Brañas de Xestoso

As brañas de Xestoso son un espazo natural declarado zona especial de conservación (ZEC) que está entre os concellos de Forcarei, Silleda e A Estrada. Está preto do río Ulla e do Deza e acolle á lagoa Sacra de Olives e aos prados e brañas de Xestoso.[1]

Coordenadas: 42°40′58″N 8°22′09″O / 42.6827498, -8.369244

Brañas de Xestoso
Imaxe da lagoa con auga
Marco Legal
Figura de Protección: ZEC
Ano de constitución: Decembro de 2004
Superficie: 1.077 ha.
Lexislación: LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 27 de marzo de 2004 e 31 de marzo de 2014.
Datos de interese
País: Galicia Galicia
Provincias: Pontevedra
Concellos: A Estrada, Forcarei, Silleda
Ríos:
Picos
Direccións de interese:
Teléfonos:

Flora e fauna

Flora

As brañas de Xestoso comprende diversos ecosistemas, nas matogueiras baixas dominan as ericáceas e as leguminosas higrófilas, nos herbazais dominan as gramíneas, nas turbeiras abundan os liques e os xuncos, nas zonas de transición cara os prados húmidos predominan as queirogas, carqueixas e pereiras. Tamén hai rochedos silíceos e carballeiras.

Fauna

Entre a fauna destaca o miñato, o falcón, a aguia albela, o paporroibo, o sisón, a laverca, a cobra viperina, ademais de diversas especies de ras e sapos.

Galería de imaxes

Lagoa Sacra de Olives pano 1

A Lagoa de Xestoso, nas Brañas de Xestoso

Lagoa08

Lagoa en decembro

Lagoa10

Lagoa en nadal

Lagoa09

A Lagoa de Xestoso

Notas

  1. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia. (eds.). "Brañas de Xestoso". Consultado o 27 de outubro de 2017.
Brañas

Unha braña é un terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo. Recibe tamén os nomes de brañal, brañeira, lameiro, tremedal, tremedeira, tremesiña, tremo ou trollo. Como topónimo pode referirse a:

Santa María de Brañas, parroquia do concello de Toques;

Brañas, lugar da parroquia de Pacios no concello da Fonsagrada;

Brañas, lugar da parroquia de Noceda no concello das Nogais;

Brañas, lugar da parroquia de Zanfoga no concello de Pedrafita do Cebreiro;

As Brañas, lugar da parroquia de San Pedro de Benquerencia no concello de Barreiros;

As Brañas, lugar da parroquia de Mántaras no concello de Irixoa;

As Brañas, lugar da parroquia de Vilaño no concello da Laracha;

As Brañas, lugar da parroquia de Carnoedo no concello de Sada;

As Brañas, lugar da parroquia de Nete no concello de Vilalba;

Brañas Verdes, lugar da parroquia de Xaviña no concello de Camariñas;

As Brañas da Viña, lugar da parroquia de Vilaño no concello da Laracha;

As Brañas do Cabo, lugar da parroquia de Ribeira no concello de Ribeira;

Veiga de Brañas, lugar da parroquia de Zanfoga no concello de Pedrafita do Cebreiro.

Fervenza de Férveda

A fervenza de Férveda é un salto de auga situado no lugar de Férveda, na parroquia de Escuadro (Silleda). Trátase dun desnivel do río de Escuadro de aproximadamente uns 15,7 metros de altura, máis outro pequeno que parte da poza ou mergulleira de 4,8 metros. Forma parte do proxecto europeo Rede Natura 2000 denominado Brañas de Xestoso, como Lugar de Importancia Comunitaria.

Galería de imaxes da Lagoa Sacra de Olives

Galería de imaxes da lagoa Sacra de Olives.

A Lagoa Sacra de Olives ou Lagoa sacra de Xestoso é unha lagoa situada no límite entre o concello de Forcarei, o da Estrada e no de Silleda.

Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia

Galería de imaxes de lagos e lagoas de Galicia.

Lagoa Sacra de Olives

A lagoa Sacra de Olives é unha lagoa galega situada entre os concellos pontevedreses de Forcarei, A Estrada e Silleda. Atópase a 700 metros de altitude, conta con 1,3 hectáreas de superficie e ao seu arredor quedan vestixios da existencia dunha muralla, aínda que na actualidade estes restos atópanse moi deteriorados.

Forma parte da zona especial de conservación das Brañas de Xestoso.

Lugares de importancia comunitaria en Galicia

En Galicia existen 21 novas propostas de lugares de importancia comunitaria (LIC) e 28 de ampliación de zonas especiais de conservación (ZEC) desde 2011. Esta proposta da Xunta de Galicia, e por solicitude da Comisión Europea, suporía aumentar a Rede Natura 2000 galega en 154.174 ha. e acadar, se se aprobase, un total de 528.609 ha. protexidas polos ZEC e ZEPAs.

Provincia de Pontevedra

Pontevedra é unha das catro provincias de Galicia creadas por Javier de Burgos en 1833. Limita ao norte coa provincia da Coruña, ao leste coa provincia de Ourense e a provincia de Lugo, ao sur con Portugal e ao oeste co océano Atlántico. A súa capital é a cidade de Pontevedra, con 82.539 habitantes en 2015, sendo Vigo a súa maior cidade cunha poboación de 294.098 habitantes (2015). É provincia máis pequena e a segunda máis poboada de Galicia trala da Coruña.

Silleda

Silleda é un concello da provincia de Pontevedra pertencente á comarca do Deza. Ocupa 169 km², e segundo o IGE en 2018 tiña 8.698 habitantes, distribuídos en 33 parroquias e 250 lugares. O concello de Silleda é coñecido tamén como Trasdeza. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «silledense».

En Silleda ten a súa sede a Feira Internacional de Galicia, onde se celebra anualmente a Semana Verde de Galicia.

Xestoso, Silleda

Santa María de Xestoso é unha parroquia que se localiza no concello pontevedrés de Silleda na comarca de Deza. Segundo o padrón municipal de 2011 tiña 61 habitantes (35 mulleres e 26 homes), distribuídos en 5 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2000 cando tiña 79 habitantes.

No límite da parroquia cos concellos de Forcarei e A Estrada están situadas as Brañas de Xestoso, espazo natural protexido.

Zonas especiais de conservación en Galicia

A Rede Natura 2000 galega conta con 59 zonas especiais de conservación (ZECs) que foron aceptadas e declaradas pola Comunidade Europea e que son xestionadas pola Xunta de Galicia. Ademais á fronte da costa galega está tamén o Banco de Galicia, que foi declarado como ZEC e que está xestionado polo Goberno de España, xa que está en augas da súa competencia.

Desde 2011 existe unha proposta de ampliación de 21 novos lugares de importancia comunitaria (LICs) e de ampliación do espazos que ocupan outros 28 ZECs xa declarados, tal e como lle suxeriu a Unión Europea a Galicia. Considerando tamén a área dos LICs, contaríase así con 389.737 ha. protexidas de territorio litoral e terrestre (excluíndo ao Banco de Galicia).

Espazos protexidos de Galicia
Parque Nacional:
Parque Natural:
Monumento Natural:
Rede Natura 2000:
Zona húmida protexida:
Reserva da Biosfera:
Outros:

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.