Braña (revista)

Braña é unha revista científica galega, boletín da Sociedade Galega de Historia Natural, creada en 1977.

Braña
PaísEspaña

Traxectoria

Nun primeiro intre pensouse en chamala Fisterra, pero elixiuse o seu nome entre catro propostas, que tiñan en común ser nomes de dúas sílabas e de cinco letras: Braña, Campa, Furna e Lubre. Naceu como primeira revista de investigación en galego e que tiña como alicerce “o estudo sistemático da realidade galega”, pois “sábese que un bo coñecemento do medio pode ser alicerce seguro pró desenvolvemento socio-económico do País”.

A súa intención é acoller todos aqueles traballos que, dentro dunha axeitada dignidade metodolóxica, tivesen o medio natural galego como o seu obxectivo principal. A súa temática céntrase no medio natural, os xacementos xeolóxicos, o mundo vexetal, o mundo mariño, os minerais etc.

Publicouse nos anos 1977 (nos 1 e 2), 1978 (nos 1 e 2), 1979 (nos 1 e 2), 1980 (nos 1 e 2), n º 1981 (monográfico I Congreso Mamíferos Mariños), 1989 (monográfico I Congreso Galaico-Luso de Macromicoloxía), 1994 e 1966 como números con artigos diversos e en 2006 e 2010 con monográficos sobre os censos de aves acuáticas invernantes en Galicia. Dende 2013 edítase en formato dixital e imprímese ó remate de cada ano.

Os seus directores foron Francisco Díaz-Fierros (1977-1979), Marisa Castro Cerceda e Luis Freire García (1989), Xoan Rodríguez Silvar (1994-1996), Serafín González Prieto e Bernardo Carrión Velasco (1996-2001), Xose Lois Rey Muñiz e Serafín González Prieto (2010) e Xose Lois Rey Muñiz e Álvaro María Rodríguez Pomares (desde 2013).

Consello de redacción

Nos seus Consellos de redacción figuraron destacados científicos galegos:

Véxase tamén

Ligazóns externas

Braña

Unha braña é un terreo moi húmido que pode ser prado ou monte baixo. Recibe tamén os nomes de brañal, brañeira, lameiro, tremedal, tremedeira, tremesiña, tremo ou trollo. Como topónimo pode referirse a:

A Braña, parroquia do concello de Baleira;

A Braña, lugar de dita parroquia;

Braña, lugar da parroquia da Veiga de Logares, no concello da Fonsagrada.

A Braña, lugar da parroquia de Folgoso, no concello de Abegondo;

A Braña, lugar da parroquia da Baíña, no concello de Agolada;

A Braña, lugar da parroquia de Chamín, no concello de Arteixo;

A Braña, lugar da parroquia de Corcoesto, no concello de Cabana de Bergantiños;

A Braña, lugar da parroquia da Silvarredonda, no concello de Cabana de Bergantiños;

A Braña, lugar da parroquia de Caaveiro, no concello da Capela;

A Braña, lugar da parroquia de Carballo, no concello de Carballo;

A Braña, lugar da parroquia de Oza, no concello de Carballo;

A Braña, lugar da parroquia de Erbecedo, no concello de Coristanco;

A Braña, lugar da parroquia de Carballedo, no concello de Cerdedo-Cotobade;

A Braña, lugar da parroquia da Allonca, no concello da Fonsagrada;

A Braña, lugar da parroquia de Anafreita, no concello de Friol;

A Braña, lugar da parroquia de Cabovilaño, no concello da Laracha;

A Braña, lugar da parroquia de Santa María Maior, no concello de Mondoñedo;

A Braña, lugar da parroquia de Bardullas, no concello de Muxía;

A Braña, lugar da parroquia de Doso, no concello de Narón;

A Braña, lugar da parroquia de Aro, no concello de Negreira;

A Braña, lugar da parroquia de Bragade, no concello de Oza-Cesuras;

A Braña, lugar da parroquia de Filgueira de Traba, no concello de Oza-Cesuras;

A Braña, lugar da parroquia de Belmil, no concello de Santiso;

A Braña, lugar da parroquia de Cira, no concello de Silleda;

A Braña, lugar da parroquia de Ladra, no concello de Vilalba;

A Braña, lugar da parroquia de San Simón da Costa, no concello de Vilalba;

A Braña, lugar da parroquia de Vilanova de Arousa, no concello de Vilanova de Arousa;

A Braña, lugar da parroquia de Serramo, no concello de Vimianzo;

A Braña, lugar da parroquia de Baio, no concello de Zas;

A Braña, lugar da parroquia de Lamas, no concello de Zas;

A Braña Aberta, lugar da parroquia de Artes, no concello de Ribeira;

A Braña de Abaixo, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo;

A Braña de Arriba, lugar da parroquia de Rus, no concello de Carballo;

A Braña Grande, lugar da parroquia de Cabovilaño, no concello da Laracha;

A Campa da Braña, lugar da parroquia de Cereixedo, no concello de Cervantes;

A Ponte da Braña, lugar da parroquia de Abelleira, no concello de Muros;

A Veiga da Braña, lugar da parroquia de Rubín, no concello da Estrada.

Guía das aves de Galicia

A Guía das aves de Galicia é unha guía de campo de identificación de aves de Galicia, obra dos ornitólogos Xosé Manuel Penas Patiño e Carlos Pedreira López, con ilustracións de Calros Silvar. Foi publicada por primeira vez en 1980 por Editorial Galaxia, e reeditada en 1991 e 2004 por Baía Edicións.Esta guía, na súa edición de 1980, está recomendada pola Sociedade Galega de Historia Natural. A edición de 2004 está recomendada pola Xunta de Galicia para a observación de aves, xunto co libro Collins Bird Guide de aves de España, Europa e da rexión mediterránea.A primeira edición contén 90 fichas de especies silvestres diferentes que poden atoparse en Galicia con 146 ilustracións, unhas en branco e negro e outras a cor, a edición de 1990 contén 360 fichas e máis de 1 500 ilustracións a cor, e a edición de 2004 contén información de 434 aves, incluíndo máis de 2 000 ilustracións, e a maiores, achégase un CD-ROM con fichas adicionais doutras especies menos representativas e o canto de 110 aves.

This page is based on a Wikipedia article written by authors (here).
Text is available under the CC BY-SA 3.0 license; additional terms may apply.
Images, videos and audio are available under their respective licenses.