

Os peixes son abundantes en tódalas masas de auga da Terra e poden ser atopados en case tódolos ambientes acuáticos, dende as correntes de alta montaña ata as zonas máis profundidades dos océanos. É un grupo moi heteroxéneo con preto de 32.000 especies, máis ca ningún outro grupo de vertebrados.

Potasio

O potasio é un elemento químico da táboa periódica cuxo símbolo é K (do latín Kalium) e cuxo número atómico é 19. É un metal alcalino, branco-prateado que abunda na natureza, nos elementos relacionados coa auga salgada e outros minerais. Oxídase rapidamente no aire, é moi reactivo, especialmente en auga, e parécese quimicamente ao sodio. É un elemento químico esencial.

Prata

A prata é un elemento químico de número atómico 47 situado no grupo 11 da táboa periódica dos elementos. O seu símbolo é Ag. É un metal de transición branco e brillante, e posúe unha alta ductilidade e maleabilidade.

Presenta as maiores condutividades térmica e eléctrica de tódolos metais, e atópase formando parte de distintos minerais (xeralmente en forma de sulfuro) ou como prata libre.

Rusia

Rusia (en ruso: Россия, transliteración: Rossiia), oficialmente Federación Rusa (en ruso: Российская Федерация, transliteración: Rossiiskaia Federatsiia), é o maior país do mundo, estendéndose por case a metade de Europa e por preto dun terzo da Asia. Comprende, alén da porción continental, o enclave de Kaliningrado, no mar Báltico, e unha serie de illas e arquipélagos árticos, entre os cales os máis importantes son a Terra de Francisco Xosé, as illas Nova Zembla, a illa de Kolguev, o arquipélago da Terra do Norte, as illas de Nova Siberia e a illa de Wrangel. Inclúe tamén varias illas e arquipélagos no Extremo Oriente, en particular a illa Sakhalin, as illas Kuriles e as illas do Comandante. A porción continental limita ao norte co mar Branco, o mar de Kara, o mar de Laptev, o mar da Siberia Oriental e o mar de Chukchi, ao leste co estreito de Bering e o mar de Bering, que establecen comunicación con Alasca, o océano Pacífico, o mar de Okhotsk e co mar do Xapón, a través do cal contacta co Xapón, ao sur con Corea do Norte, a China, Mongolia, Casaquistán, o mar Caspio, Acerbaixán, Xeorxia e co mar Negro, do outro lado do cal está Turquía, e a oeste limita co mar de Azov, Ucraína, Belarús, Letonia, Estonia, co golfo de Finlandia, Finlandia e Noruega. A capital de Rusia é a cidade de Moscova.

Río Nilo

O río Nilo (النيل en árabe) é un dos dous ríos máis longos do mundo (o outro é o Amazonas). Situado no nordeste de África, o río Nilo flúe desde a súa principal fonte, o lago Vitoria na parte leste da África central, ata o mar Mediterráneo a través de Uganda, o Sudán e Exipto unha distancia de aproximadamente 6650 quilómetros até desembocar no delta do Nilo.

A bacía do Nilo cobre 3.254.555 km², preto do 10% da superficie de África.

O Nilo ten dous tributarios claros, o Nilo Branco e o Nilo Azul, dos cales o primeiro é máis longo. O Nilo Branco nace nos Grandes Lagos de África, coa fonte máis distante en Ruanda (2°16′55.92″S, 29°19′52.32″E) e flúe cara o norte a través de Tanzania, o Lago Vitoria, Uganda e o sur do Sudán; o Nilo Azul nace no Lago Tana, Etiopía, e flúe cara o oeste desde o Sudán. As dúas seccións atópanse preto de Khartún.

A sección norte do río flúe case enteiramente a través do deserto, desde o Sudán até Exipto, un país cuxa civilización dependeu sempre do río. A maioría da poboación de Exipto e todas as súas cidades, a excepción das costeiras, reside nas zonas do val do Nilo ao norte de Asuán; e practicamente todos os lugares arqueolóxicos e culturais do Exipto Antigo se atoan nas súas ribeiras.

En exipcio, os xeróglifos que o nomean son "itrw", que se transliteran como iteru. A palabra Nilo provén do grego Neilos (Νειλος), que significa "val do río".

Viño

O viño é unha bebida alcohólica que se obtén da fermentación do zume de uva ou mosto que se obtén ó estrulla-la uva na prensa trala vendima e que é gardado en barrís. É habitual que o viño se denomine segundo a uva co que foi elaborado. Atendendo á súa cor, pode ser viño branco, tinto ou rosado. Os viños brancos acostuman usarse para acompañar os entrantes e o peixe; o tinto para acompañar a carne. Un bo viño é unha bebida selecta e o seu prezo pode ser astronómico. Adoita definirse a súa calidade en función do ano e do tipo de viño. Ademais de produto económico, o viño é un elemento social de primeira orde, coma o demostran as celebracións de festas gastronómicas ou vendimas.

Outras linguas

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.